Outra das personalidades máis importantes da literatura galega e do movemento galeguista en xeral que deu a nosa terra nai e sen dúbida Castelao.
Este político, escritor, pintor, e debuxante galego chamado Afonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, naceu na cidade coruñesa de Rianxo en 1886.
Estudou medicina en Santiago de Compostela. Durante os seus anos na universidade brota o seu interese polo debuxo e a pintura e en especial pola caritacura. En 1908 expuxo os seus debuxos en Madrid e comeza a colaborar con revístaa Vida Galega. Entre 1909 e 1910 fai un curso de doutoramento en Madrid e participa na III Exposición Nacional de Humoristas e colabora como ilustrador co Conto Semanal. En 1910 especialízase en Santiago en obstreticia e ao terminar instálase no seu Rianxo natal. Durante este período colaborou na fundación do semanario O Barbeiro Municipal (1910-1914), no que escribiu atacando o réxime caciquil galego.
Con Vicente Risco, Otero Pedrayo e outros fundou a revista "Nós", ao redor da cal brotou a vida política e cultural de Galicia entre 1920 e 1936. En xaneiro de 1921, grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos, viaxou a Francia, Bélxica e Alemaña para estudar a arte destes países. Froito desa viaxe foi o diario que escribiu e que publicou parcialmente na revista Nós e que apareceu como libro en 1977 co título de «Diario 1921». En 1926 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega.
En 1931, ó proclamarse a República, foi elixido deputado en representación do Partido Galeguista para as Cortes Constituíntes. O comezo da guerra civil sorprendeuno en Madrid, a onde fora para entregarlle ao presidente do Parlamento español o texto xa plebiscitado do Estatuto de Autonomía de Galicia, do que Castelao fora moi activo impulsor. Fiel ao seu ideario político, trala guerra exiliouse na Arxentina, onde realizou un gran traballo de divulgación galeguista e onde morreu o 7 de xaneiro de 1950. Foi enterrado no panteón que o Centro Galego de Bos Aires ten no cemiterio da Chacarita e alí estiveron os seus restos ata que, nunha disentida operación, a Xunta de Galicia os trasladou ao Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.
Os seus debuxos, complementados con agudos textos, mostran a Galicia rural, o caciquismo, os pobres, os cegos, os desamparados, o pobo que sofre, desde unha visión realista, crítica pero humorística. No álbum «Nós» (1931) recolleu debuxos feitos entre 1916 e 1918. Nos últimos álbums habitan os horrores da Guerra Civil.
Obra Literaria:
Cego da romería (1913)
Diario 1921.
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)
Cousas (1926, 1929)
Cincoenta homes por dez reás (1930)
As cruces de pedra na Bretaña (1930)
Nós (1931)
Os dous de sempre (1934)
Retrincos (1934)
Galicia Mártir (1937)
Atila en Galicia (1937)
Milicianos (1938)
Sempre en Galiza (1944)
Os vellos non deben de namorarse (representada en 1941, publicada en 1953)
As cruces de pedra na Galiza (1950)
-O médico dixo que meu pai ten un catarro intestinal.
-¿E por onde tose?
-¿Por que non lle dás de comer ao can?.
-Para o que traballa...
-Pois entón, ¿Por que non o matas?
-Para o que come.
-¡Gandulo! ¡Lacazán! ¡Borrachón!.
-Boeno... Xa empezamos coas indiretas...!
O MÉDICO: ¿Non dixeches que sacharías de balde na miña horta se te curaba?.
O PAISANO: Diría, si, señor; como tiña tanta febre...
Ligazóns de interés:
Museo Castelao
Fundación Castelao
Galería
lunes, 31 de marzo de 2008
Os nosos autores - Castelao
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario