miércoles, 5 de agosto de 2009

I Festa da Cervexa, xurelo asado e da sardiña

Chega o verán, (é un dicir, claro) e escomenzan as festas gastronómicas. Este fin de semana pasado celebrouse no parque de San Roque en Ponteareas a IV edición da Festa do Bacalao, organizada pola Consellería de Cultura de Pontereas e máis dous restaurantes da zona. Pero voume centrar nas dúas que organiza a nosa parroquia de Areas.

Á xa asentada Festa do Pito que celebrará a súa VIII edición o 23 deste mes (xa falarei dela), sigue agora esta, proposta polo Club Deportivo Cultural Areas. Terá lugar neste fin de semana que ven, o venres e sábado cervexa e pinchos variados dende as 7 da tarde, e o domingo xurelos e sardiñas asadas con viño a partires das 11 da mañán. O lugar, tamén o parque de San Roque, que considero un bo escenario, coa ponte romana e a praia fluvial ó lado. Esperemos que lle veña un bo día de calor, para que vacíen cantos máis litros de cervexa lles sexa posible. Sempre será unha forma de axudar a este clube, que este ano na Terceira División boa falta lle fan os cartos. Iso si, a beber con xeitiño, que o río vale para refrescar pero tampouco é plan levar un chapuzón sen contalo.

Aínda que pareza mentira, non vou poder asistir, e xa me fastidia! A quen non lle apetecen unhas cañitas nun paraxe así. O motivo é que vou disfrutar do fin de semana que me tocou no blog Sempre en Galicia (Radio Cornellá), da estancia nunha casa rural en Viana do Bolo, en concreto o Hotel o Retorno. Esperarei disfrutar e xa vos contarei algo. O que si garantizo así, e que vos tocará a unha pouquiña máis de cervexa por cabeza, jeje.

Se queredes saber algo máis deste tema e porque a marca da cervexa é catalana (Estrella Damm) e non é galega (Estrella Galicia), entrade no blog de meu veciño e amigo Brabido que o explica perfectamente.

11 comentarios:

Manuel L. Rodrigues dijo...

hahahaha

polo que vexo; voltamos ás paparotas eh???

Raposo dijo...

Unhas cerveciñas sempre veñen ben, he, he!!!
Eu porque xa teño o fin de semana comprometido senon ata me achegaría por aí.

brabido dijo...

Estes do CULTURAL estan en todo,o carallo e como superon eles que non ias estar este fin de semana polo condado.

Mira que lle din voltas a cachola,pensaba eu,xa que non ae festa po 15,pois porque non celebrar este ebento,e mira ti porque era,que razon levan,xa poden estar tranquilos a cervexa vai chegar pa todos je je je.

Pois que o pases ben,ti tranqui que ali tamen a de haber,millor seria un viaxe a Italia,Finlandia ou Inglaterra e de paso pescarias algo de ingles pero a cabalo regalado .........Como dice algun PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA


PRAADIANTE

Artabria dijo...

Pois a desfrutar e logo ensinarnos fotos eh........

paideleo dijo...

Ía preguntarche porque había tantas mesas montadas á beira do río.
Precisamente tirei unha foto da igrexa cercana e púxena no meu blogo.
Desfruta en Viana do Bolo; eu andarei por terras fisterrás.

vermella dijo...

Galicia é unha festa inda que o tempo non esté do noso lado,viña a convidarte as festas de Santa Cruz que comenzan o 21 e dende ese venres ate o martes temos festa rachada con paparotas íncluídas....
bicos.

Barreira dijo...

A festa está moi ben deseñada. Eu augurolle un gran exito e futuro prometedor.
Mezclar o xurel coa sardiña ten todo o sentido. Cando se acabe o xurel empezamos coa sardiña.
E todo bañado coa cervexa dos cataláns, que ten un "buqué" especial.
Pois nada, "comei, bebei e pagai"
Saudos.

HADEX dijo...

Pásao ben logo Carliños....Bicosss

Mer dijo...

qué boa pinta, xureliños e sardiñas regados con cerveciña... pero eu cervexa 0,0 eh?

pásao moi ben e supoño que xa poñerás algunha foto do evento.

bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Seguro que por Viana tamén haberá cervexas para tomar.
Eu tamén teño pendente disfrutar da miña estadía, pero xa quedei coa casa que me tocou a min en falar para setembro.

Que o pases ben

Thiago dijo...

la festa do pito suena fatal, la verdad, pero la de la cerveza suena mejor. La verdad es que hay fiestas de todo tipo, y casi hay una diaria, yo ya estuve en la del Mejillón, jaja

Bezos