No post anterior falaba (cun día de retraso) do cumpreanos da miña filla Ana. Como non pode ser menos e todos son iguais, hoxe tócame falar do de meu fillo Carli (tamén cun día de retraso, para que non haxa celos).
Este meu "pequeno", acaba de cumprir onte 15 anos, case nada!! Como dixen o ano pasado (e o podo seguir dicindo), é un bo rapaz, segue sendo bo estudiante, non se machaca pero vai indo bastante ben; bo deportista, segue a gustarlle o fútbol e segue a practicalo na Escola de Fútbol do Condado sen ter ningunha queixa por parte desta.
Agora estálle dando pola música. Sen ter nin idea nin acudir a clases, machácase diante dun teclado, busca en internet partituras ou vídeos explicativos e vai fuchicando ata que consegue sacar del o tema en cuestión. Que por certo, a música que busca non é a clásica, busca temas dos Dires Straits, U2, Police... en resumen, grandes clásicos xa. (E que alegría para os meus oídos). Agora unha prima prestoulle unha guitarra, isto xa é máis complicado, pero el vaille dando. Terei que pagarlle unhas clases, penso que lle valerían a pena, pero non está moito pola labor de empezar por abaixo, como quen di, xa quere ir directo a tocar cancións antes de aprender o básico.
En resumen, un bo rapaz, cos seus defectillos, claro (que non vou a desvelar aquí), nunha idade un pouquiño complicada.
Hoxe vai ir a Balaidos a ver o Celta contra o Atlético de Madrid cos compañeiros de equipo. Xa é un bo regalo, máis sería aínda moito mellor disfrutando dunha victoria do celtiña. É que entre outras cousas, herdou do pai a súa afición por este equipo.
Vídeo dos seus primeiros pinitos coa guitarra, aproveitable a partir dos 30 segundos:
Como ben dixestes algúns, sorte que non se parecen ó pai, je,je
jueves, 28 de enero de 2010
E agora o de 15 anos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
29 comentarios:
Os 15 anos e lle gustan os de toda a vida,debeu a empezar a escoitala de moi pequeno,e logo non lle gustara tamen un tal Sabina?.
Felicidades Carlis,e que sigas practicando que nunca se sabe.
Por certo a primeira foto xa ten dous ou tres mesiños.
Este rapaz ten madeira si senhor!!!!!
Moito ánimo Carlis!!! sigue dandolhe....que merece a pena.
Por certo sorte para o celtinha dende a corunha tamén, dunha corunhesa un tanto rara, amante do futbol...en concreto do athletic de Bilbao!!!!!!
Parece que vos puxechedes de acordo coa miña irmá, jaja. Ela ten dous nenos que cumpliron 4 e 15 anos no verán........
jaja vaya dias de celebraciones, eh.... Muy guapo el chaval, creo que el que dijo que no se parecía a su padre fun eu, jajaj.
Y espero que la guitarra no le aparte del balón, que era un virtuoso, no? Cuando les entra el gusanillo de la música, malo, jaja seguro que ahora quiere ir a TU TIENES TALENTO en vez de ir a entrenar... menos mal que, como tú dices, tiene buen gusto musical, jajaja
Bezos y felicidades, cari.
¡Coño pero si é U2!, ja, ja.
Pronto será todo un maestro.
Pasei un bo intre vendo as fotos da túa princesa moi ben acompañadas desa canción marabillosa... pero o do concerto para guitarra xa foi o máximo. Felicidades para os dous e para eses pais tan orgullosos destes fillos tan guapos
Bicos
A.cris
Pois noraboa para o mozo ese !.
Si, señor, autodidacta e mesmo sóbralle tempo para rascar o narís mentes toca a guitarra !. Mágoa que non teña unha princesiña para xuntar os vales do Louro e do Tea con atado dobre !.
Estábamos dando un paseo y descubrimos tu blog. Después de un minucioso estudio, STULTIFER te otorga el prestigioso galardón al MEJOR BLOG DEL DÍA correspondiente al viernes 29 de enero de 2010 en No sin mi cámara por los contenidos y matices. Visitanos y comenta con nosotros. Saludos cordiales.
Vamos, que nos ha gustado mucho y hemos querido acercarnos a ti.
Puedes colgar el Premio voluntariamente en tu blog.
Ya formas parte de la Orden del Stultifer de Oro.
Y si tienes una escalera, mándanosla a edusiete@gmail.com y la publicamos inventándonos una historia.
joder cari, enhorabuena, jajaaj Ers blog del dia de Mr. Escaleritas, jajaja
Bezos.
