viernes, 19 de diciembre de 2008

Xa están aquí

Xa están aquí, por iso:



"Si parece que aínda foron onte". Xa sei que é un tópico ou unha frase máis ou menos feita, pero para os que temos certa idade, a cousa é así, os anos pasan a unha velocidade de espanto. Nin tan sequera a crise galopante que din que existe (e se cadra existe) é quen de frenar a rapidez coa que pasa o tempo.

Sei que son unhas fechas que non deixan indiferente a ninguén. Hai a quen lle encantan e hai quen as detesta, sexa como sexa, están ahí. De pequeno agardábaas con moita ilusión, agora recoñezo que aínda que non teña moito espíritu navideño (que non sei moi ben que quere dicir a expresión), algo hai que facer, polo menos para que os máis cativos tamén disfruten delas.

Tiña pensado poñer unhas fotos do alumado de Areas, pero claro, como aquí non temos casco urbano, a decoración limítase a casas particulares e algunha empresa. Neles vese a variedade de gustos, algúns máis clásicos e outros un pouco rechamantes, que máis parecen unha discoteca ou algo "parecido". Estan fotos foron tomadas en Ponteareas, non sei o gasto que conleva o alumado, pero teño que recoñecer que non queda nada mal, polo menos non é o típico alumado festeiro que se facía noutros anos. Na Praza Maior puxeron un "arbolito" que chama moito a atención polo seu tamaño e lucerío.





Neste famoso bodegón de Ponteareas fan unha reivindicación dos Reis Magos, non esta mal despois desa praga de homes de vermello (como din nalgún blog) que nos invade. Espero que esta publicidade gratuita que lle estou a facer, me vala para tomar unhas tapiñas de callos, que os fan de vicio.



Teremos que ter coidado cos excesos, que xa sabemos que estes días son apropiados para cenas de empresa, de fútbol, de amigos, comidas familiares,... en resumen, puro espíritu navideño de hoxe en día, bueno isto máis o consumismo.

Pois é o que hai, boas festas a todos. Ós que lle gustan que disfruten delas e ós que non, que as leven o millor posible.

17 comentarios:

Lúa dijo...

he, eu crer non creo, pero celebro calquera ocasión que supoña andar de festa e durmir de pé que pra eso son da Coruña!!!
encántanme a guirnaldas de frores, debeu quedar fermoso Ponteareas!!! e certo, moi certo iso de que os anos pasan voando, manda carallo!!! bicos e felices festas meu!!!

O Raposo dijo...

Eu non che teño ningún espírito navideño, agora si, as ceas de empresa, de amigos, e demais cuchipandas apúntome a todas. Esta noite teño unha, a ver como acabo, seguramente dando tombos.
Unha aperta e felices festas.

paidovento dijo...

A pesar dos anos, aínda agardo con relativa ilusión estas datas. Os nenos pásano ben e os maiores... tamén.
Boas festas.

HADEX dijo...

O meu espírito de nadal cada ano se debilita máis.....Pero non por iso deixo de desexar un feliz Ano Novo e unhas boas festas para todos. Moitos bicos e abrazos dende Lugo.

ALBINODESANBLAS dijo...

supoño que a edade ten algo de culpa,cando eres novo estas deseando que chegue o nadal polos reyes,na miña epoca,agora por eles e por o papa noel,cando tes media vida recorrida si estas solteiro,por ejemplo eu, non podo decir que non me gusta xa que en estas fechas sempre ai unhas boas papatorias,pra min eche todo un bo negocio ben montado que move muitos eroes (EUROS) os que estan esposados, uo teñen fillos,que estea tranquilo que xa se encargaran de recordarllas , lo bonitas que son,e a cuñada-o ,os sogros ,e cando xa tes unha certa edade supoño que queras ver a familia unida aunque sea solo unha vez o ano,e en alguns casos e muy dificil. BO NADAL E PROPERO ANO A TODOS

paideleo dijo...

Tés toda a razón do mundo. Estas datas son para lembrar a familia e para que desfruten os nenos coa ilusión do Papa Noel, os Reis, as Pupieiriñas e o Apalpador.
Que teñas unhas boas festas.

