Pois iso, ¿donde está a marquesina da parada do autobús?
Na nacional 120 ó seu paso por Areas, fixeron unha reforma do cruce de Ganade, invertiron unha porrada de millons para facer unha chapuza, posto que agora hai máis accidentes que antes, e as señais teñen que cambialas cada pouco tempo, pero o máis chamativo, para mín, é que antes coa carretera máis estreita, polo menos había unha marquesina para resguardarse da choiva e do sol ainda que non hubera siñal de Bus.
Agora moita siñal, e hai que sentarse no chan, e isto xa leva máis de un ano reformado. E así.
Polo menos non desaparecerá na noite de San Xoan.
miércoles, 18 de junio de 2008
A marquesina
viernes, 13 de junio de 2008
Julian Beever

O outro día, chegaronme as miñas mans, millor dito ó meu correo, unhas fotos de un tal Julián Beever, e decíanme que lle votara un vistazo que valían a pena, e certo, son impresionantes, por iso decidín facer un post sobre el.
Julián Beever adícase a pintar nas rúas de importantes cidades, murales realizados con tiza, consigue unha profundidade en tres dimensións, gracias a un método chamado anamorfosis.
A pena é que os seus traballos apenas duran un par de días, pois ó estar pintadas con tiza, o paso da xente fai que se vaian borrando, quedando o recordo deles gracias as fotografías que se sacan nese momento.
![]() ![]() | Estes dous debuxos realizounos en Madrid en Xullo do ano pasado. Hai que recordar que están sempre pintados no chán, ainda que pareza mentira |
Outros exemplos, a cada un máis impresionante.

jueves, 12 de junio de 2008
Pontes de paso 6 - Ponte a modernidade
Este é o espectacular proxecto que foi construido en Zaragoza para a Exposición Universal (que se inaugura mañán, dia 13 de xunio) e que correu a cargo da arquitecta británica-iraquí "Zaha Hadid"
Esta ponte é máis ben un edificio horizontal cuxa finalidade é ser a porta de entrada á Expo. A innovadora estrutura comeza sendo delgada no barrio de "A Almozara" para gañar anchura conforme se achega á marxe esquerda, a forma recorda á dun gladiolo, e o recubrimiento está inspirado nas escamas dun tiburón, que se xenera por un patrón de túbulas solapadas que permiten crear un microclima no interior.
Sobre bastidores metálicos montáronse paneis triangulares de cristal e dun material denominado "GRC" (formigón e fibra de vidro) que lle dá unha tonalidade "irisada". Os visitantes agradecerán entrar nun viaduto cuberto, xa que a temperatura será catro graos inferior á do contorno. A ventilación natural fará que o termómetro non exceda os 30 graos, aínda que baixará a 25º nas dúas áreas pechadas da marxe esquerda.
O edificio conta cunha lonxitude de 270 metros e só conta con apoios ós lados e un no centro sobre unha isliña natural creada no río. A inestabilidade que teñen estes terreos obrigaron ha bater un record nacional en cuestión de cimentación que alcanzou os 70 metros de profundidade e que provocou unha subida do prezos da construción de 25 a 35 millóns de euros.
A construción está realizada en terra, e a peza de 140 metros foi desprazada sen apoios ata a súa posición final, algo digno de ver. Ademais cando finalice a Expo o pavillón empregarase como museo probablemente de novas tecnoloxías.
Sinxelamente impresionante.
miércoles, 11 de junio de 2008
Pontes de paso 5 - Ponte improvisada
Atrévome a dicir que todos, nalgún momento, vímonos na obriga de improvisar unha ponte; cecais non tan significativo como o de "San Francisco" (poñamos por caso), nin tan robusto como o de "Santa Lucía"; pero un simple taboleiro pode evitarnos que nos mollemos os pinreles.
De tódolos xeitos, sempre que haxa algo interesante no outro lado, ¡non temades en cruzar!; aínda que para iso teñades que estragar unhas boas "zapas".
O arado de tiro
Seguindo un pouco cos posts adicados ás tradicións e formas de traballa-lo campo na Galicia devanceira, comentareivos algunha cousa do utensilio de labranza por excelencia en tempos pretéritos. Eu, persoalmente, non vin a nadie traballar con este trebello (non son tan vello); pero sí que recordo ve-lo en repouso, oxidándose no palleiro (cecais á beira do carro, jeje).
