viernes, 24 de julio de 2009

Cruceiros de Areas e arredores...

Hoxe quería mostrarvos algúns cruceiros que temos en Areas e nas parroquias veciñas, tema que teño pendente dende fai bastante tempo.

Os cruceiros son uns dos monumentos máis típicos de Galicia e Portugal, atopándoos moito en encrucilladas de camiños, atrios de igrexas ou lugares donde antigamente existían cultos paganos a natureza. As súas orixes remóntanse en torno ó século XIV pero cando máis se construíron foi sobre o século XVII. Normalmente está esculpida en granito, e as súas partes son as seguintes:

-Plataforma de unha ou máis gradas.
-Pedestal, normalmente cuadrangular, liso ou con inscripcións.
-Fuste, pode ser cuadrangular, octogonal ou cilíndrico, liso con diversos motivos, escaleira, caveiras, serpes, "santiños" (esceas do pecado orixinal, etc.)
-Capitel, de complexa e variada composición (volutas, caveiras querubíns alados e outras figuras)
-Cruz, raramente soa, as veces cun Cristo na cara anterior e a imaxe dunha Virxe ou dun santo na cara posterior.

Tamén se poden ver cruces máis sinxelas en portales das casas, muros, canastros...

Despóis desta pequena introducción, aí van algúns dos que temos por aquí:

Este primeiro é o cruceiro da Gándara, que o pobre está medio encasquetado entre unha marquesina, un taboleiro de anuncios e no medio das frores.


Gruceiro de San Brais, coa capela o fondo.


Cruceiro da Igrexa, é o máis grande e importante de Areas, está situado no atrio diante da casa do cura, detrás vese o campanario e a cúpula da igrexa.


Hai bastantes máis, pero penso que non teñen tanto arte como este último, polo que vos enseño outros de parroquias veciñas. Este seguinte pertence a parroquia de Guláns, é o chamado Cruceiro da Barxa. Como peculiaridade ten que a cruz en sí simula unha tallada como se fose de madeira, e está ó lado dun carballo de considerables dimensións.



Tamén ten o seu punto negativo, eses letreiros sinalando o barrio, e sobre todo a forma de colocar ó de madeira,que está suxeto cun aro dun barril que rodea o tronco do carballo como se fose a estrangulalo.


Este outro está na parroquia de San Mateo de Oliveira (parroquia donde vivo aínda que eu considérome de Areas). É de tremenda beleza, e consta de varias figuras como un cristo,unha virxe, un santo e un anxo.



Pero o que leva a palma é o seguinte que é particular. Está colocado enriba do portal dunha casa e foi construído polo Maestro Cerviño, o mesmo que fixo o famoso Cruceiro de Hío. É moi parecido, sempre salvando as distancias. Está situado en Ponteareas, ó lado da estrada nacional, por detrás da calle de Abaixo.


O Cruceiro de Angoares, pois segue como estaba. Despóis de medio ano que o tirara un coche e Patrimonio o levara para restaurar, os veciños aínda non saben nada del. E como xa contara trátase do máis antigo da comarca do Condado.


Estes son algúns exemplos, pero aínda me gardo un (especial para min) para outro día, que ben merece un post para el só.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Xenial, Carlos, xa algunha vez comentei que a Oriana Fallaci o teu lado..., sendo importante non parece tanto...
Soio quero mandar un comentario po lo cruceiro de Angoares. Despois de tantos meses, Patrimonio nada de nada: nin fan nin deixan facer, nin contestan as propostas pa arranchalo xa que financiado esta po lo seguro do coche que o atropellou. Nin con esas. Deben telo aparcado ata que a parroquia se levante e diga basta xa. Despois xa veremos. Serei o primeiro en levantarme e protestar de unha maneira eficaz a ver si nos escoitan. Menudo patrimonio o
galego, que segun me consta inda o
teñen gardado tal como Beni e eu entregamos as piezas rotas...RICOESANTO.

Antón de Muros dijo...

¡Moi boa entrada Carlos!

