miércoles, 22 de abril de 2009

Casco vello de Ponteareas.

Seguindo coa miña idea de mostrarvos cousas da miña aldea e do meu pobo, hoxe vouvos a enseñar unha zona da que normalmente debían estar orgullosos tódolos pobos, ou case todos. Estoume a referir ós cascos vellos ou antigos, que sempre dan un toque de beleza ante as construccións modernas. Non é o caso de Ponteareas, que polo que podedes ver está un pouco abandoado e nun estado ruinoso.

O casco vello non é que sexa moi grande, ven ocupando a estrada nacional ou calle de abaixo, como se lle chama normalmente, e os arredores da Praza Maior e da Igrexa. Nestas dúas prazas a maioría destas casas antigas xa desapareceron fai tempo para deixar sitio a edificios sen xeito.

Esta que vedes na foto está ubicada na esquina entre a rúa dos ferreiros e a baixada a San Roque. Nos seus tempos tivo que ser un caserío, as vidrieras, ou o que queda dela, dan mostra da beleza que tivo.

As escaleiras de San Gregorio, son as que unen a calle de abaixo coa Praza Maior, nela e nos canexóns do lado, e donde están os casos máis sangrantes. Moitas delas xa sen tellado, outras coas paredes a caír, a auga da choiva pudrindo os pisos e as vigas de madeira. Algunhas se non botan man de arranxalas, en cuestión dun par de aniños xa as teremos no chan, como lle pasou a unha que ardeu neste inverno. Ó final aproveitaron para derruíla.

Menos mal que para esta casa da seguinte foto, unha inmobiliaria parece que lle topou salvación. Si señor, o letreiro o dice todo. Se alguén ten uns "farelos" aforrados e gañas de arriscar, xa o sabe, aquí ten unha boa oportunidade de abrir un negocio, e de paso contribue a millorar o casco. Milloralo ou empeoralo, que arredor das discotecas xa se sabe...



Como non podo poñer todalas fotos para que vexades o seu estado, fixen este vídeo ou pase de diapositivas. A música o millor non é moi apropiada, igual lle tiña que haber posto algo máis fúnebre para que cadrara, pero esta gústame particularmente. O tema chámase Jotabé de Susana Seivane.

Se podedes botádelle unha ollada, dura pouco máis de dous minutos, xa me contaredes.

video

17 comentarios:

Thiago dijo...

JAAJ Cari, me encantó!! Estás hecho todo un artista bloguero, jajaaj ¿qué digo? por dios, un artista multimedia...

Será por la influencia de lo de la discoteca o no sé qué pero te veo genial. Me gustó mucho la música, de la gaitera Seivane. y además es que está genial el final, acaba justo la gaita cuando termina la última foto, está barbaro.

Otra cosa es que se sienta lástima al ver tanta decrepitud. Me recordó el centro de Ferrol, la ciudad de mi abuela, que está parecido.

Claro, no me extraña que en las casas nuevas que son siempre mas feas, pero pongan "el" aluminio en vez de madera e ferro.

En fin, cari, genial. Me encantan estas fotos del ambiente en que os desenrroláis tu y más Beni, jaajaj

Bezos.

Mer dijo...

A primeira casa fermosísima, restaurada tén que ser a hostia.

Os cascos vellos son o mellor dos pobos e cidades, mágoa que en algúns sitios coma Vigo, non se lles dea a importancia debida.

Hai que ver cómo puxeron o de Pontevedra.

Barreira dijo...

Os cascos antiguos son habitualmente as puntas de lanza do turismo nas vilas. Ter un casco antiguo restaurado de limpo son sinónimo de maior atractivo e maior número de visitas, o que redunda en bonanza económica para os seus habitantes.
Un exemplo claro é o da vila de Allariz. Con un casco antiguo cuidado, a restauración de muiños, e onde está a funcionar un centro comercial aberto que abre todos os dias do ano e con tendas de recoñecidas marcas.
Coidade ese casco vello porque á volta duns anos xa non haberá nada que restaurar.
Saudos.

Lúa dijo...

Vaia! pois se as reformasen quedarían moi ben porque son fermosas....bicos.

Thiago dijo...

Si, pero cuesta mas reformar estas casas que tirarlas y hacerlas nuevas. Eso si, menos mal que ahora en Galicia se construye parecido a lo que había. Hay muchos chaletes ahora que los hace de piedra (bueno imitación, jaaj) y con balcones y galerias como de madera que a mi me parecen que quedano bonitos.