Hoxe en día onde máis se ven é nas eiras, enriba dun bo manto de céspede, nalgunhas casas (algúns, debido a un toque de orixinalidade, medios enterrados), convivindo con outros apeiros de labranza, arbustos, flores e algunha estátua que outra. Hai quen o pon ata enriba do tellado a modo de catavento (o meu compañeiro de blog e os veciños de Areas saberán de que estou falando). En fin, niso da decoración, o importante é innovar; aínda que ás veces se roce na extravagancia máis absoluta.
Mergulleime un pouco na "rede de redes" (como din algúns charramangueiros e pedantes presentadores de informativos) e atopei algunhas curiosidades acerca de "este aparello de meter medo":
O arado evolucionou dende as "aixadas" ou "sachos" neolíticos. Un simple madeiro curvo coa punta endurecida ó lume, para poder fender a terra, e posiblemente arrastrado por seres humans, foi o antecedente.
A inserción dun madeiro longo, ou "timón", posibilitou xunguilo a un animal; polo que era obrigado dispor dun "xugo" ou unha "coleira" para éste. A "rella" foi o paso seguinte, pois permitía unha mellor profundización na terra, paso que non foi posible ata a "Idade dos Metais".
Arados simples son coñecidos en Mesopotamia e Exipto a través de documentación artística (pinturas, esculturas, etc). Tamén o empregaron os gregos e os celtas; ata chegar a un arado moi evolucionado xa, como foi o "arado romano" (debuxo da dereita). A gran innovación romana foi a introdución das "orelleiras" ou "vertedeiras", que permitían voltear a terra.
Nos albores da Revolución Industrial, en 1730, o inglés "Joseph Foljambe" innovou o arado mantendo o seu deseño básico, con ou sen rodas. O seu arado foi denominado "arado Rotherham" (polo seu lugar de residencia). Forrou o "dental" (a parte que se soterraba) completamente de ferro, aínda que o apeiro resultou máis lixeiro que os arados convencionais coñecidos. O arado Rotterham debeu ser o primeiro arado construído en factorías.
En 1837, o norteamericano "John Deere" creou o primeiro arado enteiramente feito de aceiro. Entretanto, efectuáranse tamén progresos en "Flandes" desde 1600, que culminaron, a inicios do século XIX, no arado "brabante", que se extendeu rapidamente por Francia e outros países europeos. Consistía nunha "charrúa" de ferro dotada dun par de vertedeiras móbiles, que viraban en sentido contrario, unha á esquerda e outra a dereita, alternativamente, o que permitía abrir mellor os regos ou surcos.
Ainda que os primeiros arados de ferro eran de fabricación industrial, mercados na tenda; non tardaron os artífices campesinos en facer vale-la súa personalidade creando modelos propios, sendo case tódalas pezas obra súa, descontadas a "rella" e a "roda" que mandan facer nas fundicións urbans.
Un arado corrente antigo e a súa nomenclatura:
1, rabiza. 2, timón. 3, chavella. 4, teeiro.
5, seita. 6, rostro. 7, amexelo. 8, abeacas. 9, rella.
Á dereita, variantes de rabizas e de chavellas.
Cando se iba a traballar con este tipo de arados, xunguíase o gando na casa, e o arado poñíase co "rostro" (ver debuxo) por riba do xugo, de xeito que a punta do "timón" ía esbarando polo chan.
Ó chegar á veiga, escomenzábase a arar. Diante iba, polo xeral, un rapaz coa aguillada tirando do gando; na "rabiza" ia un home, que conducía o arado e guiaba o gando berrándolle aquilo de: “¡Ei, vaca, ei...! ¡Ooo...! ¡Ei, vaca ó rego...!”
Se o rego torcía, cargábase na "rabiza" cara ó outro lado para endereita-lo.
Atrás do arador iba unha muller botando no rego, coa man, os grans de millo que levaba nunha carabela. A seguir, mulleres, nenos e homes ían "picando", é dicir, botando a terra ó rego.
Se queres saber máis acerca destes trebellos consulta esta páxina dentro do portal "Fillos de Galicia", ou tamén esta outra dentro da "Wielka Encyklopedia".
Nota: A ilustración do principio desta entrada fai referencia a unha "charrúa" con tiro de cabalerías. Gravado de Hans Holbein o Mozo, "Danza Macabra", ca. 1540
martes, 10 de junio de 2008
Pontes de paso 4 - Ponte de unión
Non fai moito tempo, dous irmáns que vivían en granxas adxacentes caeron nun conflito. Este foi a primeira disputa seria que tiñan en 40 anos de cultivar xuntos ombreiro con ombreiro, compartindo maquinaria e intercambiando colleitas e bens en forma continua. Esta longa e beneficiosa colaboración rematou repentinamente; comezou cun pequeno malentendido e foi crecendo ata que explotou nun intercambio de palabras amargas seguido de semanas de silencio.
