lunes, 29 de septiembre de 2008

O último día

E a primeira vez que me toca facer un meme. Foi o raposo quen me convida a facelo, e vamos a ver como é que sae. A cuestión e comentar un pouquiño, se che dixesen que hoxe é o último día que nos queda por vivir.
De primeiro había que poñer unhas condicións; non cho poden avisar no primer día de vacacións, salerían unhas contestacións un pouco fortes; a segunda opción é que che avisen un domingo a noitiña, polo menos levarías a ledicia de pasar do choio un luns.

¿Que canción che gustaría escoitar?

Non me importaría escoitar calquera das que escoiten o sábado na verbena en Ponteareas, cando a orquesta nos deu unha hora e pico de regalo para os meus oídos, tocando todo tipo de música da miña época, como Rosendo, Ramoncín, Rolling Stones, Bruce, Los suaves, etc. pero sobre todo Sabina, un xenio. Tamén botaron "El final de la cuenta atrás" de Europe, non é que me goste moito, pero sería bastante apropiada.

¿A que libro lle botarías un ollo?

Non me importaría voltar a ler "los pilares de la Tierra" ou "el último Catón" pero como sería cuestión de tempo, conformaría con votarlle unha ollada ós blogs coñecidos, aínda que so fose para despedirme.

¿Con quen che gustaría falar?

Tentaría falar coa xente que de verdade aprecio, como tampouco me daría tempo, conformaríame con facelo con catro "amigos" ou cinco, e dicirlle que por moito que roubaron, estafaron, mentiron, etc., para eles tamén é o último día, e a ver que van facer agora.

¿Que che gustaría comer?

Ahí teño que copiar un pouco, está claro que con unha tapa de polbo a feira, e unhas chuletas a brasa, para mín, sería un maxar de deuses, que se quite calquer marisco.

¿Que farías e que che queda pendente por facer?

Xa que temos o problema do tempo, case que non darían ganas de facer nada, pero si non aproveitas o pouco que che queda, menuda deixadez. Habería que vivir 24 horas a tope, aínda que con todolos pasos anteriores, xa se irían unhas poucas. Pendente de facer, pois quedaríanme moitas viaxes, e o millor tamén moitas cousiñas pequenas que coa excusa de "fagoa mañán" o final quedaría sen arranxar, total, xa daría igual.
O que está claro que acercándome o final, gostaríame que me coincidira xogando un partido de fútbol, e tendo de compañeiro ó meu fillo, e na grada ós máis queridos.

Agora sei que según as nomas teño que escoller a cinco amigos para seguir coa cadea, os escollidos son Paideleo, Thiago, Lúa, Manuel L. Rodrigues e Rico y Santo, que aínda que abriu e cerrou o blog, case no mesmo día, pode facer este meme nun comentario.

Pois ahí queda, hoxe non é o último día, é luns, pero como en Ponteareas é festivo, vou coller a miña pequena de dous anos, e ímos ver os globos de papel que soltan na Praza, xa vos contarei.

19 comentarios:

HADEX dijo...

Está xenial, je je je....Que o pases moi ben coa túa nena.

Beni Lago dijo...

Carlos... casi que coincidimos en tempo... eu respondendo os comenterios do post anterior e ti poñendo o meme. Según as túas respostas, que bonito sería poder vivir como si cada día fose o derradeiro día.

A mamala. Nos vemos en los bares.

Carlos Sousa dijo...

Joer Beni, ¿xa che funciona o internete eclesiástico?
Iba a entrar agora outra vez para nomearte a tí para facer o meme, pero xa que entrou xente vou deixalo así.

Nos vemos en los bares.

Lúa dijo...

pois a disfrutalo...recollo o testigo!!!!apertas!!!

Thiago dijo...

Si, eso digo yo, eh Carlos y Beni a ver si nos coordinamos mas, jajaaja

Y a ti Carlos te voy a matar, eh.... aunque ahora estoy pensando cuando, no sé si lo haré el último día o pasado mañana, pero el dia que te conozca recuerdame que te mate, jajajaaj

Veré que puedo hacer, aunque ya sabes que yo los hago a mi modo, los MEMES digo y que me gusta mas inventarme los mios propios, como el MEME DE JHONY LOKO, jajajaj.

Bezos.

Thiago dijo...

Bueno, nenos, xa fixen o meme.. jajaaj

aunque en medio de otras coas, no he podido dejarlo para mañana y hacerlo solo pq mañana tengo que colgar los videos del IV CAMPEONATO DEL MUNDO DE VIDEOFRIKEZ, JAJA

bzos

Anónimo dijo...

