domingo, 16 de marzo de 2008

Árbores Autóctonas - O Carballo

Este poderoso habitante dos nosos bosques, nos que crece en compaña de tilos, carpes, biduéiros e faias, abunda bastante na nosa parroquia. Árbore amante dá luz, pode chegar a vivir mil douscentos anos e alcanzar unha altura de hasta sesenta metros. Atópanse preferentemente en térras próximas ós nosos prados e montes, nos cursos do río; neste caso hay unha gran abundancia na Ceña, praia fluvial da zona de Ganade no río Tea.

A corteza, en tonos pardos, agriétase na madurez. Ten as follas dunha forma simple (tinnatilobuladas), e cubertas de pelos estrelados (visibles con lupa), estas son grisáceas no envés (pola pilosidade) e verdes na face; son caducas. As flores, unisexuáis, aparecen en forma de amentos. O froito é unha landra con cúpula escamosa; esta landra soe ser aproveitada para o gando.

É unha arbore que dende tempos inmenmoriais estivo ligada ó home e a cerca da cal perduran moitas tradicións e lendas. A Cultura Grecorromana víao como "Arbore Primigenio", do que se creía que naceu o home; tamén hai un dito que di "Estás forte como un carballo", na honra da fortaleza da súa madeira.

O carballo é unha especie en regresión debido á influencia humán, xa que foi e ainda é substituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento.

A súa madeira é dura é de moi boa calidade e de dificil putrefacción, mesmo na auga, polo que foi usada para a construcción naval, mobiliario, vigas e barrís. Dícese que un bo viño precisa para madurar en nobleza unha boa barrica de carballo. Dada a súa resistencia a polución do aire, é plantado moitas veces nas cidades, en parques e xardíns. Neste caso pódese atopar unha boa plantación no merendeiro de Ganade, con distintas especies, ademáis pódese ver por outras zonas do barrio de Áreas.

En tempos foi empregado para a fabricación das travesas do ferrocarril ( hoxe son de cemento armado). Tamén se utiliza en carpintería e abanistería e nas casas metíanse para trabes, puntós e taboas para o piso. A súa leña ten un alto poder calorífico (carbón) e a súa corteza contén taninos de utilidade para curtir peles e posúe propiedades astrinxentes.

Nas beiras dalgúns ríos ainda quedan algunhas carballeiras ben fermosas.

Algunhas fotos do carballo e de carballeiras:






O carballo é unha árbore máxica e lexendaria nas tradicións europeas. A máis grande, a máis forte, a árbore dos deuses. Era a árbore preferida de Zeus. Plinio di que os carballos precederon ós homes na creación. Segundo os celtas tódalas xuntanzas importantes para un pobo, debían ter lugar baixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar. Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males.

Ó recadar información para a ficha téctica do carballo atopeime cunha curiosidade que descoñecía; sabedes que hai un insecto que fai a posta dos ovos no carballo e causa o nacemento dunhas excrecencias chamadas bugallos. Éstas teñen moita concentración de taninos, máis que a cortiza, polo que, reducidas a po, teñen aplicacións para combati-las hemorraxias e diarreas.

E para rematar unha adiviña:

¿Que é, que é, alto está, alto mora, ten coroa como a Señora?

Solución:



Nota: Parte do contido deste post foi publicado no primeiro número da revista "A Varanda", e redactado por Carlos Rodríguez de Ganade.

Ficha técnica:

- Nome científico ou latino: Quercus robur L.

- Nome común ou vulgar: Roble, Carballo, Roble pedunculado.

- Orixe: Árbol de área extensa ocupando casi toda Europa, dende o Atlántico hasta os montes Urales.

- Na Península Ibérica distribúese xeralmente na metade norte: Cornisa Cantábrica, Galicia, noroeste de Portugal, alguns puntos nas zonas de Navarra e Cataluña e de forma local en León e Somosierra.

Reino: Plantae (Plantas)
Div. Spermatophya (Espermatofitas)
Clase: Magnoliopsida (Magnoliatas)
Subclase: Dicotiledones (Dicotiledóneas)
Familia: Fagaceae.

Cantares e poesía - O hinno galego

Como é normal ó votar a andar un blog de este tipo, volveréi a repetir a frase "Para empezar esta sección"; pois iso... que mellor maneira de escomenzar este particular percorrido polos cantares da nosa terra que co hinno galego. Que todos sabemos un par de estrofas e para de contar, despois tarareámolo (ou mellor dito lalareámolo), para rematar en voz alta (casi sempre medios peidos, xa) co consabido "De bre-o-gán". Despois vendrá o "Asturias patria querida", "Sigo siendo el rey", "O rodaballo" e outros grandes hits de calibre semellante.

