lunes, 7 de abril de 2008

Clasificación Xornada 22



Non poido ser, despois da importante racha (para un equipo coma nós) de tres partidos sen perder, voltamos a triste e cruda realidade, unha nova derrota que nos deixa asi como que un pouco abatidos.

Como comentario do partido podería recurrir os tópicos xérais nestes casos, como a actuación do arbitro, a mala puntería cara o gol, ... e case que vou facelo.

Na primeira parte perdiabamos por un gol a cero perdoando un par de ocasións claras, pero nada máis escomenzala segunda parte, surxiu un novo protagonista, o arbitro, sacouse un penalti en contra nun claro piscinazo, e o dous a cero subiu ó marcador.
Nuns minutos de descontrol chegou o terceiro gol en contra, e a partires de aí un dominio bastante claro pola nosa parte onde o porteiro e os postes toparon todo o que tirabamos.
Rubén Santiso marcou o tres a un, e cerca do final chegounos a puntilla "4 -1". Un resultado bastante abultado para o reflexado no partido.

Reseñar o noso favor as derrotas de todolos equipos que nos siguen na clasificación, seguindo así mantendo a 9ª posición, e a volta de Reboreda despois de dous meses lesionado (ainda que tuvemolas baixas de Rubén Mouzó, Ca, Veki mais a de Cándido que xa leva media temporada lesionado)

A semana que ven iremos a Valeixe, supoño que o sabado día 12 as 5 da tarde, nun partido que a priori vai ser bastante duro. A ver si hai sorte.

No hay comentarios: