lunes, 8 de diciembre de 2008

Fútbol base


Como xa contei nalgunha ocasión, sou un devorador de partidos, tanto na televisión como en directo (quizáis xa fun máis), e tamén contara que non ía falar do fútbol a nivel profesional. O cal non é verdade, xa que fai un tempo posteara unhas crónicas sobre fútbol a ese nivel. Unha ía sobre aquela media hazaña de un equipo humilde como o Xetafe na copa da Uefa, aquilo fora unha verdadeira magoa. As outras dúas entradas, trataban sobre a Selección española na Eurocopa, unha antes da final e a outra despois. Penso que non me saíran nada mal.

Pero como xa estou aburrido das noticias sobre ese mundo (que tratan máis de escándalos, como reunións de directivos algo rarillas, partidos comprados hai un par de tempadas, etc.), hoxe quero contarvos o mundillo do fútbol a nivel canteira ou escola.

Eu de pequeno non tiven as opcións que hai hoxe en día, escomenzábamos a xogar federados con 15 anos, agora con 5 anos xa hai equipos de minis, polo menos na escola de fútbol do Condado, escola a que me vou referir por ter un fillo xogando nela.

Si os profesionáis o fan todo por cartos, a este rapaces véselle unha ilusión impresionante, sempre están desexando que cheguen os entrenos e os partidos. Soñan con algún día pertencer a algún equipo grande, e o máis importante, están involucrados na escola, tendo unha disciplina que me deixa asustado. Da gusto ver a orde que teñen neses partidos e o compañeirismo que hai. Cando son pequeniños de verdade, é unha flipada, as risas estan garantidas, o millor corren sin xeito de aquí para alá, xa ten pasado o caso de ir perdendo por máis de 10 goles e ó lograr un, e incrible a alegría que mostran, case lles da igual o resultado.

Conforme van medrando, a ilusión aínda a teñen, pero xa son máis realistas. Eles vanse dando conta do que de verdade vai poder ser algo e do que se vai quedar polo camiño. Aínda que xa digo, esa ilusión e sacrificio siguen estando ahí. Os invernos fanse largos, entrenos chovendo, con néboa e frío. Diferentes estados de ánimo; alegrías o gañar partidos, decepcións o non xogar, frustracións o perder algun partido importante. Lémbrome dalgunhas finais que esten homiños toman como si fora a final da Champión, en concreto unha en Vilagarcía de Arosa hai dous anos. Alí os nosos perderan a final a penaltis, o máis triste é que o campión sería invitado ó Torneo Internacional de Vilagarcía de Arosa, onde os riváis serían equipos de primeira élite, como Madrid, Barcelona, Manchester ou Bayern entre outros. Imaxinádevos a decepción destes chavales, poder xogar contra equipos deses non pasa todolos días, creo que algún chegou a casa chorando, aínda non sei se o seguiría a facer ó día seguinte.

No meu caso, sigo os partidos dende hai seis anos, que foi cando ingresou o meu fillo na escola. No primeiro ano xogou na categoría de benxamíns, os páis gozábamos como rapaces e iso que en todo o ano me parece que só gañaron un partido, e as goleadas en contra eran continuas, pero eles eran felices. Agora xoga en infantís, o nivel de exixencia e maior, xa non están en categoría local senon na provincial e na zona alta da tabla, de feito van líderes. Pero o que máis motivo de satisfacción me produce, son os valores que lle van inculcando de compañerismo e respeto entre eles e cos riváis. Dame verdadeiro gusto cando remata un partido e se xuntan no centro do campo a saúdarse entre eles e aplaudirlle as aficións. Sou consciente de que conforme vaian medrando, cando cheguen a categoría xuvenil, moito diso perderase, aínda que algo sempre lles quedará.

Na parte negativa, están moitos páis e náis, non quero centrarme moito niso, pero as veces da pena escoitar os berros e insultos na grada. Quédome conque son unha minoría, pero tanto están nos clubs riváis como no noso.

Tuven a gran sorte de ir a sendos torneos ou excursións (según se mire) a Barcelona e a Donostia. Foi un experiencia fermosa e moi sa, mirar como os rapaces tiñan que moverse pola súa conta sen o coidado dos páis, simplemente seguindo as informacións dos monitores. Aquí vos deixo algunha foto da marea amarilla, como as feitas co letreiro oficial dos torneos, comendo nun pavillón ou, para mín, unha das máis fermosas, todos xuntos co equipo rival ó remate dun partido.






Sei que non van ter moitas posibilidades de chegar a profesionáis, entre outras cousas porque os grandes prefiren fichar a extranxeiros aínda que estén "lesionados", pero o importante é que estes heroes anónimos do fútbol base sexan felices.

8 comentarios:

Thiago dijo...

Cari, tienes razón, claro.... no hay nada como las ilusiones. Y no todo se hace por dinero. Ayer yo vine de echar mi partido con mi equipo en un día de perros, lloviendo, casi nevando, en un campo inmundo en un pueblo perdido... pero llegué a casa exhausto y feliz, soltando todo lo malo y me pegué un baño que no te cuento...

Pero a pesar de todo tu dices en tu post "Soñan con algún día pertencer a algún equipo grande" y es que en el fondo todos sueñan con ser Ronaldo, ser millonarios jugar en un equpio de esos que hacen trampas como dices tu, y muchos padres tb. sueñan con eso, y hacen jugar a sus hijos soñando que les saquen de pobres... Osea que la maldad del dinero nos llega a todos....

Bezos

Manuel L. Rodrigues dijo...

Nada máis que desexarlle sorte a toda esa tropa. E animarvos a todos a irdes o 27 á Coruña ver a Selección.

Apertas.

paideleo dijo...

O deporte a ese nivel é mui san en todos os aspectos. Noutros niveis xa hai outros intereses de muitas partes e apodrece o bo que tiña.

Preguntabas por Vilaguindastre e ese é o nome inventado por min para falar do Porriño. Púxenllo porque estes anos inzouse de grúas ou guindastres.
A fonte dos Aloques está na rotonda da avenida de Galicia na estrada vella que ía a Ponteareas.
Un saúdo.

Lúa dijo...

é moi fermoso ser rapaz...nada importa, todos son amigos...un bico.
(14 noites en total traballanado, dende onte até o dia 22)aysssssss

Alkaest dijo...

¡Ojalá que esos rapaces nunca lleguen a ser famosos, ni millonarios! ¡Ojalá se conviertan, tan sólo, en personas, en buenas personas, amigos de sus amigos! ¡Seres humanos, que se divierten con lo que hacen y lo hacen porque se divierten!

Salud y fraternidad.

O Raposo dijo...

Este é o auténtico deporte, o mais honesto, o mais san, cando verdadeiramente se sinten os cores. Os profesionais son case todos uns mercenarios.

Mer dijo...

Qué podo dicir para non repetir o que dixeron paideleo o raposo? A mín paréceme admirable cómo loitan os nenos, dese xeito tan honesto e limpo, con qué responsabilidade e disciplina son capaces de tomarse o deporte, cómo saben ser compañeiros, de qué maneira sofren e disfrutan, canta ilusión teñen.
Admirable.

Eu que o vivo cada día co meu irmán cativo, podo dicir que téñolles moito respeto, e os adultos en moitas cousas temos moito que aprender deles.

Unha aperta.

Thiago dijo...

Lo que mas me gusta de todo es que digas lo bien que os trataron por ahi adelante. Una cosa es la politica y otra el terror pero cuando viajas al pais vasco y a cataluña te das cuenta de lo buena y acogedora que es la gente de por allí.... Lo mejor de España es su gente, eso no hay duda, gente de la calle, la gente que te encentras todos los dias, esos padres que llevan a sus hijos a jugar por ahi...

Bezos.