miércoles, 4 de abril de 2012

Fragas do Eume

Por desgraza, esta semana foron noticia polo incendio que as medio asolou.



Isto segue a ser o mesmo un ano tras outro e ninguén é capaz de poñerlle solucións. Cando non é Ourense é outra parte calquera de Galicia, como foi hai unha semana aquí na zona de Mondariz. E parece ser que da igual, os primeiros días un pouco de escándalo, chamamentos contra todo para que isto non volva a pasar, políticos saíndo na foto, e máis cousas. Pero pasadas unhas semanas xa non se acorda ninguén, os "pirómanos" que dan collido, case saen de rositas e a esperar outo lume que volva a poñernos cabreados. En fin, é unha desgraza pero é así.

Se cadra, nesta ocasión, por tratarse dun parque natural, non queda impune e alguén terá que pagar por esta barbarie. Pero noutras ocasións dalles totalmente igual. Intereses haberá.

Se a isto lle unímos a sequía que estamos a pasar, donde todos estamos a esperar que nos caia a "dichosa" chuvia (paradoxas, mentras en Andalucía e outras rexións choran porque non poden sair coas procesións...) me da que dentro duns aniños esta Galicia perderá este verde que tanto a caracteriza.

Estiven nas Fragas do Eume xa fai bastantes anos e son maravillosas. Daquela non había cámaras destas dixitais, polo que me permitin o luxo de roubar unhas fotos da rede (algunhas ata teñen a firma orixinal) e facer un vídeo . Escollín a canción "Adios ríos, adios fontes" versionado do poema de Rosalía de Castro e cantado por Lucía Pérez. Creo que lle vai moi acorde, so esperemos que non sexa un Adeus a este paraxe

5 comentarios:

matrioska_verde dijo...

alegroume moito que te acordares de mí e viñeras visitarme ó blog.

moitísimas gracias.

as Fragas son unha maravilla, é verdadel, eu teño a sorte de disfrutalas todo o ano sempre que queira.

forman parte da miña historia... visiteinas co colexio a primeira vez e logo seguiron moitas outras veces con xente diferente, a pé, en coche... sempre as disfruto coa misma intensidade e cada vez parécenme diferentes... ata fixen unha baixada en Piragua polo Eume.

por todo isto cando me enteirei de que estaban a ardes enchíronseme os ollos de bágoas.

biquiños,

ogallá nunca máis.

Raposo dijo...

Eu estiven por alá de sendeirismo fai un par de anos. É unha zona ben fermosa. Agora será mellor non ir porque se nos vai caer a alma os pés.
Por desgraza esto vai seguir pasando ano tras ano. Ser pirómano sale barato e ata poida que sexa rentable. Hasta que non endurezan as penas, metan os incendiarios no carcere por varios anos e , por suposto, paguen os danos ocasionados, esto non se amaña e os montes galegos seguirán a arder.
Por certo, lin fai meses unha noticia que parecía de chiste pero era verdadeira. Non lembro onde era, creo que pola zona de Zamora. O caso é que un reconocido pirómano que xa fora detido varias veces por incendiar o monte foi contratado polo concello para a brigada de incendios. Sería para telo máis controlado, digo eu!!
Unha aperta e benvido de novo.

Thiago dijo...

ES terrible.... Mira que he ido por ahí de excursión!. con lo precioso que es todo aquello. Yo no paro de pensar en aquellas imágenes del hoy presidente de la Xuntam Sr. Feijoo, con traje y manguera protestando contra los incendios bajo el gobierno socialista..¡Si tuviera verguenza torera ahora debería dimitir!. No dejo de pensar que esto sucede pq están ahorrando en medios contra los fuegos.

Me alegro de tu vuelta, bezos.

Eva G. Rei dijo...

É un lugar fermoso que a min me pareceu case virxe, nalgúns tramos. Agora xa foi violado polo lume, pero antes por quen permitiu plantar os mistos ao seu carón: eucaliptos e piñeiros que nada teñen que ver con esa fraga atlántica.
Oxalá que se recupere axiña!
Alegreime moito ao ver que volvías á rede. Parabéns pola entrada e ata pronto!

Anónimo dijo...

Eu tamén fun as Fragas do Eume hai xa uns 11 anos, sitio precioso. E non había camaras... Tan sólo o recordo