lunes, 30 de junio de 2008

Unha realidade

O final a ilusión convertiuse en realidade, eses locos bajitos como lle chaman nunha emisora de radio o mediocampo da selección merendouse ós alemans, dandolle un repaso soberano, magoa que o resultado non fora un pouquiño máis abultado, para facer xustiza co fútbol visto.

Unha vez que se soltaron da saída inicial de Alemania, o partido foi un ataque continuo dos españoles, con un Xavi e un Senna en plan mariscales, xogando tatalmente o seu antoxo, nada, para o que lle guste o fútbol como a min, un auténtico espectáculo, fútbol de 18 kilates.


Iba coa idea de mirar o partido tranquiliño nunha terraza, ó principio foi así, había pouca xente, pero así que comenzou, xa non había esquiniña ninguha donde poñer unha silla, todo cheo de rapaces, tranquilidade mínima, e o rematar, chegou a festa, nunca pensei que tanta xente poidera identificarse tanto coa selección, nin cando aquel Celtiña, que tanto me fixo gozar, cando iba por Europa, machacando equipos como o Liverpool, Juventus, Aston Vila..., pois nin daquela no noso pobo mirei nada parecido.

Dúas fotos que saquei onte a noite como mostra, non se miran moi ben, pero algo enseñan do que pasou en Ponteareas.



Pontes de paso 9 - Ponte perigosa

A foto mostra unha ponte non apta para cardiacos, para a xente que ten vértigo (coma min), para a parella do post "Pontes de paso 7", para o que teña unha cervexa de máis, e coido que para nadie; porque a ver quen é o guapo que se atreve a cruzala. Eu polo menos non cruzaría por ela nin aínda que me perseguise unha xauría de inspectores de Facenda. Non sei porqué pero faime recordar unha peli de Indiana Jones.

Na mentras, esta é unha ponte axeitada para o paso de certas persoas: dictadores, intolerantes, hipócritas, corruptos e corruptores, asasinos, maltratadores, e outras persoas ruíns, que como as meigas "habelas hailas". Véñenme a memoria algúns nomes, pero coma seguramente sexan os mesmos que se vos ocorren a vós, deíxovos a decisión de elixir a quen obrigaríades a cruzar por ela; tamén podedes elixir os animais do río: a saber, "cancodrilos", pirañas, unha boa víbora...

domingo, 29 de junio de 2008

Unha ilusión



Andamos estes días co tema da Eurocopa, recoñezo que se fan un pouco pesadiños, sobre todo en Cuatro, a cadena que ten os dereitos, pero é normal que sexa así, para unha vez que se pode conseguir algo haberá que disfrutalo, digo eu, máis bombo lle deron o Chiquilicuatre e así nos foi.

Xa comentara anteriormente, que non iba comentar moita cousa sobre fútbol a nivel profesional, pero teño que volver a cair (a outra vez fora a eliminación do Xetafe na Uefa).

Temos que reconocer que a xente necesita algo co que ilusionarse, trátese de fútbol, doutro deporte, ou de ir de compras, pasear,... cada un busca sempre algún motivo ou "hobie" para sair da rutina e facernos máis levadeiro o noso traballo e as nosas obrigas, por iso entendo que un día coma hoxe a xente este pendiente desa final entre España e Alemania.

Eu como aficionado e seguidor de partidos, nesta Eurocopa quédome co bo nivel de fútbol que veñen realizando varias seleccions, a primeira en darlle o rango de favorita foi a Portugal, un par de partidos xogando ben, pero asi que lle tocou unha grande para casiña, despois foi Holanda, "a volta da naranxa mecánica" pero nin por asomo, o partido de cuartos contra Rusia un espectáculo, ahí foi donde se descubriron os rusos, ridiculizando ós holandeses.

A seguinte en darlle o cartel de favorita xa foi a España, a verdade é que si algún equipo xogou ben, ese foi o noso, o da segunda parte do xoves pasado, non ten comparación, xa pode ser considerado arte puro, nin os brasileiros dos seus millores anos.

