domingo, 29 de agosto de 2010

IX Edición da Festa do polo á brasa

Como se dunha entrega por fascículos de festas e papatorias se tratara, deixovos aquí a "enésima" festa que organizamos en Areas, a IX edición da Festa do polo á brasa. Como xa dixen anteriormente, esta festa estase a consolidar ano tras ano, e nesta edición volveuse a demostrar. Coma sempre un 10 para a organización, non é fácil poñer a tanta xente a traballar e que todo saia á perfección; e iso para min é un motivo do éxito da festa. Outro motivo moi importante, é o polo asado, que este ano estaba de vivio, a empanada (de polo, claro) e como non... o viño que rulou bastante ben (non é que fixera moitos estragos, ou quizás un chisquiño...).

Aparte da papatoria, tamén se celebra un Festival Folclórico; este ano contaban coas actuacións das Pandereteiras da A. Cultural de Guillade, as Pandereteiras Tolerías da C.C. de Areas, Banda de gaitas Manxadoira de Bueu e o Grupo Folclórico da C. Cultural de Areas. Como sobremesa, e a hora dos chupitos, actuación novamente do grupo Los Pérez, que de trío pasaron xa ser seis compoñentes; estes fan as delicias dos asistentes que teñen ganas de botar uns bailes. Unha das peculiaridades desta festa, e que me parece que vai ser nun futuro parte indispensable dela, é cando Jose, Carlos e Pancho se animan a subir ó escenario a interpretar "A cabritiña". Como segundo ano grabeinos coa miña cámara, e como segundo ano, Jose canta, Pancho anima, e Carlos... Carlos... este ano nin aguantaba o vaso, jeje. Non te me enfades tocaio.

Aquí vos queda o vídeo, que por certo, Jose faime unha publicidade gratuita ó principio, motivo polo que non me quedou máis remedio que publicarlle o vídeo. Sorte nun futuro para este pedazo de trío.


Se alguén quere comprobar os adiantos deste "trío", pode pinchar neste enlace que leva a edición do ano pasado.

Para rematar, no Feisbuc (rede social tan de moda agora, que non teño moita idea de como funciona e para que sirve) xa crearon unha páxina co nome de IX Festa do polo á brasa (como non podía ser doutra maneira). Esta creouna Vane, a filla de Maruja de Justavo, como me dixo ela. Se queredes ver mais fotos e informacion pinchade no enlace:

Facebook. IX Festa do polo á brasa

Estas dúas fotos son "roubadas" de alí. A organización bailando a cabritiña, ese pedazo de reportero que se vé ó fondo, é un servidor inmortalizando o momento. Ainda que sempre estou detrás da cámara algunhas veces tamen saio retratado, menos mal que son poucas veces.


Sobre as catro da tarde é cando lles toca comer ós currantes, merecido o tiñan, xa. E que "juapiños" estan todos tan iguais.


Ide pensando xa na seguinte edición, que de seguro vai durar uns poucos de anos máis.

En fin, con isto remato o meu repaso ás festas da zona, que non todo é troula, aquí tamén traballamos, e que haxa... Pero bueno, xa o dicía a canción:

Vivir en Areas,
que bonito é,
andar de parranda
e durmir de pé.

Ou era noutro lado? Da igual, facemos o que podemos...

12 comentarios:

Deambulando con Artabria dijo...

Galicia debe de ter o record Guinness de festas grastonómicas, jejeje

Unknown dijo...

Olaaaaaaaaaaa

Esta festa recordame a primeira vez que visitei o teu blog. Fai un ano que vi tu imortalización da festa dos polos.

Bicos

Mer dijo...

festas, festas, festas... todo o verán en Galicia, vaias onde vaias haberá algunha festa preto

Vane dijo...

tas como unha chota, pero encantameeeee!! jajaja, q culpa terei eu de ser a filla de ken son jaja, pero iso, á hora de buscar, a pax chamase: FESTA DO POLO Á BRASA. ok?
bicos, e gracias polo video, doeme todo de tanto rir!!!

matrioska_verde dijo...

¡vaia festa rachada!
eu tentando adelgazar e vexo esta morea de polos... esto non se fai.

bicos,

abueloscrisytoño dijo...

Es un enchufado, un trío tan famoso facendo propaganda do blog.
Pasei un bo intre véndoos, felicítaos da miña parte
Un abrazo
Avoa Cris

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

¡Que ben o pasan os amigos de Maximino, jaja.!

Raposo dijo...

Traballar non sei si traballarás moito, pero o que son festas non perdes unha!!!

Chousa da Alcandra dijo...

E, claro, aínda hoxe estades dixerindo os poliños! jajaja

Maribel-bel dijo...

Pois eu creo que levan moi ben o ritmo da cabritiña. EStas festas recordan que bonito é o vran e que rápido se acaba.Un bico

paidovento dijo...

Que festa máis auténtica! Debestes disfrutar a base de ben.
Pois nada, que sigan as edicións, que ata a 50 aínda quedan.

Paz Zeltia dijo...

Xa sei que está todo galicia chea de festas polo verán,
pero as gastronómicas teñen un algo jajaja
Moito gusta ver a xente contenta, comendo, bebendo, rindo e falando. Relacionándose, como debe ser. Ese aire de confraternización.

Ao final o teu blogue vai sendo un bo sitio para recoller a crónica festeira da túa zona.