viernes, 12 de diciembre de 2008

A todo porco lle chega o seu San Martiño

Esta "afoto" tan "priciosa" do porco de Carlos (o porco é o que está finado) que me enviou, xunto con outras que incluirei ó final desta entrada, sérvenme de excusa para comentar algunha cousiña de algo tan tradicional no noso pobo (e das aldeas de toda Galicia en xeral) como é "A matanza do porco".

Nunha ocasión escoitei nun programa da caixa boba (creo que foi no de Karlos Argiñano) que o porco ten salvado máis vidas ca penicilina. Pareceume unha frase moi acertada en relación a épocas anteriores, nas cales pasóuse fame e o porco solventaba a papeleta de moitas familias por unha boa tempada; xa que do porco aproveitábase (aprovéitase) ata os andares, como reza o dito popular.

Afortunadamente os tempos cambiaron, aínda que a tradición de mata-lo porco unha vez pasado o día de San Martiño (11 de novembro) sigue viva. Claro que non en tódalas casas séguese criando marranos (non vaiades pola malicia), pero cónstame que aínda son moitas as familias que ó chega-los meses fríos, danlle matarile a un cocho. Tamén me consta que se adoita adquirir o animal case criado, e tras pasar un par de meses de feliz convivencia, termina engrosando a despensa de víveres familiar. Digo adquirir porque non sempre se compra, xa que é un premio bastante socorrido en campeonatos de tute, ou bingos populares dos arredores.

A "Matanza" adóitase realizar calquera Sábado ou Domingo moi tempraniño, a condición de que a lúa sexa a apropiada (creo que cuarto menguante), ó parecer si se salgan os xamóns en lúa chea non se conservan ben. Sexa como sexa, cando chega ese día xúntase boa parte da familia e entre bromas, e algún vaso de viño que outro, vanse cumprimentando tódalas partes do ritual.

En casa, cando eu era cativo, tamén se facía a matanza. Teño recordos agridoces desas mañás frías cando chegaba a casa o meu tío, o matarife oficial (un saúdo para el e para os meus curmáns), con ese "peasso-coitelo" para dar fin á vagancia do marrano. Aínda recordo a confusión que había á hora de agarrarlle-las patas, os chillidos do pobre animal e o mal que o pasaba eu cando lle metían o coitelo (adoitaba ver para outro lado). Segundo teño entendido agora é obrigatorio empregar unha especie de pistola de aire comprimido. Ó parecer dese xeito o porco non sofre, aínda que eu teño as miñas dúbidas.

Gustábame, con todo, o momento de chamuscalo; era cando máis bromeábamos, doutra banda agradecíase a calor do lume feito a base de "bullo (folla seca dos piñeiros)", "fento" ou "fachos de herba seca", con obxecto de darlle un afeitado ao porco. Sempre se facía chanza á hora de quitarlle-las pezuñas; recordo que o meu tío dáballe-las ó can para que xogueteara con elas, pero ó parecer teñen efectos medicinais (curan os sabañóns).

Como noutras tradicións facíase distinción de tarefas dependendo do sexo; as mulleres tiñan asignado o papel de separa-las tripas e quitarlle-la graxa e os recortes para posteriormente lavalas no río, e tamén, como non, cociñar certas partes do porco para comer unha vez rematada a faena. Ó final o animal quedaba pendurado e con tres varas atravesadas para mantelo aberto.

No seguinte día era cando se levaban a cabo as labouras de despezamento, separando as carnes para face-los chourizos, ou de consumo rápido e salgando as demáis partes que se ían conservar na "salgadeira" (a cachucha, os ósos da soá ou espiñazo, os lacóns, os xamóns, os boches ou pulmóns, o corazón e o rabo). A min persoalmente a parte do porco que máis me gusta e o "lomo" posto en zorza.

Tamén me lembro que miña tía-aboa era a encargada de face-los chourizos (ceboleiros e de carne), e as morcillas, feitas coa propia sangue do porco mezclada con cebola, miga de pan, e non sei que demáis ingredintes e especias. Despois a hora de cocelas, a min tocábame a calurosa tarefa de pínchalas cunha agulla atada a unha variña para que non reventasen. En fin..., lembranzas enxebres da miña infancia.

Eu, que son totalmente contrario ó sofremento de calqueira animal, e polo tanto antitaurino acérrimo; considero que, no que respecta á matanza do porco (aínda sendo un ritual sanguento), non debería desaparecer; en principio polo que ten de tradición, pero tamén porque en definitiva é para alimentarnos e non para divertirnos como ocorre no espectáculo patético dos toros.

Ademáis, ¡que carallo!, que sería do noso sabroso cocido sin o porco (matado na casa, iso sí, que o que venden na carnicería non sabe tan ben, jeje).




ALGÚNS REFRÁNS RELACIONADOS

"Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño".

"Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello".

"O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño".

"Alegría, alegrote que anda o rabo do porco no pote".

"Por Santo Andrés mata o teu porco como o tes".

"Polo San Tomé dálle ó porco polo pé".

