jueves, 6 de agosto de 2009

... e por fin, cruceiro e canastro especial.

Bueno, aquí están. Para cerrar este apartado de cruceiros e canastros, aquí vos deixo os que dixen que eran especiáis para min. Non quero que sigades coa intriga de cales eran. Para os que son de aquí cerquiña é difícil que os topen nunha eira ou nun cruce de camiños, o seu tamaño faría que duraran ben pouco no sitio.

Este é o motivo de que sexan especiáis. Xa fai bastantes anos, máis ou menos alá polo 92, non tíñamos estes avances todos que agora existen (que íamos saber de internet, se aínda non sabíamos o que era un fax). Pois ó saír de traballar, quedaba un pouquiño máis no chollo e adicábame a facer estas cousiñas. Eran tempos nos que tiña moita paciencia, agora so de pensar en facer un, dame un pouco para atrás, pero se cadra un día póñome.

O canastro vira un feito, tomenlle medidas e foi bastante fácil facelo. Ó traballar nunha marmolería deume esa ventaxa, cortaba os taquiños e logo moldurabaos a man cunha rebarbadora das grandes, daquela as minis amoladoras tampouco se vían. Cando estaba a acabar ocurríuseme facerlle unha especie de xoieiro aproveitando a tellado. Deume o meu traballo, pero fun quen de facelo. Logo regalenllo a miña moza daquela (hoxe miña muller, motivo polo que teño o canastro na casa) e quedei bastante ben. A verdade que tamén teño que dicir que non lle ragalei moitas xoias para enchelo...

Ó contrario, o cruceiro fíxeno sen medidas nas que orientarme, e tampouco me saíu tan mal. E menudo chollo me deu o cristo (xa sabía eu que coa admiración que lle teño íase vengar). Este leveino para a miña casa, millor dito a de meus pais, e alí está, lucindo maxestuoso na cociña. Aí quedan unha fotos que lle tirei hoxe:





Tamén fixera un moneco deses, chamado Pelegrín, aquela mascota do Xacobeo 93, pero ese apenas durou un par de horiñas, caíume ó chan partindo en varios anacos. Xa non quixen saber máis.

Xa máis recente, fará un ano fixen este reloxo de sol. Xa non ten tanto arte, pero tiven que romper a cabeza para que dera a hora ben (que ten a súa historia, co tema dos paralelos e a latitude). De feito, cando está ben orientado da ben a hora, sempre e cando faga sol, claro.


Bueno, eran especiáis ou non?

14 comentarios:

brabido dijo...

Ë o bó que teñen alghuns traballos un mecanico xa non leva o seu coche o taller,un pintor xa decora a sua casa un carpinteiro o mesmo e asi un feixe, non e o meu caso.

Avisame cando poñas o catalogo en internete,porque vaia maravillas,compañeiro tes boas maos e paciencia si señor quen o diria,pois xa sabes quitalle horas o MEU e a facer outra obra de arte.

PRAADIANTE

Artabria dijo...

Moi especiais, xa me gustaría a min recibir un agasallo así do meu mozo, jiijiji (xa lle podías dar unhas clases........)

Antón de Muros dijo...

Parabéns, Carlos!

Ti es un artista!

Unha aperta.

Antón.

Anónimo dijo...

Carlos..., non sei si eres un artista ou non, sendo sincero penso que non, ficeches duas caralladas, quedaches ben,... e que che quiten o balaido. Eres un xenio, tio, hasta conquistache a tua muller sin meter unha xolla no horreo. Habelos..., hainos... Noraboa, amigo. Sigie asi e eres o rei dos blogs.

Thiago dijo...

jaja que geniales, cari... me encantan,. no me extraña que sean especiales, por dios, vaya trbajo y vaya arte....

si el horreo se abre y todo, jaja solo te faltó una torre de Hercules, jajaj.

Que trabajos, bueno, ahora hacer el blog tampoco es ninguna tonteria pero al menos estas con el culo sentado, jajaja.

Me gustaría saber como se lo regalaste a tu hoy mujer, no creo que se lo dieras en una cajita envuelta en papel de celofán, jajaa Habría que verle la cara... jaja

Y ahora seguro que te dice: "Veña Carlos, limpa o canastro que da noxo velo" jajajaa

Bezos

Barreira dijo...