Unha frase de Lineker (ex xogador do Barcelona) decía "o fútbol é un deporte que xogan once contra once e sempre gana Alemania" hasta tal punto estaba queimado o inglés, pero non sempre foi así, xa na Eurocopa do 84 cando perderamos a final, derrotáramos os alemans na primeira fase, con gol de Maceda no último minuto, quedando aquel porteiro "Schumacher" deitado contra as redes hata que o arbitro pitou o final, comendose así a súa prepotencia.

Pois pouco máis podo decir, cada ún que vaia co equipo que millor lle praza, eu mirarei o partido nunha terraza en Ponteareas (porque agora os dos bares xa nos colocaron TV nas terrazas, son moi finos) e despois quedarei un ratiño a mirar a xenta como flipa, pois xa o xoves houbo unha caravana de coches polo pobo,e asalto as fontes, co calorcillo que fai hoxe, si España gana pode ser a leche, e logo para camiña que mañán e día de escuela como me decían de pequeno.

sábado, 28 de junio de 2008

Unha fotografía Inxeniosa...

...seguramente sacada por un fotógrafo tremendamente observador e atento ós pequenos detalles. Realmente curiosa.

Gastronomía - Polbo a Feira

Xa fai tempo que non posteamos nada en relación a gastronomía galega e coido que xa toca. Intentareino facer sin que se me caia a baba, xa que teño que recoñecer que me encanta o polbo a feira; casi tanto coma un bo polvo na feira.

Hoxe en día xa comenza a ter uns prezos prohibitivos, na mentras é un plato moi socorrido en calquer xuntanza de amigos ou como tapa para baixar un bo viño.

Cómo anécdota decir que sempre me pareceu unha cousa moi curiosa, falando de tapas cos amigos, que nadie queira pillar o último anaco; pódenos as boas formas, de calquer xeito sempre aparece o espabilado que dí aquilo de "¿non queredes máis, non?, e sin esperar resposta libera o palillo do seu contido.

O pulpo a feira é a forma tradicional de preparar este manxar na nosa terra, e sen dúbida o sitio mellor para degustalo é "O Carballiño" en Ourense; dicen que nadie o sabe preparar tan ben como as pulpeiras desa zona. Aínda que para iso hai que esperar a mediados do mes de agosto que é cando se celebra a festa gastronómica. De calquer xeito, coido que non hai romaria que se precie en Galicia que non dispoña dun lugar para comer un bo polbo a feira, ou pulpo a galega, que é como se conoce no resto do territorio español.

...¡Qué vos dixen!..., xa me está caindo a baba sólo en pensar nunha tapiña dun bo pulpo colorado a causa do pementon, cunhas perlas de sal recubríndoo e bañado por un bo aceite de oliva. Servido, claro está, na tapa de madeira tan tradicional e acompañado de pan do país.

Cando un o quere cociñar na sua casa, ainda precisa de certa ciencia, xa que un dos problemas que ten a preparación do polbo é que a súa carne é moi dura, de forma que antes era necesario darlle unha verdadeira malleira, cun mazo de madeira, para que se abrandase. Unha alternativa ó mazado, pode ser a conxelación e descongelación pasadas unhas 24 horas, mediante este procedemento conséguese que o polbo se abránde. (Venme a memoria o famoso chiste do polbo asustado, pero como seguramente xa o coñecedes, non vou a ser pesado.

Unha vez desconxelado haberá que pór unha pota ó lume, con abundante auga. O típico é usar un caldeiro de cobre, pero se non se ten pódese usar unha pota de aceiro inoxidable por exemplo. Cando a auga empeza a ferver hay que mete-lo polbo e deixalo na auga fervendo durante 1 minuto, sacalo, mantelo fora outro minuto e volver empezar. Os entendidos din que é así como se fai: 1 minuto fervendo e 1 minuto fóra. Hai que repetir esta operación 3 ó 4 veces, á última deíxase na auga e que ferva a lume medio/alto durante uns 25 a 30 minutos. Deberase picalo de cando en vez para comprobar cando está tenro.

Finalmente sácase o polbo da auga, escúrrese e córtase cunhas tisoiras: as patas en rodaxas e o corpo en anacos non moi grandes. As patacas cócense na mesma auga do polbo, para que queden con esa cor tan característica.