O himno galego conxuga o poema "Os pinos" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.

O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por fogar de Breogán. Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba.

En fin, velaquí o noso hinno, que a mín persoalmente góstame moito..., Xa quisera o hinno español ter así unha letra.

¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.


Para escoitar diferentes versións do hinno, así como coñecer un pouco máis da sua historia, mira-la partitura, etc, visitade a seguinte páxina: http://www.himnogallego.com/

Gastronomía - Churrasco

- ¿Cando facemos unha cea?
- Calquera día, este sábado mesmo.
- ¿E que imos a comer?
- Pois que vai a ser, CHURRASCO.

Esta sería unha conversación típica en miles de agrupacións de amigos ou familiares, pero non sólo en Galicia, se non por todo o territorio español, e sobre todo no verán. Por esta razón, o churrasco ten o privilexio de inaugurar esta sección que vou adicar a gastronomía galega e festas populares.

A receita básica para preparar o churrasco non ten ningún misterio: carne (costela de porco, de vitela ou ámbalas duas), sal e unhas patacas fritidas para acompañar. De tan doado que é debeu de ser concebida nun principio para os solteiros que non saben cociñar.

Claro que despois hai variantes: con ensalada, con pementos, con criollos. Tamén hai quen lle prepara un bo adobo (sal, perexil, allo e nalgunhas ocasións viño branco e pementa), deixando a carne neste mejunge unhas cuantas horas antes de ser preparada. Seguramente hai outros ingredintes que nalgures se lle engaden; pero como en casi todo nesta vida, para gostos hay cores. (perdón por empregar esta frase tópica, pero é que me viña a "juevo".

Ó igual que ocurre coa carne, tamén hai moitas formas de preparar unha salsa para acompaña-lo churrasco unha vez servido, a seguinte pode ser un exemplo, e mesmamente pode servir coma adobo.

Ingredintes:

1 vaso de auga.
1 vaso de aceite.
1/2 de viño branco. Tamen se pode facer con vinagre: 1/4 vaso chega.
Tomillo. Orégano.
1 cuch. de fariña (ollo... fariña, fariña, eh, jejeje)
Allos.
Pimentón.
Guindilla ou Cayeta (sen a semente porque amarga).
Sal ou media pastilla de caldo concentrado (Avecrén ou calquera outra semellante)

A forma de preparación tamén e ideal para os solteiros os que me refería antes: Ponse todo nunha batidora, e "jas, calor". Debe quedar espeso si é para acompañar en salseira ou máis claro si se vai a usar para adobar/macerar-la carne do churrasco.

De tódolos xeitos, se ainda así vos resulta difícil de preparala, sempre se pode recurrir o típico Tabasco, claro que despois se empezades a sudar non me votedes a culpa.

E curioso o que acontece en tódalas agrupacións de amigos; sempre hay un que é o encargado de face-lo churrasco (o maestro de ceremonias, por decilo de algún xeito), e como cociñeiro oficial encántalle sustentar esta honra e ó rematar a cuchipanda escoitar frases de tipo:

- ¡Hoxe o churrasco estaba "cojonudo"!

Me imaxino que en moitos lugares se celebrará tamén unha festa gastronómica adicada a este manxar. Un exemplo é a que se celebra en Covelo; que se leva a cabo o 25 de xulio, día de Santiago Apóstol, patrón do municipio. Esta festa remóntanse a mediados dos oitenta; dende entón, esta celebración gastronómica foise consolidando ano tras ano.

Para rematar quero reseña-lo feito da cantidade de bares, restaurantes e asadores, que fan uso de "churrasco" ou "churrasquería" no seu nome. Por iso coido que este saboroso alimento ten vida nas nosas mesas por moitos anos.

jueves, 13 de marzo de 2008

Goles de fútbol sala

Déixovos un vídeo de goles de fútbol sala de youtube. As imaxes o principio non son moi boas, pero o gol final e expectacular, xa parece o noso equipo je,je,

miércoles, 12 de marzo de 2008

Humor gráfico

Entrevista a Felisa

Esta é outra reportaxe da revista "A Varanda", tamén firmado por Gloria Bugarín Fernández que se lle fixera a Felisa, unha moller de ganade que facía "corozas". Por si alguén non ten claro o que é unha coroza, sempre pode acudir a unha enciclopedia, que nunca está de máis, jejeje.

A RAIÑA DAS COROZAS

Esta reportaxe ímoslla adicar a unha muller que merece todo o noso recoñecemento e o de todos vostedes, xa que leva o nome de Áreas, e en concreto o de Ganade, a todos os lugares da xeografia galega que visita para mostrar as súas obras de arte que son as corozas, labor á que adicou a súa vida.

O nome da nosa protagonista é Felicidad Pereira Rajo, por todos coñecida como Felisa e alcumada "A Rásela", nacida en Ganade fai xa 78 anos.

Felisa adicábase a facer corozas dende moi nova. Xa existía tradición da súa familia neste oficio; a súa avoa tamén facía corozas, pero como ela mesma nos conta non tina paciencia para ensinar; entón Felisa non aprendeu déla, senón dunha muller que se chamaba Josefina.

Felisa ía ó xornal a facer corozas; Di que chegou a ir ata para doce casas a facer nelas e aparte facía as déla que despois vendía polas feiras. Vendía en Ponteareas ñas feiras o 14 e os últimos sábados de cada mes, que tamén eran feira na vila. Dinos que chegaban naqueles tempos a perder as augas das veigas e tamén se deixaban secar os feixóns por ir véndelas. Todo isto para sacar con cada unha délas non máis de duas ou tres pesetas.

Tivo épocas de tanto traballo que, contounos como anécdota, chegou a ir á festa de Santa Lucía sen lavar nen pentear. Tamén ía a feira de Redondela chegando de véspera e pasando a noite ó cobixo das corozas. Para ter compaña arrimábase a unha casa de comidas que facían os preparativos para o día seguinte e os donos amablemente dábanlle un café cunha gotiñas de augardente para soportar as friaxes da madrugada.

Dinos tamén que unha das súas filias chegoulle a peitear nun día toda unha carga de corozas que ía a levar a Redondela. Despois foron vindo os paraugas e pouco a pouco fóronse deixando de vender, e coa mesma ela tamén foi deixando de facelas; ata que un día o seu neto, fai poucos anos, pediulle que lie fixera unha coroza para levar a escola por cousa dun trraballo, e ésta foi a admiración de todo o mundo, tanto que despois a televisión de Ponteareas foi a Ganade a casa do defunto "Campanillas" para saber da tradición das devanditas corozas, xa que el tamén as facía. O "Campanillas" entón levounos á casa de Felisa, xa que él non se lembraba ben de como se facían nin dos nomes das súas partes e entre os dous explicaron e mostraron o laborioso arte da confección das corozas. Tamén a T.V.G se interesou nesta tradición pola importancia que tina o poder consérvala, xa que antaño tivo moito arraigo na nosa comunidade.

Felisa ten participado ademáis en distintas exposicións das escolas do Condado e do Museo Municipal, nas cales mostra ós visitantes a elaboración das corozas e a preparación do xunco para poder facelas. Este traballo que hoxe se converteu nunha tradición case perdida, foi obxeto dun estudio que se incluíu nunha revista editada polo Concello de Ponteareas, que leva por título "SOBEROSUM".
A confección da coroza ten distintas etapas e Felisa explicounós cada unha délas:

- Segase o xunco: En tempos chegouse a ir a búscalo a Santiago de Oliveira, a Alxén e Nogueira, xa que aquí non o había, e despois traíano no carro; xa fose ben seco, ben verde; contratábanse carreteiros para facer dito traballo

- Escóllese: separandoo por tamaños sendo cada tamaño para unha parte distinta da coroza.

- Mállase cuns "mallos" de madeira: ela ten un antigo, que xa era do seu pai e ten outro novo que fíxo fai pouco para utilízalo como mostra. Teñen forma de martelo, co mazo de gran tamaño.

- Ponse a secar: Para iso esténdese ás carreiras ó sol e unha vez seco xa se pode traballar con el. Lévalle secar aproximadamente unha semana.

En canto á confección da coroza, ésta vai feita por pantelas:

Primeiro espúntase o xunco; o máis grande vai para os "Curruchos", o mediano úsase para as "Entas" e o máis pequeño como "Paño", que é para darlle vóo e anchura; este último vai atravesado. Os "Curruchos" fanse polo revés e despois deselle a volta.
Acostúmase a face-las corozas de tres entas, aínda que ela ten unha feita de catro.
Denomínase "comezo" a iniciación da coroza, despois bótaselle unha enta, e si se quere, engádeselle un paño. Se é para tres entas, bótaselle unha enta máis longa e os "xunqueiros" de paño atravesados, para que lie dé anchura. (Os "xunqueiros" son un entrenzado que vai na coroza atravesado).

Leva ademáis uns cordóns que serven para decorar, poden ser un, dous, etc.. Cando antes se facían para as feiras, según Felisa, púñanselle máis cordóns para que quedasen mellor, incluso se lie punan algúns nos curruchos. Na punta do currucho leva outro cordón para poder colgalo.