16 comentarios:

Thiago dijo...

ajaja que cerdada de post... SAbes? Yo no vi nunca una matanza en Galicia, pq claro en noviembre estabamos en la ciudad. sin embargo la vi en Segovia, que alli hacen unas fiestas casi turísticas de la matanza del cerdo. Tengo que decir que comí claro, y lo pasé bien por la gente, pero la matanza no me gusto. El cerdo sabe que lo van a matar y lanza unos gritos que son tremendos, como los de un niño pequeñ. Yo me tuve que ir, menos mal que era una convento arreglado y me pude ir por alli por la poveda cerca del río en bicicleta y no tuve que aguantar el asesinato del pobre certito... Luego, repito, comer, como, claro, no soy tan místico, pero no me convence que se haga un espectáculo de ello...


Bezos.

Manuel L. Rodrigues dijo...

Eu aposto feramente polo emprego da pistola que atordoa ao animal antes de desangalo.

lua dijo...

siiiii, xa sei que temos que comer, que senón morreríamos de fame....pero dánme tanta máfgoa, non viches a campaña de "salvemos a Quinín"???
http://www.espacioblog.com/terrorismoambiental/post/2008/11/13/difusion-salvemos-al-cerdo-quinin
y al final un home mercouno por 300 euros e o ten na Coruña nunha finaca, ti cres que despois disto poderías mancalo animaliño....ains...podemos vivir das verduras, é posíbel!!!!!!.....(bicosssssss coñeros)

lua dijo...

3000 euros digo.

HADEX dijo...

Fíxome moita gracia eso que dixo o Arguiñano.....Hai pouco un veterinario ensinoume un vídeo da Xunta onde se defende a morte polo porrazo ese na fronte.....Eu son contraria ao sufrimento animal aínda que sexa cco noble fin de alimentarnos. O do pistoletazo pareceume unha morte digna, digamos. Porque ademais implica un proceso no que o porco non intúe que o van a matar, non berra.....non sei....Claro que despois din que a carne non é igual......

Bquiños!!

Carlos Sousa dijo...

Teño que poñer o meu punto de vista. Xa que Beni fala do meu porquiño, teño que comentar que non era meu, senón de uns parentes, e claro hai que botar unha man. Toda a vida, dende pequeno, na miña casa matouse o porco. Lémbrome que era como unha brinqueta para os máis cativos, agora faise como unha obriga, e teño que recoñecer que é uns dos chollos que menos me gusta facer.

Tamén penso que un dos que máis sufre no momento da matanza é o propio dono, máis ben o que lle da de comer e trata con él durante a tempada de cebalo, pero resignación e que acabe canto antes.

O emprego da pistola, "supoño" que lle sacará sufrimento ó porco, antígamente cando se agarraba, e se mataba co cuchilo, tardaría como un minuto máis ou menos en morrer, agora teño visto algún que bota case que un cuarto de hora en facelo. O millor non sufre, pero o espectáculo non é máis levadeiro.

E con respecto o que di Lúa, sobre a campaña "Salvemos a Quinín"; paréceme unha exageración, se pagaran por todolos porcos que se matan para salvalos, non sei donde os darían metido. Se tedes tempo e ganas, gustaríame que lérades esta columna firmada por Lois Blanco, que copiei da Voz de Galicia referente a tal noticia, e paréceme que explica moi ben o tema:

"Unos desconocidos han salvado del matachín a Quinín, un cerdo de Dumbría de 200 kilos y perniles prietos, cebado durante meses por su propietario sin dioxinas de piensos irlandeses para comérselo en familia estas Navidades. Desde lechón, a Quinín lo sacaban con el perro de la casa a pasear por los campos. El animal copió los comportamientos del can, La Voz lo contó como una anécdota local, pero no quedó televisión en España que no fuese detrás del marrano para grabar sus garbeos.

Movimientos ecologistas y de amigos de los animales emprendieron una campaña para impedir que sacrificaran a Quinín. Su propietario vio la ocasión para sacar tajada y pidió a cambio 12.000 euros; la cantidad necesaria para evitar la muerte por desnutrición este año de trescientos niños en el Congo, según cálculos de la FAO. Al dueño del cerdo no le pagaron lo que pedía, pero sí una cantidad suficiente para comprarse otro ya cebado y guardarse un puñado de euros sobrantes en la cartera. Y ahora Quinín está a salvo en una finca de Carral.

Si Tardá puede ser diputado al grito de «muerte al Borbón» también se podrá exclamar en este país sin riesgo a ser lapidado por los amigos de los animales: ¡muerte a Quinín!
Solo una sociedad deshumanizada, confusa, opulenta a pesar de la crisis, frívola y con una escala de valores encorvada, puede movilizarse por un cerdo de 200 kilos. ¿Qué va a ser lo siguiente? Garantizarle una vivienda digna, una renta de manutención, plaza en residencia cuando se haga viejo y, llegado el marrano al final de su periplo, la eutanasia asistida por médicos de la Sanidad pública...

Ayer, 10 de diciembre, se celebraron sesenta años de incumplimientos de la Declaración Universal de los Derechos Humanos.

