domingo, 2 de mayo de 2010

O deserto da Picaraña

Onte celebrouse en Ponteareas a Romería da Picaraña. Non puiden asistir, pero imaxínome que ó igual que o ano pasado esta tradición está perdendo moito, e polo que vexo non sei se hai moito interés en recuperala.

Volveron a facer o concerto "Ovopicaraña" na víspera para a xuventude, con acampada. Isto nunha explanada que hai un pouco máis abaixo do monte. No día en sí, creo que fixeron xogos populares, como a chave, o pateiro, etc., unha boa forma de tentar recuperalos. Pero, qué pasou co marco desta festa?

Fai quince días decidimos ir ata a Picaraña a tomar unha fotos, xa que me enterara que cortaran os árboles ó redor da Cruz, e agora había unha boas vistas. Conforme se vai acercando, un vai alucinando pouco a pouco, e ó chegar xa non sabe nin que sentir. Da moita mágoa ver en que estado quedou o monte. Dende a Cruz, ata o outro lado detrás da Capela, está todo rapado, arrasado, asolado; tal cal un deserto.

Hai quen lle ve o lado positivo, coma a comunidade de montes que tomou a decisión. Na Peneira do Condado, entre outras cousa publicaban isto: "... especialmente importante está sendo a rexeneración do espazo coñecido como Cruz da Picaraña, onde se procedeu á eliminación da acacia australiana, especie invasora que degradara de maneira importante o espazo e que impedía o disfrute das vistas que ofrece o mirador natural da Picaraña. As acacias foron sustituidas de forma limitada e controlada por unha repoboación de varios centos de frondosas, entre oliveiras, cerdeiras, castiñeiros, carballos e bidueiros,...".

Visto como o explica o presidente da comunidade de montes, pode chegar a ser convincente. Pode que a acacia fora unha árbore invasora, pero a beleza deste paraxe consistía na cantidade de penedos que ten, e precisamente nestas árbores. Chamarlle tala "limitada e controlada", paréceme unha burla, xa que, como digo, talaron todo. E, pregúntome, esta rapa non podería facerse por fases? E dicir, agora os da Cruz, dentro duns anos a capela, e así ata ter todo repoboado, sen chegar a perecer un deserto. Cántos anos faran falta para recurar a súa beleza?

Non sei, pero a min non me cadra moito. Xa non se trata de recuperar unha romería, que antigamente traía a moita xente, agora o problema é recuperar o paraxe en sí, donde moita xente se acercaba os domingos a dar un paseo. Ó mellor tamén había moitos intereses en facer esta tala, pero iso xa non o sei.

Estas son algunhas mostras do monte este ano e o ano pasado, para que comparades, e a poder ser me digades se mereceu a pena facer este estropicio.









25 comentarios:

Thiago dijo...

Por dios, que animalada!!! Es para echarse a llorar. Pero como pueden ser tan animales, por motivos tan poco claros, nacionalismo arboreo? ya lo que me faltaba por oir. Cuantos euros les habrán soltado? Y los ecologistas que dicen? Claro que otros que tal bailan.

Esto parece lo mismo que está haciendo el alcalde en madrid, pone plazas de cemento peladas hasta sin bancos para que no se sienten los pobres, plazas vacías donde poder hacer presentaciones publicitarias y cobrar...

Que pena todo... Bezos.

Raposo dijo...

Carallo, nin punto de comparación, agora parece unha zona completamente devastada e triste.
Certo que a acacía é unha árbore moi depredadora, pero pódese controlar e impedir o seu avance sen erradicala totalmente e sen deixar o monte todo pelao.
Apertas.

Quique Giráldez dijo...

Non quedou nada bonita jaja!

HADEX dijo...

Jo, que pena que se perdan estes costumes....cando era pequena disfrutaba moitísimo das romarías.....unha pena...


Bicos amigo!!

paideleo dijo...

A romaría ía a menos pero creo que para o ano que vén só vas ir ti coa
cámara.
O monte volverá ser bonito cando vaian os nosos netos cos seus fillos.

