En Xuño de 1997 viu a luz unha revista sinxela, editada pola Asociación de veciños e feita por uns cuantos amigos da parroquia. Como experiencia foi moi positiva, xa que lle puxemos moita ilusión e empeño; desgraciadamente só editamos tres números debido a falta de presuposto (ou a falta de ganas para recadalo, xa que da empresa que levamos a cabo era o que menos nos gustaba, jejeje).
Hoxe en día, pola miña parte, teño que decir que foi unha experiencia da cal me sinto moi orgulloso; cecais algún día poidamos volver a repetila. Polo de pronto pareceme unha boa idea publicar dixitalmente parte do seu contido; que mellor sitio que este blog, que tamén comenza a sua andadura, esperemos que duradeira.
Estas son as portadas da devandita revista, xa sei que non son gran cousa, pero tede en conta que estabamos no ano 1997, o PhotoShop non estaba tan adiantado como esta agora, e coido que a nosa cachola tampouco, jejeje.
Aínda que a revista saía co precio simbólico de 100 Pts (que tempos aqueles, os das pesetas; vinte duros, que lonxano queda...), o certo e que se repartía gratuitamente por tódolos domicilios da parroquia.
Así e como facía a sua presentación Silverio Cabaleiro Tienda:
'A Varanda' nace coa pretensión de ser unha publicación feita por e para os veciños da nosa parroquia, ÁREAS. Unha revista que trate o noso entorno dende dentro, no cal estamos todos implicados, e polo tanto deberíamos coñecer mellor e tratar de mellorar.
A intención desta publicación é dar a todas aquelas persoas que o desexen, sin importar idades ou ideáis, un medio no cal dar renda solta ós seus pensamentos, iniciativas e inquietudes que sería moi difícil que viran a luz pública nos medios de comunicación convencionais.
'A Varanda' pretende ser unha publicación plural e independente na que participen tódolos colectivos e entidades existentes na parroquia de Áreas, así como persoas individuáis que desexen comunicar algo ós seus convecinos .
'A Varanda' quere ofrecer nas súas páxinas información de interés xeral, cultural e deportivo; reportaxes, entrevistas, páxinas de opinión e apartados adicados ó lector e ó entretemento.
'A Varanda' estará periódicamente en todos e cada un dos domicilios da nosa parroquia así como en establecementos e lugares públicos de reunión, co que intentamos abarcar todo o noso entorno.
Esperando que 'A Varanda' sexa do seu agrado , queremos contar coa súa colaboración para que esta revista poida seguir publicándose. DEICA PRONTO.
Adicarei uns cantos posts máis para ensinarvos uns cuantos artigos desta publicación, que por ter hasta tiña "Depósito Legal".
domingo, 9 de marzo de 2008
A varanda
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario