miércoles, 26 de agosto de 2009

VIII Festa do Polo á brasa (1ª parte)

Este domingo pasado celebrouse na nosa parroquia a octava edición da Festa do Polo á brasa, ou o que é o mesmo, festa do pito, que é como lle chamamos nos por aquí.

Pódese dicir que esta festa cada edición vai a máis, e pouco a pouco vanse solucionando os "pequenos fallos" para intentar conseguir a perfección. Desta volta foi todo un exito, o tempo estuvo de marabilla, a comida tamén e a bebida, máis do mesmo.

Pero que fai falta para que unha festa como esta funcione?

En primeiro lugar, a mateira prima, ou sexa o pito:


Unha pouca de leña de carballo,


Un bo marco para celebrála, e nos temos o Parque da Bouza Vella, un sitio perfecto moi cerquiña do río Tea,


E como non, o principal, xente que traballe, que logre que isto funcione. E neste caso non se trata de dous ou tres, senón dunha boa cuadrilla deles:

Os asadores, que tiveron que soportar o calor das brasas (imaxínome que mollarían a gorxa de cando en vez...), na foto saen cunha admiradora (ou eran eles admiradores delas...)


Os da "oficina", encargados de vender os tikes,


As mulleres que despachaban os pitos e a empanada,


Os descorchadores de botellas de viño, menudo chollo máis tentativo, jeje.


Os do bar, estes fartáronse tamén a vender cañas e refrescos. Xa digo, o día axudaba,


"Las chicas del café", como me dixeron cando ía tirarlle a foto,


E supoño que máis xente que me quedou atrás, pero non din recollido todo o que alí aconteceu. Un tamén ten que disfrutar da festa, digo eu...

Todo esta recopilación quero que vala para recoñecer o mérito destas persoas de idades moi dispares, e que o fan por seguir dando a coñecer a nosa parroquia de Areas. E supoño que non é fácil xuntar a 40 ou 50 persoas e que a cousa funcione sen ningún tipo de rencillas.

Para rematar, dicir que se venderon 2.200 racións de pitos (ou o que é o mesmo 1.100 pitos) e 140 empanadas. Pero bueno, isto xa o dixo a prensa.

Como non quería pasarme coas fotos, deixo unha poucas e un vídeos na entrada anterior

15 comentarios:

Artabria dijo...

Pois mira que me gusta a min o polo á brasa. Podo ir o ano que ven??

brabido dijo...

Declarada festa nacional ou internacional pero xa (internacional pola cancion).

PRAADIANTE

HADEX dijo...

Eu quero vivir por aí, sempre estades de troula, que marabilla!!!

Suso Lista dijo...

Poñer a funcionar toda esa xente, si que é un arte. Entroume a fame. Apertas

Manuel L. Rodrigues dijo...

eeepa!! Xa volvemos ás comerotas eh Carlos???

Raposo dijo...

Ostia, Carlos, na túa terra sempre estades de festas, papatorias e troulas varias!!!
Dille os da comisión que si para o ano que ven necesitan alguén para descorchar as botellas de viño apúntome eu. E a catalas antes de darllas os asistentes, non vaia ser que algunha estea en mal estado, he, he!!

Chousa da Alcandra dijo...

Mimadriña que man de polos asados!!!!
Teñen razón os que comentan antes: sempre andades de larpeiradas. Da gusto vervos así.

(Por certo, coméntoche por se non te viches esta vez, que este post está linkado en Vieiros estes días. Mírao na capa da web, na sección de "Blogomillo")

paideleo dijo...

Pasástelo todos ben menos os pitos !.
A Mina é unha malabarista ( supoño que non libraría o que falta das botellas de viño ). A canción estivo ben e o Carlos fixo unha labor importasnte: aguantar o vaso de viño.
Un saúdo e que siga a festa !.

Cuspedepita dijo...

Estas son as festas que me gustan a min, raio !.
Na miña aldea tamén fixemos unha parecida, pero máis modesta, que aquí somos poucos viciños.

Que siga facéndose moitos anos, a ver se algún me podo achegar ata alí :-))

zeltia dijo...

pois ainda que a festa é de comer, que son ás que mais me apunto eu, e o teu traballo é moi bo; destsa vez non te vou felicitar a non ser que me digas que os polos son de curral.
con gusto encabezaría unha manifestación perantes todos vos para que se vos atragantase o polo, por darlles ganancia a eses empresarios que non dubidan en torturar animais para encher os petos.