É unha mágoa que este animal sea un octópodo e non un centópodo.

En fin, bo proveito.


ACTUALIZACIÓN

Por unha chamada ó orden de FreeCat, recoñezo que a foto da cabeceira do post foi tomada coma tantas, da rede, e corresponde o seu flickr.
Este é o seu enlace:
http://www.flickr.com/photos/freecat/130920006/

Agora, con este enlace, xa me considero dentro da lei e celebrarenno mandándolle unha tapiña deste polbiño que aquí temos. Xa lle tomarei unha fotiño.

Esta corrección foi feita por min, Carliños

viernes, 27 de junio de 2008

Pontes de paso 8 - Pontes nocturnas

Bueno, o certo é que para o post de hoxe acerca das pontes, tiña varias ideas donde elixir, pero finalmente decidinme por mostrarvos estas oito maravillosas fotografías de pontes de todo o mundo sacadas pola noite. A mín parécenme moi fermosas.

Vou facer como o noso amigo Manolo; xa que acompañarei as fotos cunha poesía, en concreto cun fragmento dun poema do gran "Pablo Neruda" titulado "Los Puentes", que ainda que esté en castelán pareceme axeitado.



...El retrato olvidado
del pueblo en las ventanas
sonríe saludando,
y he aquí ahora
los nuevos puentes:
la claridad los llena,
su rectitud invita
y dice: "Pueblo, adelante,
hacia todos los años que vienen,
hacia todas las tierras del trigo,
hacia el tesoro negro de la mina
repartido entre todos los hombres".

Y pasa el río
bajo los nuevos puentes
cantando con la historia
palabras puras
que llenarán la tierra.

No son pies invasores los que cruzan
los nuevos puentes, ni los crueles carros
del odio y de la guerra:
son pies pequeños de niños, firmes
pasos de obrero.
Sobre los nuevos puentes
pasas, oh primavera,
con tu cesta de pan y tu vestido fresco,
mientras el hombre, el agua, el viento
amanecen cantando.

Pablo Neruda.

jueves, 26 de junio de 2008

Pontes de paso 7 - Ponte de pracer



Calquera sitio é bo para desafogarnos cando nos sobrevén unha calentura, pero esta parella tamén puido atopar un sitio menos perigoso, dígoo máis que nada polos arrebatos do momento; vese que non teñen vértigo, ou iso ou é que son aficcionados ós deportes de risco.

En fin, apuntareino na libretitiña de "cousas que me quedan por facer na miña vida ", xusto logo de "montar en globo", porque con respecto ás demais liñas xa as tachei, ou estou a piques de facelo, jejeje.

Quédame a curiosidade de saber como subiron aí. ¡Que antigo queda xa iso de botar un canivete no ascensor como situación morbosa!

miércoles, 25 de junio de 2008

A Fonte de Santimouro

Como sempre nos pasa, ou polo menos a nós, temos moitas cousas na parroquia que non lle damos a maior importancia, cando comenzamos esta bitácora decidimos sacarlle fotos a todo o que se nos ocurrira, e que tivera un pouco de valor, tanto material como sentimental. A verdade penso que algo xa temos currado, pero ainda nos faltan moitas por retratar (as fontes, canastros, cruceiros... e curiosidades), é unha sorte, así o blog duraranos un pouco máis.

Hoxe recordenme da Fonte de Santimouro, e ahí tendes unhas mostras do que me refiro, está situada a veira da carretera de Guláns, nun sitio bastante fermoso, a pesar de que os coches pasan bastante cerca, hai un ambiente de tranquilidade, debe ser debido ó cantar da auga do regato que pasa ó seu lado e da sombra que existe.



