Logo daquela reportaxe que fixera sobre o calendario deste ano feito polo Concello, prometera tomar unhas fotos dende a perspectiva máis parecida posible, e aquí están. Xa digo, a perspectiva é parecida, un dos problemas foi que non teño suficiente altura para tomalas ben, e tampouco era plan un domingo á mañán andar a timbrar nos portais para que me deixaran tomar unhas fotos. O de sacalas un domingo pola mañán é para evitar a cantidade de trafico que ten Ponteareas, que a veces parece que está un a circular por Vigo. Tamén sei que é un post un poco extenso, pero preferín poñelas todas.
Estas son as comparacións:
Portada do calendario, toma de Ponteareas dende a Nacional 120, antes de cruzar a ponte sobre o Río Tea. Os edificios xa non deixan ver o casco vello, que por certo, tampouco está moi coidado, como xa contara:
Xaneiro. Comenzos do século XX, Nacional 120 ou Rúa Real ou calle dabaixo, como se lle chama popularmente . As casa da dereita aínda están en pe, as da esquerda derubáronas cando ampliaron a estrada. Como curiosidade, daquela facíase a alfombra floral no medio da rúa, os coches non debían ser moitos.
Febreiro.1912, a mesma rúa dende o outro lado. Aquí vese ben o estado das casas da marxe esquerda, case todas están pechadas e a cair.
Marzo. 1950, cruce antiguo de Salvaterra, entre a xa vista Rúa Real e a Rúa dos Ferreiros. Aquí tamén comprobamos que faltan as casas da esquerda. Para ir a Salvaterra había que cruzar o pobo por dentro. Despóis fixeron unha circunvalación, que xa esta chea de edificios e xa non se pode chamar tal, xa que co medrar da vila, está introducida nela. Curiosidade, o guarda de tráfico ou municipal dirixindo o tráfico. A alfombra da Nacional faciáse polas beiras da estrada, deixando o centro para circular os coches. Hoxe en día, loxicamente xa non se fai.
Abril. Mediados do século XX. Praza de Bugallal. Esta toma é dunha parte da praza, a da saída da igrexa. A casa que se ve ó fondo, detrás deses autobuses típicos da época, esta bastante ben restaurada. Este espazo da alfombra está reservado para a Vila da Orotava (Canarias), vila hermanada con Ponteareas, donde fan os seus murais florais o día de Corpus.
Maio. 1952. Praza de Bugallal. Hacia a marxe dereita non había máis vila, agora abriron varias rúas e o pobo estirouse tamén hacia este lado.
Xuño. 1947. Rúa de Oriente. Esta rúa segue a manter case tódalas súas casas, algunha reformadas. O pavimento, despóis de nalgún tempo empichado para circular os coches, agora ten un piso de granito e é semi peatonal, unicamente poden circular os veciños para acceder ós garaxes. Isto é relativo, xa que a veces parece unha autovía. Apréciase que algunhas balconadas seguen sendo as mesmas de ferro forxado.
Xullo. 1949. Praza Maior. A beleza que tiña antes non ten nada que ver coa de agora. A esquerda vese unha fonte e no medio da praza un palco-timplete que desapareceu. Despóis de varias reformas, fai un par de anos fixeron a última. Quedou unha praza grande, pero demasiado postmoderna. O de peatonal, xa se ve que non se lle fai moito caso. A dereita vese a "funeraria moderna Quinteiro", negocio que facía arte funerario, co tempo foi un comercio de roupa e agora unha chocolatería; sempre pertencendo a mesma familia.
Setembro. 1912. Rúa dos Ferreiros. Aquí nos poñen dúas instantáneas da época. Os cambios non son moi significativos pero algún hai. Mágoa é a casona que se ve ó fondo na segunda foto, hoxe está (tamén, e por desgraza) a cair.
Outubro, 1949 e 1951. Rúa Reveriano Soutullo Tamén nos poñen dous exemplos. O primeiro tomado dende o instituto vello hacia arriba. Os cambios aquí son claros, aparte de edificios novos, tamén se aprecia ó fondo, a dereita o muro do Colexio La Inmaculada, máis coñecido como o "as monxas". A segunda foto é dende arriba hacia o instituto.
