lunes, 2 de junio de 2008

Sábado de relax

Este sábado fixen unha "pequena" excursión cos rapaces do equipo infantil b da escola de fútbol do Condado, aínda que o madrugar un día de descanso fastidia bastante, (o ter fillos é o que pasa) a experiencia foi moi agradable, valeu a pena.



Arrancamos as 9 da mañán con destino as Termas públicas das Burgas de Canedo, no Concello de Ourense, unha maravilla, que relaxación, o tempo estaba nublado e facía un pouco de fresco pero o meterse na auga a 40 grados, xa me diredes, quen tiña frío.

O Complexo consta de duas zonas, os rapaces foron para unha có seu monitor, e os maiores cara a outra a nosa bola, alí tiñamos tres pozas coa auga a distinta temperatura e unha cuarta con auga fría, lóxicamente foi a que menos visitamos. Votamos alí unhas duas horas e o que máis me sorprendeu, a cantidade de xente maior que vai para tomar uns baños, dicen que son mois bós para problemas de espalda e de osos. A min particularmente sentaronme moi ben, e prometín volver, e increible que o teñamos ahí o lado e nunca fora a elas.

Despois voltamos para atras hacia o Concello de Melón, alí comemos nun merendeiro cerca da N-120, onde comenza unha ruta de senderismo a veira do rio Tourón, e empezaron as primeiras risas por parte dos rapaces cando nos someteron ós pais a uns examenes, como se aproveitaron os condenados. Logo comenzamos a caminar río arriba, precioso, unha ruta de nivel fácil, sobre tres Km.



¡Ah! pero faltaba o peor, despois de uns cinco Km. por carretera chegamos a cascada do Tourón, si, moi bonito pero cando nos dixeron para subir polas rocas para chegar arriba, ó que máis e ó que menos temblaballe algo, je.je. Decir que foron a maioría os que se apuntaron, e pasamos algun momento de pánico, co río abaixo a esquerda e gateando por unhas rocas molladas e resbaladizas, sen ter casi onde agarrarse. Portaronse todos como campeóns.

Para rematar merendamos nunha carballeira ó lado da igrexa e do Mosteiro de Sta. Mª de Melon, este en proceso de restauración, nos seus tempos tuvo que ser unha auténtica obra de arte.

No hay comentarios: