domingo, 28 de diciembre de 2008

Un conto navideño de Areas

O que espere ver nesta historia aventuras, detectives en apuros, cabaleiros intrépidos, heroes con mallas, ou misterios misteriosos, trabúcase; no seguinte conto non hai nin tan sequera un triste tesouro enterrado; recolle sinxelamente un ínfimo instante cotidián da vida de dous amigos, que como casi tódalas tardes se reunen para cambiar opinións, debatir, ou largar (según veña o caso) do que lles vai acontecendo a eles e a xente que os rodea. Algúns chamaríanlle a isto "votar unhas risas".

Transcorre a tardiña do venres e Beni, o protagonista solteiro deste relato, despois dunha ducha rápida e de enfundarse en roupa de abrigo para encararse coa fría noite que se achega, aventúrase a iniciar outro fin de semana. Como casi tódalas tardes o primeiro que fará será reunirse co seu colega Carlos no bar da Casa Cultural da parroquia. É 26 de decembro e despois da velada familiar que pasara dous días atrás e da larga noite de marcha anterior entra na cantina un tanto alicaido.

- ¿Qué che poño Beni? -pregunta a voz tan familiar da cantinera dende detrás da barra.Se fose outro local e estivese outra persoa detrás da barra houbéselle respostado "Ponme quente", aínda que nese momento estivo a piques de contestarlle con outra frase tópica: "Ponme fora", finalmente dixo sinxelamente o que quería:

- Un Cati-Cola

Xa co combinado de Cutishark con Cocacola na man e despois de comentar algun detalle sin importancia do tempo con un dos poucos clientes que había no local, diríxese a zona de fumadores coa intención de esperar o seu amigo.

Dirixamos agora a atención sobre éste último:

Carlos chega despóis de facer uns recados coa familia e como case sempre con un pouquiño de retraso. Pidelle unha cerveza a cantinera e diríxese a fumar un pitillo onde a Beni, agardando unha pequena bronca. No salón de fumadores aparte de Beni, atópanse noutra mesa catro elementos botando unha partida de tute, e dous curiosos detrás a incordiar. A cousa promete.

-Boas tardes, que tal neno?

-O de tarde, bastante apropiado, jeje. -contestalle Beni, cunha sonrisa irónica na boca.

Carlos busca unha excusa,

-E que con isto das festas a xente deixa todo para última hora, ti sabes o follón que hai en Ponteareas, non o podes nin imaxinar. E iso que non fixen todolos recados, a sorte é que non traballo ata despois de Reis. Bueno, temos que ir pensando algo para poñer no blog.

-Como tes o dos muiños?

- Máis ou menos como antes, fáltannos as fotos, a ver se estes días de vacacións vamos a sacarlle algunhas, pero hai que facelo con calma, informándose ben. Tamén pensei, o millor facer como nas televisións un especial, cos mellores post que fixemos sobre a parroquia, sobre todo aqueles do principio.

-Non creo que sexa boa idea, o que está posto xa non ven o caso, non vamos a repetir sempre, senon aburre. Home, mira ti se queres, pero non me parece moi axeitado. -dille Beni, mentras na partida de tute empeza a formarse un pequeno alboroto.

-Case que tes razón. Nada entón terán que ser os muiños, canastros e cruceiros, que temos moitos pendentes. Esta partida dame que non vai a acabar moi ben.

-Cos elementos que se moven e os efluvios que emana algún, non pode acabar moi ben.

E salta a chispa, despois de que un dos curiosos que seguían a partida, comenta algo sobre a xugada mala que fixo fulanito x, este salta como un resorte:

-Os de fora rachan leña!, xa está ben coño, hai que mollar o cu aqui, nada de estar a falar por fora, me cago en... !

O curioso cala medio avergoñado e Beni máis Carlos botan as sús primeiras risas, que se cadran molestan máis ó xogador cabreado. A partida desmóntase ou remátase ó instante.

Entre risas e aguantandoas como pode comenta Beni:

- Empezamos ben o venres

- Pois si que empezamos ben, jeje, o de sempre. E xa que temos claro, cal vai a ser o seguinte post, por qué non botamos un futbolín? Chegaron aqueles dous pagarines.