Novembro. 1939 e 1947. Avda. da Constitución. A primeira tomada denda a Praza da Igrexa hacia o Concello. Máis do mesmo, edificios e sucursales bancarias, esta parece a rúa dos bancos.
A segunda está tomada dende o Concello.
Decembro. 1955. Novamente a Rúa dos Ferreiro. Aquí vese a xente adornando. As fachadas das casas seguen igual e ata a beirarúa da esquerda segue a ser a mesma, de bloques de pedra medio pulidos polo paso dos anos.
E contraportada. Xardíns da Xiralda. Atópanse detrás do Concello, aquí, como en outras, a falta de altura non deixa apreciar as diferencias. Por moitos columpios que haxa, a beleza que tiña antes é moi superior.
Bueno, ata aquí o percorrido por este calendario. Espero que vos gustase.
domingo, 21 de febrero de 2010
Rúas de Ponteareas, onte e hoxe
Etiquetas:
Instantáneas,
Parroquia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
18 comentarios:
Os anos non pasan de balde,ata nas persoas e non cambiamos só o fisico,xa che deu o teu traballiño ir de rua en rua,tamen pararias a mollar a jorxa ja ja ja.
Vemonos
Admiro ó traballo das alfombras de flores.
Graciñas por pasar por casa.
Pois si que levaches traballo pero quedouche macanudo.
Mui ben, Carlos; gustoume coñecer un pouco máis do pasado e do presente de Ponteareas.
fixeches un bó traballo.
fai moitos anos que estiven en Ponteareas pero casi non a recordo... estivera vendo as alfombras florais, a primeira vez na miña vida que vía algo así... estaba todo cheiño de xente.
biquiños,
Fenomenal o teu post!!! Que terán as fotos antigas que me parecen todas preciosas??? hehehe...Pero que bonitas son!
Bicos!!!
Pues tengo que decir que, desgraciadamente, la ciudad ha perdido con la modernidad. ¡Y qué tenga que decir yo esto con 21 años! Pero vamos, está mucho más bonita la ciudad en las fotos de antes, ahora ha perdido toda personalidad y parece una ciudad cualquiera, con sus edificios vulgares y sus coches y sus plazas de cemento por todas partes, como todas...
Y es triste ver todas esas casa antiguas mucho mas bonitas todas estropeadas... ¡qué pena!
Bezos
Menudo curre pasaches para situarte e saca-las "afotos", Quedouche perfecto a pesares dos problemas de altura, jejeje. Antes de ler o comentario de Thiago xa me dera conta ó ver as fotos do horrible que está hoxe en día o pobo; A xente que non coñeza Ponteareas, a tenor das instantáneas, non creo que teña moitas ganas de visitar a Vila. Certo é que tería que mellorar moito, pero tampouco está tan mal como da a impresión. Hai moitas cousas interesantes que ver tanto no pobo como nos arredores. Coido que nun vindeiro Post deberías amosar os aspectos fermosos de Ponteareas, que habelos Hainos. Son da opinión de que a xente que veña a Ponteareas por primeira vez (sobre todo se ven pola noite) aburrir non se ha de aburrir.
Moi bo Traballo.
Un traballo estupendo!!. Concordo cos anteriores comentarios de que a vila perdeu o seu encanto co paso do tempo. Dunha pequena vila cheíña de lugares preciosos a unha urbe que vai perdendo a súa personalidade. Dádevos de conta que Ponteareas por moito que medrara ten os mesmos espazos públicos que antano.
Un saúdo
É unha reportaxe preciosaaaaaaaa!!!!
O único defecto que lhe vexo a Ponteareas é que agora hai menos árbores e máis coches hehehe!!! pero iso pasa en todas as vilas e cidades.
Parabéns polo currado trabalho!
Unha aperta!
unha entrada moi currada, carlos! vése que lle botaches gana, tempo, e cariño.
eu agradezocho, e iso que non son de ponteareas, nin recordo haber estado alí, pero seguroq ue estiven.
a min encántame iso que fixeches, mirar nas fotos antiguas o que había antes e o que hai agora, podo pasar tempo e tempo facendo iso. E máis emocionante cando coñeces persoalmente a paisaxe, e máis aínda se a amas...
