martes, 23 de noviembre de 2010

Fuxo do anaquel

Ola a todos!! Canto tempo... Son o blog Dende Areas cara á ponte, o que, ó parecer, teñen medio abandonado Carlos e Beni. Menudos dous, como se lles ocurre deixarme tirado aquí nunha esquiniña do "anaquel". Por certo, fermosa palabra que non coñecía, pero un comentario da sempre macanuda Zeltia, fixo que investigara. Nos diccionarios en galego non a atopei, si no de castelán. Esta é a definición:

anaquel
.

(Quizá del ár. hisp. manáqil, pl. de manqálah, y este del ár. clás. minqalah, banco, soporte).

1. m. Cada una de las tablas puestas horizontalmente en los muros, o en armarios, alacenas, etc., para colocar sobre ellas libros, piezas de vajilla o cualesquiera otras cosas de uso doméstico o destinadas a la venta.


Non son un libro, nin unha vaixela, nin estou destinado a venta (a ver que iluso me mercaría), polo tanto terei que ser unha "cualesquiera cosa de uso doméstico". Pero aínda así, menudos caraduras, xa lles vale, e sen tan siquera avisar, polo menos para estar preparado. En fin, alá eles.

Agora virán con que non teñen tempo, ou que na xa famosa Areas non pasa nada do outro mundo, e iso e mentira. Dende este currunchiño, teñoos visto como quedan para tomar uns cacharriños e falan do tema, pero sempre din que mañán acordaranse de min. Claro, por un lado Beni di que ten un par de esas ideas tan espléndidas para publicar, pero Carlos dille que lle deixe a el primeiro, e así un polo outro, a casa sen barrer, ou máis ben eu sen actualizar.

Pois nada, que conto eu un pouco o que pasou neste par de meses. Polo de pronto, como sempre no mes de Novembro, estase a celebrar na Casa Cultural de Areas o Mes cultural, coas súas obras de teatro, corais etc. (Xa porei o programa de actos, aínda pendente de escanear por xa sabedes quen)


Dentro destas actuacións, pareceume importante esta aportación da asociación para a difusión do Patrimonio inmaterial A bagaña da Remelisca. Coa aportación de xente da parroquia e arredores, comentaron formas de vivir doutros tempos; Lorenzo falou dos principios do Cultural Areas de fútbol, Concha de como eran as vodas na casa, xa que ela era a encargada de facer a comida nestes banquetes, Felisa das famosas corozas e como se facían, e bastantes mais temas. Polo que escoiten, foron unhas charlas moi agradables, pero como os dous susodichos non foron, non puderon contar nada aquí. Nestes dous enlaces, están unhas entrevistas de fai xa un tempo falando sobre o mesmo.

Tamén aconteceu que xa escomenzou a liga de fútbol sala, e o Areas F.S. volve a competir un aniño mais. Agora un pouco máis rexuvenecido, xa que ficharon un par de rapaces novos. O Carlos aínda segue, debe pensar que aínda é un rapaz, pero xa lle custa de carallo. Van un pouquiño mellor clasificados co ano pasado, nen ben, nin mal. Xa vos imaxinades como acabarían daquela.

Tampouco falaron da Feira tradicional de Ponteareas, nin da propia que se fixo en Areas, donde algúns ían vextidos coma fai 100 anos, esfollaban as espigas e vironse útiles domésticos da época, ó tempo que se degustaba unha boa carne ó caldeiro. Tampouco falaron dos numerosos magostos que se levan feito.

Para o que si tuvo tempo Carlos, foi para ir co seu fillo a Coimbra. E case nada! nin máis nin menos que para ver a U2!! Como a gozaron. Mira que non pudo falar nin nada desa viaxe.



Por outro lado, teño que escusalo un pouco, xa que agora si que anda un pouco máis liadiño. Non se lle ocurre nestes tempos de crise que corren, outra cousa que meterse a empresario.

El sabrá, pero polo que sei, despóis de 20 anos na empresa, ou o agarraba ou pasaba a engordar as listas do paro, e polo que vemos xa son grandes dabondo. Ou sexa que xa sabedes, cando queirades un pedriña calquera, poñervos en contacto con Granitos e mármores Carlos Sousa, que todo o chollo fai falta. (Sei que non lle gusta facer lápidas, pero se hai que facela tamén se fai...) Disto xa intuía algo o visionario Thiago, que nun post falaba do meu negocio, se ben confundiuse de ramo...
O logotipo, como non obra de Beni. O que non faga este... Se alguén le os blog dende un lector de feeds, o Feed Demon agora ten unha versión en castelán e en galego traducidas por el. O entrar na opción de elixir idioma, alí estan as dúas co seu nome Beni Lago (arrumako). O de Arrumako, si que non sei por que será, o mellor un pouquiño cariñosiño de máis...



E así, moitas máis cousas que pasaron, pero espero que con este tironciño de ourellas espabilen algo.

Ata outra.

12 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

Querido blog:
Non sabes canto me alegra verte resucitado á vida,
[ainda que sexa unha auto-resurrección],
non poden dicir que non tiveran cousas que contar.
Xa estabamos afeitos ás crónicas e de súpeto, e coma se o pobo afundise coma a Atlántida!

