jueves, 31 de julio de 2008

Olores e sabores. Xulio Gil

O noso colaborador, Xulio Gil (ainda que colabora pouquiño) pasounos esta foto.
A dirección do blog cala, non dí nada..., pensa que o millor e calar e contemplar. A foto é moi suxerente, vos tedes a verba.



Dolme de Xinzo. Único que se conserva en Galicia.

martes, 29 de julio de 2008

Ovella negra

Sempre estiven orgulloso de pertencer a parroquia de Areas, quizas unha das máis importantes do concello de Ponteareas, nunca ata agora nos puxeramos (Beni e máis eu)a admirar o que tíñamos o noso redor. Dende que escomenzamos este blog, xa hai uns meses, foi cando se nos deu por comprobalo e ensinalo un pouco.
Coa xente que nos rodea, penso que nos levamos bastante ben con todos, ou casi todos, por norma xeral "non hai" malas persoas.

Esta foto mostra a dúas ovellas negras pastando tranquilamente coas suas compañeiras, unha debe de estar vindo o rego, pois parece que clareou un pouquiño, pero estas son soamentes dúas das que temos na parroquia, a boa fé que hai algunhas máis, espero que ninguén se sinta aludido, e si se sinte, que lle vamos facer, ainda pode clarear un pouquiño, jeje.

sábado, 26 de julio de 2008

O lavadeiro da Vila

Houbo un tempo, en que non tiñamos nin inernet, nin dvds, nin videos, nin televisións, nin "hipotecas",nin outras moitas cousas, entre elas, ainda que pareza extraño as lavadoras.

Eu recordo de pequeno ir con miña aboa, a lavala roupa a un regato cercano, para nos era toda unha brinqueta, axudabamoslle a levar as tinas de roupa nun remolque, e despois alí brincabamos toda a tarde, retorcíamos a roupa ou poñíamola a clareo (este témino xa debe de estar en desuso,consistía en que a roupa enxabonada con aquel xabón de lagarto, extendíase na herba durante un rato, sempre tendo coidado de que non se secase demasiado.)

Iso no noso barrio, noutros tiñan uns lavadeiros comúns, e neses tempos que as mulleres non traballaban fora da casa, eran onde tiñan unha especie de reunión, xuntabanse alí para, nun principio facer a colada, pero tamén era onde tiñan esa especie de tertulias femininas da época. Alí contaban contos, e "lercheaban un pouquiño", sempre tendo coidado que non fose a estar presente a protagonista do cuchicheo. Resumindo, tampouco o pasaban moi mal, era unha forma de enterarse das noticias, xa que os homes xa se enteraban no traballo ou na tasca.

Aquí en Areas ainda nos quedan varios en pé, algúns restaurados con cemento e ladrillo, eses penso que non interesa sacarlle fotos, outros foron restaurados tal cual eran, estas fotos corresponden ó Lavadeiro da Vila, no barrio de Agualevada, loxicamente xa non se usa pero está bastante intacto, na pedra da cabeceira por onde sae a auga, parece ter o escudo da falanxe, non sei si corresponderá a ela ou non, pero ahí está, tampouco é que se aprecie moito.




Pois iso, os tempos cambiaron, como haxa que volver a lavar a man...

jueves, 24 de julio de 2008

Tormenta de verán

Cando un pensaba que xa tiña "intrenete" gratuito para o resto da vida (aforrado que é un), resulta que o señor Murphy tiña algo que decir o respecto e un raio acabou coa "bicoca" de aforrar cuarenta e tantos Euros o mes.

Resulta que o pobo de Ponteareas é un dos poucos pobos a nivel nacional que ten a sorte de contar cunha conexión Wifi (SobrosoWireless) para todos (ou casi que tódolos veciños da vila). Non sempre iba perfecta, pero as veces podíase descargar unha peli, desas que se graban nos cines con sonidos de ronquidos, risas e demais bandas sonoras, en menos de unha hora; o cal non esta mal.

Non sei se tería algo que ver que o pararaios estivera situado no campanario da Igrexa e tivéramos que pagar un castigo por non querer abonar as facturas da todopoderosa "Timofónica"; pero o certo e que a iso das cinco e media da mañán, os veciños de Areas e de algunha parroquia colindante, espertamos cun estoupido de tres pares e medio de collóns (o noso amigo Manolo mesmo pensou que era a guerra), e as catro antenas, cuadros eléctricos, microchips varios e incluso o reloxo do campanario saltaron polo aire.

