martes, 31 de marzo de 2009

31 de Marzo

Hoxe é 31 de Marzo. Nun principio non deixa de ser un día normal, fin de mes e vispera do 1º de Abril, que como se adoita dicir "van os burros onde non deben ir", ou sexa coidadiño coas bromas. Pero aparte disto nesta data ó longo da historia sucederon algúns acontecimentos que vos paso a relatar:

1889 Inauguración da Torre Eiffel en París.

1948 Aprobación en Estados Unidos do chamado Plan Marshall.

1970 Despóis de 12 años, o satélite Explorer 1 entra na atmósfera terrestre.

1989 O Comité Central da OLP proclama a Yasir Arafat presidente de Palestina por unanimidade.

1991 Disolución do Pacto de Varsovia.

1992 Boris Yeltsin firma en Moscú o Tratado da Federación con 18 repúblicas rusas.


En canto a nacementos, estes son algúns casos dos que viñeron ó mundo nesa data:

1596 René Descartes, matemático francés.

1675 Papa Benedicto XIV

1948 Al Gore, vicepresidente de los EE.UU.


Se algo me chocou desta búsqueda, foron dous datos; o primeiro que o 31 de Marzo de 1969 remataba a "polémica" lúa de mel de Yoko Ono e John Lennon, que como motivo de protesta contra a guerra de Vietnan, e aproveitando o seu tirón mediático, estiveron unha semana nun hotel de Amsterdam, sin saír da habitación e rodeados de fotógrafos que acudían en masa a inmortalizar a causa.

O segundo caso, foi que ningunha páxina ou medio fai referencia a que o 31 de Marzo de 1969 víu a este mundo un servidor, ou sexa Carlos Sousa. E para que quede constancia deixo aquí unha fotiños de hai uns poucos de anos:

Esta primeira para que me vexades tal cual vin, a boneca sen comentarios,



Esta foi de cando me bautizaron, según me contaron foi nunha igrexia sin santos. De aí debe vir a miña tremenda devoción.



Nun parque co meu caldeiriño e a miña pala, que tempos,



E este sábado xogando o partido, que por certo gañamos (a veces pasa iso), dubo ser a última que me sacaron pertencendo aínda ó grupo dos trintañeros, agora seica xa formo parte dos cuarentóns:



Que lle vamos facer, eu síntome ben, agora terei que poñerme a meta de seguir xogando ata chegar ós cincuenta. Será posible? Miñas dúbidas teño.

domingo, 22 de marzo de 2009

Pontes de paso 13 - Ponte de San Roque ou dos Remedios

Xa facía tempo que tíñamos aparcada a un lado a sección de pontes de paso. Con motivo da ponte de San Xosé, que fixo que tivera catro días libres, aproveitamos para dar unhas voltas e tirar unhas fotos por aí. Sobre todo centrámonos nas pontes, praias e paraxes que temos a beira do río Tea.

E claro, xa estábamos tardando en falar da ponte que inspirou a Beni en darlle nome o noso blog. Daquela pensou como título algo así como "Dende Areas para o mundo", pero por non parecer cursi ou repetitivo, quedou en "Dende Areas cara a Ponte" por aquilo de que falábamos dende a nosa parroquia para o resto e esta ponte é a que unía antigamente (moi antigamente) Areas con Ponteareas.

Esta ponte ten tamén unha praia fluvial que foi degradándose co tempo, agora luce un letreiro que dí que a auga non é apta para o baño. A xente síguese bañando, en menos cantidade pero aínda o fai, supoño que o cartel será máis por prevención que por ameaza en sí. A auga tampouco se ve tan revolta.

Como nota negativa (parece que sempre lle estou a buscar o lado malo as cousas), está o pedazo de muro de hormigón que contruíron nunha beira do río. Sempre o acordo así, esta obra dubo facerse na década dos 60 ou 70. Supoño que sería aproveitandose das influencias co poder, un empresario da zona construíu un restaurante-baile "El otro mundo del Tea" (máis coñecido como o baile do Rato), e fixo un relleno na mesma beira, onde ubicou semexante mole, sen que daquela lle dixeran nada.



Cando era pequeno, aparte de ir a bañarme alí de vez en cando, recordo cando se celébraba a festividade de San Roque e celebraban distintos xogos ou cucañas. Adoitaba rematar nesta ponte o descenso en piragua do río Tea, pero sobre todo o que máis expectación tiña era o "pau de sebo". Isto consistía nun pau de varios metros de longo por riba do río e untado de sebo. O que chegara ó final era o gañador. Os batacazos eran garantidos e as risas seguras. Tamén facían unha fogueira grande no medio do río o día de San Xoan.

