sábado, 22 de marzo de 2008

Memoria histórica

Fai un par de días, e ó comentarlle a Manolo, o párroco desta bisbarra, da existencia deste humilde blog, comentoume a posibilidade de engadir unha entrada relacionada coas excavacións que se fixeron a carón da igrexa dalguns mortos que asasinaron durante a cruenta guerra civil. Como neste caso entran factores políticos, non vou a facer moitos comentarios o respecto, xa que ó escomenzar con esta bitácora tomamos a decisión de non facer entradas relacionadas con política ou relixión. Soamente resaltar o feito de que o cura, a pesares da sua condición de cura (e paga a redundancia), non se opuxo a estes desenterramentos.

Teño que decir que eu persoalmente non asistín a este acto histórico (por descoñecemento, non por outra cousa), na mentras atopei a páxina que fai referencia o mesmo e de alí "roubei" estas dúas fotos que podedes ver acompañando este texto. De seguido tamén vos transcribo unhas líneas en castelán, sacadas do nomeado artigo:

«...Hoy, un equipo de arqueólogos abrirá dos fosas en los atrios de las iglesias de Areas y Xinzo, donde se encuentran sepultados 13 republicanos, cinco de Porriño y el resto de Vigo, Bueu y Cangas. Será la primera vez que se realice una actuación así en terrenos de la Iglesia que, en la persona del párroco Manuel Carballo, ha facilitado que se lleven a cabo los trabajos. "Cuando las cosas se hacen con naturalidad", dice "no hay ningún problema".

Ese lugar de la memoria fue escenario de numerosas batidas de falangistas y paramilitares, sabedores de que muchos perseguidos se refugiaban en esos montes del sur de Pontevedra. En alguna de sus cuevas llegaron a convivir más de 50 hombres. Su compleja morfología hizo que tras los sucesos de Lavadores los huidos se adentrasen en este pinar...»

Máis adiante, este artigo continúa decindo:

«...Las excavaciones comenzaron alrededor de las 9.30 horas de hoy, y alrededor de dos horas después, entre 11.30 y 12.00 horas se encontraron los primeros huesos y, algo más tarde, incluso algunos restos de indumentarias y calzado de campesino, como ocurrió en Xinzo.

Hasta el lugar en el que se encuentran ambas fosas, ubicadas en sendos atrios parroquiales, acudieron miembros de la Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Ponteareas, entre otros colectivos, así como familiares de los propios represaliados cuyos cuerpos fueron allí enterrados, un total de 13 personas...»

Quero e debo rematar este post desexando que actos coma os que ocurriron aquí durante a guerra non se repitan nunca máis.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

que cousa tan dura para as familias e o mesmo tempo tan aliviante ante unha situación tan forte ó longo de moitos anos. Noraboa polo traballo e especialmente pola vosa sensibilidade o tocar este tema. Esther (37 anos)

Beni Lago dijo...

Gracias Esther, a verdade e que familiares directos a non ser netos deben quedar poucos, ainda así si que deber ser duro para algunhas persoas recorda-la guerra.

Anónimo dijo...

Terra. Terra sobre os mortos que moitos creron definitiva, pero que, afortunadamente, iniciativas como a vosa conseguiron remover, deixando saír á luz coma un grito os restos dunha barbarie que nunca deber ter ocorrido. Dolores.

Anónimo dijo...

Pareceme ben qe o artigo non se mezcle ca politica ou a relixion se non que se describan os feitos obxetivamente.
O igual que outros creo qe este descubrimento alivia os familiares qe polo menos saben onde se encontran os seus devanceiros e poideran levalos os seus pobos de orixe e nacemento.

Lucas Pérez