Eu, sendo optimista, vótolle que en quince días estará arranxado o problema, o meu socio Carlos di que de dous a tres meses, e os máis pesimistas calculan (por aquilo de que ten que ir a pleno do concello) que volveremos a disfrutar das maravillas de YouTube nuns catro anos. ... A saber.


Entre bágoas móstrovos as probas de semellante desperfecto... "Sniifff".

martes, 22 de julio de 2008

Refrescándose polo calor

Hai uns días, mirei un post nun blog amigo, Pai de Leo, que me gustou moito, poñía unha imaxe dun edificio coas ventás abertas pola tardiña para que entrara fresquiño, e a relacionaba coa sensacion de calor abafante.

Gustoume a idea e vou a poñer dúas fotiños propias, pero máis que reflexar o calor abafante que facía, quero que reflexen máis o fresquiño que sentíamos con esas molladuras, e bañandonos na miña Megapiscina, que non dá para afogarnos, pero refresca que da gusto.


lunes, 21 de julio de 2008

...Xa viñemos da cea.

A acuarela da esquerda (a ponte romana de "Ponteareas"), situada nun lateral da sala do restaurante onde fomos a cear, é a cabezeira perfecta para este post e para mostrarvos algunhas instantáneas da velada. A cea en xeral estivo ben, eu polo menos paseino D.P.M. Boa comida, boa compaña e boa bebida; que foi a culpable de que saíramos nas fotos con eses caretos e cos ollos chispeantes e a medio pechar. Eu en xeral son pouco fotoxénico e cun par (ou tres) de cubatas non che digo nada. De tódolos xeitos e como o prometido é débeda aquí tendes algunhas fotiños para que vos fagades unha idea de como foi a cea.

Na primeira foto están en primeiro plano Carlos e Geni (a súa muller); ó seu carón (do outro lado) estaban "Vinagre" e "Manolo", os cales podedes ver na segunda instantanea; nas duas seguintes estou eu bailando (ou intentándoo) con Geni; e nas demáis pódense ver a distintos xogadores do equipo (por certo, eu non xogo ó fútbol sala, son un animador que de cando en vez lles acompaña, jeje), e algúns outros momentos da cea.





E non podía faltar o presidente, con escarapela e todo, distinción que lle otorgamos no trancurso da cea, decir que aparte de presidente, é tamen o porteiro do equipo. A cara demostra a ledicia que o embargaba neses momentos.




sábado, 19 de julio de 2008

Pontes de paso 12 - Ponte poética

Buceando por entre a maraña de imáxenes que teñen como protagonista as pontes, atopeime con esta fermosa foto, a cal me serve como ilustración para unha poesía que me adicou o meu amigo Manolo.

O certo e que levei unha grata sorpresa e fíxome moita ilusión cando hoxe me invitou a comer e ma mostrou (a poesía, jejeje); así que co voso permiso paso a transcribila de seguido. Xunto cunha adicatoria que di:

«Sabendo, Beni, a ilusión que che fai se escribo algo para ti..., amigo meu, ainda que somos ben distintos, ahí tes o teu poema, "hegeliano"..., tesis, antítesis e síntesis; espero che agrade.» (Abofé que o fixo).




___

E Beni..., cara a ponte
sostería
toda a auga
do Tea
nas suas mans
de neno.

Sería a auga
co seu canto
quen arrullara
tanta noite
perdida allende
os amores
surcan
un parto perfecto.
E Beni...
coma o vento.

Sería o perfil
inxenuo
do xogo,
e os recordos
rotos
perdidos no inverno.
E Beni...
coma o tempo.

Sería o llanto
aquel
de quen espera,
desbordada soedade,
polo seu tempo.
E Beni...
entre o misterio.

viernes, 18 de julio de 2008

Ímonos de cena

Facía xa moito tempo que non tocabamos nada sobre o fútbol sala, motivo principal do blog, nun principio claro, porque xa vedes que agora nos interesa todo, unha das causas polas que non poñía nada é porque a competición rematou xa hai máis dun mes, pero quedábanos pendente a farra de fin de temporada.

Despois de moito tempo intentando organizala, (xa se sabe, para comer apúntase todo o mundo, pero para traballar...) quedou marcada a data para este sábado, no noso caso nin para comer está toda a xente disposta, non sei si serán efectos da crisis ou pouco interés, saca as ganas de organizar nada. Pero é o que hai, os que vaiamos vamos a pasalo ben ou polo menos intentalo, o que está claro é que Beni máis eu tomaremos as nosas copiñas e brindaremos polo fútbol sala (este ano ganamos o trofeo a Deportividade, será que o andar cerca dos cuarenta xa non lle barrenamos tanto aos arbitros) e polo blog, que pouco a pouco (como decimos nós) vai indo.

