domingo, 16 de marzo de 2008

Árbores Autóctonas - O Carballo

Este poderoso habitante dos nosos bosques, nos que crece en compaña de tilos, carpes, biduéiros e faias, abunda bastante na nosa parroquia. Árbore amante dá luz, pode chegar a vivir mil douscentos anos e alcanzar unha altura de hasta sesenta metros. Atópanse preferentemente en térras próximas ós nosos prados e montes, nos cursos do río; neste caso hay unha gran abundancia na Ceña, praia fluvial da zona de Ganade no río Tea.

A corteza, en tonos pardos, agriétase na madurez. Ten as follas dunha forma simple (tinnatilobuladas), e cubertas de pelos estrelados (visibles con lupa), estas son grisáceas no envés (pola pilosidade) e verdes na face; son caducas. As flores, unisexuáis, aparecen en forma de amentos. O froito é unha landra con cúpula escamosa; esta landra soe ser aproveitada para o gando.

É unha arbore que dende tempos inmenmoriais estivo ligada ó home e a cerca da cal perduran moitas tradicións e lendas. A Cultura Grecorromana víao como "Arbore Primigenio", do que se creía que naceu o home; tamén hai un dito que di "Estás forte como un carballo", na honra da fortaleza da súa madeira.

O carballo é unha especie en regresión debido á influencia humán, xa que foi e ainda é substituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento.

A súa madeira é dura é de moi boa calidade e de dificil putrefacción, mesmo na auga, polo que foi usada para a construcción naval, mobiliario, vigas e barrís. Dícese que un bo viño precisa para madurar en nobleza unha boa barrica de carballo. Dada a súa resistencia a polución do aire, é plantado moitas veces nas cidades, en parques e xardíns. Neste caso pódese atopar unha boa plantación no merendeiro de Ganade, con distintas especies, ademáis pódese ver por outras zonas do barrio de Áreas.

En tempos foi empregado para a fabricación das travesas do ferrocarril ( hoxe son de cemento armado). Tamén se utiliza en carpintería e abanistería e nas casas metíanse para trabes, puntós e taboas para o piso. A súa leña ten un alto poder calorífico (carbón) e a súa corteza contén taninos de utilidade para curtir peles e posúe propiedades astrinxentes.

Nas beiras dalgúns ríos ainda quedan algunhas carballeiras ben fermosas.

Algunhas fotos do carballo e de carballeiras:






O carballo é unha árbore máxica e lexendaria nas tradicións europeas. A máis grande, a máis forte, a árbore dos deuses. Era a árbore preferida de Zeus. Plinio di que os carballos precederon ós homes na creación. Segundo os celtas tódalas xuntanzas importantes para un pobo, debían ter lugar baixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar. Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males.

Ó recadar información para a ficha téctica do carballo atopeime cunha curiosidade que descoñecía; sabedes que hai un insecto que fai a posta dos ovos no carballo e causa o nacemento dunhas excrecencias chamadas bugallos. Éstas teñen moita concentración de taninos, máis que a cortiza, polo que, reducidas a po, teñen aplicacións para combati-las hemorraxias e diarreas.

E para rematar unha adiviña:

¿Que é, que é, alto está, alto mora, ten coroa como a Señora?

Solución:



Nota: Parte do contido deste post foi publicado no primeiro número da revista "A Varanda", e redactado por Carlos Rodríguez de Ganade.

Ficha técnica:

- Nome científico ou latino: Quercus robur L.

- Nome común ou vulgar: Roble, Carballo, Roble pedunculado.

- Orixe: Árbol de área extensa ocupando casi toda Europa, dende o Atlántico hasta os montes Urales.

- Na Península Ibérica distribúese xeralmente na metade norte: Cornisa Cantábrica, Galicia, noroeste de Portugal, alguns puntos nas zonas de Navarra e Cataluña e de forma local en León e Somosierra.

Reino: Plantae (Plantas)
Div. Spermatophya (Espermatofitas)
Clase: Magnoliopsida (Magnoliatas)
Subclase: Dicotiledones (Dicotiledóneas)
Familia: Fagaceae.

5 comentarios:

Raposo dijo...

O carballo é a nosa árbore por autonomasia. Mágoa que nalgunhas zonas, sobre todo nas provincias de Coruña e Pontevedra, se vaia reemplazando por eucaliptos e outras especies foráneas.
O carballo mais gordo que vin foi en Asturias, nos Picos de Europa. Chámanlle "O Roblón de Cuesta Fría". É unha pasada e eso que fai uns anos caíulle un raio e deixouno algo tocado.
Apertas e noraboa polo blog.

Raposo dijo...

Ah, eu tamén son un seguidor de Sabina: O mellor cantautor que pariu este país!

Beni Lago dijo...

Hola raposo,

As tres gracias: gracias pola túa visita, gracias polos teus comentarios, e gracias por engadirnos a túa lista de enlaces.

Benvido o clube de Sabina, nos dende sempre fumos fans seus. Dende que o escoitei na sía canción "Adivina, adivinanza" do disco da mandrágora me dixen "Este tío é un monstruo". E agora co seu cambio de voz e todo sigo pensando o mesmo.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

o carballo mais gordo que vin foi en LEON, nos Picos de Europa. Chámanlle "O Roblón de Cuesta Fría". É unha pasada e eso que fai uns anos caíulle un raio e deixouno algo tocado.
Apertas e noraboa polo blog.

Anónimo dijo...

el roblon de custa fria esta situado en terrenos dentro del parque nacional de picos de europa en el municipio de Posada de Valdeon provincia de Leon ,pues no en asturias como dice raposo recordar que 2 terceras partes del parque nacinal de picos de europa estan en esta hermosa provincia que junto con la vertiente cantabra y asturiana conforman el primer parque nacional alla por el año 1918