Xa a piques de rematar o mes de agosto, quería comentar un pouco o que son as festas pola zona. As que están tan de moda agora son as festas gastonómicas, e aquí temos nada menos que tres. A primeira en celebrarse foi a do Bacalao no parque de San Roque en Ponteareas, organizada por un restaurante da zona coa colaboración do Concello. Esta era a súa quinta edición e polo que escoiten, non se pode dicir que fora un éxito.
A seguinte foi a da cervexa e a sardiña, tamén no parque de San Roque. Esta foi organizada polo equipo de fútbol C.D.Cultural Areas (que compite na terceira división nacional) e era a súa segunda edición. Esta festa ten un fin recaudatorio, xa que o clube ten que sacar diñeiro debaixo das pedras para competir, e para min, cos precios un "pouquiño" desorbitados, pasou con máis pena que gloria, podéndose considerar un auténtico fracaso. Me parece a min que non sei se se chegará a celebrar a terceira edición.
E hoxe domingo ten lugar a IX edición da festa do polo á brasa, que a que podemos considerar a festa gastronómica de Areas, un festa que foi consolidándose ano tras ano, sendo xa unha referencia para a parroquia. Esperemos que hoxe continuen coa racha e repitan os éxitos anteriores.
Pero sen dúbida as festas por excelencia tanto de Areas coma de tódalas parroquias, son as festas patronais. Aquí hónrase a Ascención de Virxe, o 15 de Agosto. A festa non se celebra tódolos anos, isto é debido a que cada ano correspóndelle a un barrio da parroquia organizala, co que se garantiza que durante sete anos non lle volve a repetir ó mesmo barrio e por conseguinte á mesma xente (porque, coma sempre, ó final son sempre os mesmos). O lado negativo desta medida é que hai algúns barrios que xa non se acordan de celebrala. E claro, un 15 de Agosto sen festa non é o mesmo...
O que sempre se celebra son os actos relixiosos, isto é así dende non sei nin cando, os pequenos fan a primeira comunión, sae a procesión coa banda de música, bailan grupos de baile, e tómase o vermú ou a cerveciña na cultural, que na igrexa ese día non cabe un alma, e para iso temos a capela...
O que sí que me choca (ou non) é a cantidade de creentes que hai nese día, xente que en todo o ano non pisa a igrexa e nese día ata van con tempo para coller sitio... e claro, lucindo os mellores traxes e as mellores galas.
A nivel particular, comentar que tiven a primeira comunión de meu afillado. Nin que dicir ten, que intenten entrar na igrexa para tomarlle algunha foto (para outros motivos, xa é sabido que non o adoito facer...), pero foime totalmente imposible.
En fin, que a festa relixiosa segue sendo igual tódolos anos, cambian as xentes pero non as costumes. Para mostra estas dúas fotos con "apenas" 30 ou 40 anos de diferencia:
Este home calvo e esta muller morena (ou rubia) son os meus pais, xa era hora que os mostrara, agora a esperar que nadie llo conte...
Este é o meu afillado Nicolás, vestido como non... de marinerito. Para el foi un día grande. Despóis de comer de restaurante, pola comunión, dediquenme a sacarlle unhas fotos a miña "prinsesita" e a súa nai. Con modelos así e imposible que saian malas fotos (si, si, xa sei que se me cae a baba, é por que non?). Tamén sei que vades a dicir, que sorte que non se parece o pai, e visto así, é verdade, que sorte.
domingo, 22 de agosto de 2010
Festas de Agosto
Etiquetas:
Festas e tradicións,
Persoal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
amor pola terra, polos pais, polos fillos, pola túa dona, polo teu sobriño... sáeche o amor hoxer polos catro costados.
seguro que alguén se chivará os teus país, dígocho por experiencia... eu de ti, abriría o ordenador e enseñaríalles o foto, seguro que lles a caer a babiña toda... para os meus pais esto do ordenador é todo un misterio e encántalles ver algunha que outra cousiña.
tes unhas mulleriñas moi guapiñas, sobre todo a do corazoncño, dan ganas de comerllo a bocados.
biquiños,
Este ano non puiden ir a papar o polo a brasa,pero o bandullo non quedou vacio eh.
Eu que nacin nesta "preciosa" parroquia,por motivos,a verdade que non sei cales foron,non fixen a comunion aqui,nin o bautismo.
Todo e moi bonito,eu penso que e mais por tradicion que por creencia,ou por ter unha foto po recordo.
A Aniña non sae a ti nadiña XD
Odio o bacalao pero encántame o polo asado, iría de boa gana se pudera
olvidácheste de comentar a festa de Corpus coas súas alfombras de flores e todo, pero bueno, xa lle fixeches un post para ela soíña.
A nena moi guapa.
Carlos, que post tan entrañable!
Moitas grazas por compartir con nós tanta cousiña túa!
Xa che din aí piropos abondo, pero eu direiche que tés sorte ter uns pais ainda tan novos e tan rufos, que non hai máis que velos, tan elegantes
e a tua dona é unha beleza de ollos verdes e a nena unha boneca.
(do teu afillado non digo nada que xa foi o protagonista do dia) :)
parabéns!
Como me gusta irte coñecendo un pouquiño mais. Como di Zeltia, grazas por compartir estes anaquiños da túa vida connosco.
jaja un post muy familiar, casi como un album de las fotos familiares, ya no voy a decir nada de lo de parecerse al padre, entonces, jaaj.
Y que lo de las fiestas religiosas son de traca. En la iglesia donde yo paso el verano alguna vez que acompañé a mi abuela hay 5 o 6 personas en misa, pero basta que haya una boda o una primera comunión (que ahora son bodas tb.) se llena todo de gente, igual que con las procesiones... ¡No lo entiendo! jajaj
Bezos
Publicar un comentario