Procurarei sacar unhas fotiños, a ver si sae algunha curiosa, para poñer un día destes; xa que no arquivo só teño unha de hai tres anos noutra cena, alguns xa non están no equipo e outros xa cambiamos algo.

martes, 15 de julio de 2008

Ruta dos Penedos

Quen visite por primeira vez este blog, ó mirar tantas igrexas e ó referirnos o noso "amigo Manolo", párroco de Areas; pensará que entrou nun blog do Vaticano, que nos queremos meter a curas, que somos uns beatos, ou as tres cousas. Nada máis lonxe da realidade, non somos para nada relixiosos; o que acontece e que nos gustan os monumentos e calqueira cousa que teña que ver coas "pedras", e se hai unha institución que ande sobrada de ámbalas duas cousas, esta é sen dúbida "A institución eclesiástica".

Neste caso non vou a falar da devandita; pero si de pedras, e bastante fermosas, por certo. En concreto de dous penedos que por sí sólos xa atraen a bastante xente para observalos, pero que en conxunto configuran unha ruta (xunto con outros) que poden percorrer perfectamente a parella de namorados a cal se referiu meu colega Beni no Post anterior.

Aínda que na Vila de Ponteareas hai moitos penedos, os máis chamativos son "A pena dos namorados" e a "Pena do equilibrio".

A "Pena dos namorados" (cuxa imaxe podedes ver ó principio desta entrada), esta sita na parroquia de "Arcos" (Na Nacional 120, a 2 km. de Ponteareas en dirección A Cañiza), e forma parte dun conxunto natural de restos de bolas graníticas. Sobre esta pena, que ten forma de dolmen xigante, existe unha lenda que dice que as mulleres casadeiras, collían tres pedras e tiránbannas sobre ela; se quedaban enriba, era sinal de que conseguirían casarse có seu namorado. Así que se algún día a visitades e mirades a alguén tirar "cantos rodados", non pensedes que se volveu tolo.

O entorno que a rodea estivo bastantes anos abandoado, agora está bastante ben sinalizado e limpio; algo, polo menos estase a facer ben.

Do outro lado da estrada nacional, hai un ramal que sube ó Monte da Picaraña; nada máis empezar a subir, a dereita encóntrase a "Pena do equilibrio". Se a observamos de cerca impón, pois (como o seu nome dice), trátase dun penedo enriba doutro; pero cunha base de unión mínima, e coa pedra superior lixeiramente ladeada. Dá a impresión de que vai a empezar a rodar ladeira abaixo; a verdade que non tiven moito cuidado cando aparquei o coche, jejeje.

Despois a ruta seguiría ata o Monte da Picaraña, donde existe unha capela pequena (outra vez "con el clero hemos topado", jejeje), e un vía crucis, que dá ata a cruz maior. Dende alí podemos deleitarnos cunhas vistas da vila nada despreciables.

Aquí celébrase no mes de Maio, a romaría da Picaraña; moita xente acude dende Ponteareas e os seus arredores a pé ata o monte para pasar un día de festa, os máis novos xa suben o día anterior, a "dormir a intemperie e disfrutar da natureza" e como non, dunha noite de "farra-xolgorio".

Outra lenda dice que había un tunel (de feito a boca ainda existe) que comunicaba o monte co Castelo do Sobroso e que usaban os nobles para sair do castelo sixilosamente. É unha lenda claro, pero "Cando o río sona..."

A ruta seguiría hacia o Castelo e o "Castro de Troña"; pero este xa é material para outro post que subirei algún día destes (máis que nada porque ainda non teño suficiente material fotográfico).

lunes, 14 de julio de 2008

Pontes de paso 11- Ponte enxebre

Lémbrome que nunha ocasión, Carlos comentoume que se atopa con moitos posts en distintas bitácoras que teñen que ver con recordos de tempos pasados. Iso e certo, e imaxino que a razón é que a hora de poñerse a escribir un deixa aberta a mente (por decilo de algún xeito) e sobrevéñenlle recordos, sobre todo da sua infancia e adolescencia; que (salvo algunha salvedade) foron tempos sin tantas preocupacións e polo tanto felices. Bendita nostalxia. De tódolos
xeitos non estou de acordo coa máxima de que "Calquer tempo pasado foi mellor".

O outro día fomos a sacar unhas fotos (máis ben sacábaas Sousa, xa que se converteu por méritos propios no reporteiro gráfico oficial, jejeje), e eu para seguir facendo honra ó título de "aqueste" blog, arrastreino para que lle sacase unha instantanea á ponte que podedes ver acompañando este texto. Estas dúas madeiras mal postas levan vendo pasar por encima a pescadores, paseantes, solitarios, parellas de namorados buscando intimidade, tríos de namorados buscando intimidade, traballadores do campo (un saúdo a Mucha), e a "andantes" varios, durante moito tempo.

