lunes, 29 de junio de 2009

Escola de fútbol do Condado; algo máis que unha escola

Este sábado tivo lugar no campo de Angoares o acto que ven cerrando a tempada na escola do Condado. Se ben aínda teñen pendente xogar un torneo en Palencia no mes de Xulio, escolleuse esta fecha para celebrar a cea de fin de tempada.

Por que digo que é algo máis que unha escola? Pois por todo o que se move aí dentro, que non é so polo que pinta por fora. Como xa falara fai un tempo, teño un fillo que leva seis anos xogando alí, e ó millor iso faime ser un pouco subxectivo, pero é o que vexo. Non se trata de que os pais deixen os fillos alí como se fose unha guardería (aínda que algúns deben pensalo), senón que sempre lle estan a buscar diversións, charlas divulgativas, torneos por aí adiante (Arosa, Ribadeo, Carballo, algúns en Portugal...), e lle esixen unha mínimas normas que axuden o ambiente dentro da escola. Non son moitos casos de desobediencia, pero algún houbo, poucos. Eu nunca pertencín a directiva, pero coñezo a varios e sei o traballiño que da, algúns, se me descuido, botan máis horas en Angoares que na casa.

Proba do bo ambiente, víuse (e vivíuse) este sábado. Sobre as catro da tarde escomenzaron os xogos no campo, alí disfrutou todo cristo, dende os máis pequenos ata os máis maiores (ou se cadra máis rapaces). En total case que doce horas de festa seguida.

Escomenzaron con inchables para os pequeniños, aí da gusto levalos, que nas festas é unha auténtica ruina. Logo xogos populares, como carreiras de sacos, carreiras a carretilla, ben, unhas risas, sobre todo cando as fixeron as mamás e os papás, como dicía o "espiker" de Luis, que se agarrou ó micrófono e non o soltaba. Tamén tiñan instalada unha chave, ese xogo que existía antes, e agora intenta recuperarse nalgúns lados. Eu probei a ver a miña puntería, pero recoñezo que non é o meu.

Logo varios partidos de fútbol 7 entre pais e nais, o das nais non tivo desperdicio, sei dalgunha que aínda lle doen as pernas hoxe. Tampouco faltou a festa da espuma, o día estábase a nublar e escomenzaba a correr un pouco de aire, pero os máis pequenos metéronsee como valentes, cando os sacarón algúns tembilicaban de coidado.

E para colofón final, a cea no propio campo. Unha cea de campaña, empanada, paella e churrascada, que máis se pode pedir. A todo isto un grupito musical de aquí cerquiña, Los Pérez, truxo os seus artiluxios, que non son poucos. Como prosperaron, chegaron cunha furgoneta que xa fai de palco (Como as orquestas das festas, pero en pequeno) e tocaron o seu repertorio. Entre as novedades, contan cun karaoke, e claro, despóis de cear, e dos bailes e chimpos, algún valente atreveuse a cantar, e sempre topas con algunha sorpresa, tanto positiva como negativa. Dicir que a choiva axudou un pouquiño, despóis de ameazar durante a cea, chegou xusto durante a festa en si, e cecais non estivo mal, xa que valeu para refrescar un pouquiño.

En resumen, de algo sequro que me esquezo, pero foi un bo día de festa, e dende aquí quero agradecerlle a toda a directiva que logra estes éxitos sen beneficio ningún, ou máis ben coa satisfacción que da saber que se fan ben as cousas.



Dous cociñeiros no difícil arte de asar a costilla.


Jose Manuel, na súa salsa.


Botáronlle "huevos"


Como gozaron os pequenos.


E as pequenas tamén...


O tren chu-chu


Ese trío!! Se chega a estar un representante xa as pilla para Eurovisión


A cantina non parou de funcionar en toda noite, notouse ben.

13 comentarios:

brabido dijo...

Si señor todo moi ben,e se o final ae papatoria que che vou a escribir que ti non sepas

Artabria dijo...

Mi madrinña!! Que bem o pasachedes, así da gusto...

paideleo dijo...

Non hai nada como a boa compaña cunha boa festa...e máis habendo confianza.
E que dure !!!.

Barreira dijo...

Este tipo de actividades axudan aos pequenos a convivir e compartir boas (e malas, cando toca) experiencias. Aprenden a relacionarse con outros, co que elo conleva, neste mundo que tende a ir cara a individualidad.
E a celebración tería que ser por todo o alto. Para celebrar o triplete, vamos.
Saudos.

Anónimo dijo...

Imaxinote coa a cámara, facendo as fotos..., cómo jozaches..., diante da camara tiñas, ademais de outras historias, o teu proyecto de futuro..., estas madurando, Carlos. En hora boa, sempre que o deporte sija tendo unha funcion formativa para os vosos fillos..., eso depende de vos: menos exixencia competitiva e mais formacion. Felicidades o tod@s. Ricoesanto.

abueloscrisytoño dijo...

Despois do lio dos antidisturbios é unha gozada pasar polas fogueiras de San Xuan e por esta reunión de deportistas tan ben levada

busto.agolada dijo...

Pois si, vese que foi unha festa total. Actos deste tipo tecen lazos especiais nos colectivos. Asíq ue longa vida e máis festas para esa escola de fútblo.
E apertas desde Agolada.

Thiago dijo...

jaja es que lo vuestro si que es "más que un club" jajaa. bueno, solo pensar que a las 4 de la tarde empezaron las actividades ya me refrescó un poco, pq en madrid a esas horas hoy casi había 40 grados y no se mueve ni cristo.

Y el beni, sigue estudiando? no me le dan vacaciones al pobriño? jajaj

bezos.

HADEX dijo...

Jo, que ben o pasades.....dades moita envexa eh???

Thiago dijo...

Tu eres ese del polo verde que va señalando, no? jaja

Bezos

paidovento dijo...

Que envexa! Dende logo, a festa parece que foi das boas.
Sempre é unha satisfacción que as cousas saian ben
Un saúdo.

Manuel L. Rodrigues dijo...

vaia entrada!!!

Carlos; preciso saber se vos chegou o libro, porque non teño claro se volo enviei ou non.

Agardo resposta. Un saúdo

Marga dijo...

Como vos coidades..........

Ainda así non sei eu se non sería máis festa para vos cque para os nenos.....jeje

A disfrutar que é merecido.

Un saúdo.