Pero sempre terá que haber algún "pero", e neste caso son varios, alguén debe de pensar que tamén fai a función de basurero, pois a roda e a bolsa de basura así o parecen indicar, outro "pero" e que as escadas están bastante pobladas de maleza, un día destes pasaran a desbrozar, supoño. E o terceiro "pero" ou polo menos para mín, é ¿por que cada vez que restauran algo ou inauguran, teñen que poñer unha especie de lápida para recorda-la data? Si polo menos a puxeran ó lado, pero non, na mitade da fonte, para que pareza mais ridícula a data orixinal, que polo menos é auténtica.

domingo, 22 de junio de 2008

Tradicións da noite de San Xoán

Tódolos 21 de Xunio acontece o que se chama "Solsticio de verán"; isto é, que a duración do día e a altitude do sol ó mediodía son máximas e como consecuencia chega a noite máis curta. Dito de outra maneira "Escomenza o verán", para ledicia de todos; xa se sabe: chega a paga extra, as vacacións, o tempo de praia, as festas, actividades ó aire libre, e outras moitas cousas que sólo se poden facer na época estival.

A chegada do verán coincide coa celebración de "San Xoán" (o 24 de Xunio), a festa do lume por excelencia. En contra da creencia popular, a noite do día 23 (que é cando se celebra realmente) non é a noita máis curta; xa que como comentei antes, isto acontece a noite do día 21. Pero non sempre foi así.

A causa deste desfase é que, como sabedes, un ano non són exactamente 365 días (de aí os anos bisiestos). Pois ben, este desaxuste fai que os solsticios (e os equinocios) sexan cada ano un pouquiño antes. De feito, cando en 1582 pasouse do calendario juliano ó gregoriano, o desfasamento era de 10 días. O cambio de calendario volveu axustar as datas e ata reduciu o erro que se produce ano tras ano, pero aínda así, máis de 400 anos despois, temos un desfasamento de 3 días.

Os detalles desta festa poden variar dun sítio a outro, pero a base é a mesma: "as fogueiras e o lume". Esta tradición ven de moi antigo: en algúns lugares de Galicia e dalgunha outra parte de España, na noite de San Xoán facíanse moitas fogueiras nas prazas e encrucilladas, coa crenza de que así se escorrentában os malos espíritos, que viñan das xuntanzas das bruxas onde se reunían e celebraban orxías co demo.

Segundo os supersticiosos, nesta noite, as meigas desprenden unha grande actividade e prodúcense, dende o anoitecer ata o canto do galo, aquelarres e febrís loitas entre luces e sombras, entre o ben e o mal. O lume ten un simbolismo purificador, é bo contra o mal de ollo, o meigallo e distintas enfermidades; tamén ten propiedades casamenteiras.

As fogueiras, que tamén se chaman lumes, lumeiradas, cachelas, cacharelas ... acéndense nas primeiras horas da noite, despois da cea. A xente xúntase arredor delas e pasan a noite cantando e bailando, comendo xardiñas e bebendo queimada (recitándo en alto o conxuro, por suposto). É tradición tamén saltar a fogueira; ten que ser varias veces, sempre un número impar e saltando dunha vez para un lado e outra vez para outro.



Nesta festa tamén cobra moita importancia a auga (incluido "o orballo" do amencer) e algúnhas herbas, que se consideran máxicas e que a tradición oral insiste que sirven para quitarnos o demo do corpo, alonxar as bruxas e cura-la envexa. Estas herbas e plantas aromáticas metidas en agua é o que se denomina nalgúns lugares "O Cacho". Para ven ser, a tradición di que a auga empregada deberá se-la emanada por sete fontes distintas.

Hai moitas clases de herbas que se empregan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia, folla de viña blanca e outras.

Seleccionadas as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nunha tina, caldeiro ou palangana cheas de auga. Déixanse fora pola noite, segundo crencias cristianas, para que San Xoán as bendiga; deberase colocar uns cardos ou silveiras enriba do "Cacho" para así evitar que o demo cague nel.

Ó erguerse pola mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro. Lávase a cara, pés ou todo corpo, purificando a pel. A herba sécase durante varios días ó sol para ser empregada logo en múltiples remedios caseiros.