Unha mañá alguén chamou á porta de Luís. Ó abrir a porta, atopou a un home con ferramentas de carpinteiro.
-Estou buscando traballo por uns días -dixo o estrano.- Cecais vostede requira algunhas pequenas reparacións aquí na súa granxa e eu poida ser de axuda niso.
-Sí -dixo o maior dos irmáns.- Teño un traballo para vostede. Naquela granxa alén do arroio vive o meu veciño, de feito é o meu irmán menor. A semana pasada había unha fermosa pradería entre nós, e él tomou o seu buldózer e desviou a canle do arroio para que quedase entre nós. Coido que o fixo para alporizarme, pero voulle facer unha mellor. Vaia vostede aquela pila de refugallos de madeira xunto ó celeiro e constrúa unha cerca, unha de dous metros de alto, non quero velo nunca máis.
-Creo que comprendo a situación. Móstreme onde están os cravos e a pala para facer os buratos dos postes e entregareille un traballo que o deixará satisfeito.
O irmán maior axudoulle ó carpinteiro a reunir tódolos materiais e deixou a granxa polo resto do día para ir por provisións ó pobo. O carpinteiro traballou duro todo o día medindo, cortando e cravando. Cerca do ocaso, cando o granxeiro regresou, o carpinteiro xusto ramatara co seu traballo.
O granxeiro quedou cos ollos completamente abertos: ¡Non había ningunha valla de dous metros! No seu lugar había unha ponte; unha ponte que unía as dúas granxas a través do arroio. Era unha fina peza de arte, con pasamans e todo.
Nese momento, o seu veciño, o seu irmán menor, chegou dende a súa granxa e abrazando ó seu irmán díxolle:
-¡Es un gran tipo, mira que construír esta fermosa ponte logo do que che fixen.
Estaban na súa reconciliación os dous irmáns, cando viron que o carpinteiro tomaba as súas ferramentas.
-¡Non, espera! -díxolle o irmán maior.- Queda uns cantos días. Teño moitos proxectos para ti.
-Gustaríame quedarme -repúsolle o carpinteiro.- Pero teño moitas pontes por construír.
lunes, 9 de junio de 2008
Pontes de paso 3 - Ponte maxestuosa
As pontes son como certas persoas:
A súa importancia valórase cando xa non están, ou cando están rotos e non se poden usar.......
Existe unha cantidade impresionante de pontes: Curtos e longos, anchos e estreitos, seguros e inseguros, caros e económicos.....
Todos teñen con todo, algo en común:
Serven para unir dúas beiras......
Atravesándoos, un sente que, dalgún modo, leva unha mensaxe alén......
Tamén as persoas estamos chamadas a ser pontes, para facilitar o encontro, para superar aflicións, para estimular o perdón......
Facer de ponte ás veces costa, pero cando dá resultado, a gratificación é grande......
Deste lado está o teu presente..... Do outro lado está o teu futuro......
Entre os dous lados, o río da vida, ás veces sereno, ás veces turbulento, ás veces traizoeiro e ás veces profundo e revolto......
É NECESARIO ATRAVESALO......
O carro galego
Cando un se senta diante do ordenador para "falar" de cousas relacionadas co seu pobo, véñenlle a memoria moitos recordos da infancia. En posts anteriores xa falei a "vola-pluma" de algúns episodios ó respecto. Como non quero que este blog se convirta nun "libro de memorias" comentarei sólo a modo de introducción ó tema desta entrada algunha cousiña.
Cando eu era cativo; estou falando da época de cando aínda se cultivaban os campos (agora moitos están de monte) e a xente traballábaos para recolleitar millo, patacas, etc; lémbrome de ir moitas veces con miña nai co carro (isto non quere dicir que fósemos os dous coa "canca", para iso xa tiñabamos unha vaca). Os tractores daquela andaban algo escasos; de feito para labrar as veigas había que chamar "ó tractorista", pagándolle polo seu trabaño o estipendio oportuno.
Aínda que o carro que nós empregábamos era tecnoloxicamente máis avanzado có que se pode ver nas fotografías (ata tiña freno), ainda me lembro de ver algún carro típico galego, agonizando nalgún recuncho do palleiro, que seguramente empregarían meus avós ou os pais déstes.
