jueves, 4 de septiembre de 2008

A pedra de moer

Xa hai algún tempo, puxemos unha entrada sobre os muiños. O traballo de recopilación de datos fixerao Beni (como se nota a falta dos seus traballos) e quedáralle moi completo, con fotos incluidas de un de aquí de Areas.

Sempre me imaxinen que xa nadie se adicaba a construir as pedras que usaban para moer o gran, pero o outro día levenme unha grata sorpresa. Viña por Villasobroso, e o caron da carretera vin estas duas pedras a medio facer. Comentenllo a Beni, e alá fomolos dous en misión periodística a facerlle unha entrevista ó seu autor.

Pepe, que así se chama o artifice desta laboura, xa é un home xubilado, adicouse toda a vida a picar e sentar pedra, é ven sendo o típico canteiro a antiga usanza, martelo e punteiro. Comentounos que despois de tantos anos picando e sentando pedra, logo de facer tantos muros, casas, e outros chollos, este encargo que lle fixo o Concello de Mondariz, para el é como un hobie. Recoñece que xa non tén a misma forza para darlle o martelo, pero o importante é a maña, saber buscarlle o andar a pedra, para que vaia rachando millor. O principio recibiunos un pouco desconfiado, pero pouco a pouco escomenzou a soltarse, a contarnos historias de como traballaban naqueles anos, como levaban as pedras en carros de bois, falounos de canastros que existen pola zona... Xa estaba na súa salsa, rememorando tempos antigos e encantado de que xente relativamente "nova" coma nós, se interesara polo seu traballo.


Esta pedra é para un muiño que están a preparar na parroquia de Queimadelos en Mondariz, según nos contou, cando estexa acabado, vanno poñer a traballar e a moer gran. Haberá que ir a miralo.

Invitados xa estamos por Pepe.

10 comentarios:

tertulias para perogrullos dijo...

Aquí en Agolada aínda hay xente que sabe polo menos como amañalas, aínda que non sei de ningún que se adique a crealas. Saúdos

Thiago dijo...

La pena es que los jóvenes se interesan por esas historias pero ninguno, como es lógico, quiere trabajar en eso.... Y es que al final todos estos trabajos artesanos se perderán, y nos llenarán Galicia de esos mosntruosos molinos de viento.

Bezos.

Manuel L. Rodrigues dijo...

Home; se botamos conta dos muiños abandonados por toda a xeografía galega... pois este tipo de cousas sempre compre felicitalas.

...a ver se lle saco eu unhas fotos aos desta zona (que hai un lote deles)

Saúdos

HADEX dijo...

Encantada de coñecerte. E gracias polo teu comentario. Pasarei por aquí mais a miúdo. Quedas engadido aos meus enlaces..

¿Nunca fuches a Taramundi? O museo dos muiños é unha pasada.....

Pau dijo...

Sempre é unha boa nova que se intente recuperar parte da nosa historia

Alkaest dijo...

Para mí, sigue siendo un misterio cómo los canteiros sacan de la piedra los objetos que hay dentro. Y esto no es solo una frase ingeniosa, estoy convencido que dentro de la piedra duermen los mas variados objetos, esperando al artesano que los libere.
Entre todos los oficios tradicionales, creo que este es el que tiene más de sacralidad, de magia, yo veo a quienes lo practican como una especie de chamán o sacerdote.

Salud y fraternidad.

Bartolome Novillo dijo...

Me encantan las pics, de tu blog.-
saludos.-

Thiago dijo...

Qué tal el finde? Como va lo del internete? que tal Beni? Cuando va a postear en su ya mítico blog? Ag, para ser un blog tan rural y bucólico, todas son preguntas, ajajaj

Bezos

Rober dijo...

Achegate o rio que pasa por Areas e atoparas os muiños en ruinas
Dende a casa de teus pais podes ver algun deles.
Para cando reconstruiremos os muiños do rio xinzo

O de Bili
O de Manuela

e debe de haeber mais...

Carlos Sousa dijo...

Grazas por pasarte por aquí. Alédame que alguén da parroquia nos visite e nos comente algo, aínda que non sei que Rober eres.

Sempre temos pensado sacarlle fotos os muíños, algún día destes tocaralle.

O que pasa é que hai algúns moi abandonados, ou con paredes de ladrillo encima da pedra, sin respetar nada.

Un saúdo.