jueves, 28 de mayo de 2009

A ver se deixan algo para os demáis, que senón haberá que botarse a durmir.

Como xa sabredes, onte celebrouse a final da "Champións League" ou Liga de Campeones. O campión, como non podía ser doutra forma foi o F.C. Barcelona. Péselle a quen lle pese, eu incluído, foi o millor equipo da tempada. Estou pensando que se houbera outro campionato máis en xogo, eu voltaría a querer que perdesen e entón eles empeñaríanse en gañalo. Ó final vou ter que volver por eles a ver se así perden (que malo que sou!).

Por outra banda, teño que alegrarme por Guardiola (ou se cadra cabrearme por ter fichado polo Barça), un home da casa, que supo poñer bo xogo, pero sobre todo, cordura e disciplina nun equipo plagado de estrelas que o ano pasado dedicábanse máis á festa e a entrenos no ximnasio que no campo, caso Ronaldinho.

Tamén me alegro por xogadores como Xavi e Iniesta, a verdadeira alma do equipo, e como non, por un xogador como Silvinho, antiguo xogador do Celta. Este parece que está na sombra, pero é un tío moi sinxelo e sabe cal é o seu papel neste equipo de figuras, aparte sabe crear ambiente dentro dun vestuario. Parece que nunca contan con el, e ó final,por unhas causas ou por outras, sempre acaba xogando.

Felicito tamén a Barreira, que no taboleiro de anuncios do seu blog, poñía aquilo de "Ave Barça, moritatis te salutan" (ou algo polo estilo). Intentén vacilalo un pouquiño e meterlle presión, pero ná de ná. Levouse él o gata á auga.

Aparte do tema futbolístico, tamén sabredes que houbo outros detalles curiosos no palco de autoridades, que por certo, canto chupóptero había.

Que vos pareceu ver durmir a un especimen como o Presidente de Italia, Berlusconi? Se fora noutro tipo de espectáculo, seguro que non lle pegaba o sono.

E o abrazo de Laporta ó Rei? Algo que non cadra moito, non?


A quen non felicito, é ómeu amigo Beni, que onte á noite mandoume un sms en plan recochineo. Que vengativo é, que non se despiste que xa lle tocará a el.

4 comentarios:

BRABIDO dijo...

O que mais me choca que en spain ou eres do madrid ou barsa,no meu caso non son de ningun deles.

Por muito que pareza estraño, o mais ridiculo se cabe, e cando estas vendo un encontro destes en un local publico,e venche o tipico maniatico ,e se o equipo deste vai ganando xa che manda"que compañeiro ai que ser sufrido-non levantades cabeza-......."e no meu caso calado coma sempre .

Xa vin mais de unha pelexa por diferencis deportivas,-é tamen mais de un a chorar,é de o unico club que son socio e do C.F.C.AREAS.que xa estamos en terceira e dentro de outros tres en primera e o resto son hitorietas baratas.

SETE BARRIOS TEN AREAS E UN EQUIPO SIN IGUAL

Thiago dijo...

jaj por dios, es demasiado, de verdad... ya no es que yo sea del madrid, pero las tonterías que se están diciendo no es normal

Y hay malestar pq todo el mundo dice que cuando son los aficionados del madrid los que montan bulla es lo primero que sacan en los medios y si son los del barça no dicen nada. El Pais ni lo menciona...

pero tenemos triplete y 6 goles en el Bernabeu para rato, por dios: HITORIA, GLORIA, MAGIA, EMPERADORES DEL FUTBOL, en fin, me dan ganas de borrarme del fútbol, te lo digo como lo pienso, por una mierda de liga y copa del rey (que hay una todos los años...) y una copa de europa que el madrid tiene nueve...

Lo que hay que sufrir por envidia, jajajajajaja

Bezos

Barreira dijo...

Hai que aproveitar este ano......... que para o ano sabe deus que pasara. Gracias polo que me toca.
E Berlusconi, como dixo Buenafuente, estaba a durmir porque pensaba que estaba a ver ao seu Milan.
Saudos.

Raposo dijo...

Pois para min o mellor que pode facer Berlusconi é durmir. Lástima que non estea en coma profundo todo o tempo!