Seguramente resultará algo escatolóxico, pero sempre me resultou gracioso o contraste que facía a "bosta" que os animais de carga iban soltando, facendo montonciños polas distintas ruas asfaltadas da parroquia; hoxe en día sólo se ven mánchas de aceite, que para o caso ven sendo o mesmo, jejeje.
Sen dúbida ningunha é unha icona representativa de Galicia, xunto co canastro, ó cal posiblemente lle adicaremos nun futuro algún post.
Esta é unha páxina donde poderedes atopar a terminoloxía empregada acerca do "Carro Galego":
http://perso.gratisweb.com/aricum/lexcarro.htm
...Na mentras a seguinte relación de palabras eran empregadas para definir as distintas partes do carro:
acicarro - adival - afungadoiro - aixeda - amoradoiro - betoque - botoalla - brazón - brigueira - cabezalla - cabrita - cáceres - cadea - cádiga - caínza - camallón - camba - cambón - cancil - canga - canizo - cantadeira - cazoleta - chambaril - chantón - chavella - chaveta - cheda - chedeiro - cherca - contrarrellas - corre - coucillón - cueira - dentoira - empatías - eixo - espigo - estadullo - freo - fungueiro - fura - gato - ladral - lamia - loro - mil - miñón - ollal - paínza - pebida - penle - ponte - ranqueiro - recadén - rella - roda - rodeiro - soliño - tilla - treitoira - xugo - zuncho
Coido que non fai falla dicir moito máis sobre o funcionamento deste vehículo, e casi tan evidente como o mecanismo dunha piruleta.

Os seguintes vídeos teñen certo valor histórico, xa que mostran como se facía un carro nos primeiros anos do século XX, como "cantaban" os carros, etc.
Pontes de paso 2 - A ponte da oca
As casas 6 e 12 do popular "xogo da oca" transládame á miña nenez, na época de cando aínda non existían as vídeo-consolas e pasaba algunha tarde que outra movendo a ficha neste taboleiro inventado polos templarios (segundo algunhas teorías) e proclamando a máxima de "De puente a puente porque me lleva la corriente".
Antes de ser aficcionado ás cartas, este xogo, familiar onde os haxa (xunto co parchís), servíame entre outras cousas para relaxarme un pouco e afianzar máis, se cabe, os vínculos familiares; logo de pasar o día entre libros e distintos xogos da rúa, como as canicas, o trompo, o pincho e o famosísimo Pimpón-Tenis estilo "Rancho". Desgraciadamente hoxe en día todos estes xogos xa desapareceron case por completo.
...En fin, foron outros tempos.
Posto que sae a colación, paréceme interesante apuntar algunhas cousas sobre este xogo tan antigo, que ata tivo unha versión televisiva.
Existe unha teoría que sostén que en tempos pasados este xogo era usado para adestrar, dunha forma lúdica, ós peregrinos que se dispuñan a realiza-lo Camiño de Santiago; e que o taboleiro representa o devandito camiño e as reglas do xogo as posibles contrariedades para as que o peregrino debía de estar preparado
A maioría dos taboleiros eran de cartón, como hoxe en día os coñecemos. Os primeiros eran pintados a man, e no século XVII en Inglaterra empezáronos a imprimir, co cal xurdiron moitos xogos similares; como quen di globalizouse.
Nestes cartóns vese unha espiral formada por 63 casas, nin máis nin menos. Non me preguntedes por que, ningún artigo que consultei o dí. Aínda que se te pos un pouquiño a pensar recordarás que o número 7 multiplicado por 9 dános 63, e cada casa co número 9 e os seus múltiplos ten a imaxe dunha oca.
As casas sempre tiñan e teñen fermosos debuxos, co tema elixido para que o taboleiro o represente. As temáticas e os personaxes que ten cada versión son diversos: viaxes, épocas e estacións do ano, temas de botánica con coleccións de follas ou flores, familias de animais, filatelia, fútbol, as Olimpíadas, escenas da historia, xoguetes, personaxes da literatura, o cine ou a televisión, etcétera.
A creatividade dos fabricantes foi inmensa. No século XVIII convertéronse en escenas da vida cotiá, moitos deles moralizantes e aproveitábanse para ofrecer exemplos de virtudes ou condutas propias da sociedade desa época.
