viernes, 3 de julio de 2009

Concentración de carros do país

Si, a foto non engaña,trátanse de carros de bois reunidos dende o día de San Xoán. Contrariamente ó que parece, non están aí por conta da trouleada de pillaxe que existe na víspera, senón debido a unha concentración feita para non esquecerse deles e para que os seus donos non os deixen de lado, e os vaian arranxando algo.

Como xa sabedes, nesta data, a xuventude dedicábase a levarlle as cancelas e carros ós veciños. Adoitábanse levar sobre todo para os torreiros da parroquia, e despóis se coincidía ver pasar o paisano con él de volta, as risas xa eran completas.

Como poder recuperar estes carros e velos polas estradas, foi o que duberon pensar os donos da Tapería Os Foxos, situada en Lourido, Salvaterra de Miño. E xa que andaban a argallar a forma de celebrar o seu segundo aniversario, tiveron esta brilante idea.

Organizaron unha especie de concurso, donde quen tivera un carro e quixera, podía levalo ata a tapería, e alí estarían expostos ata o día de San Pedro (outra data na que existe dita tradición). Un xurado escollería os tres carros que estivesen en millor estado. Os premios serían tres ceas valoradas en 200 Euros, 100 e 50, según o posto acadado.

Para ser o primeiro ano que se fai, a participación non dubo estar nada mal xa que xuntaron máis de 20 carros, tanto de bois como de vacas, e alguén truxo o seu cargado cos útiles de labranza antigos, estes que agora, ou están a pudrirse en calquera esquina ou se usan para adornar xardíns.

Eu acerqueime o domingo a botarlle unha ollada e sacarlle unhas fotiños, e claro, non todos estaban no mesmo estado. Para o ano seguramente, se a volven a facer, o número medrará, e tentarán arranxalos un pouco máis, que unha cea tamén vale a pena.





O feito de velos rodar pola carretera, supoño que non se vería, xa que ante a escasez de bois e vacas(se é que aínda queda algún), me supoño que os carros levaríanos nalgún remolque tirado por un coche, que tampouco é plan que o dono fora cangado con el as costas.

17 comentarios:

brabido dijo...

Po xardin ou concentracions e pouco mais,non só polos poucos que quedan senon polo sistema de empuxe.

Xa que pola zona donde respiramos as vacas e os bois desapareceron fai tempo ,non é o caso das terneras (pa carne) entendese.

PRAADIANTE

paideleo dijo...

Encantoume este posteo !.
Xa podes imaxinalo !.
Mágoa que eu non soubese desa concentración.
Queda para o ano que vén.

Anónimo dijo...

Asombrasme..., non hay detalle do Condado que se che escape, estás en todo, pareces Oriana Fallaci, sempre atento e co ollo no obxetivo. Xenial demostracion. Vexo que xa eres "o rei do post", co permiso de Thiago, que tamen os ten moi bos. Sije así.Ricoesanto.

Barreira dijo...

Pois gustanme as rodas. Aqui non teñen esas formas redondeadas no interior (no exterior si.... que para algo son rodas).
Moi orixinal a celebración. Magoa que os cartos dos premios non se destinaran a restaurar e rehabilitar os carros.
Saudos.

HADEX dijo...

Como molaaaaa!!! Eu tamén me apuntaría de ganas, como Paideleo para o ano que vén....
Bicossss

Raposo dijo...

Vaia o meu aplauso para esa iniciativa ben curiosa e enxebre.
Habería que suxerirlle os organizadores que para o ano que ven ampliaran o concurso os carros de burras-os, que a diferencia dos outros son tirados por un solo animal e non por unha parella.
E aínda que mais lixeiros e pequenos tamén tiñan moita utilidade nas labouras agrícolas, sobre todo para carrexar fentos, herba, palla de millo, feixes de nabos, etc.

Thiago dijo...

jaja cari, al empezar a leer tu post tb. pensaba que era discriminatorio, "carros de bois" y ya estaba yo pensando y los carros de vacas, qué? jaja

quizás deberías explicar para los ignorantes como yo, en que se diferencian los carros de vacas a los de bois, jaja

Bezos.

Thiago dijo...

jaja cari, te gustó mi comentario? será una coña, no? como era la mia. Bueno, en realidad lo politicamente correcto sería decir: "carros de bestas" jajaja Por cierto que hoy fue A Rapa, con las ganas que tengo de ir algún año, jjaa. Bezos.

Antón de Muros dijo...

Qué boa idea tiveron!

Unha aperta dende o inverno.

Antón.

LM dijo...

ei! para o ano avisa com tempo porque é uma ideia fantástica! que bem que ainda haja gente com imaginazom!

beijos

Suso Lista dijo...

Unha idea xenial. Sorprendente praos tempos que corren. Apertas

Artabria dijo...

Agora está de moda que os ricos os poñan no xardín cheos de flores......

garganta profunda dijo...

O meu Carlos, da gusto seguir o teu blog. Esta entrada gústame especialmente. Por certo, gracias por darme a coñecer no meu "asunto"....

Thiago dijo...

CAri, las fotos están chulísimas, tenías que hacer un video de esos que haces tu, con el tipico sonido de los ejes sin engrasar, ya sabes: "pq no engraso lo ejeeees, me llaman el no sé qué... " jajaj
Bezos.

paidovento dijo...

Faloume deste post o amigo paideleo e pareceume unha idea fantástica. Hoxe que hai concentracións de todo (motos, seiscentos...), por que non de algo tan noso como é o carro? Moi boa iniciativa, si señor.

zeltia dijo...

deume alegría ler isto.
o bar ese das tapas, ó mesmo tempo que atrae clientes fai un labor interesante para a conservación do noso patrimonio cultural.

eu tamén vexo ahí carros de formas que non vira nunca... vese que hai variacións dunha comarca a outra...

manda truco dijo...

Alguén sabe se tivo continuidade? Celebrouse o ano pasado? Vaise celebrar este ano? Interesaríame moito velos, e máis ouvilos. O canto do eixo fai moitos anos que non o escoito. Se alguén o ten gravado e pode pasarme en calquera formato agradeciallo. Parabens polo artigo.