Zeltia dijo...

disque a acacia e tremendamente invasora, e no de poñerlle freno ó seu avance pareceríame ben, pero supoño que como te dis, hai maneiras de facelo, e non deixar iso coma un deserto, despoboado e triste.

o da perda das romarías xa é outro cantar.
será que falta algo de comer?
e que xa ves que as festas que van en aumento son as que lle adican non a un santo ou santa, se non á empanada, á carne, ás ameixas, ós grelos, ós mexillóns, tanto tén, pero que sexa algo de comer!

:-)

Un bico

BRABIDO dijo...

Si que se lle pode chamar romeria o aire libre,o pateiro si que ae tempo que non xogo,maiña nae querida a chave estiven a punto de xogar a semana pasada na parque de salvaterra,ese si que un parque machiño.

Pa seguinte xuntanza xa a de haber sombras,isto estara feito con sentido e dende logo pensando no mellor,espero.

BRABIDO dijo...

Que se me olvida,debe ser pola edade,eu persoalmente non estiven dende que foi esta corta,pero xa escoitei no pobo que ae quen lle gusta mellor asi,disque ten mais vistas.

matrioska_verde dijo...

deus santo! a diferencia é abismal... vaia mágoa...

será que estoume a volver mal pensada pero creo que no meollo desa tala ten que haber alguns intereses creados.

biquiños e resignación.

abueloscrisytoño dijo...

Os que fixeron iso están tolos deberían ir ao cárcere, miúdo estropicio, coa de anos que custa formar un bosque.
A.Cris

paidovento dijo...

A ver, e semellante animalada non se deberá a que aos da xunta de montes lles facían falta cartos coa venda da madeira? Así, coa escusa das acacias...
Unha desfeita!

VEK dijo...

A RAZA HUMANA SI QUE É UNHA ESPECIE INVASORA

Eva G. Rei dijo...

Mesmo parece un deserto. Deberon quedar ben cheos, oh!
Nunca imaxinei que vería nese estado o cumio da Picaraña, que lembro verde e fresco de cando ía de mozota andando dende Ponteareas.
Lembro tamén que había unha sombra magnífica na que a xente se deitaba a descansar despois de comer e beber a fartar, e que máis de un aproveitaba para durmir a mona...
Agora o único que se pode coller é unha insolación!
Sinto de verdade esa desfeita; a min tamén me acaban de roubar un fermoso recordo.

Thiago dijo...

Olasss Carlos, ya veo que andas por ahí hoy, por los blogs; se ve que estás más ocupado últimamente, eh, cari... A ver si con la llegada del verano nos leemos más, jaaj

Bezos a toda la peña por ahí.

Chousa da Alcandra dijo...

Que barbaridade!
Mete medo.

chema dijo...

tes moita razon eu acostumaba e sigo inda as veces en bici ata a picaraña .a ultima vez pensei que chegara o galleiro...unha animalada.

Deambulando con Artabria dijo...

Pois a min tamén me gusta máis con árbores que che vou dicir......

Maribel-bel dijo...

Nin comparación. Na primeira que está o coche debaixo da cruz, parece que piden un RIP. Prefiro sen duda a invasión do verde que o deserto máis triste. Un biquiño

Mer dijo...

Correde a voz, por favor.

Ao meu cuñado roubáronlle o coche onte pola mañán en Vigo.

BMW 320 - Gris claro

Matrícula: 7365-GBR

Por unha serie de circunstancias, a policía xa sabe quen foi e di que seguramente o colleu para ir a algún sitio en concreto e logo o deixaría aparcado en calqueira lugar.

Se alguén o ve, agradecémoslle se poña en contacto neste mail zenkiulove@gmail.com ou que chame á policía.

Mer dijo...

Este finde son as famosas alfombras de flores de Ponteareas. Espero ver unhas boas fotiños e comentarios nesta túa pequena parcela da rede, que quería ir velas en persoa e ao final non vai poder ser.

pitima dijo...

O que fixeron non ten nome. Cando fun non recoñecín un espazo que era máxico, marabilloso.... Tíveno de cabeceira no meu blogue un tempo. A última vez que fun, estaba árido, desértico.... Déronme gañas de chorar. As cruces parecían un camposanto e sí se recoñecían as pistas das motos, as trialeras....

¿Mellores vistas?. Antes podíase ver baixo a sombra das árbores, entre o verde. Agora é un deserto..

E a cruz maior, que eu podo ver dende a miña casa, segue rota, derruida, sen que ninguén sepa moi ben como foi... Uns din un raio, outros bandalismo.....

