sábado, 1 de agosto de 2009

...canastros de Areas e arredores...

Xa que me estou a inclinar polas contruccións da zona, non podía deixar sen mencionar os canastros, contrucción moi típica nosa. Nós por aquí chamámoslle "canastros", pero o seu nome varía moito segundo a zona. O máis coñecido é "horreo", pero tamén son coñecidos por "cabeceiros, espigueiros, cabazo, piorno...". Como dixen, son típicos de Galicia, pero tamén do norte de Portugal, Asturias (chamados horru), Cantabria (hurriu) e ata en Navarra.

Dicir que os canastros eran construccións que se usaban para gardar as colleitas. Os pes tiñan enriba unhas pedras, xeralmente redondas para evitar que os ratos subisen ata a colleita. A estas pedras por aquí chamámoslle "mos".

Os asturianos e cántabros teñen planta cadrada, pero os nosos, os que me vou a referir, teñen planta rectangular. Os máis normáis e correntes teñen 6 pes, pero van a máis, chegando a ter 22 pes como o de Carnota, que mide 34,80 metros de longo. Se ben non é o máis longo de Galicia é o que ten máis valor arquitectónico. O mérito de ser o de maior tamaño teno o de Araño, que mide 37 metros. Este último pertenceu ó clero, que daquela "percibía" parte das cosechas dos veciños, de aí o seu tamaño. Os dous datan do século XVIII.

Bueno, voume centrar nos que me rodean, que para nada chegan a esas dimensións, nin teñen o mesmo valor arquitectónico, pero teñen o seu, sobre todo ós que aínda se lle da o uso par o cal foron feitos.

Estes dous primeiros exemplos están na parroquia de Areas, nunha casa particular que foi mercada pola empresa Ganomagoga e restaurada para oficinas. De aí que estean en perfecto estado. O primeiro é o típico que combina pedra con madeira nos lateráis. O segundo dame a impresión que foi mercado para embelecer o xardín, xa que non teño recordo de ver un tan pequeno, e completamente de pedra.


Estes outros dous están dentro do terreno da Granxa Escola, antes coñecida como finca da Boavista, que foi un pazo pertencente a O Fresco, un mito da guerra civil (algún día contarei algo del, cando me entere ben da súa historia). Deste tipo son os que máis abundan por aquí, cos pes e as mos de pedra e o resto de madeira. Como se ve, tamén están en bo estado. Ó pertencer a Xunta, é o mínimo que se podía agardar.


Lembrenme de dous canastros que estaban na casa do meu avó e fun alí a inmortalizalos. De momento parece que cheguén a tempo, aínda están en pe. Cal é o problema? Pois que están en obras, están a reformar a casa, e xa se sabe, donde hai obras, non se respeta nada. O que está diante da casa intentarán restauralo, o outro xa lle vexo pouco futuro.


Este é o típico dunha eira no rural noso. O canastro cos útiles do traballo do campo colgados, un carro de bois ó fondo e ata o can de palleiro.


Máis exemplos, estes dous sufriron modificacións que non é que foran moi estéticas. Un ten os pes feitos de tubos de cemento e o outro ten os pes de pedra pero as mos de cemento. Pola pinta foi na época na que o cemento se impoñía contra a pedra. O segundo, aparte de que se usa tamén para coidar pitos, cando meu fillo era pequeno era o seu salón de xogos, donde gardaba os seus xoguetes. Como pasou o tempo..


E buscando na rede sobre o tema topei esta foto subida por Paideleo dun canastro situado na parroquia de Vide en As Neves. Xa o tiña visto ó pasar por alí, ten a particularidade que está feito de ferro. Os tempos e as construccións cambian...


E como no post anterior, gárdome un que é especial para min, que porei no seguinte post xunto co cruceiro.

13 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Carlos: outra moi boa entrada :-)

Por certo: no hórreo da miña familia (no Concello de Muros) a miña curmá Maribel garda o millo coma nos vellos tempos.

Ahhh! eu teño pendurada aquí mesmo na parede que está detrás do ordenador (a milleiros de quilómetros da aldea) a chave de ferro da vella porta do hórreo.

Carlos, quixera ter o teu enderezo electrónico. Se podes, mandamo a repinaldos@gmail.com

Moitas grazas.

Unha aperta.

Antón.

HADEX dijo...

Na casa do meu pai, alá pola zona dos Ancares había un de tipo asturiano. Enorme. Ou así o recordo eu polo menos. Lembro como se fora hoxe o olor do seu interior: castañas. Había castañas por todas partes e todo o ano. Canto máis tempo pasaba mellor sabían....


Moi fermoso o teu post Carliños!! Bicossss

brabido dijo...

Eu inda conservo un,de madeira.Non fai muito que inda se enchia de espigas o dia de hoxa esta de almacen,estuo pensando en facerlle unha chimenea,ventanas e unhas divisions e instalarme quen se mete a construir unha casa ou comprar un piso.