- Pos vale, hoxe estou inspirado, sha!

Unha horiña despois, logo de perder máis partidas que ganar, retoman a tertulia, xa con máis "tertulianos", entre eles Manolo, que os tiña medio abandonado dende a polémica do Santuario da Franqueira. Nesta ocasión pídelle a Beni se lle pode instalar o intrenet por rede Wiffi, que xa volta a funcionar en Areas. E claro, alá van os tres a facer un chollo de tres minutos segun Beni.

O cabo de outra horiña voltan, e seguen a a cambiar opinións, debatir ou largar. A conversación xira en torno a moitas cousas sen aparente importancia, non é un día moi dado a lerias polémicas e graciosas, polo que Beni para romper o xeo e dí:

- O final non facedes cea do equipo?

- Que va, sempre pasa o mesmo, preguntei un par de veces e nadie puxo interés. Pero tí tranquilo, vamos tomar unha tapiñas por ahí, e seguimos pensando, xa verás, como nos ven a inspiración.

- Dubido moito, pero que carallo, vamos tomar unhas copas, que isto é o de sempre.

Un par de horiñas máis tarde, despois de tomar unhas tapiñas de xamón asado, e un "par" de cachariños máis, 20 post na cachola para poñer no blog, un par de fotos desperdiciadas, deciden voltar a casa coa ledicia de haber pasado un bó venres, e coa idea de co seguinte post do blog, escomenzase así:

"O que espere ver nesta historia aventuras, detectives en apuros..."



PD: Aínda que hoxe sexa 28 de decembro, isto non é ningunha inocentada, máis ou menos é o que acontece calquer venres na cantina da parroquia. O texto foi discurrido (si se lle pode chamar así) entre os dous, a introducción é propia de Beni, nótase ben.

8 comentarios:

Lúa dijo...

miraos que cariñas de santos!!!!hehehehehehehe, bicos!

paideleo dijo...

Por aquí dise: " Os de fóra calan e invitan a tabaco " aos que están detrás dos xogadores dunha partida de cartas.
Tamén eu teño un cento de ideas para posteos que logo quedan en nada. Supoño que será un síndrome dos blogueiros.
E non están nada mal eses venres.

Feliz 2009.

Raposo dijo...

Futbolín, cacharro vai, cacharro ben, boa compaña: pois non estuvo mal o venres, non.
Apertas.

Thiago dijo...

Ay que de arrumakossssss? jajaaj entre mis dos blogueros preferidos, jaajaj Estais liados, que se entere todo Ponteareas o Areas o Castrocaldelas, jaajaj

Caris, que hagais como yo, coño, que lo que menos importa es la idea, lo importante es la mierda con lo que este envuelto, jajaja Asi son mis post y qué pasa? a post diario que voy y vosotros entre dos veña a pensar.... Ah y Arrumakos ni eso, que se ve que al Beni le han puesto el wifi ese demasiado rapido y no se hace con el, jajajaja

Bueno, es un post de navidad que no hay detectives ni nada de eso, pero si que hay ladrones que me habeis robado el corazon, jaajja

Feliz Año Nuevo a los dos, a tu familia, a tu mujer, a tus hijos, a toda la parroquia, a la comarca, al ayuntamiento, a la provincia y a la Diputación (aunque esto suena como antiguo no?) jajaj

Bezos.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois deséxoche que o 2009 esteña plagadiño de venres coma ese.
Unha aperta dende Antas (de Ulla) -E que hai outro Antas en Almería, e compre matizar-

HADEX dijo...

Feliz ano novo amigos blogueiros!!! Os meus mellores desexos e moitos bicos!!

Mer dijo...

Estes días ando sen tempo para ler os blogues amigos, pero entro un anaquiño para polo menos desexarche que entres con bo pé no novo ano.

Felices festas.

Bicos.

tertulias para perogrullos dijo...

Hola"!!! Feliz aninovo, ogallá sexa tan probeitoso como este que marcha e mellor aínda.
Unha aperta