lunes, 8 de septiembre de 2008

II Feira tradicional dos Remedios

Este sábado celebrouse en Ponteareas a II Feira tradicional dos Remedios. Esta feira consiste nun mercadillo baseado nos que se facían a principios do século XX. Os mercaderes, como en todas estas feiras, tiñan que vestir coa roupa apropiada deses tempos (ainda que algún ía en vaqueiros). Os tenderetes estaban colocados en dúas rúas peonís no centro do pobo, e houbo bastante xente a curiosear e a contemplar como eran as cousas hai máis ou menos un século. Os máis vellos duberon ser os que máis disfrutaron, rememorando os obxectos e as técnicas daquela época.

Polo medio da Feira, dous persoaxes de Xinzo, andaban coas súas bromas e unha especie de actuación teatral, que ainda provocou unhas risas nos asistentes. Ela é a que aparece nesta foto, vestida de peixeira coa cesta na cabeza, mentres que ó que iá vestido de Garda Civil de época non fún capaz de sacarlle unha foto. (non é que lle teña medo a Benemérita, sinon que non me coincidiu)


Aquí van algunhas fotiños do que había:



Productos típicos da horta.



O tamanqueiro funcionando.



O afíador e "paragüeiro", (Non chovía)



O cesteiro, sí que tiña publico.



Moi bonitas as cabazas decoradas .



Obxetos de latón, algúns feito na mesma feira.



Ponteareanas facendo encaixe de bolillos.

E claro, como en toda Feira non podía faltar O Pulpeiro, que entre a unha e tres da tarde, foi o que máis xente tivo. Dúas fotiños para meter un pouco de envexa, (Outro post de comida , que pesado me volvo)




A todo isto, eu pregúntome ¿Porque os políticos de turno e os seus "achegados", dan renda solta ó pracer para comer, e non fan o mesmo co pracer de agardar na cola?

As veces fágome cada pregunta máis tonta, porque si non pagan para que van gardar cola.

5 comentarios:

Manuel (Cedric) dijo...

Enhorabuena por ese tipo de feria, en la que siempre es bueno cultivar la nostalgia, recordando cosas que tal vez hayamos conocido, y que prácticamente han caido en desuso.

Hay oficios que prácticamente ya no existen: Hojalatero, escobero, lechero a domicilio, etc., que se han tenido que sacrificar por cuestión de progreso...

Pero siempre es bueno el recordar el pasado, que no es sino parte de nuestra particular historia.

Un saludo desde Valencia.

Manuel L. Rodrigues dijo...

Fermoso reportaxe. Isto xa parece máis un blog etnográfico do que dunha equipa de futbol sala (cousa que se agradece)

Saúdos!

Carlos Sousa dijo...

A ver, Manolos:

Cedric, gracias pola túa primeira visita, espero que non sexa a última. Mentres esta xentiña siga con eles, ainda que sexa por hobbie, estes oficios ainda perdurarán un pouco. O problema vai ser cando non estean.

Isto empezou co fútbol sala, pero pouco a pouco fomos poñendo cousas da parroquia, arredores, un pouco de todo.
Agora no fútbol sala estamos de vacacións, pero a verdade que cando voltemos a xogar, non sei si publicarei moita cousa sobre os partidos, casi que prefiero como vai agora o blog.
Xa veremos.

Saúdos

Alkaest dijo...

Norabuena por el reportaje, nos pusiste los dientes largos. Tan largos como los de los políticos, que se apuntan a todos éstos eventos y no sólo por salir en la foto, creo yo...
Pero allá ellos, a los de a pié que nos den rico polvo a feira, buenas tacitas de ribeiro, y al carallo las penas.
En cuanto al fútbol, sea sala o del otro, aplicaros lo que dicen por el sur: "Viva el Betis, manque pierda".

Salud y fraternidad.

manueldetopete dijo...

Alkaest...
"polvo" é "polbo" pronunciado con /o/ que o que puxeches ti é unha palabra que en castelán significa o que en galego é "po", ese conxunto de ácaros que campan debaixo das camas... e ás veces enriba delas...