Según me enterei esta ponte anda cercana ós mil anos, e non tivo que sufrir enchentes nin nada. Nun inverno tan complicado como este, non medrou tanto, o máximo dubo ser o que mostra a seguinte foto:



Nada comparado cos enchentes que había antes. Proba disto é esta foto que topei no baúl dos recordos:

lunes, 16 de marzo de 2009

Usa protector solar

Hoxe vaime dar por cambiar un pouco o tema. Un amigo comentoume que lle votase un vistazo a este video, e como ben mandado fíxenno. Pareceume espléndido, por non dicir marabilloso. Vale para reflexionar e recapacitar, e o millor ata para que vivísemos a vida máis relaxada e tranquila (o mundo non se acaba aquí).

So vos pediría que escoitarades a canción, vale a pena.



Everybodiy´s free (To wear sunscreen) de Baz Luhrman (Moulin rouge)

viernes, 13 de marzo de 2009

Dobre moral

Estes días é tema de actualidade entre a xente de Areas o conflicto que teñen algúns veciños coa empresa Ganomagoga. Xa saíu na prensa e na TV Galega. O tema é o seguinte:

Esta empresa de calderería industrial, que é a que fabrica eses eólicos tan feos que se miran nos montes galegos, instalouse en Areas en 1989 en dúas naves que xa existían. Co aumento da producción, ampliaron as instalacións construíndo outras dúas "meganaves" alá polo 2002. Está situada a beira da N-120, unha zona que se ben non é un polígono industrial en sí, é onde se ubican gran parte das empresas que temos en Areas.

O tira e afloxa, trátase da contaminación acústica, que según "algúns" veciños produce. Ante a gran demanda de traballo que ten, esta funciona a tres turnos, sendo o de noite o máis conflictivo. Din que non lles permitir durmir ou descansar como lle tería que corresponder a calquera persoa. A solución, supoño que sería unha insonorización correcta nas zonas de traballo onde realizan máis ruido.

Reitero o de "algúns", porque falando por aquí, moitos din que non é tan molesto. Os afectados non están de acordo con esa solución e solicitán o derribo das dúas naves que orixinan os problemas, naves que por certo non están legais o cen por cen.

Conclusión, ata aí todo correcto, os veciños esixindo durmir tranquilos e o empresario loitando para seguir producindo na zona (se ben ten que legalizar o que lle falta). Pero hai outro problema, este para min un pouco máis doloroso:

Poderíamos falar dunha dobre moral. Os que máis protestan foron os causantes de que esta empresa estea funcionando en Areas, eles foron os que lle venderon os terrenos para facer a ampliación, e como se adoita dicir non os venderon por catro pesos, abriron a boca e pediron o que lles deu a gana, sabendo da súa producción e forma de traballo.

Nos tempos que corren, logo de pechar grandes empresas aquí, como Avigán e outras con grandes problemas para subsistir, so faltaría que pechara Ganomagoga que da traballo a unha pouca de xente.

Paréceme triste que alguén primeiro se enriqueza por un motivo e logo se queixe das consecuencias.

ACTUALIZACIÓN


Cambiei a foto da cabeceira por esta que lle collín o meu amigo Brabido, veciño meu de aquí de Areas, que comenzou este mes cun blog. A raíz das discrepancias que xeraron este post, él tamén puxo un no seu. Se queredes, entrade e comparade. Calquera das dúas versións poden ser creíbles, aínda que a miña opinión ía por outro lado. A todo isto, ánimo Brabido, que isto é como o comer e o rascar. Ó empezar custa parar.

miércoles, 11 de marzo de 2009

Unha vez lin un libro



Gañei un concurso!! Onte estiven para botar unhas bombas de catro estralos para celebralo, a ocasión merecíao visto a sorte que teño eu para os sorteos e concursos.

Entre os blogs coñecidos que sigo, está o de Thiago, igual vos soa xa que non deixa un post sen comentarme, é sempre cun toquiño de gracia. Este galego residente en Madrid, no seu blog, toca todolos temas posibles e ten ocurrencias que so a él se lle poden ocurrir (para min que ata debe durmir co portátil, senón non me explico de onde saca o tempo).