Gustoume moitisemo.

Grazas polas fotos e o texto.

Unha aperta.

Antón.

HADEX dijo...

Que pasada!! Alá donde crecín eu non hai moitos e cando era pequena e iamos de viaxe por Galicia adiante eu flipaba tanto cos cruceiros coma cos hórreos (que na miña zona son de tipo asturiano)

Bicos!!!

brabido dijo...

Unha autentica beleza,pero xa vai sendo con tempo que lle dean unha man de pintura

paideleo dijo...

Mui bos.
Gustoume o do mestre Cerviño.
Sabías que o de Hío está feito a partir dun só penedo ?.
Tiña muito mérito ese home.

Manuel L. Rodrigues dijo...

tremendo!! teño que ver se lle fago eu un par de fotos ao Cruceiro de Eiroa. É considerado un dos máis importantes de Galiza. Representa a baixada de Cristo da Cruz; como tamén se ve nun dos que tes por aquí!!

Un saúdo.

Suso Lista dijo...

Verdadeiras obras de arte, que por desgraza, non teñen a protección adecuada. Unha maravilla

paideleo dijo...

O balneario de Melgaço está abandonado pero ten un edificio onde envasan auga. Logo hai outro onde brota auga e dan a probal ( sabe a ovos chocos ). Os xardíns poden visitarse e son unha agradable sombra no verán.

Anónimo dijo...

hola sousa son alvaro de gulans o final o campeonato de maiores de 40 e por aohora pos de gulans.pero se queres xogar a chave non hai ningun problema.

Artabria dijo...

Fain uns anos, na miña zona, desapareceron todos os cruceiros........Supoño que algún novo rico quixoo para adornar a súa preciosa finca.....

Algo tan noso hai que coidalo.........(aínda que eu de relixiosa non teño nada........)

Raposo dijo...

Os cruceiros son unha das manifestacións artísticas mais típicas de Galiza. Tedes algúns ben fermosos, grazas por amosalos
E con respecto o carballo penso que están abusando un pouco del. Os carballos son seres pacientes pero...

Carlos Sousa dijo...

Rico e santo, a verdade que manda carallo con Patrimonio. Despóis do traballo que pasates ti e máis Beni acarrexando a cruz esa desaparecida (como por arte de maxia), ata o Concello, e nin consulta dan. Seguramente nin as grazas vos deron pola recuperación, e iso que según malas linguas, algún de vos puido pasar polo ladrón da cruz, jeje, "malas linguas"!!

Antón, alédome que che gustaran.

Hadex, parece que me les o pensamento! Tiña pensado no seguinte post falar dos canastros da zona. Xa vos mostrarei.

Brabido, home... arranxalos, pode ser, aínda que de momento están bastante ben conservados. Unha man de pintura... non sexas brutiño, burradas desas fixéronse fai tempo.

Paideleo, non sabía que estaba feito dun só penedo. Se cadra o millor este pásalle o mesmo, non o sei. Dende logo son moi parecidos.

Manuel L.R.,faille as fotos, sinto curiosidade por velo.

Suso Lista, menos mal que agora miramos máis por estes temas, e estanse a cuidar un pouco máis.

Alvaro, benvido por aquí, espero que te pases máis veces. Unha pena có torne sexa só para os de Guláns, agora que estou a coller a forma... jeje.

Artabria, unha pena que desapareceran e seguramente non vas desencamiñada na túa suposición. E eu de relixioso, tamén nada, pero encántame ver estas cousas que crearon.

Raposo, gustoume que te fixaras no do carbalo, unha verdadeira burrada. Como ben dis, pacientes pero...

Alédame que vos gustara, unha aperta.

Alkaest dijo...

¡Me encantan los cruceiros! Y no se por qué. Les encuentro algo enigmático, como una especie de morriña sobre un tiempo irremisiblemente perdido...

