viernes, 21 de agosto de 2009

Aberración ou ...

Como tiña visto en varios blogs algunha pintadas ou mensaxes, ó ver esta non puden resistir a tentación de ensinarvola:



Non sei se o motivo de tanta incorrección sería por descoñecemento da lingua ou máis ben algo feito a posta, co motivo de chamar a atención, que se fixen máis na mensaxe e a cumpran (Isto ten un nome, pero agora non me soa. Alguén me axuda?).

A min polo de pronto non se me ocurriu havrilo.

10 comentarios:

Raposo dijo...

Para min que os erros ortograficos están feitos adrede, pero nunca se sabe...

BRABIDO dijo...

Se a pintada estivese ben escrita, nin te fixarias nin a pondrias no blog,polo tanto penso que a puxeron asi pa que a xente se lle fora a vista po enunciado.

Chousa da Alcandra dijo...

Non sei que che diga. Haiche moito túzaro solto por esta selva!.
En todo caso hai que recoñecerlle o mérito de non atinar ningunha nin por casualidade. So lle faltou poñer Pylon para acabar de rematala.

Deambulando con Artabria dijo...

Mi madriña bendita, pero que dor de ollos ao ver semellante atentando lingüistico!!!

fgul dijo...

hehehehe: trilingüismo: galego, português, castejano....

xddddd Feliz estaran os bífidos!!!

busto.agolada dijo...

Evidentemente trátase dunha auténtica AVE RACIÓN ortográfica, tal como reza o teu título.
Saúdos.

paideleo dijo...

Chégalle ben !.

Thiago dijo...

Por dios, cari para matarlos... Sea con la intención que sea, pq si es para llamar la atención que lo hagan en un anuncio de papel pero no con pintura en piedras....

Bezos.

Thiago dijo...

Y qué tal la fiesta do Polo a brasa? Bezos.

Paz Zeltia dijo...

pois a min pareceme perfecto castellano
non sei que lle vedes

a min dame por pensar:
¿e por qué o prohibe ?
¿é quen de prohibilo?
¿non lle bastaría con unha recomendación seguida da súa explicación?
¿se pasarades por alí non vos daría gana de abrilo adrede?
se eu fora, pode que lle fixese a foto, pero dende logo que o ía abrir! que menos que unha explicación para unha norma. (prohibitiva ademáis)

:-)