Unha das seccións que ten é o concurso "Yo una vez leí un libro". Consiste en poñer un pequeno texto do libro e a ver quen é capáz de adiviñalo, cada dúas horas vai actualizando con pistas sobre o escritor. Cheguei un pouco tarde ó concurso, pero como aínda non o acertara ninguén, provei a copiar o texto e pegalo en Google, como fai a maioría dos participantes. Claro, nada de nada. Sen embargo copiei so un anaquiño do texto e pegueino e... Eureka! Alí saíu "Belver Yin de Jesús Ferrero"

Teño que recoñecer que non o coñezo de nada, ni a él nin a súa obra, pero aínda que fixese trampas, xa teño o meu carné de lector. (Eh! Lúa, eu tamén xa o teño)

domingo, 8 de marzo de 2009

Fai máis ou menos un ano

Se vedes no arquivo deste blog, veredes que foi aberto no 2006. Foi un pequeno experimento, que me creou Beni (todo un experto na informática) para que falase do noso equipo o Areas Fútbol Sala. Claro o invento viume grande e en dúas ou tres semanas deixenno de lado.

Foi precisamente o 6 de marzo de fai un ano, cando decidimos retomalo agora a medias entre os dous e tentar que tivera continuidade. Acordamos seguir falando algo do fútbol sala, pero sobre todo centrarnos en actividades e sitios na nosa parroquia Areas, e do noso Concello Ponteareas, pero sen deixar de publicar calquera cousa que nos parecese ocurrente ou orixinal. E niso estamos nestes momentos.

En total foron 170 post que deron para moito, dende aquel primeiro que publicara Beni, sobre o conxuro da queimada, que escomenzaba así:

"Como se pode adiviñar polo escudo do "Areas Fútbol Sala" somos bastante aficionados a farra, e sobra decir que soemos facer de cando en vez algunha cea; o que me trae a memoria "a queimada", a bebida alcohólica típica de Galicia para despois dunha boa comida quecer a gorxa. Moi pouca xente sabe o conxuro, así que me parece boa idea transcribilo:

MOUCHOS, CORUXAS,
SAPOS E BRUXAS
DEMOS, TRASNOS E DIAÑOS
ESPRITOS DAS NEVOADAS VEIGAS...
"

Pasando por aquelas famosas pontes de paso, tamén da súa creación, que ían tanto de unha ponte enxebre, perigosa, ou tolerante, ata unha ponte de pracer, esta última xerou boas risas.

Intentamos non deixar de plasmar os actos que pasaban na parroquia como festas, feiras, papatorias, etc. e penso que máis ou menos o logramos, aínda que nos quedan moitas cousas pendentes, que xa irán caíndo. Así tamén nos aseguramos a continuidade durante (espero) polo menos un aniño máis.

Que me deixa de ledicia este invento? Pois todo positivo, por un lado descubrir esta pequena vena periodística que tiña escondida e que me leva a mostrar o que me interesa, por outro poder coñecer as opinións doutras xentes que tamén usan os seus blogs para o mesmo, e sobre todo saber que alguén te le e lle interesa o que fas.

Teño algo que agradecer? Pois claro, a Beni por suposto, sei que non lle gusta que lle boten flores, pero gracias a él isto existe, el segue empeñado en que este blog sexa soamente meu, pero para min segue pertencendo ós dous, e sei que vai seguir colaborando conmigo. Pero se teño que agradecer a alguén, sobre todo é ós que me ledes e comentades, sen vos o millor xa estaría aburrido.

Neste ano, collín a costumbre de andar coa miña cámara enriba e estar atento a calquera situación que poidera plasmar, deixovos aquí algunhas fotos que temos publicado e me gustaron especialmente.





lunes, 2 de marzo de 2009

Días primaveráis

Despóis de un inverno crudo e duro, onde tivemos de todo:



xíadas,



néboas, que aquí abondan bastante,



saraiba,



choivas que fixeron medrar os ríos,



e ata neve que aquí é moi difícil de ver;

Pois despóis de todo iso, parece que está a millorar o tempo e xa a temos aqui a primaveira:











As fotos das flores son do xardín do Concello menos a das mimosas, que están por todolos lados a beira das estradas.

Por desgraza dende onte volveuse a nublar, que non sexa eternamente.

domingo, 1 de marzo de 2009

Sorteo das rosquillas e licor café

Por fin din feito o sorteo do trasteo galego. Foi cun día de retraso, xa que os sábados non teño moito tempo de andar no ordenador. Entre que se durme un pouquiño máis, que algo hai que facer na casa sobre todo con estes días de sol, que houbo que reflexionar un pouco, que escoiten a Chousa na radio de Cornellá, que logo fun xogar (como case sempre perdemos) e que despóis fomos tomar algo, póis acabouseme o sábado e metidos no domingo deixenno para agora ó mediodía.

Fixen un pequeno vídeo caseiro, tedes que perder un minutiño para ver quen foi o afortunado que se levará as rosquillas e o licor café. Como podedes apreciar o video é toda unha obra de arte,jeje.

Xa me porei en contacto co ganador. Ós que non ganaron se algun día pasan por Ponteareas e me avisan non teño inconveniente en invitalo.