Salvémonos primero entre nosotros y, luego, quien quiera que salve a los cerdos."

Un saúdo a tod@s.

Carlos Sousa dijo...

Esqueceusme dicir que o propietario do porco paréceme un aproveitado. Tentará vender o seguinte pola misma cantidade?

Chousa da Alcandra dijo...

O Arguiñano é un filósofo!!
(E o que mercou o porco por 3000 euros pouco nejocio fixo!. A como vai sair cada chourizo?)

O Raposo dijo...

Nunca me gustaron os traballos da matanza pero as comidas deses días e as partidas de subastado as noites si que son boas.
E con respecto a Quinín penso, como escribiu Lois Blanco, que eso é moi propio dunha sociedade tan frívola como a nosa.
Apertas.

paideleo dijo...

En Arbo foi o mes pasado e foi en minguante que din que así non colle bareixa.
Practicamente a matanza é igual e non son mui partidario dela pero hai que facela e sansacabó.

granitos dijo...

Asi que xa mataron o porco de carlos. aA todo porco lle chega a súa hora, que pena non poder estar alí. JaJa

Thiago dijo...

Así que "a matanza do porco (con perdón)" era un post del Beni y el cerdo (con perdón) no era el tuyo? jajaj

Pues el otro día no me di cuenta y me comi todo el marrano (con perdón) pensando que era un post tuyo.... jajaj

Bueno, bzos.

Beni Lago dijo...

THIAGO, Yo también hace muchos años que no veo una matanza, pero como dice Carlos ahora debe de ser todo muy rapidito y sin tanto espectáculo, aún así creo que es una tradicción que no se debe perder. Estoy seguro que este año se mataron muchos cerdos... lo digo por la crisis, y eso.

Es lógica tu confusión ya que últimamente los posts los sube casi siempre Carlos... solamente no te confundes cuando hablo de tangas y cosas así, jejeje. De todas formas para saber quién escribio el post, fíjate al final de cada entrada, justo antes del enlace a los comentarios está el nombre del autor. Un bico

MANUEL L. RODRIGUES, eu coido que tamén é unha boa opción o emprego da pistola, aínda que tamén depende moito das mas de quen empregue a pistola e da cantidade de vasos de viño que se metera no corpo... o matarife, non o cocho, jejeje.

LUA, Nin tanto, nin tan calvo... a min o do porco quinín, paréceme demasiado, ahí o listo foi o que vendeu o porco. Non vexo a ese que o mercou convivindo co porco moito tempo. A verdade sea dita que o porco como mascota polo menos eu no no querería. Un saudo.

HADEX, Como xa comentei antes, todo depende de si se sabe empregar a pistola; teño oido máis de unha historia de que ó final sofre máis así ca como se facía antigamente.

CARLOS, como xa falamos do tema de Quinín persoalmente, pouco teño que engadír, excepto que cando os teus parentes (xa sabes porque o digo) maten outro porco que me inviten a comer; iso sí a poder ser que cando chegue esté o porco xa colgado, jejeje.

CHOUSA..., O arguiñano non sei se será filósofo o que si esta e como unha cabra. Un saudiño.

RAPOSO. Deches no clavo, penso que o adxetivo con que se pode definir ó que mercou o porco e "Frívolo". Saudos.

PAIDELEO. Pode variar en algún detalle, pero coido que a matanza faise en tódolos lugares do mesmo xeito. Seguro que ti xa tes os xamóns pendurados, jejeje. Un saudiño.

GRANITOS. Non sei..., pero dame que xa nos coñeces, polo menos a Carlos e tes algo persoal con el; non é xusto, a mín tamén me gustaría saber que eres. Un saudo... supoño.

Unha aperta navideña a todos... comprar un décimo que se acaba o tempo, jejeje.

Manuel L. Rodrigues dijo...

Home, Beni; é cousa importante que o matachín non faga de pavo o día da matanza. (polo menos "antes da mantanza")

Mer dijo...

Gustaríame moito participar nunha matanza ao estilo tradicional.

Recordo na casa dos meus avós. Sempre tiñan 2 porcos e matábannos o mesmo día. Nunha fin de semana o sábado viña o matardor e eu metíame na cociña e escoitaba berrar aos porquiños que me daban moita mágoa. Sacaban o sangue para as morcillas, empezábanse a facer os chourizos, os chicharróns, a zorza... Encantábame participar, sobre todo meter as mans no barreño da zorza, e revolvela, tamén axudar a facer os chourizos, aínda que a miña avoa non me deixaba moito, non fose ser que levase un dedo por diante.

Unha aperta.

Zeltia dijo...

e mira,
fun dar con esta entrada de Beni,
de hai un ano,
agora que está todo mundo a falar da matanza...

ás morcillas na miña casa, cando eu era unha cativa, metíanlle tamén uvas pasas. encantábame cando miña nai fritía a morcilla, e atopar nas talladas as uviñas doces...
agora non me gustan as morcillas,
será que non son coma as de antes,
ou porque será... porque gustábancheme ben