martes, 9 de septiembre de 2008

Introspeccións

"El verano se ha ido y yo no sé como ha sido"; así que vou aproveitar esta lánguida tarde da moribunda época estival para divagar un pouco e para postear certos apuntes "culturais".

Non..., non é que xa arranxaran o "internet eclesiástico" (un saudiño, Thiago); ainda que, pensando ben, a conexión da que estou facendo uso neste momento tamén ten algo de "espirituosa".

Coido que, despois dalgún tempo xa mostrándovos diversos lugares de "aquesta" parroquia, chegou o momento de falar un chisco do punto de reunión dunha gran parte dos veciños da bisbarra. (sobre todo os de sexo masculino). O sitio o que fago referencia ten na sua entrada unha preciosa placa de metacrilato donde reza, en letras azuis, a lapidaria inscripción de "Casa Cultural, Artística e Deportiva de Areas".

Aínda que a primeira vista acojona, detrás desta matrícula tan pedante, teño que recoñecer que se esconde un local enxebre donde pasei (pasamos) ratos moi agradables, xogando "artisticamente" as cartas, ó tempo que discutíamos unhas veces máis "deportivamente" ca outras, e nos empapábamos da enriquecedora "cultura" que escupía a televisión.

Imaxino que nas vosas respectivas localidades, lectores do rural, teredes un curruncho semellante donde poder tomar moi culturalmente un "piscolabis" cos amigos. Aquí en Areas eche o que hai; así que, ou nos desprazamos un par de Kmts. ata Ponteareas (donde hai un bar cada cinco pasos), ou nos apañamos con este centro neurálxico que, por outra banda, tamén conta cunha biblioteca e un par de salóns de actos varios.

Referinte a biblioteca, decir que consta dunha bibliotecaria que pasa as tardes aburrida detrás dunha "amplisima" colección de libros (a maior parte aínda empaquetados) e de dous ordenadores, conectados a "intrenete" a traves dunha conexión eclesiásticamente errada. En cando os salóns multiusos, direivos que ademáis das típicas discusións entre as distintas agrupacións veciñais, se pode disfrutar de cando en vez dalgunha obra de teatro.

A modo de información tamén vos direi que eu mesmo era integrante do grupo de teatro que outrora tivo o devandito centro. Lamentablemente xa desapareceu (todo aburre e vámonos interesando por outras cousas); iso sí, ainda contamos na parroquia cunha estupenda coral de voces blancas (e negras, jejeje), un grupo de baile, e coido que tamén cun grupo de gaitas.

Aínda que agora xa nos pasou a febre do "cabrón" (un xogo de cartas que fai honra ó seu nome), sempre nos quedan as entretenidas e acaloradas tertulias, ademáis do futbolín (a mín non se me da moi ben, prefiro mirar, como se pode apreciar na imaxe que encabeza esta entrada) para ver morre-los días deste atípico e xa desauciado verán.

Quero aproveitar para mandarvos un cultural saudo a tódolos que participades activamente enviando comentarios, pero tamén os lectores que non se atreven ou non queren interactuar connosco. Góstanos moito que nos sigades visitando, intentaremos seguir posteando cada día máis e mellor.

8 comentarios:

Thiago dijo...

ola, cari... realmente tiene razón, ya paso otro verano, con todas las expectativas que siempre tenemos y que luego no se cumplen. Leí hoy en un blog que se llama "el sindrome del paraiso perdido" o algo asi, jaja.

Lo que si es cierto es que me pase leyendo tu post todo el rato mirando que hacias alli tu soliño castigado cando xogaban dous contra un ao fubolín.... jajaj menos mal que lo explicaste, pq sino me quedo intrigado. Pero aunque no se te de muy bien podias jugar, cari... Es un juego y ademas asi practicas. y tu amigo no tiene que jugar solo.

Eso del local social es típico de casi todos los pueblos, verdad? me hace mucha gracia leer cuando voy pa Betanzos en Guísamo: "Círculo Recreativo y cultural de la Juventud de Guísamo", jajja

Por ciero que hoy ha habido un crimen horrendo en Ferrol, dos personas descuartizadas, pero eso es otro tema.

Gracias por el pequeño recuerdo... Es que todavía estoy impresionado que el internete sea parroquial, jajaj Pues si quereis que os lo arreglen ya sabeis, no llameis a Telefonica, rezad una novena, jajaja

Bezos.

HADEX dijo...

Eu crieime na zona de Becerreá, e tiñamos varios santuarios dese tipo, aínda que na miña epoca non existía o internete, je je....Daquelas, moita tele e cartas...o cabrón, o tute....ay! Qué tempos!!

Biquiños!!

Rico y Santo dijo...

Ay, Beni, Beni...Xa o decía o autor de unha carta os de Corinto: "Tempus fugit". E a consecuencia mais lóxica, si eso e así eche un "redimere tempus". Non sexa que teña razon o Chersterton do carallo con aquelo de "Benvido seas tempo, eu son a eternidade". Tranquilo. "Volverán las oscuras golondrinas". Unha aperta.

El rascacielos dijo...

En muchas partes hay ese tipo de locales, en los que los amigos hablan y se divierten. Un saludo, bonito blog.

Thiago dijo...

Carlos, y tu no estás en la foto de los futbolinistas? Me vas poco por el Circulo recreativo, jajaja

Bezos

Thiago dijo...

CArlos, gracias opr la aclaración, ahora ya os pongo cara a los dos... Desde luego se te ve bien concentrado, jajaja.

Y lo del Círculo recreativo lo decía por el de Guísamo, no por el vuestro, jaja que ya veo que se llama CASA, jaaj.

Bueno, eso. Bezos.

fgul dijo...

non fai falta que agradezas os comentarios home; xa sabes que aquí (ou noutros lares) a xente abre a boca cando lle interesa dicir algo. Moitos outros botarán un ollo coa lingua dentro.

Veña, unha aperta.

Lúa dijo...

agora chega a epoca mais fermosa do ano (case)hihihi, esta moi ben que teñades ese lugar para podervos reunir, algo e algo!!!!bicos