Reseso úsase para o pan e desavaporadas para as galletas.

Thiago dijo...

JAJA as festas sempre están ben, que carallo!! Lo malo es que a todos les da por recordar a los que faltan y eso, pero bueno. No quita que las luces hacen precioso y debería haber todo el año, que creo que no consumen tanto, además que si llegan los marcianos que vean que somos pobres pero alegres en la Tierra, jajaaj

En fin, que lo pases bien tu tb. Espero fotos de las cenas de este año y a ver si va el Beni tb. a las cenas del equipo de futbol y eso, jajaj

Es verdad que Papa NOel se está quedando con todo el monopolio del reparto gratuito de juguetes, esperemos que luego no haga como la empresa es que se queire llevar El Caserió, la empresa de quesitos , a Belgica, jajaja

Bezos y felices festas!! Recordos a tua dona, jajaaj

busto.agolada dijo...

A min o Nadal ségueme a gustar. Ë un tempo ledo e triste pero entrañable. Ledo polas tradicións e triste polos familiares que foron morrendo e que xa non nos acompañan. Pero é especialmente alegre pola ilusión dos nenos.
Oiutra cousa que aborrezo son as compras desaforadas e o cosumismo imperante. Nos pobos pequenos vivímolo con máis calma.
Felices festas e unha aperta.

Thiago dijo...

Bueno, felices fiestas a todos, todos... desde Madrid. Mañana igual te las felicito desde Galicia, ya.

Bezos.

Carlos Sousa dijo...

Xa vexo que hai a quen de verdade lles gustan, o que si vexo é que todos intentarémolo pasar ben, cada un dentro das súas posibilidades ou gustos.

Que polo menos haxa ilusión, (aínda que non tocou a lotería), e que o 2009 non nolo pinten tan mal.

Boas festas dende Areas.

Para Thiago, o chegar a Benavente desvíate hacia Vigo que Beni quere coñecerte, bueno eu tamén.

granitos e todas as pedras do mundo dijo...

Hai que alegrarse polos que veñen a casa por navidad, e non entristecernos polos que xa non están porque eles ainda que non estén presentes están na nosa cabeza e no noso corazón. Bueno a Disfrutar das festas e do próximo ano, e desexo que todos sexamos mais felices e mais sinceros, e que vivamos segun o que queremos e non o segun o que nos impoñan. A vivir , a beber a comer e a ghosar. Bicos e besos para todos. Ainda estou esperando algunha que outra felicitación, pero é o de sempre

Thiago dijo...

si, claro, jajaj Vamos en dos coches y aterrizamos alli, mis padres, mis 3 hermanos, mis 2 perras y mi abuela fantasma, no? jajaja A Beni o le da algo o pide mi mano directamente, jajajaaj


Bicos, mais moitas graciñas.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois nada, que xa estamos preparados para engordar dous quiliños polo menos. E despois, a partires de Reis...a perdelos a base de carreiras!!

Feliz Nadal para ti tamén e unha aperta dende Antas

Alkaest dijo...

Ea rapaciños, mis mejores deseos para todos: los que creen "en lo que hay que creer" y los que "descreen como Dios manda".
Que lo importante es ser buena gente para con la gente, y lo que cada uno crea se quede para su capote.

Pasarlo bien, festejar con moderación, y no desmadrarse más de lo conveniente a rapaces bien criados.

Salud y fraternidad.

Meninheira dijo...

Qué chulos os reis magos eses!! nunca os vira :)

Que teñas uns días fermosos!! Bon Nadal.

Un biquiño

Thiago dijo...

jaja cari, ya puse que esa era la PRIMERA ORACIÓN. Es que vuestros nombres son mas dificiles de rimar, jajaja

Bzos

Antón de Muros dijo...

Ola, Carlos :-)
Moitas grazas pola visita e comentario en Cuspe de Pita.

Eu, como xa dixen algunha vez, disfruto destas datas cando vexo a ilusión dos meus pequenos.

Unha aperta dende Bos Aires.

Antón.