Despois de estar un par de días sen escribir nada, decidinme aporrear de novo o teclado "Logitech" que teño, nesta ocasión para falarvos un pouco de este soporte tan sorprendente que fai que vos chegen as nosas paranoias e diarreas mentais; estoume referindo, como non, ó "Blog" ou "Blogue". A verdade e que non sei cal dos dous sustantivos se emprega na nosa lingua; chamarenlle Blog, porque ademáis xa temos confianza.
Coido que, xa que empregamos o "caderno de bitácoras" como instrumento de comunicación, debemos coñecer un pouco da súa historia.
Como todos vos sabedes, un weblog, tamén chamado blog (blogue) ou bitácora, é un sitio web donde se recopilan cronolóxicamente mensaxes de un ou varios autores, con un uso ou temática en particular, conservando sempre ó autor a liberdade de deixar publicado o que crea convinte.
Unha das características principais e máis interesantes que ten este medio, é a interactividade en tempo real con comentarios feitos a partir dos temas propostos, os cales son escritos en forma informal e actualizados regularmente.
A orixe dos Blogs
Ó falar da orixe dos blogs, as opinións apuntan a enmarcalos dentro dunha evolución histórica a partir daquelas páxinas web que comezaron a recibir comentarios dos usuarios, os que á súa vez os complementaban con enlaces cara a outros sitios.
A aparición do primeiro weblog foi no ano 1993 e foi creado por un dos pais de internet, "Tim Bernes Le". Este consistía nunha listaxe de webs e as súas links correspondentes acompañados dun breve comentario.
En xuño dese ano o "National Center for Supercomputing Applications (NCSA)" publica unha bitácora chamada What's New (cales son as novidades) na cal proporcionaba unha lista sobre a creación de novos sitios en internet, esta estaba ordenada por datas e permitíanse comentarios.
Máis tarde este servizo pasou a ser controlado por "Netscape" quen o converteu na primeira guía de sitios de internet, monopolizando o mercado entre os anos 1993 ata finais de 1995.
En 1996 "Dave Winer", escribe un blog histórico para o maratón "24 Horas para a Democracia" cuxo obxectivo era celebrar un encontro online para apoiar o libre discurso en internet.
Posteriormente Winer, funda unha empresa especialmente adicada ao desenvolvemento de programas para a creación de weblogs.
Outras datas a ter en conta son:
Decembro de 1997: "Jorn Barger" introduce o termo weblog na acepción que hoxe coñecemos.
En 1999 aparece "Eatonweb Portal", o primeiro portal dedicado exclusivamente ós blogs.
En agosto do mesmo ano "Pyra Labs", empresa que posteriormente foi adquirida por Google, lanza "Blogger", un dos servizos gratuítos máis populares na creación de blogs; dentro do cal e como sabedes se encontra "Dende Areas cara a Ponte".
A partires do ano 2000 o fenómeno dos blogs masifícase, aparecen novos servicios para edición e aloxamiento de Blogs (por exemplo Wordpress), gañando adeptos en todo o mundo.
No 2002, o "blogging" converteuse en tal fenómeno que comezaron a aparecer manuais "COMOs" (como se fai unha cousa determinada), centrándose principalmente na técnica. A importancia da comunidade de blogs (e a súa relación cua sociedade) cobrou importancia rapidamente. As escolas de xornalismo comezaron a investigar o fenómeno e establecer diferenzas entre o xornalismo e o blogging.
Tamén nese ano, Markos Moulitsas Zúniga comezou "DailyKos". Con picos de ata un millón de visitas diarias; converténdose nun dos blogs con máis tráfico de Internet.
No ano 2005, escolleuse a data do "31 de agosto", para celebrar en toda a rede, o chamado "día internacional do Blog". A idea naceu dun blogueiro (usuario de blog) israelí chamado Nir Ofir, que propuxo que nesta data, os blogueiros que desenvolven bitácoras persoais enviasen cinco invitacións de cinco blogs de diferentes temáticas a cinco diferentes contactos, para que así os internautas desen a coñecer blogs que seguramente outras persoas descoñecían e puidéselles resultar interesantes.
Hoxe en día o blogging é un dos servizos mais populares no Internet, chegando ata o punto que cantantes, actores e grandes empresas Internacionais dispoñen de blogs. Entre os servidores de Bitácoras máis populares atópanse os nomeados "Blogger" e "Wordpress".
Noutra ocasión comentareivos algo máis deste gran fenómeno social no que se está convertindo o Blog.
martes, 18 de marzo de 2008
Falemos de Internet - O Blog (1)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario