jueves, 27 de noviembre de 2008

Espíritus, Lendas, Meigas, Meigallos e demáis carallos

A ver... fai algúns días tiven un pequeno debate "fantasmal-esotérico" cuns amigos do "Centro de desenrolo local". Non é a primeira vez que mantera este tipo de conversas e teño que recoñecer que, cando acompaña a luz do día, son temas que me resultan moi amenos; pola noite a cousa cambia, e algunha que outra vez e escoitando "certas" experiencias, teño que confesar que se me puxo "el ojete" máis fechado có día da miña primeira comunión.

Non sei por qué, cando falo destes temas con amigos da miña idade, todos se apoian na socorrida frase "Eu non creo, aínda que respeto"; pero o certo é que todo o mundo sabe de alguén ou ten un amigo dun amigo que tivo algunha experiencia paranormal, ultrasensorial, extracorporal, espiritual ou simplemente extraña.

En Areas, ó igual que noutros pobos circundantes e en toda Galicia en xeral abundan este tipo de historias: as expresións "Galicia Terra Meiga" e "habelas hailas" dalgunha maneira identifícannos, ademáis contamos nas nosas tradicións cunha morea de ritos que dan fe diso.

Eu, pola miña parte, e aínda que non sofrín ningunha experiencia "...al", subscríbome á frase "Non creo, pero respeto"; polo de pronto sigo tendo medo a pasar por diante do cemiterio de noite e xamáis me atreverei a facer unha "Güija" por moi peido que estea e ganas de mofa que teña.

Outra frase tópica que se adoita oir por estes lares é aquilo de "Cando un está desesperado recorre ó que sexa" e disto aproveítanse moitos persoaxes e "frikis" sen escrúpulos que cun pouco de psicoloxía e sugestión sácanlle as cadelas á xente con "fe" que necesita crer.

Como estamos entre amigos contareivos unha pequena anécdota persoal, que por outra parte é apropiada para este blog, xa que versa sobre unha ponte, concretamente a que (casualidades da vida) mostraba Carlos no "post-bronca" anterior:

Antes de chegar eu a este mundo en crise, a miña nai perdera a dous fillos ó pouco de nacer; así que refuxiándose na máxima de "cando un está desesperado fai o que sexa" e estando en cinta deste calvo servidor, animouse a realizar o rito do bautismo sobre a ponte en cuestión, chamada (como non podía ser doutra maneira) "Ponte das partidas". Debeuno de facer punto por punto, porque agora me atopo aquí redactando esta entrada (que tamén xa era sen tempo, jejeje). Bo... ó mellor saltouse algún que outro paso, porque saín un tanto rariño.

De tódolos xeitos teño unha coñecida, afeccionada a bota-las cartas (algúns din que é moi boa) que me convenceu para que me puxese baixo os influxos dos arcanos maiores e menores e, entre outras cousas que non veñen ao caso, díxome moi categórica ela que a maxia me rodeaba por todas partes. Terei que creela, xa que non me cobrou nin nada e a partires de ese día recibo da sua parte un trato máis cordial; en fin, cousas de meigas.

Como este tema da para largo, noutra ocasión falareivos de algunhas lendas que coñezo, supersticións e experiencias alleas que a min polo menos me resultan moi interesantes. Xa sabedes... "Santa compaña", "petos das animas" e ese tipo de cousas tan divertidas.

13 comentarios:

Thiago dijo...

Yo no tengo mas remedio que creer pq tengo una abuela fantasma...

Estuvo tres años sin hablar y un dia la encontre por el pasillo y me djo: "no te preocupes estoy bien" eso fue tres dias despues de que se murió....

Los cementerios dan miedo,a pesar de que digan que hay que tene mas miedo a los vivos... pero yo creo que es ese miedo atávico a la propia muerte, no?.

Me gusta que tengas la magia de tu parte, pq ocmo yo vengo mucho por tu blog, algo me tocará, no? Por lo menos la magia de leerte, jajaja

Bezos

paideleo dijo...

Algo ten que haber por aí adiante.
Cando mirei a ponte das Partidas lembrei o rito do bautizo do non nacido que se fan nesa ponte e noutras como a da Ramallosa. O que nunca imaxinaría sería " coñecer " a un beneficiario dese rito. Supoño que tratarás ben ao teu padriño, non ?.
Ó que ía. Na Risca está o canastro da foto. Está onde están as mesas de pedra e a cadea para que non entren coches.

Thiago dijo...

NOTA: Este coment, es pa el Benito, jajaj

Cari, ya sabía yo que mi poesía te iba a gustar, menos mal que das señales de vida, Carliños e mas eu, estuvimos muy preocupados por ti, pensabamos que ya te habías fugado con un argentino de pelo negro engominado o algo así, jajaja

Y tu blog para cuando se reabre? Bezos.

Mer dijo...

