domingo, 7 de febrero de 2010

Aprazamento da presentación do libro

Este venres achegueime á Bibliteca Municipal para asistir á presentación do libro "55 mentiras sobre a lingua galega", como xa tiña comentado. Levei unha desilusión, alí non había case ninguén e chocoume un pouco. Cando pregunto á bibliotecaria, dime que fora aprazada, o luns chamaran por teléfono comunicándollo. Nada menos que o luns! Eu entereime desta presentación alá polo mércores, visiten varias veces a páxina de Prolingua e non puxeron ningunha comunicación do aprazamento.

Mandeilles unha pequena queixa, non polo aprazamento en si senón por non habelo comunicado, e contestáronme tanto polo correo como nun comentario da súa páxina.

Olá Carlos.

En nome de ProLingua pídoche desculpas polos erros de coordinación que afectaron a algunhas das presentacións, caso de Ponteareas e tamén a de Nova York, da cal non puidemos anunciar a hora con tempo abondo. Intentaremos no sucesivo que esta clase de erros non se produzan.

Agradecémosche en calquera caso o teu apoio.

Un saúdo.

Teño que dicirlles que acepto as disculpas. Por outra banda hai que verlle o lado positivo, como dixo Xenevra, agora teremos unha presentación única exclusiva para Ponteareas. Así que xa sabedes, o que se perdeu a primeira presentación pode acudir o vindeiro venres 12, a partires das 19:30. Eu vou ter un pouco difícil acudir, xa que orgazamos unha festa de carnaval para os rapaces do instituto. A ver se me podo zafar dalgún choio...

Ah! E que ben soa velo nome de Ponteareas ó lado do de Nova York...

8 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

vexo que xenevra é unha moza tan entusiasta coma positiva!
;-)
podo imaxinar a decepción que sentiches...
(mais que xa quedaras para as copas de despois) :-D
en serio, foi unha lástima, pero bueno, que haxa algun erro tamén é de entender,
e alédame ver que se disculparon,
xa ves,
eso demostra que cada un de nós, somos alguén.
a ver se non baixa o entusiasmo para o venres, ainda que perderá a maxia da simultaneidade,
pero habemos estar con vós!

e... parece que eu máis tí andamos coa envexa dalá paca!

Chousa da Alcandra dijo...

Oes, pois a min é que Ponteareas píllame algo lonxe, que senón...vou eh!!
(Nova York...non teño combinación para o venres dende Antas).

Eu tamén che volvo pedir disculpas no nome de ProLingua. Non foi nada doado artellar todas as presentacións sin que xurdise algún inconvinte. E apúntome tamén á suxerencia de Xenevra: agora sodes únicos!.
Graciñas por saber aceptar os fallos e unha aperta

Raposo dijo...

Eu estiven o venres na presentación que se fixo en Monforte.
Mágoa que fallase en Ponteareas pero hai que saber desculpar estes erros. Supoño que organizar tantas a un tempo non é doado.
Apertas galegas!!!

Anxo F. Saborido dijo...

Eu tamén che pido desculpas pola non publicación de xeito adecuado do aprazamento, polo que me toca...
E, vexámolo polo lado positivo, teremos unha presentación case que única!!

BRABIDO dijo...

Nova York e Ponteareas,manda carallo,moi ben feito o de reclamar,non sei como se che deu por iso,eu xa sei que non podo ir,logo non vou estar polo Condado.

Vemonos

Thiago dijo...

jaja cari, eso iba yo a comentar.... que importancia para ponteareas, jaaj

Hay que ser un poco pretenciosos para justificar el aplazamiento de Ponteareas junto al de NY. la verdad... que ganas de darse importancia, no es por nada, jajaa Seguro que el NY están muy preocupados, croe que bien pueden esparar unos días más, jaja



Bezos.

paideleo dijo...

Pois como podo escoller vou escoller Ponteareas.
A ver se desta podo ir.

Suso Lista dijo...

Hai que leelo e difidundilo. Saúdo