Grazas por participar.


viernes, 27 de febrero de 2009

A víspera da reflexión

Hoxe venres ven sendo a víspera desa xornada tan rarota que lle chaman xornada de reflexión, non me imaxino a naide que dedique o sábado a reflexionar a que partido vai votar, o que máis e o que menos, xa debe ter claro cal vai ser o seu voto. Indecisos? unha palabra moi usada, pero penso que non ten moito sentido neste caso.

O caso é que hoxe tamén ven sendo a víspera dos famosos sorteos que vamos facer os trasteadores. Que rapidiño pasou este mes, verdade? Pois mañán celebrareino, teño que falar co meu socio de goberno, uff, vaia despiste, co meu socio de blog (en que estaría eu pensando) e a ver como o facemos. Quédame pena que aínda temos a nave do Bingo precintada pola policía, senón sería un bo sitio, pois o artiluxio ese para sacar as bolas vai con aire. Quedaría moi chulón, e poder gravalo coa camara, aínda que fose coa fotográfica. Se non pode ser, recurriren a meter os numeriños nunha bolsa e que unha man inocente saque un número, entón xa terei que bucar a outro, que Beni de inocente, non sei...

Os números asignados para os que se apuntaron no sorteo das rosquillas e licor café foron os seguintes:

Nº 1, Suso Lista
Nº 2, Chousa de Alcandra
Nº 3, Lúa
Nº 4, Paideleo
Nº 5, Zeltia
Nº 6, LM
Nº 7, Manuel L. Rodrigues
Nº 8, Barreira
Nº 9, Thiago
Nº 10, Senda
Nº 11, Raposo
Nº 12, Paco Penas
Nº 13, Vintxuca
Nº 14, Vermella
Nº 15, Alexandra
Nº 16, Mer
Nº 17, Artabria
Nº 18, Fada das letras
Nº 19, Jorge Vicente
Nº 20, Moncho País
Nº 21, A lareira de Santiso
Nº 22, Nin se sabe
Nº 23, Cuspedepita
Nº 24, Couxil
Nº 25, Hadex
Nº 26, Quenindiola


Quen de verdade pasou traballiño con este meme, foi o blog de L&M, nel están recopilados todolos productos que se sortean. Outra cousa non haberá pero variedade, hum!!! de todolos sabores, e viño si que non falta. Habería que xuntar todos e facer unha festiña, sei que é difícil, pero non sería mala idea. Eu claro apunteime (ou polo menos intenteino) a todos, aínda que coa miña mala sorte nos xogos, non sei se me tocará algo.

Sorte a todos.

E voume correndiño, que está Rajoi de mitín en Ponteareas e non quero perdelo, (jeje, nin de coña, que aínda me rouban a carteira).

domingo, 22 de febrero de 2009

O bingo do Cultural Areas

O C.D.Cultural Areas, aparte de militar na Rexional Preferente e estar na parte alta da clasificación (como xa teño dito nalgunha ocasión) e tamén un clube con unha situación económica moi saneada.

Nos seus 41 anos de historia nunca deixou de existir, se ben case sempre xogando en categorías comarcáis, daquela mantiñase sobre todo dos socios que tiña (eran tempos que asistía moita xente da parroquia o fútbol) e de un par de empresas que colaboraban. Hoxe en día, os tempos cambiaron moito, os orzamentos multiplicáronse varias veces, de ahí que houbo que buscar novas formas de buscar os cartos. A opción dos socios hai que engadir a da publicidade, agora xa non son un par de empresas, polo menos no campo da Lomba deben de ter colocadas unhas duascentas chapas publicitarias, que xa xeneran pasta, máis debido a que non se escapa ningunha sen pagar (quen é a directiva para iso).

Outra forma de ingresos que teñen é a celebración do bingo. Este bingo vense a celebrar dende hai uns doce ou trece anos. Cando eu formei parte da directiva xa o facíamos, o sistema é o mesmo que un bingo normal, coa diferencia que se sortean productos alimenticios, tales como aceite, azucar, bacalao... e a veces ata unha toura. Ten cambiado de ubicación varias veces, sempre se busca unha nave que esté desaloxada para tentar pagar pouco alquiler. O mesmo tempo para a xente da parroquia é un pasatempo máis, xa que algunha non ten outra diversión, ou non acostuma a saír moito, sobre todo a máis maior. Que conste que é totalmente sen ánimo de lucro, de feito en Areas agora celébranse dous, un o sábado para o fútbol e outro o domingo para a comisión de festas do verán. O mesmo fan nalgunhas aldeas de ó redor.