No es por joder,si no por concienciar pero ésto es lo que pasa en granjas industriales que surten a grandes cadenas de alimentación que suministran los "ricos pollitos fritos" :

viven hacinados,
en gallineros sin ventilación,
envueltos en sus propios excrementos.
a cada pollo le toca un espacio reducidísimo.
en su corta vida (los matan a los 2 meses)sufren muchas miserias.
los engordan rápidamente, cuando aun las patas no están desarrolladas para sostener ese cuerpo obeso, y a algunos se les rompen las patas,
le falla el corazón o los riñones porque su metabolismo trabaja demasiado deprisa.
les suministran antibióticos para preservarlos de las muertes por infecciones debidas al hacinamiento. (esto además repercute en nuestra salud directamente)

no os cuento "detalles" del trato que reciben porque no quiero amargaros el día,
pero quizá alguien quiera buscar información, no solo de los pollos de granja, si no de las gallinas ponedoras,
y hasta es posible que si alguien me lee no vuelva a comprar huevos cuyo código comience por el número 3.

Perdona este comentario, tal vez fuera de lugar, ya que es un post festivo y feliz;
mais sigo o dito aquel de que un gran non fai graneiro pero axuda ó compañeiro,
y espero que alguien más se una a mí al boicot: no consumir pollos ni huevos de granja;

yo prefiero pagar un poco más y darles mi dinero a empresarios que crian sus pollos para el consumo sin hacer que lleven una vida corta, miserable y sometidos a tortura.

Thiago dijo...

Ay, cari me encanta, te juro que el año que viene voy a esta fiesta... me encanta el pollo a la brasa, este año tome un riquísimo en el Festival Celta de Guísamo, que actuaban Gwendal, sabes? me encantó...

Y pobriños todos los que ayudaron pq este domingo fixo unha calor do carallo, jajaja

Bezos, voy a seguir viendo otros de tus post, siempre tan apetitosos, jaja que ya me esta dando hambre.. ¿Estuvo el Beni? jaja

Carlos Sousa dijo...

Artabria, Claro que podes vir, avisarei con tempo. Eu pago o polo e ti o viño. Vale?

Brabido, e foi unha pena que non gravei o grupo de baile portugués, de feito tamén é un festival internacional, pero pilloume coas mans na masa (ou máis ben no polo)

Hadex, case sempre, eu apúntome ó que poida, pero traballar tamén traballamos. E que haxa.

Suso Lista, o arte e comer e pasalo ben. Bo proveito.

Manuel L. R., Voltamos, voltamos. Pero que sepas (ou sepades) que o acabar tamén me din un paseo pola beira do río (Así en plan sendeirismo, para recuperar un pouquiño...)

Raposo, Eu decir, dígollo, o problema é que non sei se os encargados de facelo, cederanche o posto.

Chousa, O mesmo, case sempre. Non domino moi ben Vieiros e non dou topado o link. Seguirei intentando.

Paideleo, No, Mina non creo que o librara, pero os que estaban con ela... E mira ti cal era a función do meu homónimo...

Cuspedepita, aquí había bastante xente, pero moita é coñecida. A ver se che cadra vir, pero faino de incognito (digo polo nome, non che vaian botar o dente, jeje)

Buff Zeltia! Aí xa me deches.
Está claro que nunha granxa de pitos non os van a tratar coma marqueses. Por desgracia os empresarios buscarán o maior beneficio co mínimo gasto. Pero iso é lei de vida, non? Coido que pasa en tódolos ramos, e sobretodo nos referente a granxas. Pasa o mesmo coas de porcos, coellos, etc. eles buscan o beneficio.

Nos na casa temos a sorte de criar pitos e galiñas, e está claro que hai moita diferencia. Pero que pasa cando se vai a comer fora?

E donde se pode mercar polos caseiros pero en grande cantidade?

E aparte teño un amigo que traballa nunha granxa, e sei bastante de que vai o tema.

En parte estou dacordo contigo, pero non ten moito remedio, ou eu non llo vexo.

Thiago Pobriños... se o pasaron caralludamente, o calor axudoulles a alegrarse un pouquiño.
Beni non estivo, tiña que traballar ese día (moi currante está ultimamente), pero si estivo na vispera, que foi cando fomos a inspeccionar o parque.

En fin, un saúdiño a todos.

Barreira dijo...

Pero vos cantas festas gastronómicas levades???.
Moito ides engordar este verán.
Saudos.

Anónimo dijo...

Ayyyyyyyyyyyyyyy..., Carlos: eres o mellor comentarista dos asuntos da nosa terra, que conste que non todo son papatorias..., que habelas, ainas...A este pobo, o teu pobo, despois duns aniños e con perseverancia,dandoo a conocer na rede,voulle a pedir, por pedir que non quede,un recoñocemento o noso "oriana fallaci".Ricoesanto.

Elora dijo...

Hola Carlos,
Aqui la "admiradora" o "admirada"... que risa!!! jejejeje
Daros un saludo a todos y mis felicitaciones por otro an~o de exito con la fiesta.
La verdad es que cada an~o vais a mejor y es una de mis visitas incondicionales cuando ando por esas tierras ;-)

Un abrazo,

Montse