Por último dicir que en Areas é en moitas bisbarras do contorno existía a tradición de "roubar" (máis ben sustraer momentaneamente) portais, cancelas e carros, para colocalos no torreiro ou en calquera outro sitio céntrico, ata que a mañán seguinte os viñeran a recuperar. Agora xa non se fai (polo menos na parroquia), non deixaba de ser unha tradición un pouco peculiar, pero sólo os que foron partícipes dela saben o traballiño que da, e as escapadas que hai que facer pola noite para reunir unha boa cantidade de portales; sobra decir que ós donos dos mesmos non lle facía a mesma gracia que a xente que pasaba por diante da morea de cancelas e demáis na mañán seguinte. Si alguén se queixaba empregábase a sempre socorrida frase de: "Que lle queres, toda vida se levou isto".

Se queredes ter más información sobre as tradicións que existen en Galicia nesta data, podedes visita-la páxina: http://www.galespa.com.ar/festa_de_san_xoan.htm

sábado, 21 de junio de 2008

San Xoán en Areas (ano 2007)




Cómo se unge
la noche,
tanto aroma
de fuego
y estrellas

Cómo tanta brisa
besando
los labios
quietos
de tu imagen
quieta,
si sostiene
el sabor
de la luna
en tus mejillas

Cómo atrapas
el aire
con tus ojos
de amante
y silencio.

Surca así
el agua.
Surca así
el verso
mudo
por tu pecho
de manantial,
como mudo
el tiempo,
dormido,
en nana
y arrullo
siempre nuestro.


Pois sí..., despois de algún tempo sin poñer ningunha foto de "Xulio", enviounos unhas cuantas instantáneas que sacou o ano pasado por estas datas na parroquia, nunha troulada que organizou a comisión de festas do "Barrio de San Brais" na noite de San Xoan.

Como na pasada ocasión, Manolo quere acompañar estas fotos con outro dos seus "peculiares" poemas.




As fotos donde ten protagonismo o lume; "Sinxelamente impresionantes"

Se mirades as fotos en grande, prestadelle atención o detalle da copa na primeira foto. "O froito prohibido"

viernes, 20 de junio de 2008

Arados curiosos da parroquia

Fai unhas fechas, meu compañeiro de blog, publicou un post sobre o arado de tiro, e nel comentaba:
"Hoxe en día descansan enriba dun bó manto de cespede,... tamén hai que no pon enriba de un tellado a modo de catavento."


Nestes dous exemplos non é que correspondan ós que descansan nun manto de cespede, sinon que máis ben estan a pudrirse no medio das herbas.
No primeiro caso, como se mira a foto foi tomada con nocturnidad e alevosía, non fora ser que o dono lle parecera mal, a segunda xa é un arado moito máis antigo, facendolle compañía a un carro de bois, parecen estar a competencia a ver quen se escaralla antes, debaixo dunhas uralitas.





Este terceiro caso é o que verdadeiramente é "curioso".
Poderíamos chamalo arado estilo catavento ou veleta, pois unha das caracteriscas, aparte da súa incrible ubicación, (pois está colocado encima dun tellado dunha especie de canastro, ó cal a súa vez, está sitúado enriba dunha terraza, casi nada), é que tamén fai a función de veleta, pois xira segundo sople o vento, así tanto o podes ver, orientado cara a Ponteareas, cara a Vigo, cara a Gulans, ou Cillarga...

Si que lle tuvo que dar traballo o noso paisano discurrilo e colocalo. Decir que é ó millor conservado dos tres exemplos, pero haberá máis...espero.

miércoles, 18 de junio de 2008

A marquesina




Pois iso, ¿donde está a marquesina da parada do autobús?
Na nacional 120 ó seu paso por Areas, fixeron unha reforma do cruce de Ganade, invertiron unha porrada de millons para facer unha chapuza, posto que agora hai máis accidentes que antes, e as señais teñen que cambialas cada pouco tempo, pero o máis chamativo, para mín, é que antes coa carretera máis estreita, polo menos había unha marquesina para resguardarse da choiva e do sol ainda que non hubera siñal de Bus.
Agora moita siñal, e hai que sentarse no chan, e isto xa leva máis de un ano reformado. E así.

Polo menos non desaparecerá na noite de San Xoan.

viernes, 13 de junio de 2008

Julian Beever



O outro día, chegaronme as miñas mans, millor dito ó meu correo, unhas fotos de un tal Julián Beever, e decíanme que lle votara un vistazo que valían a pena, e certo, son impresionantes, por iso decidín facer un post sobre el.