Pois ben, esta fonte de ingresos deixou de selo, e con iso vese perigar a economía do clube. Fai unhas dúas semanas a Policía Autonómica intervíuno, si, así como soa. Primeiro entraron dous axentes de paísano disposto a xogar e tomar nota, así que un afortunado cantou bingo, dirixíronse a mesa e identificáronse. Coa mesma o local foi tomado por varios axentes, clausurando o xogo e sen deixar marchar a nadie ata tomar declaracións. Sacaron de ordenadores e impresoras (viñan preparados) e alí mesmo redáctaron o informe, incautaron toda a mercancía que tiñan para o sorteo e precintaron a nave. Algunha xentiña aínda dubo pasar un mal rato. Aparte disto multaron ó Cultural Areas con 18.000 Euros, case nada para un equipo de aldea.

Agora hai unha plataforma de varios bingos da provincia de Pontevedra a recoller firmas para que cambién a lei.

O que está claro que se é ilegal, pois igual actúaron ben, pero por qué non o fixeron noutros anos? Por qué non se meten noutro tipo de fraudes máis grandes que si que enriquecen a xente e estan na boca de todos? Non interesa, vale máis meterse con estes pequenos que o único que fan e traballar para sacar algo adiante.

Xa teño oído (non sei se será verdade) que ata é ilegal vender rifas para un sorteo ou rosquillas a saída de misa, como fan os rapaces para excursións.

A este paso os blogueiros que fixemos o meme do trasteo galego, teremos que ter conta que non nos incauten os nosos productos, ide con xeito.

martes, 17 de febrero de 2009

Unha de humor

Chegoume un correo coñero deses que andan colgados na rede, e causoume moita gracia. Mentras estou a espera de tirar unhas fotos pendientes para un par de cousas que teño pensadas, volo deixo aquí, a ver se vos gusta.Como non fun capaz de traducir as fotos, volo deixo tal cual me chegou.


"Estaban en un avión un francés, un ruso, un italiano, un americano, un alemán y un español [vale esto es más antiguo que el cagar, pero sirve a mis efectos].

De repente el motor del avión explota, el piloto desesperado se pone un paracaídas y salta del avión en llamas.

Los pasajeros también desesperados van a buscar otros paracaídas, ¡pero sólo encuentran uno más!.

¿Quién va a saltar? - grita el francés.

El americano muy rápidamente saca dos cerillas de su bolso y dice lo siguiente:

Quien consiga formar el número más alto con estos dos palitos, se lleva el paracaídas.

Y el juego comenzó:














Un momento…
¿En serio no has caido en el número que formó el español? Vaya, vaya…
¡¡¡Je, Je… vas a tener que practicarlo más."


Recoñezo que eu tiven que voltar a ver a última imaxe, e vos?



Dicir tamén que aínda nos botamos unha risas o venres ó contalo, en vez usar unhas cerillas (que non é que se miren moitas nestes tempos), valénronnos unhas culleriñas. Vale a pena.

jueves, 12 de febrero de 2009

Meme do traste galego

Os memes son unha forma de darse a coñecer entre blogs. Normalmente xa non se lles soe facer moito caso e somos reacios a facelos, pero neste caso cumprénse varios motivos que me animan:

O primeiro, é que quen mo envía é unha nova amiga blogueira, Zeltia, e iso sempre é de agradecer, un novo blog o cal visitar.

E o segundo e máis importante, é que tratase duns sorteos de productos da nosa terra. Cada blog que fai o meme sortea algo especial ou recoñecido da súa zona, os que queiran participar so teñen que poñer un comentario no post e agardar ó día 28 para ver si hai sorte. Por último escoller a tres blogueiros para que fagan o mesmo, se queren.

A iniciativa deste meme xurdíu do bló de L&M, e se picades nel podedes ver todolos productos que se sortean o día 28, cos seus respectivos enlaces ós sorteos.

No meu caso resultoume difícil a elección, Ponteareas é unha zona de músicos e compositores, coñecida pola súas alfombras de flores, por aquel ciclista campeón da Volta, Alvaro Pino (si, o da vespino como decía Antón Reixa) e tamén mundialmente coñecida polo equipo de fútbol sala o Areas F.S ó cal eu pertenzo. Pero claro, iso todo non se pode sortear, bueno nin todo nin parte.

Entón busquei na gastronomía da zona. Aquí fanse dúas festas, a do bacalao e a do polo a brasa, pero ningunha das dúas son típicas senón máis ben de recente creación. Ó final lémbreime das rosquillas, producto moi famoso antigamente e que se relaciona con Ponteareas, as rosquilleiras ían a vendelas por feiras e festas dos pobos colíndantes. De feito existen varias confiterías na vila, unha fundada en 1875, que foi onde merquei estes paquetes.