A min entristéceme. Non vexo avance nengún...

Anónimo dijo...

Bos días amicus:
Hace cuarenta años que subo Á Picaraña en velocípedo desde Vigo y siempre me encontré un lugar agradable y frondoso donde comer y luego sestear tranquilamente bajo uno de sus muchos árboles. Las "VISTAS" siempre estuvieron ahí,nunca se fueron, tan sólo había que caminar un poco hacia el borde y/o subir a un "penedo" y ponerse a ver...Cuando había árboles había una cantidad determinada de hojas suficientes como para adsorber y absorber el CO2 de la zona. Serán invasoras,pero no justifica los medios el supuesto fin determinado. Algo más razonable se realiza paulatinamente para compensar sombras y solanas. Ahora sólo hay solana pura y dura que en tiempos de temporal se degradará más todavís,incluso pudiendo ser más perjudicial para el suelo por el arrastre que ello pueda suponer. Si sobran los árboles a cambio de autóctonos,también sobran las cruces y todo símbolo relogioso que cómo especie invasora(vino con los romanos desde Israel y Roma)que se plantó a fines del XVII/XVIII y que deslucen un lugar de grand asentamiento prehistórico. El monte es sagrado por sí sólo, no son necesarias religiones y ningún credo para disfrutar de una buena fiesta con viandas y empanadas de xoubas,congrio,pollo,zamburiñas,etc...parafraseando a Zeltia.Y esto se lo puedo rebatir a mi amigo Ogando que para eso es el párroco de Pontareas. La fiesta popular siempre fue una reunión civil a la que los patrones/dioses/cristianos se arrimaron para sacar tajada; con el tiempo se apropiaron del terreno que parecía de nadie,poco a poco se sometió al tiempo y a la costumbre. Tened cuidado no vaya a ser que la Iglesia se acerque al registro de la propiedad y se apropie del terreno que ocupan las cruces y las declare a su nombre. OJO!.
Tal vez los árboles sean invasores pero dejar desprotegida la cima es más salvaje; suelo que se erosionará,solana que hará imposible zampar,oxígeno que no se fabricará,CO2 que no se absorberá,etc. Está claro que esto sólo se ha hecho con un fin lucrativo...ya saldrá a la luz.
Durante años fui desde VIGO a Á Picaraña en velocípedo de carreras, algunas de ellas con DELIO RODRÍGUEZ- el Meteoro gallego,campeón de la Vuelta a España del año 1945 - y con su hermano EMILIO ganador en 1950; tomábamos un refrigerio y compartíamos comida;después de un descanso regresábamos a casa con el gusto en los ojos de "os penedos cabaleiros" da PICARAÑA ou PICARANA, con sus sombras y sus vistas que jamás se fueron...Ya no veré esos nuevos árboles con sus sombras. Una pena.
Deica logo amicus.

Anónimo dijo...

Bos días amicus:
Beato Darzádegos realizó el comentario anterior,se me había olvidado añadirlo.
Deica logo amicus.

Anónimo dijo...

MENUDA PANDA DE BORREGOS se han cepillado un paraje irrepetible, yo estuve el Domingo y no me lo creía, pense en un incendio, pero no veía signos de ello, sólo troncos talados, sin desraizar, signo más que aclaratorio de que se trata de una tala para lucrarse y nada de cuentos de reforestar, esta todo lleno de maleza, invadido todo por plantas más propias de un descampado o de un vertedero, es una vergüenza y debería buscarse a los culpables y que paguen el daño, este lugar no se recuperó plantando cuatro árboles autóctonos y dejándolos allí abandonados, ojala algún organismo se preocupe y lo reforeste en condiciones.

Este blog me ha aclarado que pasó, gracias por aportar esta información, ojala se pueda recuperar y pueda enseñarles a mis hijos este bello paraje en vivo y no en fotos

SALUDOS

https://lemondeetcrochetdefrangina.blogspot.com/ dijo...

Aquí tenemos la mano del hombre con su codicia. Recuerdo ese paraje en un momento muy especial y que su belleza y a la vez su magnificencia con todo el frondoso de la vegetación que imponía respeto en según que horas con su niebla que cubría los pies. ahora como bien dices es un desierto transfigurando su belleza en un horror. Saudos