Ata se ilustraban temas como o da Revolución Francesa, con curiosos taboleiros con intrigas políticas, enredos populares e románticos e ata a Primeira Guerra Mundial. Pódense representar contos e fábulas e reutilizar o xogo para seguir as aventuras de Don Quixote ou as viaxes de Xullo Verne, etcétera.
Nese sentido, a versatilidade do xogo é enorme. En Barcelona, durante o ano 2001, houbo unha exposición de taboleiros: existe un de 1790 que mostra as aventuras e desventuras da vida de Jorge III en Inglaterra.
domingo, 8 de junio de 2008
Unha de carátulas
Nun post anterior que subín hoxe fáleivos das entradas que se fan a modo de "flash" afastándose do tema principal do blog; pois ben, esta poderíase considerar unha delas.
Confeso (como se nota que é Domingo... dígoo polas confesións) que sinto unha especial debilidade polas portadas e carátulas de todo tipo: de discos de música, de carteis de cine, de revistas "vintage", etc.
Sobra dicir que a portada dun disco é a carta de presentación e o que a "priori" chama a atención, ás veces ata tal punto que che fai comprar ou non o álbum en cuestión. Moitas portadas son unha obra de arte por si mesmas; pero hai algúns cantantes ou grupos que se preocupan de que tódalas portadas dos seus discos garden certa relación unhas con outras, deixando a marxe o tópico de mostra-los seus caretos. Tal é o caso de dous grupos distintos entre sí (aínda que moi recomendables cada un no seu estilo) como son "Mägo de oz" (o cal estiven escoitando durante toda a mañán) e "Ska-P".
Para que saibades de que vos estou falando e, como me parece que están moi logradas, de seguido móstrovos algunhas das portadas destes dous destacados representantes da música en España na última década; aínda que un deles (Ska-P) desgraciadamente desaparecera xa como grupo.












Persoaxes - Ciclistas de Ponteareas
Ponteareas, ademáis de por as alfombras en Corpus, é coñecida por algúns personaxes ilustres como o músico "Reveriano Soutullo" (do cal xa falei nun post anterior), os escritores "Fermín Bouza Brey" e "Manuel Domínguez Benavides", os políticos "Gabino Bugallal", "Carlos Losada" e "Abel Caballero" e o escultor "Silverio Rivas"; pero esta vila tamén foi berce de grandes deportistas como o atleta José Teixeira, e sobre todo de ciclistas da talla de "Delio Rodríguez" e "Álvaro Pino". A estes últimos vou a adicar esta entrada dentro da sección "Persoaxes".
___
Álvaro Pino Couñago (nacido o 17 de agosto de 1956 en Fontenla, Ponteareas) foi un ciclista español profesional entre os anos 1981 e 1991.
Afeccionado á mecánica, Álvaro Pino iniciouse no mundo do ciclismo grazas a unha bicicleta extraviada que lle regalaron. A súa especialidade foron as etapas de montaña.
No Tour de Francia, o seu mellor resultado foi un oitavo posto, que logrou en 1986 e 1988. Tamén foi 16º en 1989 e 19º en 1985.
Foi vencedor da Volta ciclista a España 1986 co equipo BH. Tamén foi cuarto en 1982.
Tras retirarse do ciclismo profesional, segue ligado ao mundo da bicicleta, converténdose en director deportivo e pasando polos equipos Kelme e Phonak. En maio de 2006 foi presentado oficialmente como director técnico do equipo profesional de ciclismo Karpin Galicia.
Palmarés:
1981
Etapa da Volta a España
1982
4º na Volta a España
Subida ao Naranco
1986
1º na Volta a España, máis unha etapa
1987
Escalada a Montjuic
Volta a Cataluña
1988
2 etapas da Volta a España e clasificación da montaña
1989
Etapa da Volta a España
Traxectoria:
Colchón-CR (1981)
Zor (1982-1986)
BH (1987-1989)
Seur (1990)
Kelme (1991)
___
Pola sua parte, Delio Rodríguez Barros, figura lexendaria do ciclismo galego e sprinter de proxección nacional e internacional na década dos corenta, naceu o 19 de abril de 1916 en Ponteareas e faleceu o 14 de xaneiro de 1994 na súa casa de Vigo ós 77 anos de idade afectado dun cancro de próstata. Foi un ciclista español, profesional entre os anos 1936 e 1950, durante os cales logrou 87 vitorias, a maior parte delas en competicións nacionais.
