miércoles, 12 de marzo de 2008

Entrevista a Felisa

Esta é outra reportaxe da revista "A Varanda", tamén firmado por Gloria Bugarín Fernández que se lle fixera a Felisa, unha moller de ganade que facía "corozas". Por si alguén non ten claro o que é unha coroza, sempre pode acudir a unha enciclopedia, que nunca está de máis, jejeje.

A RAIÑA DAS COROZAS

Esta reportaxe ímoslla adicar a unha muller que merece todo o noso recoñecemento e o de todos vostedes, xa que leva o nome de Áreas, e en concreto o de Ganade, a todos os lugares da xeografia galega que visita para mostrar as súas obras de arte que son as corozas, labor á que adicou a súa vida.

O nome da nosa protagonista é Felicidad Pereira Rajo, por todos coñecida como Felisa e alcumada "A Rásela", nacida en Ganade fai xa 78 anos.

Felisa adicábase a facer corozas dende moi nova. Xa existía tradición da súa familia neste oficio; a súa avoa tamén facía corozas, pero como ela mesma nos conta non tina paciencia para ensinar; entón Felisa non aprendeu déla, senón dunha muller que se chamaba Josefina.

Felisa ía ó xornal a facer corozas; Di que chegou a ir ata para doce casas a facer nelas e aparte facía as déla que despois vendía polas feiras. Vendía en Ponteareas ñas feiras o 14 e os últimos sábados de cada mes, que tamén eran feira na vila. Dinos que chegaban naqueles tempos a perder as augas das veigas e tamén se deixaban secar os feixóns por ir véndelas. Todo isto para sacar con cada unha délas non máis de duas ou tres pesetas.

Tivo épocas de tanto traballo que, contounos como anécdota, chegou a ir á festa de Santa Lucía sen lavar nen pentear. Tamén ía a feira de Redondela chegando de véspera e pasando a noite ó cobixo das corozas. Para ter compaña arrimábase a unha casa de comidas que facían os preparativos para o día seguinte e os donos amablemente dábanlle un café cunha gotiñas de augardente para soportar as friaxes da madrugada.

Dinos tamén que unha das súas filias chegoulle a peitear nun día toda unha carga de corozas que ía a levar a Redondela. Despois foron vindo os paraugas e pouco a pouco fóronse deixando de vender, e coa mesma ela tamén foi deixando de facelas; ata que un día o seu neto, fai poucos anos, pediulle que lie fixera unha coroza para levar a escola por cousa dun trraballo, e ésta foi a admiración de todo o mundo, tanto que despois a televisión de Ponteareas foi a Ganade a casa do defunto "Campanillas" para saber da tradición das devanditas corozas, xa que el tamén as facía. O "Campanillas" entón levounos á casa de Felisa, xa que él non se lembraba ben de como se facían nin dos nomes das súas partes e entre os dous explicaron e mostraron o laborioso arte da confección das corozas. Tamén a T.V.G se interesou nesta tradición pola importancia que tina o poder consérvala, xa que antaño tivo moito arraigo na nosa comunidade.

Felisa ten participado ademáis en distintas exposicións das escolas do Condado e do Museo Municipal, nas cales mostra ós visitantes a elaboración das corozas e a preparación do xunco para poder facelas. Este traballo que hoxe se converteu nunha tradición case perdida, foi obxeto dun estudio que se incluíu nunha revista editada polo Concello de Ponteareas, que leva por título "SOBEROSUM".
A confección da coroza ten distintas etapas e Felisa explicounós cada unha délas:

- Segase o xunco: En tempos chegouse a ir a búscalo a Santiago de Oliveira, a Alxén e Nogueira, xa que aquí non o había, e despois traíano no carro; xa fose ben seco, ben verde; contratábanse carreteiros para facer dito traballo

- Escóllese: separandoo por tamaños sendo cada tamaño para unha parte distinta da coroza.

- Mállase cuns "mallos" de madeira: ela ten un antigo, que xa era do seu pai e ten outro novo que fíxo fai pouco para utilízalo como mostra. Teñen forma de martelo, co mazo de gran tamaño.

- Ponse a secar: Para iso esténdese ás carreiras ó sol e unha vez seco xa se pode traballar con el. Lévalle secar aproximadamente unha semana.

En canto á confección da coroza, ésta vai feita por pantelas:

Primeiro espúntase o xunco; o máis grande vai para os "Curruchos", o mediano úsase para as "Entas" e o máis pequeño como "Paño", que é para darlle vóo e anchura; este último vai atravesado. Os "Curruchos" fanse polo revés e despois deselle a volta.
Acostúmase a face-las corozas de tres entas, aínda que ela ten unha feita de catro.
Denomínase "comezo" a iniciación da coroza, despois bótaselle unha enta, e si se quere, engádeselle un paño. Se é para tres entas, bótaselle unha enta máis longa e os "xunqueiros" de paño atravesados, para que lie dé anchura. (Os "xunqueiros" son un entrenzado que vai na coroza atravesado).

Leva ademáis uns cordóns que serven para decorar, poden ser un, dous, etc.. Cando antes se facían para as feiras, según Felisa, púñanselle máis cordóns para que quedasen mellor, incluso se lie punan algúns nos curruchos. Na punta do currucho leva outro cordón para poder colgalo.

Unha vez feita a coroza hay que peiteala cun cepillo especial, que ten as púas feitas con baleas de paraugas atadas na punta. Ela mandoulle facer un a un cuñado para consérvalo, porque ela xa non o tina. Asi coma o cepillo, a Felisa gostaríalle conservar a tradición de face-las corozas, pero parece que non hai quen queira aprender, xa que non é só face-las corozas, se non que tamén hai que apaña-lo xunco, sécalo, mallalo, etc.; cousa que ela xa non pode facer, debido á súa idade e ó seu estado de saúde.

Por iso nos, dende eiquí, queremos facer ün chamamento a tódalas persoas que estén interesadas e a tódalas institucións da parroquia para que fagan un esforzó por intentar conservar esta fermosa tradición; para eso poderán contar coa colaboración de Felisa ata onde sexa posible, asi coma o fíxo con outras institucións, como a Xunta ou o Museo Municipal. Loitemos por conserva-la nosa cultura e as poucas tradicións que aínda nos quedan.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Esto si que é arte galego. "Chapó" por esta muller.