Voulle engadir unha botelliña de licor café caseiro, para acompañalas no postre con uns chupitos. Dicir que as rosquillas tamén están moi ricas molladas en viño tinto, cada un é libre de tomalas como queira.

Agora ven o paso de seleccionar tres blogueiros, este é o peor paso, case todos os que coñezo están seleccionados, a ver se queda alguén libre, alá vou:

-Suso lista, xa o escoiten dicindo que se estaba zafando, agora non ten excusa, e uns percebiños non caían nada mal.

- Mer, non o dixo, pero tamén se está zafando.

-Manuel L. Rodrigues, sempre haberá algo que sortear das terras de Noia.

Bueno, sodes libres de querer facelo ou non, pero anímovos a todos a participar no sorteo, que uns dulces nestes momentos non veñen nada mal. Sorte.

sábado, 7 de febrero de 2009

Actualización da crónica

Teño que actualizar o post anterior por dous motivos.
O primeiro ven sendo polo cruceiro de Angoares, pois a cruz xa apareceu, un pouco misteriosamente. Según a explicación oficial que comenta a xente, é que sempre estivo no concello, máis ben no museo e que se a botaron en falta foi porque non se fixaron ben. Pero eu sei dunha boa fonte que non foi así. Unha persoa anónima arrepentida non foi capaz de aguantala presión e foi quen de devolvela, ou comunicar onde estaba. O nome non saíu a luz xa que esa declaración fixoa basándose no segredo de confesión e o parroco axudou a recuperala, loxicamente sen comunicar o seu nome. Eu pensei que isto só pasaba nas películas, pero parece ser que non.

O segundo motivo vai sobre os carteis da campaña electoral.
Como vedes na foto xa están todos.



Como contara anteriormente, o axente 009 ocupara case todalas farolas do pobo, Torito (como dí Chousa) tivo que ocupar as que quedaban valeiras e Quin habitou as mesmas que 009 pero pola outra cara da farola, ó final colocou tantos carteis como él.

Os slogans teñen a súa importancia. Un di "dálle máis forza", e claro o aire soplou, os dous que compartían farola (un mirando cara a Vigo e o outro cara a Cañiza) mesturáronse e quedaron no mesmo lateral da farola. Causoume graza e tiven que tirar a foto, o slogan que queda visible ven sendo "A túa forza move este..."

Que move? Pois está claro que o que move é o cartel. Que lle está contestando a Torito? Este presencia a escena cunha sonrisa preocupante, mentras os outros dous miranse cara a cara tamén cun sorriso. Será isto un preludio dun pacto entre o BNG e o PP. Imposible, non? Pois en Ponteareas nunhas municipais pasou algo polo estilo.

Que acabe canto antes, e cando pase o que teña que pasar, que se molesten tamén en retirar a propaganda, a ver se son capaces.

sábado, 31 de enero de 2009

MANIFESTO POLA SOLIDARIEDADE

Onte tiven problemas co internet e non puiden ollar os blogs que sigo habitualmente. Hoxe cando o fixen topeime con esta noticia en varios deles, trátase dun manifiesto donde os blogueiros que quixesen podían publicalo no seu blog o día 30 de Enero. Así entre todos facerse notar. Como chego tarde, aínda que sexa 31 vou publicalo, a ver se alguén remedia algo.



Ninguén ten a potestade de elixir o lugar onde vai nacer, nin as posibilidades económicas da familia que o vai acoller ou do país no que vai desenvolverse a súa existencia.
A terra ten extraordinarias riquezas, pero todos sabemos que están moi mal repartidas, e que conviven neste planeta azul xentes que se poden permitir todos os luxos con outras que non poden sobrevivir por falta de alimentos, de hixiene, ou dunha mínima asistencia sanitaria.
O noso é un mundo de contrastes, pero agora non hai disculpa.
Cos excedentes de producción que apodrecen cada día no primeiro mundo poderíase solucionar a fame do terceiro, pero...¿qué?...sae máis barato deixalos perder que transportalos, a pesar de todos os medios (de trasporte, conservación de alimentos, etc...)dos que dispoñemos na actualidade.

Por iso, creo que chegou a hora de facer algo e o primeiro paso, dos moitos que hai que dar para solucionar esta traxedia humana, é tomar conciencia todos.

Iso tratamos os blogueiros que publicamos hoxe este manifesto:


MANIFESTO POLA SOLIDARIEDADE


QUEN SOMOS:

Os que subscribimos este manifesto somos cidadáns no pleno uso dos nosos dereitos civís, e titulares da soberanía popular, da que emanan os poderes do Estado.