Carlos, moita sorte co nejosio, ilusión e entusiasmo e sorte, ¿non si?.
E moita envexa polo do concerto, por U2 e por compartir eventos que nunca esquecen na compañía do teu fillo


(mira tí o do anaquel non sabía se era castelán ou galego, a palabra marchou soa pasear)

matrioska_verde dijo...

Pois vaia que se me fai raro do demo falarlle a un blog. É a primeira vez que me pasa, mira ti. Pero non está mal, sempre ten que haber unha primeira vez para todo.
¿E dín eses dous que non pasou nada? Anda, que non teñen cara, todas esas cousas que contaron tíñanolas que contar mais esfiañadas.
En fin, eles saberán o que fan contigo. Fas ben rebelándote e tomando vida propia, ¡Que lles den, home! Pasa deles. Pero cando vexas a Carlos dalle moitas felicidades polo seu novo negocio e dexesalle moita sorte, de parte de Congo e de mín. Son tempos difíciles pero a vida sempre lles da unha oportunidade ós valentes. Seguro que sairá adiante.
Saúdos para Beni tamén.
E moitos biquiños para ti que hoxe vaia que te portaches ben.

Unknown dijo...

Alégrome de verte por aquí, ainda que sexa en nome do blog,jeje
Como ves o meu galego vai mellorando, malia faltar moito para facelo sen erros.
Ah, e o de que foras co teu fillo a ver U2 é de un grande pai, un día marcado na súa vida para sempre.

Bicos

Raposo dijo...

A culpa é túa por deixarte engaiolar por eses dous mangantes. Mira tu que o Carlos foi ver a U2 e non dixo nada, xa lle vale.
Pois nada, dalles uns pescozóns a ámbolos dous a ver si espabilan!!!

Beni Lago dijo...

"Caro Diario" (frase famosa gracias a peli de Nanni Moretti), apelo a tua "ialma" dixital para pedirche disculpas por non "introduciche" nada últimamente; pero, como soe currir sempre nestes casos, a excusa "é que me doía a cabeza", non sei Carlos que excusa che porá...

De tódolos xeitos para estar encabronado, estás sendo moy indiscreto e un pelín "lercha": ¡Anda que non sabes ti cousas nis nada!, claro... como tes corazón binario..., así calquera.

En fin, que procurarei cumprir coas miñas obrigas maritais máis a miudo.

Caro diario, con respecto a nova situación de empresario de Carlos, non debes de preocuparte... de seguro que lle irá ben, él sempre che foy un rapaz ben espelido; perde de cando en vez ó futbolín, pero que lle vamos a facer, nadie é perfecto.

Xa que falaches da revista oral, teño que decirche que teño no meu poder algunhas "afotos" do evento, así que noutra ocasión o mellor fago uso dos teus recursos dixitais para amosalas.

En fin, caro diario, daríache unha aperta, pero igual "escangallo" o portatil, así que mellor quedamos ata que "che meta" o vindeiro post.

Deica. "a2 a2 a2" (traducción ó teu idioma.

FERNANDO SANCHO dijo...

Hola!
Son novo por estes lares e estou encantado de coñecervos. Así que estivestes sen dar sinais un tempo, pois non sería porque non tiñades noticias...Ánimo co negocio, fai falta xente emprendedora. Alégrome de pasar por este recuncho
Moitas grazas

paideleo dijo...

Vaia !. Parece que rexurxe este blogo coa queixa del.
Pois nada que siga todo adiante: Carlos de empresario, Beni de enredante e o blogo botando a lingua a pacer.
E os anaqueis ?. Pois para outros.

Thiago dijo...

jaj Cari...¡cuánto tiempo!. y como nos crece el chiquillo, sigue jugando bien al fútbol como o pai o mellor? jajaaj

bueno, me ha alegrado mucho saber de tí, aunque sea por estas fiestas. Te echo de menos pues tus cometnarios siempre aportaban un toque de cordura hetero en mi blgo jajaaja

Y nada muchas felicitaciones a todo Ponteareas y a los amigos de por ahí, ya sabes, jajaja.


Bezos

Paz Zeltia dijo...

Para felicitar o Nadal é un pouco tarde,
pero para o de "próspero año nuevo" ainda non, ou?

Unha apertiña, CArlos, que me gustou moito que te acordaras de min

Maribel-bel dijo...

Pois iso, todo o que dixeron e máis, mirar pola productividade(eu tamén son algo inestable), pero de cando en vez mostraros nas nosas xaneliñas. Bon ano para todos.

E. Paz dijo...

Sodes uns fenómenos e punto!
http://ajulvadacity.blogspot.com/

Z dijo...

Querido blog... é curioso ver cómo nos deixamos levar pola vida, non sí? Mírame a mín agora, que chegueir aquí sen saber nen tan sequera moi ben como foi cousa tal posible. Supoño que non hai moitos blogs en galego, se cadra, foi iso o que me chamou a atención namentres pululaba pola miña conta de blogger e atopei este título sen que nin tan sequera lembre como fixen tal. Nembargantes, xa ves, tí con tantas gañas de nos contar cousas, e teus donos con tantos proxectos por compartir, e pasou o tempo e tí quedaches así, espido de novas letras.

Un saludo, blogueiros galegos. Voltade algunha vez a postear. Con isto dos blogs pasa como cos ancians, cada vez que un morre, unha biblioteca fecha as súas portas.