Iso si que é o que se chama un horreo eu un cruceiro de bonecas.
Moi chulos.
Saudos.

garganta profunda dijo...

Meu rei¡¡¡¡¡......canto tempo¡¡...algún problemilla personal fixo que non poidera frecuentar isto dos blogs....pero aquí estou outra vez¡¡¡...(vaia amenaza ¡¡¡...jejeje)

O que ía....non sabía eu destas dotes tuas de artista.....manda pe de nabicol¡¡¡¡.....iso si que é arte¡¡¡¡

A pesar de coñecerte de ahi moito tempo....deixasme amolado con esta faceta túa.....Noraboa..........

...que eu saiba inda sigues traballando na marmolería...........non tes excusa¡¡¡¡...tes que facer outra obra destas........
..eu propoñoche unha¡¡¡¡.....podes facela casa cultural de Guláns é regalaslla os da asociación.....este verán causaches moi boa sensación entre aquela xente......non estaría nada mal........jejeje.

O dito, meu rei, noraboa...xa me gustaría a mim ter esa capacidade.

E coma non, e coma sempre,....póñame os pes da súa señora¡¡¡

paidovento dijo...

Todo un artista. Menos mal que non cambiaches de moza, se non, ao canastro víaslle o pelo.

Raposo dijo...

Si que son especiais, si. Eres todo un artistazo, meu, mañoso e paciente.
Parabens.

zeltia dijo...

¿e non ían ser?
estás feito un artistazo!
o caixiña das xoias forrado de vermello e todo, non lle falta detalle!
pois si, home sí, teste que poñer a facer algo mais, debe sentirse unha satisfacción ben grande cando se remata de facer unha cousa así coas mans dun...

HADEX dijo...

Eh...pedazo artista!!! Chulísimos!!!

Bicossss

paideleo dijo...

Eu sempre quixen facer un canastro de pedra e se os miro a vender vaime o ollo para eles, pero a miña falta de paciencia parece ser que foi sempre maior ca túa e non os fixen e iso que tamén estiven anos adicado ao granito.
Quedáronche ben e supoño que a túa noiva quedou derretida co agasallo.
Un saúdo.

Carlos Sousa dijo...

Brabido, os gustos van cambiando, e agora xa non teño moita paciencia para isto, gustame máis larear e botar unhas risas, de aí que nos vexamos tanto no Meu, ou Teu?

Artabria, algún outros che terá feito, non? E de dar clases de facer agasallos, me parece que non son o máis indicado.

Antón, grazas polo cumplido, xa che contarei algo.

Anónimo, mañas que ten un, está claro que o importante non son as xoias.

Thiago, comentarios como ese sempre os solta, que si estorba nesta mesa, que podía ser máis pequeno, que como pesa... xa se sabe, mulleres!! É broma eh!! Non se me enfade ningunha.

Barreira, de bonecas e bonecos, que meu fillo de pequeno gardabas canicas e "plai moviles" dentro. Así que deu co truco...

Garganta profunda, canto tempo tamén digo eu, pensei que xa abandonaras. A idea da casa cultural de Guláns, non estaría nada mal, pero me parce que lla daría acabada alá para o ano 2055, cando se convirta en Xeriátrico...

Paidovento, ó final, segue sendo a mesma, pero houbo varios "ires e venires", varios intervalos, en fin que houbo varios paróns.

Raposo, ou era, que agora...

Zeltia, claro que sinto satisfacción, o millor co tempo decídome a facer algo máis, non sei... Satisfacción tamén sinto por outras moitas cousas, como cando me sale algo axeitado no blog, ou nun partido, ou...

Hadex, iso, pedazo, así que sexa un enteiro, poderemos falar de artista.

Paideleo, así que tamén estiveches involucrado no ramo? que fora para ben, que ten o seu aquel. A noiva quedou derretida mesmo, agora xa é difícil que un canastro lle faga sentir o mesmo...

Grazas a todos polos piropos.

abueloscrisytoño dijo...

Es un artista.
A min tamén me regalaron un hórreo pero xa de casada. Díxome: Ti queres un hórreo? - pois eu fágocho - E fíxoo
A.Cris