domingo, 7 de junio de 2009

A copa é nosa!!!

Os abueletes (como me dixo O Raposo), xa temos a nosa copa. Onte sábado a parroquia de Areas voltou acadar un título deportivo, e van tres este ano, triplete(como me dixo Barreira). Esta vez foi unha cousa trepidante e moi emocionante, pudo máis a enerxía positiva que nos mandou Artabria (mmmmmmm), que a negativa que nos ía mandar San Benito, jeje. Isto digo polo comentario que me mandou o meu amigo anónimo, dicindo que nos ía castigar. E resulta que nese comentario o que quería era motivarnos, que sabía que eu faría todo o posible por gañar con tal de non aturalo, moi sicólogo él. Ou sexa que me engañou, igual que a Thiago que dixo que si todolos equipos tiveran santo, todo serían empates, e no noso caso case que se cumpre, porque tivemos que chegar a prórroga.

Céntrome un pouco no partido, media hora antes recibo a mala nova ou boa, depende de como se vexa, que Luisito, o noso máximo goleador, acaba de marchar ó hospital coa sua muller que se puxo de parto. Tamén é boa, non pudo esperar un par de horiñas, tivo que ser xusto no momento do partido máis esperado da tempada. Chameino á noite e xa era papá doutra nena.

Pois así con este panorama, escomenzou o partido e nos xogando cerradiños atrás, a ver se nalgunha contra os collíamos e que pasasen os minutos. Houbo un momento que gañábamos 2-1, pero xa pronto lle deron a volta, e sempre a remolque. A segunda parte xa empezou sendo un sufrimento e a falta de seis minutos perdíamos por 5 a 3. Aí foi cando mirei a cousa un pouco fastidiada, pero a base de rabia, coraxe, empuxe... sacamos forzas de fraqueza e empatamos o partido.

Pensamos que íamos ós penaltis directamente, pero aínda había que xogar unha prorroga de 10 minutos. O que nos faltaba!! 10 minutos máis a sufrir. Eles cun montón de cambios, frescos como unha rosa, e nos cun cambio so! Volvense a adiantar eles, volvemos a empatar nos, e a falta de 4 minutos o 6-7 ó noso favor. Que catro minutos, se cadra aínda nos encerramos máis atrás, usamos as mañas todas para perder tempo ata que deu rematado o partido. A euforia!! Un equipo claramente inferior como o noso, logrou derrotar a un rival que onte viña con todos. A cara que lles quedou, reflexaba a súa impotencia, non creían que lles pasase iso.

E logo, de caravana nada, vou poñer a excusa que había unha volta ciclista en Ponteareas, e non se podía pasar con chimpín polo pobo, jeje. Ó final non nos atrevemos así que non podo mostrar fotos como me pedíu Paidovento.

E despóis a cea pola noite a recoller o trofeo e co noso xogador máis veterano que foi agraciado cunha placa conmemorativa. Logo unha pouquiña de festa, unhas risas e a durmir. E con isto acabou a tempada.

Deixovos algunha fotos como me pedíu Vermella


Os catro que fomos a festa, falta Luis que estaba na presidencia. Os ollos xa din algo...


Despóis da cea co trofeo.


Luis recibindo a placa do alcalde de Ponteareas.


Luis coa sua muller Monse que foi agasallada cun ramo de frores, menudo ramo.


E os dous titiriteiros, cando nun despiste da reportera da televisión local de Ponteraeas, Canal Tea, colleron o micro e puxeronse a facer o parvo. O cámara pillounos e grabou a escena, para máis males o micro estaba aberto. Xa nos dixeron que nos preparáramos o luns que o poñían no programa. A saber que falaríamos, jeje, que vergoña.

Na primeira foto aparecemos os xogadores cos fillos a celebralo. Por detrás tamén se ve a un seguidor sacando unha foto, e o meu amigo Brabido que tamén nos fixo un reportaxe. Grazas por vir e comprobar que non somos tan malos.

