Vamos con outra nova de deporte. Despóis de tanta celebración, agora tócanos a nos (o Clube Areas Fútbol Sala), e a ver se temos os nosos minutiños de gloria. Comentara fai unhas semanas que íamos a polo torneo da copa, e de momento parece que a cousa non vai mal, xa que este sábado tócanos xogar a final. Sí, así como soa, a final, quen o diría, non? Despóis de tres eliminatorias sufrindo ata o último minuto, tentaremos que este sábado sexa máis levadeiro o partido, xa que un non está para estes trotes e os rapaces novos corren que da gusto velos. A foto é do partido de semifinales.
Xa comentara tamén que temos un equipo moi entrado en anos. A Federación tamén se deu conta e vaille otorgar a Luis, máis coñecido por Ca, un meritorio premio por ser o xogador máis veterano en activo de toda a Liga do Condado. Cando llo comentei, deuseme por decirlle que llo daban por ser o máis vello, non vexades como se puxo... É que a veces teño tan pouco tacto... Por certo, Ca é o que está de pe na dereita.
Caso de gañar, cousa máis que probable, que nadie o poña en dúbida, teremos que facer a nosa caravana polo pobo e a parroquia, como o Cultural Areas, so que en vez de ir nun trailer, chegaranos cunha furgoneta aberta ou un chimpín como os do Festival de Cans. E que nos vaian abrindo o Concello, jeje.
Tentaremos coidarnos durante a semana e o venres saír pouquiño, para estar en forma. Pero tamén hai outra solución, como me contaron nun comentario do post anterior. A ver se falo con "Vinajre" e o convenzo para que se acerque a Angoares a rezarlle a San Benito por nos, jeje. Xa que da tan bos resultados, terá que facelo, digo eu. Cada vez que mo imaxino arrodillado diante do santiño, sáltame unha sonrisa e acabo escarállome eu so. Ó que se chega.
Estes son os dous artífices do ascenso do Cultural Areas!!!!!!
E pola noite terá lugar a cea da Federación, na que se fai entrega dos trofeos deste ano. Alí estaremos a recoller o noso, esperemos que non sexa o de subcampión.
P.D. Por certo, que se me esquecera, o partido será este vindeiro sábado 6 de xuño, ás seis e media da tarde no pavillón de Ponteareas. Non faltedes, a entrada é de balde (como sempre), e veredes un gran espectáculo...
miércoles, 3 de junio de 2009
A pola copa.
Etiquetas:
Deportes,
Fútbol Sala
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
13 comentarios:
Ei!!!!.
Pero en Areas seguides polo mesmiño camiño de tres ramales que o barsa.
Pois a ver si esa final non se resiste. Espero ver o trailer do futbol sala tamen paseando polas ruas de gran vila de ponteareas.
Saudos e visca areas.
jajaj cari, no me jodas, por dios... subirián por que jugaron bien, y meteron mas goles que el contrario, pero no or una imagen... ¿Es que los equipos rivales no tienen santito? xD.
Si cada equipo invoca a su santo, nadie ganaría, todo serían empates, jajajaa
Y tu eres el mas guapo de tu equipo, (este es el comentario gay, que ya tocaba,jajaja).
Bezos
Parece que estas moi convencido de que vades a gañala ,xa estuo vende o vinajre, ata o sabado, barra libre .
Antes de que se me olvide a "cea"da federacion tamen poden ir os socios?,gratis claro
Vades ter que ampliar a bitrina xa que a tedes chea je je je je je.
Só coñezo a catro da foto,vaya catro,permetirme que vós de un consello,xa que iso das caravanas esta moi visto.
Primeiro levadela a copa a san benito e despois o concello ata ai todo normal ¿non?,xa pasado ó protocolo ,marcades unha ruta pero non de carretera se non de bares "que lugares" seguro que disfrutades mais e podedes mollala jorxa que é o importante jajajajajaja
Xa que non dubidas de gañala,bueno igual lle estas metendo medo o equipo contrario je je je ,tes que decirme a que hora ,e se podo parar un chisco de traballar acercareime a velo,e asi animaros, sempre e cando poida para de traballar,claro, que o teño complicado ,a esperanza nunca se perde e mais pa ver un partido de esa indole.
PRAADIANTE
Moita sorte!!!!
Mandareivos moita enerxía positiva (mmmmmmmmmmmmmm)
Mirade o que atopei por ahi:
www.cafeondesemprefs.blogspot.com
.
moita sorte e a gañala,si o sábado a conquerides terás que agasallarnos cun video do evento....
Pois, veña, a por todas. Ah, e tes que facer unha reportaxe fotográfica do paseo en chimpín.
Sorte!
Amigo Carlos, sodes os mellores, de eso seguro, e gostariame moito que ganedes..., vexoo o compricado. Despois do que falas de San Benito e do Vinajre..., sintoo o moito:DERROTA SEGURA. Janaches a maldicion do santo nejro. Convertete e volve as raices.O mellor tedes unha oportunidade..., se non, xa sabes, derrota jarantizada. Comprobaralo o sabado si non hay vonversion...
Bueno Carliños moita sorte maña,
Vou a empezar a barnizar os fumeiros do volpino por si nos fai falla para a celebracion
"Por haberme hecho una poesía,
Te hice un carnete el otro día,
Ya eres poeta sobrevenido,
Seas al Parnaso bienvenido
Y grita con toda tu fuerza:
¡Jopeta, ya soy poeta!"
Pois sorte, abueletes, he,he,he!!!!
Barreira, Iso, a ver se a final non se resiste, Areas tamén quere ser tricampiona.
Je,je Thiago, iso de que os rivales contrarios non tiveran santiño xa o puxen nun comentario do post anterior, de aí o meu "recochineo". Para donde estarías a mirar para decir o do máis guapo, si ese non son eu.
Brabido, A barra libre do "Vinajre" será por conta doutro que eu paso. A idea da ronda de bares, non esta mal, pero esa xa a facemos a menudo, verdade? Jopete, xa sou poeta!!! e dos malos.
Artabria, eso, manda enerxía positiva, que a das imaxes me da que para min non vale (mmmmmmmmmmmmmmmmm)
Vermella, o vídeo, non sei. Sabes? Xogando é un pouco difícil grabar, e pola noite non sei se será aínda máis difícil!!! Igual me baila un pouquiño a cámara...
Paidovento, o do chimpín é un pouquiño en coña, pero non estaría nada mal.
Anónimo Amijo, como te coñezo!! Sei que vou a ter o santo en contra, pero total para o poder que ten... Voltar as raíces? Sabes que vai ser que non.
Outro anónimo, Ti si que non sei quen eres, pero barniza os fumeiros do chimpín, que así logo te conocerei.
Raposo, sempre será un orgullo gañar sendo uns abueletes, jeje, pero de momento aínda non o é ningún. Que conste que na foto do equipo están un pai e un fillo, se este último tivera presa xa poderíamos ter un abuelo.
Por certo, ó outro anónimo<, grazas por poñer a nosa foto no blog do Guláns f.s.
eyy!! chus e remy dende areas nesta tremenda noite, por fin contactan! Noraboa polo voso traballo no blog!! Gracias por acompañar a antía esta noite...e nos no meixueiro!! Sabemos q contamos contigo! Biquiños
Publicar un comentario