PRAADIANTE

Chousa da Alcandra dijo...

Son un legado que debemos saber conservar con esmero, xa que na actualidade semella que non teñen o uso que antano se lles deu (con algunhas excepcións). Ás veces da mágo velos tan desdeixados da man dos seus donos

A min dame moito gusto cando albisco un que luce lozano campeando na cima da aira, presidindo con garbo o entorno.
En Antas temos en pe arredor de 600 hórreos (sendo magnánimo e catalogando os que están en moi mal estado, e incluindo a construccións posteriores en materiais pouco "nobles").

Unha aperta

Thiago dijo...

jaja cari, estás genial, ultimamente, muy reportajetriz... me encanta. Es verdad que además aprendo algo contigo mientras me divierto.... Yo solo conociía el nombre clásico de horreo. Claro que ya sabes que mi gallego deja mucho que desear...

Eso si, cari, espero que no tengas problemas otra vez ocn el señor cura, cuando dices que el HORREO MÁS GRANE "pertenceu ó clero", ajjaa Yo dije algo del horreo y ya ves, asi que epero que tb. te tire de las orejas a ti.. El HORREO MAS GRANDE Y MAS RICO, SEGURO QUE NO ERA DEL CURA, HOMBRE; SERIA DE TODOS LOS FELIGRESES Y DE TODOS LOS POBRES DE LA PARROQUIA, jajaja

Bezos,

Thiago dijo...

Bueno, donde escribí "yo puse algo del horreo" quería haber puesto "crucero", que fue la cuestión del post anterior, claro.

Mas bezos.

Artabria dijo...

Eu sempre os coñecín como hórreos, calquera outro nome soname a chino, jejeje.

Nos tiñamos un, pero vendeuse fai moitos anos. Era amarelo!!!!

Por certo, o sábado abrín unha botelliña de licor café. Como queima, carallo!!

Barreira dijo...

Moi chulo o post. E as fotos moi boas. E coma sempre, onde sobra, hai para todos os gustos.
O que estou tremendo é co horreo que queda e mais o cruceiro.
Saudos.

Suso Lista dijo...

Por aquí son de granito, e hai moitas diferenzas de unha zona a outra e moi ben se podería facer un mapa das variantes.Apertas

abueloscrisytoño dijo...

Estou dando unha ollada á túa blog e esta precioso os hórreos, os cruceiros e xa non digamos o vídeo coa música, dá gusto pasar.

Facía tempo que non pasaba porque a miña nai caeuse polas escaleiras e rompeu a cadeira con numerosos golpes por todo o corpo téñoa moi delicada e algo mimosa. Agora teño pouco tempo pero intentar porme ao día cos meus amigos.
A.Cris

Cuspedepita dijo...

Pola zona da montaña luguesa os hórreos son de planta cadrada e cubertos de lousa (ou palla )e o resto de madeira, agás a pedra que ti chamas "mos" pero na provincia hai tamén hórreos de planta rectangular, en pedra ou mixtos.
A planta rectangular é máis típica dos hórreos galegos e a cadrada dos asturianos, pero a primeira penetra no occidente asturiano pola costa, mentres a cadrada faino en Galicia pola montaña.
En canto aos materiais, en cada zona están construídos co material máis abondoso, así atopamos hórreos totalmente de madeira, outros da pedra da zona e outros mixtos.
A pedra que vos chamades "mos", nos chamámola "tornarratos". Os pés aquí son tamén de madeira.

zeltia dijo...

Pola comarca do deza son mixtos, e polos arredores da aldea onde eu xa non queda prácticamente un en pe.
custame traballo recoñecer nese espazo onde segue a casa (que parece outra tamen) as paisaxes que vin e vivin de pequeniña.
dame nostalxia que desaparecera todo (primeiro foi a parcelaria, que o encheu todo de "carreteras" agora co AVE está todo o chan fendido, coma un animal ferido; pero moito antes, coa nosa entrada na CEE acabouse o de ter duas ou tres vacas, catro ou cino como moito, que era o "normal" en case todalas casas. así que, mira tí, ¿qué ia pasar cos horreos? morreron os horreos, os arados de pau, os arados de ferro, os carros e xa non lle arde o eixo, siquera. ay que ataque de melancolía me entrou, pero non é que non me alegre de que a xente do campo viva moitísimo millor, e que se acabaran os tempos de pasar tantos traballos... non é que quixera recuperar aquel modo de vida esclavo, pero sí que podiamos conservar un pouco o noso patrimonio cultural. da pena, pena.

gustoume moitísimo este post teu con esas fotos dos horreos, nesa especie de catálogo do teu entorno.

paideleo dijo...

Sabes que é un tema que me encanta.
A foto podías collela que eu son da opinión de que o que hai na rede é libre.
Hai tempo puxen a foto dun canastro de Arnoso, xunto enfronte do Calypso.
http://leoeosseus.blogspot.com/2006/11/coa-liberacin-de-roberto-estou-ledo.html