Certoq ue o pobo parece máis auténtico nas fotos antigas. Tamén é verdade que están feitas en dias de festa, coas alfombras, a xente... e as actuais están nuíñas.
o malo son os edificios construídos cada un á sua maneira, sen unha estética común nin carácterística, despersonalizados, como pasou en case todos os pobos, por desgraza.
Pero non hai que esquecer que un pobo non son as casas, son a xente, e parece que ahí sodes igual de ponteareas ¿ou non?
ten razón ahí o teu veciño, que na próxima vasnos amosar ponteareas dende un punto de vista acolledoriño, e a todos nos han entrar ganas de ir tomar o chocolate á funeraria, digooo
(Iso sí que é ir cos tempos, o do nejosio ése, digo)
Pois a min si que me gustou,encantanme as fotos antigas e ver como están na actualidade.
Moi boa a reportaxe, amósanos o inaprensible e inevitable do paso do tempo.
E levantáchete cedo un domingo pola mañá e eso ten mérito!!!
Noraboa.
Noraboa, Carlos: quedouche mallado!
O traballiño que levaches ten a súa recompensa nesta histórica comparativa.
Con respecto ás fotos da rúa Reveriano Soutullo hai diferencias salientables: case non había casas na parte de abaixo, cara ao instituto vello; supoño que por iso a esa zona e de aí cara á estrada de Salvaterra lle chamaban "A castiñeira".
Eu vivín durante 12 anos e pico no primeiro piso do segundo edificio do lado esquerdo (foto 1), xusto enfronte desoutra rúa perpendicular que ía por detrás do instituto. Cantos centos de horas pasei xogando nesa rúa de terra, chea de casiñas baixas con finca, onde case todos tiñan aínda porco e ghaliñas.
Lembro que, ao pouco de vivir alí, veu á nosa casa unha veciña que vivía ao fondo da Castiñeira para pedirnos se lle levabamos o caldeiro da lavadura (xa sabes, os restos de comida para darlles aos animais domésticos). Aquela muller maior, xa non moi agraciada e con máis vello enriba do labio superior do desexado, presentóusenos como Silvana Mangano (menuda retranca!)
Durante todos eses anos, practicamente, levaba cada un ou dous días o caldeiro da lavadura á súa casa. Iso si que era reciclar, e non o de hoxe.
E tamén che direi que estudei na Inmaculada (estaba ao ladiño) e aínda lembro o muro, que tiraron cando ampliaron o colexio para facer novas aulas e o patio cuberto.
Tamén prefería o muro de pedra e o patio do cole de antes.
Outra observación: cando eu vivía alí o tráfico era de baixada, non de subida.
Grazas por facerme lembrar a nenez.
Unha aperta.
Hai un cambio moi grande na beleza de fai anos, máis tamén as fotos de antes teñen unha cor moito máis agradecida, así en branco e negro. As de agora deberías de facelas no mesmo tono. (Xa te podes levantar o domingo outra vez cediño) jajaja. Gustoume moito o percorrido. Biquiños
Cari, entonces es que a ti tb. te han aumentado la productividad: Eso que consiste en echar a un compañero tuyo y que ahora tengas que hacer tú el trabajo de dos...? Pq no entiendo que ahora con la crisis todo el mundo tenga mas trabajo y lo que aumentan son los parados pq no hay trabajo, curioso, no?
Bezos.
Con tanto lea de exposicións teño atrasada a lectura e visita aos meus amigos. Agora espero porme ao día aos poucos e... atópome con todas estas fotos, cantos recordos para moitas persoas como, cambian os tempos.
Eu case me atrevería a dicir que nalgúns casos tiñan mellor aspecto as casas antigas non cres?
saudos
A.Cris
Vaia pasada!.
Se non rexistraches a iniciativa, voucha fusilar con Antas.
Un traballo excelente
(E xuraría que xa deixara comentario aquí, pero debeuno levar algún trasno)
Apertas outra vez
Si que debes estar ocupado si, que este post es muy bueno, pero lleva su tiempo...
cari, al final a quién le tocó aquello que rifaban los de la radio gallega en Cataluña? no me digas que a ti otra vez, jajaja
Y del Benilago que? Estará a rebosar con tanta agua que ha caído, he oído que los lagos y pantanos no dan abasto, jaaja
Bezos.
Publicar un comentario