- ¿Cando facemos unha cea?
- Calquera día, este sábado mesmo.
- ¿E que imos a comer?
- Pois que vai a ser, CHURRASCO.
Esta sería unha conversación típica en miles de agrupacións de amigos ou familiares, pero non sólo en Galicia, se non por todo o territorio español, e sobre todo no verán. Por esta razón, o churrasco ten o privilexio de inaugurar esta sección que vou adicar a gastronomía galega e festas populares.
A receita básica para preparar o churrasco non ten ningún misterio: carne (costela de porco, de vitela ou ámbalas duas), sal e unhas patacas fritidas para acompañar. De tan doado que é debeu de ser concebida nun principio para os solteiros que non saben cociñar.
Claro que despois hai variantes: con ensalada, con pementos, con criollos. Tamén hai quen lle prepara un bo adobo (sal, perexil, allo e nalgunhas ocasións viño branco e pementa), deixando a carne neste mejunge unhas cuantas horas antes de ser preparada. Seguramente hai outros ingredintes que nalgures se lle engaden; pero como en casi todo nesta vida, para gostos hay cores. (perdón por empregar esta frase tópica, pero é que me viña a "juevo".
Ó igual que ocurre coa carne, tamén hai moitas formas de preparar unha salsa para acompaña-lo churrasco unha vez servido, a seguinte pode ser un exemplo, e mesmamente pode servir coma adobo.
Ingredintes:
1 vaso de auga.
1 vaso de aceite.
1/2 de viño branco. Tamen se pode facer con vinagre: 1/4 vaso chega.
Tomillo. Orégano.
1 cuch. de fariña (ollo... fariña, fariña, eh, jejeje)
Allos.
Pimentón.
Guindilla ou Cayeta (sen a semente porque amarga).
Sal ou media pastilla de caldo concentrado (Avecrén ou calquera outra semellante)
A forma de preparación tamén e ideal para os solteiros os que me refería antes: Ponse todo nunha batidora, e "jas, calor". Debe quedar espeso si é para acompañar en salseira ou máis claro si se vai a usar para adobar/macerar-la carne do churrasco.
De tódolos xeitos, se ainda así vos resulta difícil de preparala, sempre se pode recurrir o típico Tabasco, claro que despois se empezades a sudar non me votedes a culpa.
E curioso o que acontece en tódalas agrupacións de amigos; sempre hay un que é o encargado de face-lo churrasco (o maestro de ceremonias, por decilo de algún xeito), e como cociñeiro oficial encántalle sustentar esta honra e ó rematar a cuchipanda escoitar frases de tipo:
- ¡Hoxe o churrasco estaba "cojonudo"!
Me imaxino que en moitos lugares se celebrará tamén unha festa gastronómica adicada a este manxar. Un exemplo é a que se celebra en Covelo; que se leva a cabo o 25 de xulio, día de Santiago Apóstol, patrón do municipio. Esta festa remóntanse a mediados dos oitenta; dende entón, esta celebración gastronómica foise consolidando ano tras ano.
Para rematar quero reseña-lo feito da cantidade de bares, restaurantes e asadores, que fan uso de "churrasco" ou "churrasquería" no seu nome. Por iso coido que este saboroso alimento ten vida nas nosas mesas por moitos anos.
domingo, 16 de marzo de 2008
Gastronomía - Churrasco
Etiquetas:
Comer e Beber
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Beni, como sabes a mí también me gusta el churrasco poco pasadito, jaja.
Quizás te sorprenda el verme por aquí. me comentaste alguna vez que tenias otro blog en gallego, así que busqué por tu nombre «et voila», no se me escapa nada jaja.
sigues siendo muy irónico pero en gallego, jaja. No es el tipo de posts al que nos tienes acostumbrados, pero el blog tiene buenas miras, sencillo y con un diseño de p..., no esperaba menos de tí.
Ya te mandaré un burromail, tan solo queria dejar constancia de mi paso por aquí... ya volveré más veces.
Cuidado con lo que haces en las costilladas con los amigos, jaja.
Saludos a tu socio. Suerte.
Hola Ruben, está visto que con vos non pode pasar un desapercibido. Alégrome que nos honrases coa tua visita, pero para a proxima, gostaríame moito que comentases en galego "Veña, que ti podes", jejeje.
graciñas polo teu comentario e, dende o outro lado da ponte, un saudo.
Publicar un comentario