jueves, 25 de septiembre de 2008

A vida: unha prova, unha aventura, un sorriso...

Tiña 70 anos e unhas ganas enormes de vivir. Non os aparentaba, a pesar de todolos reveses que lle dera a vida, ela sempre sorrinte, moito lle gustaba que os seus fillos a levaran a dar un paseo ou a comer fora, agora que podía disfrutar do tempo, logo de unha vida adicada o traballo.

Dous atropelos de coche, tiveronna baldada unha temporada en sendos hospitais, un en Francia na época da emigración, outro xa aquí, na súa terra. A morte do seu home, tamén de accidente de tráfico, foi outro duro golpe, do que se foi repoñendo pouco a pouco grazas ó cariño dos seus. Un cáncer de mama tentou vencela, pero foi ela quen poido máis, e agora o Alzheimer era quen escomenzaba a ocupar ese lugar. Pero non foi ningún deses elementos, sinón un edema púlmonar o que ó final a derrotou.

Non todo foron traxedias na súa vida, recordo con melancolía, cando éramos pequenos, as celebracións navideñas, momentos inolvidables de ledicia. Tres fillos e tres netos, polos que loitou, unha casa que sacou adiante, e un montón de momentos agradables.

Dende aquí a miña homenaxe, a unha persoa que supo vivir e tomar a vida como viña, e que por fín pode descansar.

Que che vaia bonito, Tía Otilia.

9 comentarios:

gulans f.s. dijo...

Hola veciños. Somos do clube de Gulans de futbol-sala. Aqui vos deixo a dirección do noso blog por se vos apetece votarlle unha ollada.

www.cafeondesemprefs.blogspot.com

Un saudo e sorte esta temporada.

Mer dijo...

Vaia, sinto. Marchou pronto, polo menos deixou un grato recordo entre os seus e tivo unha vida intensa.

Unha aperta.

Carmen Martínez Torrón dijo...

Lo siento mucho.
Un beso enorme para tí y los tuyos.

Lúa dijo...

unha muller memorable, esto ponme triste, recordame aos meus avos, xa maiores e eu tan lonxe deles...

Anónimo dijo...

yo pase un verano en su casa,estoy muy triste por esta perdida,haya donde este seguro que vivira como ella sabe

hasta siempre Otilia

O Raposo dijo...

Vaia, síntoo.
Unha aperta, compañeiro.

Thiago dijo...

joder, cari... ¡no lo puedo creer! dos accidentes de tráfico y en otro perdió a su marido? pero que mal repartido está el mundo, no? vaya pobre tia Otilia...!

Bueno, igual no lo sabe, pero si se va llevando tanto cariño seguro que va mas contenta, pq al final, sea de la causa que sea... imos ir todos pa alá!

Bezos.

Carlos Sousa dijo...

Grazas a todos polas vosas mostras de cariño.
Coido que é o que ten isto, non nos coñecemos de nada pero vanse creando vínculos.

Un saúdo.

LUIS Y GRACI dijo...

Un día conocimos a Otilia y al día siguiente ya estabamos cenando en su casa. Lo que nos tenía preparado aquel día no era una cena normal, aquello no se comía ni en una boda, era un auténtico banquete. Así era Otilía, siempre con una sonrisa, todo amabilidad, siempre dándolo todo, a cambio de nada. No tuvimos la suerte de disfrutar mucho de ella, nos vimos tres o cuatro veces más, pero dejó una gran huella en nosotros. Dentro de la desgracia, tuvimos la suerte de poder encontrarnos con ella unas horas antes de su fallecimiento. Llegamos a su casa y allí estaba Otilia, tenía la mirada triste por esa maldita enfermedad, pero seguía con su eterna sonrisa.
No tenemos la menos duda de que esté donde esté, en estos momentos estará haciendo feliz a los tenga a su alrededor, les estará cocinando, estará pendiente de ellos, les hará reir, no les pondrá una mala cara ...
Se fué Otilia pero tengo la suerte de disfrutar de su familia de Javi y Gema, de Inés y Chicho, de Mari, David, Nerea, Adrián ....., se fué Otilia pero dejó en esa familia, toda su bondad y amabilidad.
UN BESO PARA TODOS DE LUIS, GRACI Y CRISTIAN