Julián Beever adícase a pintar nas rúas de importantes cidades, murales realizados con tiza, consigue unha profundidade en tres dimensións, gracias a un método chamado anamorfosis.


Este método consiste nunha deformación da imaxen que el quere plasmar no chan, de modo que para ver correctamente o mural hai que colocarse nun sitio apropiado, si nos puxesemos noutro ángulo soamente veríamos algo sin sentido, por exemplo:

Na primeira foto, mirase o mural dende o ángulo correspondente, namentras que na segunda, contemplase o mismo mural dende o lado contrario, e como se vé non se distingue nada.

A pena é que os seus traballos apenas duran un par de días, pois ó estar pintadas con tiza, o paso da xente fai que se vaian borrando, quedando o recordo deles gracias as fotografías que se sacan nese momento.
Estes dous debuxos realizounos en Madrid en Xullo do ano pasado.

Hai que recordar que están sempre pintados no chán, ainda que pareza mentira

Outros exemplos, a cada un máis impresionante.


jueves, 12 de junio de 2008

Pontes de paso 6 - Ponte a modernidade

Este é o espectacular proxecto que foi construido en Zaragoza para a Exposición Universal (que se inaugura mañán, dia 13 de xunio) e que correu a cargo da arquitecta británica-iraquí "Zaha Hadid"

Esta ponte é máis ben un edificio horizontal cuxa finalidade é ser a porta de entrada á Expo. A innovadora estrutura comeza sendo delgada no barrio de "A Almozara" para gañar anchura conforme se achega á marxe esquerda, a forma recorda á dun gladiolo, e o recubrimiento está inspirado nas escamas dun tiburón, que se xenera por un patrón de túbulas solapadas que permiten crear un microclima no interior.

Sobre bastidores metálicos montáronse paneis triangulares de cristal e dun material denominado "GRC" (formigón e fibra de vidro) que lle dá unha tonalidade "irisada". Os visitantes agradecerán entrar nun viaduto cuberto, xa que a temperatura será catro graos inferior á do contorno. A ventilación natural fará que o termómetro non exceda os 30 graos, aínda que baixará a 25º nas dúas áreas pechadas da marxe esquerda.

O edificio conta cunha lonxitude de 270 metros e só conta con apoios ós lados e un no centro sobre unha isliña natural creada no río. A inestabilidade que teñen estes terreos obrigaron ha bater un record nacional en cuestión de cimentación que alcanzou os 70 metros de profundidade e que provocou unha subida do prezos da construción de 25 a 35 millóns de euros.

A construción está realizada en terra, e a peza de 140 metros foi desprazada sen apoios ata a súa posición final, algo digno de ver. Ademais cando finalice a Expo o pavillón empregarase como museo probablemente de novas tecnoloxías.

Sinxelamente impresionante.

miércoles, 11 de junio de 2008

Pontes de paso 5 - Ponte improvisada

Atrévome a dicir que todos, nalgún momento, vímonos na obriga de improvisar unha ponte; cecais non tan significativo como o de "San Francisco" (poñamos por caso), nin tan robusto como o de "Santa Lucía"; pero un simple taboleiro pode evitarnos que nos mollemos os pinreles.

De tódolos xeitos, sempre que haxa algo interesante no outro lado, ¡non temades en cruzar!; aínda que para iso teñades que estragar unhas boas "zapas".

O arado de tiro

Seguindo un pouco cos posts adicados ás tradicións e formas de traballa-lo campo na Galicia devanceira, comentareivos algunha cousa do utensilio de labranza por excelencia en tempos pretéritos. Eu, persoalmente, non vin a nadie traballar con este trebello (non son tan vello); pero sí que recordo ve-lo en repouso, oxidándose no palleiro (cecais á beira do carro, jeje).

