jueves, 9 de octubre de 2008

Globos de papel

O 29 de Setembro foi festivo local en Ponteareas, celebrouse o día do Arcanxo San Miguel, que según contan, ou dín por ahí alguns, foi o guardián do ceo que expulsou a Lucifer. Haberá que pensar que así foi.

Unha das tradicións arraigada que se está a recuperar na parroquia (pois xa van catro anos seguidos que se fai), é a solta de globos de papel, que se efectúa na "honra de San Miguel".

Os globos estan feitos con papel de seda de distintos cores, unidos con pegamento. A base para darlle forma a boca do globo é feita con alambre, e cunha cruceta para poder poñerlle a mecha que lle dé o aire quente e o eleve ata o "ceo". Nos días anteriores houbo un obradoiro onde xente da parroquia e gran cantidade de nenos, aprenderon a diseñalos, e encargáronse de confeccionalos.

Esta tradición perdérase na década dos setenta, anteriormente era moi seguida polos veciños, e eran eles mesmos quenes os facían e os soltaban. Claro que non tiñan os materiais de hoxe, e tiñan que recurrir a recursos caseiros como pegar os papeis logo de frotalos cunha pataca. Polo que dín os máis vellos, eles daban feito.

A xornada foi todo un éxito, había bastante espectación, e un ruxe ruxe de que non ían subir e cousas desas, (xa sabemos, o importante é criticar). Soltáronse como uns quince globos, e sin ser un, o resto voaron todos ante os aplausos do público, e hai que ter en conta que o papel é un pouco delicado. Un deles foi confeccionado polo equipo de fútbol de Areas, para o ano que ven, a ver si o equipo de fútbol sala damos feito un, aínda que sexa para facernos ver.

O final non sei si será porque todo o que sube baixa, ou que o arcanxo non lle gustaban, pero foron caíndo pouco a pouco. O millor tamén puido ser a mecha que se apagou e fixo có aire do interior do globo se enfriara...





6 comentarios:

Raposo dijo...

Non sabía que houbera una tradición desste tipo en Galicia: dende logo é ben fermosa e con colorido, e seguro que os cativos encántalles.
Hai que mantela. Apertas.

♥ meninheira ♥ dijo...

Que bonito!
En Betanzos tamén fan unha cousa parecida mas creio recordar que só se solta un globo.

Un saudiño

Thiago dijo...

A qué bonitos y vistososssss! Me ha encantado el post con tantas fotos. Si lo haceis por la noche con fuego y fuegos artificiales pronto tendremos otra fiesta a añadir a las de Galicia.

En Betanzos se echa un globo muy grande tb. hinchado con gas, y que hace una familia desde hace muchos años, pero lo dibujan con críticas locales como en las Fallas. Sabes?

Al día siguiente todo el mundo se pregunta a dónde habrá llegado ese globo que es de alguna manera una metafora de nuestros sueños.

Bezos.

Thiago dijo...

Bueno, leo que Meninheira ya dijo lo de Betanzos... jaja

paideleo dijo...

Non sabía eu das propiedades da pataca como pegamento.
Os globos son xeitosos e semella unha festa divertida. Agora habería que debuxarlles un arcanxo Miguel.

HADEX dijo...

Qué fermosura.....qué festa máis fermosa....quedan poucas onde se poida dar corda a creatividade....Noraboa!!!