Os asinantes dirixímonos a todos os cidadáns do mundo, coñecedores da situación de atraso, fame e enfermidade na que se atopa gran parte da poboación humana nun momento histórico, como o actual, no que se dispoñen dos suficientes medios políticos, económicos e científicos que puidesen solucionar estes problemas.

Este manifesto ten vocación de universalidade, e vai dirixido a toda a humanidade, por iso a versión orixinal en español será traducida a diversas linguas, pois o noso propósito consiste en facer ouvir a voz da opinión pública nos lugares nos que se toman as decisións políticas e económicas do mundo.

A QUEN NOS DIRIXIMOS:

Dirixímonos á clase política gobernante dos nosos países, composta por aqueles que eliximos, libremente, nunhas eleccións democráticas; así como aos máis altos mandatarios das Organizacións Internacionais, como a O.N.U. e aos Presidentes e Gobernos dos países máis ricos da terra.

MANIFESTÁMOSLLES:

1.- Que este texto ten a súa orixe na constatación da extrema situación de necesidade e de fame que sofre unha gran parte da poboación da Terra e na desigual e inxusta repartición de bens que existe actualmente no mundo.

2.- Que consideramos que dita situación é intrinsecamente perversa e non admisible nin moral nin eticamente, dado que todos os seres humanos nacen libres e iguais. Igualmente, temos presente que todos os cidadáns do mundo teñen eses dereitos desde o mesmo instante do seu nacemento e non como unha promesa futura cuxa conquista dependa da realidade política, social ou económica dos seus países.

3.- Que defendemos que é completamente inxusto, inmoral e un crime humanitario punible ante os tribunais internacionais e a Historia que, en pleno Século XXI, existan seres humanos que pasen fame no mundo, e que morran por iso. Que é un agravante dese crime que, existindo as leis internacionais suficientes, así como os medios técnicos, económicos e científicos para corrixir devandita situación, os que exercen o poder no mundo non leven a cabo as accións necesarias para solucionar o que xeracións futuras cualificarán de verdadeiro xenocidio no que serán culpables todos aqueles que, tendo os medios para solucionar o problema, non os empregaron.

4.- Que consideramos que esta inxusta situación é contraria ao dereito Natural, aos Dereitos humanos e ás normas da máis elemental ética, e entendemos que chegou o momento de que a voz da opinión pública esixa dos seus gobernantes o final de tal estado de cousas.

5.- Que o presente manifesto non é un manifesto utópico; e que tampouco é un manifesto político, nin se pretende co mesmo a instauración dunha nova orde política ou socio-económico mundial, nin ningún menoscabo do tecido empresarial, sanitario e social do mundo desenvolvido, senón a máis elemental xustiza cos desfavorecidos.

POR TODO ISO, ESIXIMOS aos nosos GOBERNANTES:

1.- A adopción de medidas inmediatas e urxentes para paliar tal situación de fame, enfermidade e desnutrición no terceiro mundo. Consideramos que tales medidas non constitúen unha utopía, senón que son perfectamente viables e posibles.

2.- Manter o compromiso de cumprir os Obxectivos do Milenio que, establecidos por Nacións Unidas no ano 2000, definen os principios aos que ha axustarse a actuación dos paises e do sistema económico internacional para superar, co horizonte fixado en 2015, as inxustizas que afectan á humanidade.

3.- A realización de accións solidarias sistemáticas cos países máis desfavorecidos e que se estableza unha orde lóxica e humana de prioridades na política económica, con proxectos intelixentes que creen riqueza e postos de traballo nos países pobres, facilitando un desenvolvemento sustentable e un progreso que lles axude, ademais, á consolidación dunha rede sanitaria, económica e social estable que faga imposible o retorno á situación de partida e favoreza a consolidación dun réxime político interno democrático.

4.- Que se tomen as medidas necesarias para que os países ricos destinen unha parte dos seus orzamentos á creación de riqueza e de empresas nos países máis desfavorecidos; así como a adopción dun acordo internacional, que debería subscribirse na ONU de obrigado cumprimento para os países desenvolvidos.

5.- A implantación dun código ético que regule a estratexia das empresas multinacionais, así como a eliminación dos paraísos fiscais e a aplicación da taxa Tobin ás transaccións comerciais internacionais, que permita crear un fondo de solidariedade xestionado por Nacións Unidas.

6.- Non aceptaremos simples declaracións de principios que non se traduzan en políticas concretas. En definitiva, APELAMOS ao sentido da xenerosidade e da humanidade de todos, e fundamentalmente da clase política internacional.