Fai xa algúns anos eu tamén o adoitaba cruzar con certa frecuencia; entre outras razóns porque cerca hai unha plantación de mazás que están (estaban) de p...isima madre. En fin, deixando ó carón a nostalxia, a moralexa deste post é que non todo o que parece fráxil o é realmente. Imaxínome que se estes simples taboleiros falasen, contaríannos un par de cousas interesantes.

Supoño que moitos de vós, recordará tamén eses lugares que noutro tempo foron "especiais" (e non me refiro ós picaderos). O que fai especial a calqueira lugar son as distintas historias que lles suceden ás xentes que momentaneamente o transítan; aínda que sexa nunha ponte tan fea como a que ilustra esta entrada.

Hoxe en día os lugares en que nos suceden acontecementos máis ou menos transcendentales adoitan ser máis ruidosos e estar máis concorridos.

jueves, 10 de julio de 2008

Igrexa Románica San Pedro de Angoares

Tiñamos pendente poñer o post da igrexa de Angoares, despois de máis de un mes tentando sacarlle as fotos, prestouse o noso amigo Manolo a abrirnos a Igrexa, e comentarnos un pouquiño.

Estamos fartos de pasar o lado dela, e aparte de saber que era moi bonita, no nos tiñamos fixado en todo o que contén, estamos no de sempre, apenas se lle dá aprecio a nada, solo cando interesa é cando de verdade te fixas.

A igrexa románica data so século XII e destaca sobre todo por duas características:

-É o único templo de Galicia que ten planta de cruz látina, de unha soa nave e cabeceira rectangular.

-Posúe unha interesante colección de canecillos nos que hai figuras humanas, de animais, elementos vexetais e xeométricos.

Os canecillos son pequenas esculturas situadas en lugares secundarios dos templos, sobre todo nos aleiros da nave,nos brazos dos cruceiros e na cabeceira. sobre si tiñan ou non un significado, hai máis dúbidas, pero a maioría dos estudiosos pensan en que tiñan un significado moralizante.

O ser o século XII unha etapa de ensinanza a través das imaxes das igrexas, e o estar situada nunha zona rural, apartada do mundo e donde a dureza da vida podía influir no camiño equivocado, e dicir vicio e pecado, é aqui onde entra a igrexa para tentar evitar que isto sucedese.

Estes canecillos presentan distintas representacións, como figuras de monos, leóns, monstruos imaxinarios, figuras humanas e outras que non se sabe si son homes, animais ou unha mezcla de ambos.

O león sería o protector do templo, por iso atópase no comenzo do muro da nave. Outro animal que aparece con frecuencia é o macho cabrío que fai referencia a Satanás e ó pecado.

No aleiro norte, bastante apartado da visión xeral, topámonos cun canecillo que representa a un home en actitud obscena, completamente desnudo, outra das figuras que representa a un animal, destaca a súa cabeza con unha lingua enorme. Estas dúas figuras teñen un significado negativo, representan o vicio, o home sin control e a burla contra todo o establecido.

Outras figuras son xuglares, acróbatas, etc. En total son 74 representacións, a maioría en perfecto estado de conservación das que unicamente falta unha, a saber que foi feita dela.

Estas son algunhas fotos dos canecillos:



No interior, a igrexa destaca sobre todo polos capiteles que ten, destes non topamos información para saber o que representan, pero ahí están:



E por último, para non facerme pesado, a igrexa ten outra peculiaridade, que pouca xente ten coñecimento dela, existe un resto anterior o templo románico, é unha laude sepulcral que foi empregada como simple pedra de cantería nos muros da capela norte. A parte visible carece de inscripción, e na cabeceira hai que destacar a presencia dunha cruz esvástica dentro dun círculo, símbolo de tradición prehistórica no baixo Miño. Si a puxeron a posta ou non, é unha incognita.



Agradecer a Manuel Carballo (Manolo) parroco de Areas e Angoares pola súa colaboración.

lunes, 7 de julio de 2008

Catedral maxestuosa


Este fin de semana estuven en Santiago, e como no, visita obligada a catedral, xa sei que está máis que vista, pero claro tiña que sacarlle unhas fotiños.
Non vou ser eu quen descubra a estas alturas a súa beleza, pero esta toma, particularmente gustoume, o collela a contraluz, non se aprecia casi nada, pero queda moi marcada a silueta contra ese ceu cuberto que nos acompañou estes días.