Era un corredor moi veloz, o que lle valeu para lograr numerosos triunfos de etapa en distintas probas do panorama nacional como a Volta a Asturias, a Volta a Burgos, a Volta a Galicia, a Volta a Valencia ou a Volta a Cataluña.
Desde a súa adolescencia destacou polas súas calidades como ciclista. Aos 18 anos proclamouse campión de Galicia (1934), vitoria que repetiu ao ano seguinte. Foi o primeiro corredor galego que participou na Volta a España (1936) e seleccionado para o Tour de Francia (1939). Venceu na Volta a Álava, no Gran Premio de Biscaia (1940) e no Campionato Interclubes de Barcelona (1941). Nese mesmo ano gañou 12 etapas da Volta a España e clasificouse en terceira posición. Venceu na Volta a Cantabria (1942) e proclamouse vencedor absoluto da Volta a España en 1945, batendo a marca da proba cunha media de 27,240 quilómetros por hora, e superando ao segundo clasificado, Julián Berrendero, cunha vantaxe de 30 minutos e 8 segundos.
Foi gañador de 40 etapas na rolda española (outra das súas marcas) e relacionouse con campións da talla do xa citado Berrendero, Dalmacio Langarica, Bernardo Ruiz e F. Trueba. Xunto a el correron os seus irmáns Emilio e Manuel, en posicións tamén destacadas. Emilio Rodríguez foi o gañador absoluto da Volta a España e do Premio da Montaña en 1950. Delio Rodríguez deixou a competición e instalou en Vigo un establecemento de material deportivo con atención especial ao ciclismo, que foi sempre a súa gran paixón.
___
Parte desta información foi recadada da Wikipedia.
Pontes de paso 1 - Ponte a Nostalxia
Co paso do tempo, cada vez paréceme máis apropiado (por moi diversas razóns) o título deste blog; entre outras cousas porque nos dá xogo para "tecer" entradas interesantes nesta bitácora.
Gústanme os blogs nos cales, como neste, o responsable crea posts de moi diversa índole, mantendo á vez un fío condutor; son como pequenas pinceladas ou "toques" que adornan e enriquecen a temática principal do blog. Por suposto que tamén me interesan os monotemáticos, pero teño que confesar que os que máis visito son os blogs persoais, que case sempre son de contido variado.
Entre estes últimos adoito entrar nunha bitácora que dende fai xa algún tempo adica un monográfico ás escaleiras. Resulta sorprendente o que pode dar de sí e a cantidade de formas, estilos e localizacións distintas que poden ter estas construcións destinadas a subir e baixar.
"Plaxiendo" esta idea decidín adicar tamén unha sección as "pontes" (non podía ser doutro xeito), na cal ireivos mostrando fotos e ilustracións que resulten interesantes acerca do culpable do título do noso blog.
É unha pena que non poida escanear un cadro que teño na parede enfronte onde eu me sitúo cando estou co ordenador; é unha pintura que mostra unha parella de mozos aniñada enriba dunha ponte. Supoño que como a vexo a diario, unha das miñas dúas neuronas reaccionou provocando que me decidise a facer este monográfico.
___
Empezarei mostrándovos este fermoso "oleo" de Llia Repin titulado "On a Bridge in Abramtsevo" e acompañareino cun verso de "Claudio Rodríguez Fer":
"Yo vine desde antes de los orígenes.
Tú estabas más allá de la otra orilla
y juntos atravesamos todos los puentes."
lunes, 2 de junio de 2008
Sábado de relax
Este sábado fixen unha "pequena" excursión cos rapaces do equipo infantil b da escola de fútbol do Condado, aínda que o madrugar un día de descanso fastidia bastante, (o ter fillos é o que pasa) a experiencia foi moi agradable, valeu a pena.
Despois voltamos para atras hacia o Concello de Melón, alí comemos nun merendeiro cerca da N-120, onde comenza unha ruta de senderismo a veira do rio Tourón, e empezaron as primeiras risas por parte dos rapaces cando nos someteron ós pais a uns examenes, como se aproveitaron os condenados. Logo comenzamos a caminar río arriba, precioso, unha ruta de nivel fácil, sobre tres Km.
Outra Fotomontaxe
Realicei esta pequena fotomontaxe con relación ó post de arriba, espero que vos guste:
domingo, 1 de junio de 2008
Posta de Sol
Novamente meu fillo volveu a ganarme a partida con esta foto que sacou onte, está deixandome quedar mal, xa non me quere cobrar dereitos pero agora cachondease de mín, non sei que será peor.





















