jueves, 4 de febrero de 2010

55 mentiras sobre a lingua galega


O blog de Xenevra é un dos recentes descubrimentos que tiven dentro deste mundillo. Polo que lle fun lendo, é unha defensora incondicional da nosa lingua e moi involucrada, aparte de escribir unhas moi boas historias.

No último post, coméntanos que a plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega. Está presentación será simultánea en máis de 60 localidades, ás 20:30. Aquí en Ponteareas, celebrarase na Biblioteca Municipal.

Sinto moita curiosidade sobre o seu contido, e sobre a cantidade de prohibicións que aínda segue a ter a nosa lingua. Un exemplo que nos conta Xenevra é que non está permitido o uso do galego nos prospectos dos medicamentos. Non permite ningunha lingua que non sexa o castelán, e ben dicindo este decreto que non se poden usar dialectos... Diálectos de quen... Quen o redactaría... Ver para creer.

Teño que recoñecer que nunca fun a unha presentación dun libro, e penso que xa vai sendo hora de facelo, así que alí estarei e mercarei o meu exemplar. O prezo é de 8 Euros e 5 para os socios de Prolingua. De paso levaren a cámara para mostrar o resultado. Só espero que vaia bastante xente.

Agardo que me acompañe Brabido, que lin que ía quedar conmigo para asistir. Xa sabes "machiño", quedamos ás oito, pero para ir, eh! As copiñas tomámolas logo que é venres, jeje.

11 comentarios:

Thiago dijo...

Joder, igualito que en Cataluña, eh... que defienden el catalán a capa y espada, y en Galicia ya ves, con el PP y quieren cargarse el gallego. como Franco, vamos.

XA FALAMOS...!!!

bezos.

Unknown dijo...

Non sei eu, se me vais a perder os dous polo camino,ejejjeje
Mercar, mercaréis o libro, mais terminaréis coas copiñas,jejejeQue parella!

Bicos os dous

BRABIDO dijo...

Como xa che contestei no correo teño que facer un viaxe o pais veciño,pero tamen pensei que iase facer a presentacion en outro horario,espero chegar a tempo,sempre e bo aprender cousas novas,mais ainda do noso idioma,se podo chamote polo telemovil.

Queres que che diga,a vida ae que aproveitala,que despois xa empezan a doer os osos.


Coidado coas estrellas

xenevra dijo...

Grazas polas palabras. Eu son destas que lle dá á lingua sen control e necesito dela para poder seguir apreixando a vida; así que a defensa é pura necesidade de cotilla incontinente (hehehehe)

Xa vexo que aquí o Brabido está mirando de non pagar os bocatas e a galicola. Pois eu quero foto dos bocatas taméeeeeen!!!!

As presentacións dos libros son entrañables, cálidas, insinuantes... é telo tan perto, estalo case a palpar e ter que esperar para poder debullar as páxinas nas túas mans. Aisssss

A ver se conseguimos as 55 fotos, ou máis.
Grazas por todo; un bico con lingua

Paz Zeltia dijo...

bueno, pois se non fuches a ningunha, xa che ía sendo hora :-)
e que ben que sexa por algo ideolóxico!
-non digo eu que ir ás dos amigos ou ás de quen admiramos, non estea ben-
o de ir de copas despois sempre é un engadido que fai a cousa máis atractiva!

BRABIDO dijo...

Ana,somos vos rapaces oh, nunca:bebemos unha cervexa,nin un cubata,nin fumamos un pitillo,nin sequera tivemos unha multa de trafico,ja ja ja ja

Cuspedepita dijo...

En Lugo preséntase ás oito e media da tarde na Librería Trama. Tiña moitas gañas de ir, pero terei que conformarme con mercar e ler o libro, que imaxino que será moi interesante.

garganta profunda dijo...

Prohibir a utilización da lingua galega nos prospectos dos medicamentos¡¡¡¡¡¡¡¡...................polo que eu teño entendido iso debe ser INCONSTITUCIONAL ¡¡¡¡¡

Paz Zeltia dijo...

lin un comentario teu na páx. de prolingua...
¿seica non houbo presentación?

matrioska_verde dijo...

eu xa tiven ido a algunhas cantas presentacións de libros e casi sempre resultan moi interesantes.

biquiños,

p.d.: o libro ten boa pinta... ¿chegará o libro a Narón?

xenevra dijo...

Anda!!! que estou vendo que en Ponteareas vola van facer para vós soíños o próximo venres... Aisss, que sodes uns enchufados :P:P:P

Xa en serio; que non decaian os ánimos con estes contratempos. Se podes tráenos as fotos ;)

Aperta animosa dende o Miño