Pois nada, ahí queda.

jueves, 3 de julio de 2008

Pontes de paso 10 - Ponte a tolerancia


Estaredes de acordo conmigo en que, si hai unha representación da natureza semellante a unha ponte, esta é sen dúbida o "arco da vella". A primeira semana do mes de xulio este "símbolo" brila, se cabe máis ca nunca (o que queira entender que "entenda").

Certamente é moi especial, xa que o camiño que transcurre por debaixo deste arco multicolor soamente está destiñado ó paso de certas persoas:


- A calqueira que sexa capaz de emocionarse cunha canción.
- A todo aquel que coñeza ben a un amigo e que a pesares de iso o queira.
- Ós que son capaces de atopar o lado positivo da vida.
- Ós que tenden a man en vez dó pe para poñerche a "zancadilla".
- A aqueles que comparten alegrías e se reparten penas.
- A xente rica anque non teña diñeiro (xa lle pagarei dereitos de autor a Sabina)
- Ós orgullosos capaces de deixar de lado o orgullo.
- Ós que choraron coa morte de Chanquete
- Ós que nas farras siguen cantando a canción de "Marco": En un pueblo... italiano...
- A tí, que entraches por segunda vez neste blog, e estás disposto a entrar unha terceira: ¡serás masoquista!
- Ós que pasaron dos trinta e ainda son xóvenes...
- ... e os que pasaron dos setenta e ainda son xóvenes.
- A Pepiño, que cando lle dice "quérote" a Manoliño non pensa que é unha mariconada.
- A Pepiño, que cando lle dice "quérote" a Manoliño sabe que é unha mariconada.
(Nota a Sousa: Estou empregando os dous nomes máis populares en España)
- Ós que construen pontes.
- Ós que manteñen as tradicións.
- Ós amigos que non se sinten incómodos nos silencios.
- Ós inimigos que comparten paraugas.
- A tí que me entendes, e a tí que me comprendes.
- Ós que brindan por tí nas celebracións e se emborrachan contigo nos enterros.
- E todos aqueles que queiran cruzar a ponte máis aló do arco iris (como diría "Judy Garland" ou "El Mägo de Oz"

miércoles, 2 de julio de 2008

Momentos conxelados

Xa fai algún tenpo, cando iniciamos esta peculiar singladura, afirmamos na presentación que temos algunhas cousas en común o outro pilar desta ponte máis eu; unha das cales é a nosa aficción (máis ben o noso respeto) pola fotografía, e a admiración a todos aqueles que son capaces de darnos a coñecer nunha sóla instantánea toda unha historia.

Lémbrome que nunha ocasión comentei noutro "site" na "blogoesfera" que era posible viaxar no tempo (sen recurrir a máquina de "Wells" ), tan sólo cun certo aroma; un cheiro determinado e capaz de transportarnos a outro lugar e a un tempo pasado en cuestión de milésimas de segundo. Na mentras existe outra forma de "teletransportarnos", e é co visionado de fotografías, sobre todo si son en Branco e Negro.

Todo aquel/aquela (ves como eu tamén son políticamente correcto, Alkaest) que sexa capaz de contarnos ou facernos vir a memoria toda unha sucesión de feitos tan sólo nun "click", merece o noso respeto e a nosa admiración.

Vale..., xa sei que estou sendo un chisco pedante, pero e que non se me ocorre unha forma máis axeitada para describir unha boa foto (e a definición que trae o diccionario tanto da RAE coma da RAG pareceme moi fría).

A veces navegando pola rede, blogeando, chateando, foreando, posteando, flipando, ou simplemente perdendo o tempo saltando dunha páxina a outra, atópaste con fotos realmente curiosas, mostra do cal é unha "fotiño" que subín non hai moitos días.

Como a nosa bitácora; aparte de ter un fío conductor (que é o pequeno mundo que xira dende un lado ó outro da ponte), vaise ramificando cara a outros temas ; vexo oportuno adicar unha nova sección a aquelas imaxes que vaiamos atopando en calquer recuncho desta inmensa telaraña (joder, que pedantería; o que chega a escribir un para intentar ser un pouco inxenioso).

Sempre e cando poida indicar o autor fareino, na mentras iso non sempre é posible; como ocorre na seguinte representación. Descoñezo exactamente o que quere suxerir o seu creador (coa axuda do Photoshop); na mentras eu teño a miña teoría; seguramente que vos tamén...



Nun alarde de orixinalidade titulei este apartado como "instantáneas", ¡non é como para darme o "Pulitzer"!.