Unha vez feita a coroza hay que peiteala cun cepillo especial, que ten as púas feitas con baleas de paraugas atadas na punta. Ela mandoulle facer un a un cuñado para consérvalo, porque ela xa non o tina. Asi coma o cepillo, a Felisa gostaríalle conservar a tradición de face-las corozas, pero parece que non hai quen queira aprender, xa que non é só face-las corozas, se non que tamén hai que apaña-lo xunco, sécalo, mallalo, etc.; cousa que ela xa non pode facer, debido á súa idade e ó seu estado de saúde.

Por iso nos, dende eiquí, queremos facer ün chamamento a tódalas persoas que estén interesadas e a tódalas institucións da parroquia para que fagan un esforzó por intentar conservar esta fermosa tradición; para eso poderán contar coa colaboración de Felisa ata onde sexa posible, asi coma o fíxo con outras institucións, como a Xunta ou o Museo Municipal. Loitemos por conserva-la nosa cultura e as poucas tradicións que aínda nos quedan.

Joaquín Sabina - Discografía

Bueno, aquí vos deixo a discografía de Joaquín Sabina xunto coas carátulas dos discos e as contracarátulas respectivas.

1978 - Inventario
1980 - Malas Compañías
1981 - La Mandrágora
1984 - Ruleta Rusa
1985 - Juez Y Parte
1986 - Sabina Y Viceversa En Directo (Doble)
1987 - Hotel Dulce Hotel
1988 - El Hombre Del Traje Gris
1990 - Mentiras Piadosas
1992 - Física Y Química
1994 - Esta Boca Es Mía
1996 - Yo, Mi, Me, Contigo
1998 - Enemigos Íntimos (con Fito Páez)
1999 - 19 Días Y 500 Noches
2000 - Nos Sobran Los Motivos (Doble)
2002 - Dímelo En La Calle
2003 - Diario De Un Peaton
2005 - Alivio De Luto
2007 - Dos pájaros de un tiro (en directo con J.M. Serrat) (Doble)



















Vídeos - Dos pájaros de un tiro (concerto enteiro)

"Dos pájaros de un tiro" son sesenta concertos en España, México, Venezuela, Ecuador, Perú, Chile, Argentina, e Uruguay; pero sobre todo é unha idea antiga que ámbolos dous artistas tiñan e que agora se fixo realidade.

Nos concertos da xira, Serrat canta cancións de Sabina e éste do primeiro, pero tamén cantan xuntos. Non hay nada inédito, pero sí interpretan unha canción que non é de ningún dos dous; trátase de "El muerto vivo", un popular tema de Peret que pretende ser unha declaración de principios para dous artistas que se enfrontaron o cárcere no caso do catalán e a un "ictus" no caso do Xienense nos últimos anos.

Defínense coma unha parella de feito sobre o escenario, e máis que dun dúo falan dunha "orxía" na que pretenden implica-lo público. O principal obxetivo de "Dos pájaros a tiro" e divertir-lo persoal e establecer unha complicidade coa xente.

Nesta xira visitaron as principais cidades españolas dende o 29 de xunio (Zaragoza) ata o 11 de outubro (Murcia), e deron especial importancia a América Latina. Serrat e Sabina interpretaron as súas cancións en seis concertos en México, catro en Arxentina, Dous en Venezuela e un en Colombia, Ecuador, Perú, Chile e Uruguay, donde se despediron do público Latino-Américano o 20 de Decembro.

Aquí vos deixamos tódolos vídeos (11) dun concerto que deron en Madrid, todo un luxo:





















martes, 11 de marzo de 2008

Novas tecnoloxías

Creo que non fai falla ningún comentario...


lunes, 10 de marzo de 2008

Cartel Anunciador

Este e o aspecto que ten o cartel que emprega o Clube Areas Fútbol Sala para anuncia-los partidos.

Clasificación Jornada 19


Este sabado logramos a nosa terceira victoria da temporada en Porriño, nun partido que se nos puxo moi costa arriba pois ibamos perdendo 3 a 1 pero nunha segunda parte un pouco loca logramos remontar rematando o partido 3 a 4.
Os goleadores foron Veki, Cá e Ruben por partida dobre.

Por certo, o pavillón de Porriño "moi parecido o de Ponteareas e o de Mondariz" A ver se os dirixentes se van dando conta de que nos fai falla algo un pouco mais decente.

Vídeos dos Dire Straits

Non sería xusto, despois de adicarlle un par de videos a Sabina, non face-lo propio cos Dire Straits, dos cales tamén poidedes escoitar cinco cancións ó principio do blog.

Estes dous primeiros vídeos corresponden os temas "Brothers in Arms" e "Sultans of Swing":