Me parece especialmente significativo ese de Barxa, donde no está claro si el cruceiro "santifica" al viejo carballo, o es el ancestral carballo quien "redime" los pecados del cruceiro...
En cualquier caso, parece que los espíritus de los bosques y el nuevo dios conviven aquí en paz y armonía, siquiera sea nada más que una tregua hasta la próxima batalla por el control del alma humana...

Salud y fraternidad.

zeltia dijo...

moi interesante o post este dos cruceiros. ainda que rexeito dunha maneira case visceral todo o relativo a santos e igrexas, non ten que ver, o arte é o arte, é mais se é popular. os cruceiros teñen un vencello con todos nós os que fomos ou seguimos a ser nenos e nenas da aldea.
referencia primeira aquela de "onda o cruceiro"
:-)
agardo logo por ese cruceiro especial que tes reservado...

brabido dijo...

Señor sousa como usted ben pode observar nas fotos,non só aparecen cruceiros.

"Brutiño",dis,pode ser que sea algo, de ahi a darlle cór as pedras,penso que seria unha maneira de estragala pintura.

PRAADIANTE

Carlos Sousa dijo...

Alkaest, iso, o importante é convivir en paz e armonía, que non veña ninguén a estragalo. Próxima batalla polo control da alma? Se cadra haberá, pero esperemos que tarde.

Zeltia, como lle dixen a Artabria, pásame o mesmo que a tí, sinto repugnancia sobre os temas da igrexa, que non sobre o arte relacionado. O cruceiro especial, agardo que vos guste, xa contarei.

Señor Brabido, non se enfade, jeje. Sabes ben que era en tono cariñoso. Se teñen que pintar o portal, tamén podías dicilo, que un non é adiviño. Bueno, pagareiche unha cervexa para enmendar o erro...

Un saúdo a todos.

Thiago dijo...

jaj que chulada de post, te ha quedado precioso.. muy bonito el del sr. cura y tiene un buen coche el jodido, jajaja. Es precioso ese del descendimiento...

Lo que no se pq se ponian en los cruces de camino si luego no indicaban nada, p.e. "A Ferrol, 150 km. "jajaj que sería mas utiles.

bezos

Anónimo dijo...

Para o Sr. Thiago si me lee..., ainda penso que non, xa que entra unha sola vez.
Primeiro o cruceiro non e do sr. cura, quen me dera, e da parroquia de Areas, de Carlos, de Beni e de todos os demais. Por certo, a non ser que eles digan o contrario, a Beni e a Carlos consideroos moi bos amigos, "en todo e para todo", e mais, co anticlericales que son os dous, penso que son o unico cura amigo que teñen, xa que son mais anticlerical ca eles ainda que no o entendas...E de jodido, na de na, viva o celibato(isto e pa darche que falar)e o coche e normal, ten duas portas e unha sobrame. Bicos. Ricoesanto.

Thiago dijo...

Olas Sr. Cura.... No pensaba que mi comentario daba tanto que decir, jajaja. bueno, lo que hay en casa del cura es del cura, aquí y en Valladolid.

Yo no es que sea anticlerical, que contra las personas no tengo nada, y todo cura es una persona, lo que soy es cristofóbico - como han inventado ahora esos señores de la conferencia episcopal. Lo que no se que iba a hacer usted con el cruceiro si fuera suyo.... Espero que no venderlo a un anticuario como muchos bienes que eran de los feligreses y acabaron en bolsillos poco claros.

Pero vamos, encantado de que usted sea tan buen amigo de Beni y Carlos, no tengo nada que oponer. No le conozco lo suficiente y no me gusta hacer juicios de valor, como los hace usted al dar por sentado que vengo por este blog solo una vez por post, jajaja.

En fin, usted debe saber igual que yo, que el coche tenga dos puertas o una, siempre se ha dicho en Galicia de alguien que vive biene que "vive como un cura" pq cuando otros aún iban en carro de vacas los curas ya tenían su seiscientos, bueno, su casa al lado de la iglesia y una "prima" que les hacía la cama y les calentaba la cama, jajaaj.

En fin, que el crucero es muy bonito, que es de lo que se trataba, jajaja.

Bezos.