Desde a terra que espera e cre firmemente na Solidariedade que constrúa un mundo mellor e máis xusto, a 30 de xaneiro de 2009""


jueves, 29 de enero de 2009

Xentes, persoas, persoaxes e personajillos

Fai aproximadamente un mes que subín o meu último post, así que xa vai sendo hora de comentar algunha cousiña. A todo isto... ¿Como escomenzastes o ano?, aínda conservades os bos propósitos de fai 28 días; a min xa se me disolveron todos coa abundante choiva que nos toca padecer diariamente.

Ó longo da (xa non tan curta) vida desta bitácora, tanto Carlos como eu mesmo, falamos un pouco e ó noso xeito de lugares, de tradición e de edificacións máis ou menos representativas; pero botaba en falta (e é case obrigado) facer algún comentario acerca das xentes que poboan este lado da ponte.

Unha cousa que me pareceu sorprendente, cando me tocou vivir en Madrid fai xa algúns anos, é que practicamente non coñecía a ningún veciño, todo o mundo ía á súa bola. Haberá quen califique isto como "a frialdade das cidades", pero á min por aquel entón parecíame liberador. Hoxe en día tampouco me sinto oprimido en Areas, pero iso é porque me importa unha p... merda o "que dirán".

Creo que estou no certo ó afirmar que a xente nos pobos vive ó seu xeito, pero tamén ó xeito que os seus veciños cataloguen como "o correcto". Areas non é unha excepción, así que vou permitirme describir ó meu pobo como "Na terra dos lobos hai que aubear como eles". Non importa "os mortos que teñamos no armario", o importante é aparentar que todo nos vai estupendo (mellor que ó veciño), que somos "divinos de la muerte" e que progresamos adecuadamente.

En base ás miñas experiencias persoais, eu cambiaría a frase de "to er mundo e güeno" pola de "todo o mundo -paresse güeno-, pero non te fíes".

Polo que escribín ata agora, pode dar a sensación de que non me gustan demasiado as xentes da miña parroquia, cando debería estar póndoas nun pedestal, se pretendo que lean o noso blog; pois a verdade é que (con reconfortantes excepcións) non moito, aínda que sempre podo botar man da socorrida frase: "estou falando en xeral".

Pois (falando en xeral), e como non se pode meter todo no mesmo saco, vou aventurarme a facer unha pequena clasificación:

- Homo Sapiens Habilis Horrendi: Xénero cuxas características xa describín en párrafos anteriores.

- Homo Erectus: Xénero ao que todos din pertencer, pero que nalgúns casos deriva cara á subespecie de "Homo Flacidus"

- Homo Caminantis: Pertencen a este xénero os individuos que saen de casa pola mañá temprán comentando co veciño que "parece ser que Carmiña se quedou preñada" e cando á tardiña acaban a ruta de rigor, o bebé xa fixo a primeira comuñón. Tamén se lle coñece como "autobús de línea", por aquilo de que fai tódalas paradas establecidas.

- Homo Sapiens Sapiens: Aínda que en serio perigo de extinción, afortunadamente aínda se poden atopar algúns exemplares. Non se adoitan divisar facilmente, debido a que unha das súas excepcionais características é a de non facerse notar.

- Homo Gabachus: Un dos xéneros máis estendidos por todo o territorio, distínguese facilmente xa que habita en casas ó estilo do "Habilis Horrendi", pertréchase con vestimenta xeralmente horrenda e estridente, e reloce máis có sol, debido ás "xoias" que adoita porse.

- Homo Laboris: É posible que ao longo deste ano véxase minguado sensiblemente o colectivo desta especie; aínda que hei de recoñecer que se atopa bastante estendida pola bisbarra. Aquí tamén debemos falar dunha subclase coñecida como: "Caserus Homo laboris", á cal derivarán algúns individuos do grupo principal.

- Homo Fiestensi Divertentis: Os individuos agrupados neste xénero soen localizarse en bares, festas e reunións sociais. Adoitan comer en exceso e a miúdo pódeselles ver cun estraño andar zigzagueante.

- Neandertal: Ó contrario do que poida pensarse, individuos desta prehistórica especie aínda se poden localizar por todas partes. É un xénero predestinado a perdurar no tempo.

Doutra banda tamén existen individuos inclasificables, exemplares únicos que se distinguen pola súa bondade e pola axuda desinteresada a membros dos xéneros anteriores. Pode divisarse perfectamente onde moran, xa que a entrada adoita estar moi concorrida.

¿A que grupo pertenzo eu?... creo que non son o adecuado para contestar esta pregunta. Se teño que ser clasificado, que me clasifiquen os demais, ¡Coño, pero se xa o fan...!; sitúanme dentro do xénero "Homo Sexual", e eu encantado.