16 comentarios:

brabido dijo...

Parabéns,haber si o luns podo ver eses dous titeres na RTMP,que estraño miro poucas botellas de "jisky" na mesa ja ja ja ja ja.andaba o mandamas por ai,claro.

Pois xa quedastes escritos en letras de ouro no concello,agora tedes mais facil pedirlle axudas po club je je je je.

PRAADIANTE

paideleo dijo...

Noraboa pola copa que seguro que a mereciades !.

Anónimo dijo...

que sufrimento, que tortura,dende logo hai que vivilo pra poder saber o que pasamos todos,solo unha cousa poida que no transcurso do ano non teñades moita aficcion pra animar,ainda que algunha vez unha toliña grita aquelo de ¡¡arriba areas!! pero moi mal da tua parte non poñer a esas duas animadoras que so lles faltou sair no descanso a bailar a pista tipo"chi-liders"do areas,deixeime a gorxa con tanto berro,jejejeje,dende aqui mandovos unha apreta moi forte polo ben que mo fisechedes pasar, ainda que en momentos foran de angustia.

Thiago dijo...

jaja enhorabuena... viejos pero no pendejos, que feliz se te ve, y además que la felicidad te favorece, eh, jaja

Y esto de hacer el blog te está haciendo muy suelto, fuieste el alma de la fiesta, jajaja que morro le vas echando a la vida, cari, jajaja

bezos

Antón de Muros dijo...

Parabéns polo triunfo e pola ledicia que amosades!

Unha aperta dende o outono.

Antón.

Raposo dijo...

Noraboa meu: triplete como o Barça, si señor. Dende logo estades feitos uns abueletes ben cañeros (o de abueletes é broma, claro).
Parabens e a seguir asi, con esa vitalidade!

HADEX dijo...

Felicidades campióooonsss!!!! Estades feitos uns bos deportistas abueletes logo!!!


BICOSSSS

vermella dijo...

Parabéns e xa podemos cantar todos aquelo de a copa do mundo e vosa!!!!
moitas gracias polas fotos....

Artabria dijo...

Pois nada, para a próxima vou de cheerleader, nin a dos Lakers van ser tan boas, jejje

Parabéns!!

Barreira dijo...

Noraboa. E vos non ides ir polas ruas da vila no trailer descapotable????.
Avisa que eu non mo perdo.
Saudos.

Anónimo dijo...

Noraboa..., pero sijo co mesmo. Despois de un lixeiro estudo do deporte mundial, jejejje..., dende as Americas hasta a nosa Galicia, chejei a esta conclusión: todos os que teñen o ceo con eles, tiunfan. Como e o caso de Angeles L. de Gasol, O Santos de Brasil, O San Sebastian de los Reyes, de Madrid, e chegando o Barza do triplete, co servo de Deus, Xoan Pablo II de socio. E claro, investigando a fondo, dinme conta que o Areas FS tamen ten de socios, e con carnet, a San Benito o Nejro, Santa Lucia (por iso da paridad) e San Blas. Lóxico, a copa e nosa..., pero tamen de eles.Esta claro..., e sejun contas no post, foi casi milajroso janar a copa. Qitaria o "casi" e manteria o resto. Jejejjje. Contesta, tio...

vintxuca dijo...

Noraboa!!!!!!! parabéns pola copa!!! agora a celebralo...pasade por allariz que estamos de festa.

Manuel L. Rodrigues dijo...

parabéns polo trofeo!!!

COUSA IMPORTANTE: Envieivos un mail para que me facilitásedes o voso enderezo postal co gallo de enviarvos o libro.

Un saúdo

abueloscrisytoño dijo...

!NORABOA PARA TODOS!

Chousa da Alcandra dijo...

O Marathón de F.S. de Antas estase cocendo. Viña ben a presenza duns campións para ver se hai xeito este ano de competir un chisco coa SD Antas.

Parabéns polo trunfo!

Anónimo dijo...

sodes uns perdidos este ano que pasou?