Hoxe en día onde máis se ven é nas eiras, enriba dun bo manto de céspede, nalgunhas casas (algúns, debido a un toque de orixinalidade, medios enterrados), convivindo con outros apeiros de labranza, arbustos, flores e algunha estátua que outra. Hai quen o pon ata enriba do tellado a modo de catavento (o meu compañeiro de blog e os veciños de Areas saberán de que estou falando). En fin, niso da decoración, o importante é innovar; aínda que ás veces se roce na extravagancia máis absoluta.

Mergulleime un pouco na "rede de redes" (como din algúns charramangueiros e pedantes presentadores de informativos) e atopei algunhas curiosidades acerca de "este aparello de meter medo":

O arado evolucionou dende as "aixadas" ou "sachos" neolíticos. Un simple madeiro curvo coa punta endurecida ó lume, para poder fender a terra, e posiblemente arrastrado por seres humans, foi o antecedente.

A inserción dun madeiro longo, ou "timón", posibilitou xunguilo a un animal; polo que era obrigado dispor dun "xugo" ou unha "coleira" para éste. A "rella" foi o paso seguinte, pois permitía unha mellor profundización na terra, paso que non foi posible ata a "Idade dos Metais".

Arados simples son coñecidos en Mesopotamia e Exipto a través de documentación artística (pinturas, esculturas, etc). Tamén o empregaron os gregos e os celtas; ata chegar a un arado moi evolucionado xa, como foi o "arado romano" (debuxo da dereita). A gran innovación romana foi a introdución das "orelleiras" ou "vertedeiras", que permitían voltear a terra.

Nos albores da Revolución Industrial, en 1730, o inglés "Joseph Foljambe" innovou o arado mantendo o seu deseño básico, con ou sen rodas. O seu arado foi denominado "arado Rotherham" (polo seu lugar de residencia). Forrou o "dental" (a parte que se soterraba) completamente de ferro, aínda que o apeiro resultou máis lixeiro que os arados convencionais coñecidos. O arado Rotterham debeu ser o primeiro arado construído en factorías.

En 1837, o norteamericano "John Deere" creou o primeiro arado enteiramente feito de aceiro. Entretanto, efectuáranse tamén progresos en "Flandes" desde 1600, que culminaron, a inicios do século XIX, no arado "brabante", que se extendeu rapidamente por Francia e outros países europeos. Consistía nunha "charrúa" de ferro dotada dun par de vertedeiras móbiles, que viraban en sentido contrario, unha á esquerda e outra a dereita, alternativamente, o que permitía abrir mellor os regos ou surcos.

Ainda que os primeiros arados de ferro eran de fabricación industrial, mercados na tenda; non tardaron os artífices campesinos en facer vale-la súa personalidade creando modelos propios, sendo case tódalas pezas obra súa, descontadas a "rella" e a "roda" que mandan facer nas fundicións urbans.

Un arado corrente antigo e a súa nomenclatura:

1, rabiza. 2, timón. 3, chavella. 4, teeiro.
5, seita. 6, rostro. 7, amexelo. 8, abeacas. 9, rella.
Á dereita, variantes de rabizas e de chavellas
.

Cando se iba a traballar con este tipo de arados, xunguíase o gando na casa, e o arado poñíase co "rostro" (ver debuxo) por riba do xugo, de xeito que a punta do "timón" ía esbarando polo chan.

Ó chegar á veiga, escomenzábase a arar. Diante iba, polo xeral, un rapaz coa aguillada tirando do gando; na "rabiza" ia un home, que conducía o arado e guiaba o gando berrándolle aquilo de: “¡Ei, vaca, ei...! ¡Ooo...! ¡Ei, vaca ó rego...!”

Se o rego torcía, cargábase na "rabiza" cara ó outro lado para endereita-lo.

Atrás do arador iba unha muller botando no rego, coa man, os grans de millo que levaba nunha carabela. A seguir, mulleres, nenos e homes ían "picando", é dicir, botando a terra ó rego.


Se queres saber máis acerca destes trebellos consulta esta páxina dentro do portal "Fillos de Galicia", ou tamén esta outra dentro da "Wielka Encyklopedia".

Nota: A ilustración do principio desta entrada fai referencia a unha "charrúa" con tiro de cabalerías. Gravado de Hans Holbein o Mozo, "Danza Macabra", ca. 1540