Eu é unha cousa na que non sei se non creo ou non quero crer, pero algo crerei se lle teño medo ¿ non sí? O que pasa é que xamais me ocorreu un fenómeno destes que tí bautizaches como ...al,
Son bastante incrédula e baseo a miña vida na racionalidade, penso que á xente que lle pasan estas cousas teñen que estar abertos a que lle pasen, non sei.

Aquí escribín algo que lle pasou á miña irmá (ou iso di ela)
http://anecdotariodemer.blogspot.com/2008/03/des-varos-varios.html

Bicos

Alkaest dijo...

Puedo afirmar y afirmo, que si alguna cosa cierta hay, en la céltica e incierta Galicia, son las meigas.
No las que se publicitan en la TV local, la prensa autonómica y otros "medios". Sino aquellas, cuya presencia se siente flotar cerca de los cementerios, de los puentes, los bosques o las peñas. Esas de las que podemos decir, de ellas sí: "habelas hailas".
Y no digo más, que hace poco estuve en la "piedra del aquelarre", en Barahona (Soria)...

Salud y fraternidad.

Beni Lago dijo...

THIAGO, cari... no sabía yo que tuvieras percepción extrasensorial, de todas formas debió de ser un cagazo para ti. Recuérdame que un día de estos te escriba una poesía también. Por cierto, te debo una caricatura (la forma en la que yo te veo), la haré en cuanto tenga un momentiño.

Tengo que decirte que mi nombre no es Benito, aunque no tenga nada en contra de los que se llaman así; pero tu puedes llamarme como te venga en gana.

Si vuelves a ver a tu abuela dale recuerdos.

Un besote mágico.

PAIDELEO, A meu padriño ainda que xa fai tempo que non o vexo, teño en grande estima... sempre me deu as pascuas, e me lembro que esperaba a pasta que me soltaba como choiba en maio.

MER, do mesmo xeito ca ti son bastante práctico e necesito probas... na mentras, en cuestión de trasnos... vai ti a saber, dicen por ahí que son bastante revoltosos e se meten por todas partes os condenados.

Unha aperta espirituosa a todos.

Lúa dijo...

EU CRER, NON CREO PERO...HABELAS, HAINAS!!!!
BICOSSSS

paidovento dijo...

Sonche temas ben curiosos. Eu cando era novo fixen algunha que outra "uija" e si, aquilo movíase, ou parecía, pero nunca lle dei demasiada importancia. Por certo, xa que anuncias que vas falar de lendas e outras herbas, poderías explicar o dos "corpos abertos", concepto que descubrín aí en Ponteareas hai un par de meses.

HADEX dijo...

Mira esta páxina: vaiche encantar.

http://www.galiciaencantada.com/

Thiago dijo...

Olasss Beni.

Bueno, a mi me gustaba Beni, pq es un nombre que - como buen gallego- tengo alguno por la familia, pero es igual, lo de menos es el nombre, lo de más es el cariño que sale del fondo del alma. En fin yo te seguiré llamando cari.

Que sepas que ahora ya estoy todo nerviosos con lo de la caricatura y el poema, ya te puedes esforzar y si tengo que ir a hablar ocn el párroco o con el de la telefónica pa que te pongan el internete pues voy, ajajaa

Beni Lago dijo...

ALKAEST, tienes razón, hay ciertos lugares en mi terruña en los cuales sientes flotar en el ambiente algo muy especial, en ciertos sitios he llegado a notar un escalofrío recorriéndome la columna.

LUA, Ti si que eres unha meiga boa, jejeje.

PAIDOVENTO, Creo haber oído que o término "Corpo aberto" fai referencia a aquelas persoas que teñen unha especial sensibilidade para ver espíritus e cousas semellantes. Non lles envexo nada ese "Don", xa he bastante complicado "convivir", non che digo nada o de "conmorrer".

THIAGO, Ya te he explicado lo de mi nombre en un comentario en tu blog.

Lo cierto es que realmente me llamo "Bienvenido", por la razón que he explicado en este post. Mi madre, muy práctica ella, decidió que si por fin acababa naciendo después de dos intentonas fallidas, si fuese macho (lo que resulta evidente) me llamaría "Bienvenido" (22 de Marzo), y si fuese hembra "Esperanza".

Como es un nombre curioso, sobre todo cuando se despiden de uno, no tardé en convencer a todo el mundo para que me llamasen Beni... y hasta la fecha. Pero "Cari" también me gusta mucho.

Un saudiño a todos.

lua dijo...

boas e graciñas por vir, un biquiño!!!

Thiago dijo...

Ah, osea que en vez de Beni, hay que llamarte Bieni..? Bueno, en italiano suena mejor. Bienvenuto... jajaja Benito es muy gallego, pero bueno, como tu dices te llamará cari y asi acabo antes..

Bezos y aclarado.