Interesante, escribes de manera muy extraña, pareciera otra lengua muy parecida al español o quizá estás comenzando a aprender español, sólo digo quizá sin ánimo de ofender; espero comprendas mi ignorancia, sólo soy un simple basurero y no entiendo otra cosa que no sea basura. Suerte.
Parabéns tamén para o señor Carli, logo. E dille da miña parte que lle siga dando a música pola súa conta....eu tamén fixera así....
E feliciades de novo para tí por ter dous fillos tan fenomenais!!! Bicoss desde Lugo!
Parabéns para o teu fillo....meu rei¡¡¡
E como non ¡¡¡...e coma sempre¡¡....o de sempreeee¡¡.....HAAAALLAAAAAAA CELTAAA¡¡¡
Hahaha, como persona entendida no te ofendes de una broma; lamentablemente no sé gallego, me hubiera gustado poder leerte, sea como fuere ahí nos vemos. Sorte.
felicidades para Carli,
e para tí,
que se che ve co cú feito psicola!
e non é para menos, ver como en poucos aniños pasan de mexar no pañal a facer filigranas ca pelota e remexer polos instrumentos musicais e por todo o que faga falta para atopar os seus talentos!
é unha edade de búsqueda infatigable onde todo é unha descuberta marabillosa.
estou feita unha envidiosa, e non sei se me das máis envidia tí,
ou él!
:-)
As miñas felicitacións para Carlí e, se o que lle gusta é a música, non te apures, con mestre ou sen el, o básico hao de ir prendendo sobre a marcha. Xa lle atopará o gusto.
Un saúdo.
Pena que non poda ver o video, coa conexion que teño. Debes estar moi orgulloso, e guapísimo y ten talento, que mais queres,jeje
Bicos
P.S.
Pensei que che tinha no blog, e que non actualizabas. Xa deime conta que non. Disculpa non pasar antes.
O chaval amosa boas maneiras e polo que dis ten bo gusto musical.
E ademais fubtoleiro (o do Celtiña non puido ser, unha mágoa).
apertas os dous.
Muchas gracias por participar, cari, y por intentarlo. Siempre es muy divertido pq la gente se enrolla, gracias.
Bezos.
Os meus parabéns para o teu fillo e toda a paciencia do mundo para a nai e o pai. Está nunha idade difícil pero nunca choveu que non escampara.
E o da música pode ser unha boa vía para "dirixir" a súa creatividade.
Quen sabe, ao mellor sácavos de traballar...
Regáloche un raio verde pasa e sera teu
Saudos
A.Cris
respecto ó da miña envexa,
xa sabes todo parece moito mellor cando un o imaxina,
pois ainda así,
creme,
o máis seguro é que dentro dun tempo, mires atrás
e... te conmovas.
Sique aquí o pequeno, cari? jaja ay que orgulloso estás de ellos... y no me extraña.
Bezos.
Noraboa a este fenómeno. Boa elección musical. Se o toma en serio de verdade, haberá que envialo a unhas clases, non porque o faga mal, para que o faga cada vez mellor, e xa que lle gusta tanto, pois iso. Pero o fúlbol que non o deixe.
Por outra banda, e según me preguntabas pois Laura vai fenomenal, come, durme, agora xa está un pouco máis esperta polo día e empeceina a poñer no ximnasio ese para bebés, con cousiñas colgando e tamén na hamaca e xa lle vai sorrindo aos monecos que colgan enriba dela e mantén as súas cativas conversas, pola noite é unha gozada de nena, durme dende as 23h ata que ás 6 ou 7, esperta, come e volta durmir ata as 10 máis ou menos.
Xa medrou e engordou bastante tamén.
Mándoche unhas fotiños ao mail ese areasfs@gmail.com
Bicos.
por certo, o teu adolescente, tamén é un rapaz moi guapo
"With or without you". Pois si que lle vai dando un xeito, e ademais ten bo gusto. Pois nada, a coidar deste mozo, para que non se torza...
Por certo, tes razón, as festas do Porriño son moitas festas de Dios, polo menos para algúns...
Un saúdo
Ogallá que, por moi mal que pinten esas historias laborais, se resolvan ben... e polo mentres, deixoche un bico, que sempre axuda!
:-)
Graciñas a todos polos parabéns. Como adivinastes, estou moi orgulloso deles, aínda que non lles dedique todo o tempo que debería dedicarlles. So me falla saber se eles o están de min, que eu penso que si.
Parabéns, Carlos.
Tes un fillo moi guapo.
Disfrutade del porque os fillos medran axiña ;-)
Unha aperta.
Antón.
Publicar un comentario