Non están mal as escollas, parecen bastante razoables. Disfruta coa rapaza do festivo local.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

eu tamén o fixen!! Saibas que me conmoveu o teu partidillo e o polbo á feira! Interesante sitio, volveremos. Deica!

Raposo dijo...

Me tes que informar de que orquesta é esa que toca tan boa música, para levala as festas do meu povo.
E agora penso que o de xogar un partido de fútbol ese día estaría pero que moi ben; eu axudei a fundar un equipo na década dos 90, o Deportivo Rio Sil, e eso marca a un e para sempre.
Unha aperta.

Thiago dijo...

Carliños, no te enfadaste no? que conste que las respuestas a tu meme en mi blog me llevaron su tiempo, no te creas, eh.... Aparte de traducir las preguntas al castellano... solo intenté ser distinto y contestar lo que haría un pasota o un bakala, sabes? Realmente si fuera el último día, no creo que tuviera muchas ganas ni de leer ni oir musica, y muhco menos comer marisco (aparte de que ese dia iria por las nubs, jajaja). Igual no estaría mal que nos pillara echando un polvete...

Bueno, bezos a amboslosdos.

Anónimo dijo...

NON me gustaría saber cando vai ser o meu último día, creo que non disfrutaría nada. Pero se fago un repaso da miña vida ata aquí , podo decir que me levo a gran alegría de que unha vez, e por moi pouco tempo, atopei amor verdadero. Polo menos creo ter sido amada ata o infinito e máis alá. Iso si,durou pouco tempo, pero menos da unha pedra. Ahora vivo tranquilamente ...

fgul dijo...

Mamma mia!!! Eres o segundo blogueiro que me convida a responder as perguntas; se terei que facelo e todo...

Carlos Sousa dijo...

HADEX: O teu tampouco ten desperdicio, coa nena moi ben, asi que lle pasou o medo do rebumbio de xente.

BENI: Nos vemos en los bares, se aguantas.

LUA: Ben collido o testigo.

THIAGO: he,he, xa tes que matar a dous, pero millor que sexa pasado mañán.

PAIDOVENTO: Escollas razoables, claro, espero que teña moito tempo para facelas e non un só día.

FEIRANTA: Antes de nada, grazas por pasate por aquí, home, o polbo a feira non me conmoverá, pero o do partidillo fixo que sí. Pasreime por ahí.

RAPOSO: A orquesta chamase Jokers, ou algo polo estilo, dá a casualidade que son daquí, dunha aldea de Ponteareas.

E DEMAIS:Moi profunda te puxeches, polo que dís, seica valeu a pena,

MANUEL: E o que ten isto, porque xa mirei, varios casos, e a tí pasouche o mesmo.

Un saúdo a todos.

Anónimo dijo...

O último día: ten 24 horas, demasiadas..., dar un bico sentido, sería o primeiro, no último segundo.
Canción: pensaba en "Giorgia" de Mikel Bolton, pero non , quedome co "Dies irae" o gran dia do juicio final.
LIbro que me gostaria: está clarisimo...,"Un uomo finito", Un hombre acabado..., de Papini... sobran comentarios.
Con Carlos e Beni..., son home de costumbres.
Non comería pa joder a os gusanos.
Non respondo..., teño alguha que outra cousa pendente..., cousas que nunca fixen pero que non tería inconvente en facelas. Nada de cousas pendentes..., como decia Cherstenton: "Ben vido seas tempo, e son a eternidade". Sin nada pendente.

Carlos, creo que cumprin con teu encargo.

Ricoy santo"el rapido" como dí Thiago.

paideleo dijo...

Bueno, terei que facer o meme por partida dobre.
Graciñas polos parabéns !.
Así que tés unha filla de dous anos ?. Temos que acordar un matrimonio co meu Leo, he, he.

Anónimo dijo...

Merda! Olvideime no meu último día do polbo á feira! (iso si, escollín outra clase de polvo... non tan culinario, bueno, depende como o mires).

Gracias pola visita e por descubrirme o teu lugar cibernético!

Pasarei máis veces!

Un saúdo!

Mer dijo...

De certo se o derradeiro día de tódolos que fixemos o meme é o mesmo, tamén será o derradeiro día para tódolos polbos do planeta.

Unha aperta

Thiago dijo...

CAris, como vais? xove?
Oye y no podeis quedar Beni y Carlos por telefono como todo "cristo" (esto no es por lo de internet, eh) por telefono yno por el blog?

Nus vemos polos bares? pues vaya par de borrachos, os vereis dobles
bezos

Thiago dijo...

CAris, como vais? xove?
Oye y no podeis quedar Beni y Carlos por telefono como todo "cristo" (esto no es por lo de internet, eh) por telefono yno por el blog?

Nus vemos polos bares? pues vaya par de borrachos, os vereis dobles
bezos