Y tb. en las ciudades hacen casas con galerias, aunque sean de aluminio. Pero al menos las casas nuevas ..¡tienen wateres! jaaj que las antiguas no los tiene, no?

Bezos

brabido dijo...

Muita verdade en esas letras,xa que paso mui aamenudo polo casco vello.
A veces preguntome se ¿teñen dono? ou ¿porque e como chegaron a este abandono?.
Se nos damos unha volta polos pobos do alrededor a mayoria teñen estes "monumentos" mais aranxados,exemplo TUI e digno de ver, unha reliquia.
Como ben esplica o cartel na primeira planta unha "disco", na segunda un pub e na ultima ,deixame que pense e mellor que non escriba nada.
Certo é que ponteareas en unha decada creceo mais que toda sua historia,edificacions modernas e sin respetalas antigas.

No alto de Areas,¿donde estara o bixo?, estaban reformando unha casa deste tipo que pertenece a Maruja nai de pili e pachi ;"profes" do que escribe fai un "par" de anos,escribo estaban porque a pasar pola carretera non miro movimiento ,unha pena xa que tiña boa pinta

Deica logo

Pau dijo...

Eu creo que habría que diferenciar entre casco antiguo que é por exemplo o de Santiago de Compostela que está superben conservado; e casco vello que é o que teñen a maioría das cidades e vilas de Galicia. Belos conxunto en estado ruinoso e decrépito.

Raposo dijo...

Por desgraza en moitas cidades o casco vello está que da pena velo, caéndose a cachos, e sen que a corto prazo se vislumbre algunha solución.

Carlos Sousa dijo...

O dito, aquí non se lle mira moita solución, en cuestión dun par de anos deterioráronse moito, polo tanto xa vexo cair unhas poucas en nada.

Como decides, Pontevedra, Allariz, Tui, Santiago e outras moitas cidades e vilas teñan o "casco antiguo" (como di Pau) superben conservado, mentras Ponteareas e Ferrol, Vigo e algunha máis teñen o "casco vello" que da pena velo.

Brabido, ou "macchiño", a casa do alto de Areas siguen a reformala, esta semana sacaronlle o tellado antiguo e estan a colocarlle a estructura do novo. Se a conservan co aspecto que tiña antes, será das máis fermosas que teñamos aquí. Eu tamén estiven nela de pequeno, xa que tamén me daban clases Pili e Pachi, que tempos. Pena non ter algunha foto de antes, coas catro galerías acristaladas que tiña nas esquinas.

Thiago, grazas polos piropos. Gústame facer estes montaxes fotográficos, pero se superas o cholliño que me deu... Menos mal que teño a Beni que me pasa todo tipo de programas.

Beni Lago dijo...

Aínda que Beni che pase todo tipo de programas (que por outra banda xa está ben de tanto decilo, jejeje), o mérito da montaxe é soamente teu, ti sacaches as "afotos" e ti pasache-lo chollo.

Quero máis, quero ver máis montaxes de este tipo, canastros, cruceiros, tíos en pelotas... espera, iso no; jo, creo que xa me volvín a equivocar de blog, jejeje.

Un saudiño brother.

Carlos Sousa dijo...

Beni, me parece a min que os montaxes que te gustan, son doutro tipo, jeje.

HADEX dijo...

Tes un agasallo no meu blog, se che apetece. Bicosss.

vintxuca dijo...

A miña curmá fixo un docu a cerca de este tema que a min encántame porque está feito "na costa da morte" de onde é parte da miña familia e de onde é tamén un anaquiño de min. Chamase "a casa de Lola de Andrés".Fala da cosdta defunta, de como deixamos morrer todas esas preciosas casas de pedra e enchemos a costa de xigantes urbanizacións chamadas "chulavista, urbamar ou bellaplaya" típicas de Marbella. Recoméndocho!!!
Unha aperta.

Chousa da Alcandra dijo...

Eu apúntome con Mer para mercar esa casona da primeira foto. Podemos fundar unha sede blogueira en Ponteareas!!!.

E coa música de Susaniña xa me gañaches definitivamente. Pouco importa (!) o que me poñas nas imaxes; se Susana interpreta a súa música polo baixo...eu xa non vexo: somente escoito!

avelaíña dijo...

Na meirande parte das vilas galegas a situación é semellante. Vender, abandonar ou tirar con casas históricas é o pan de cada día. Cada poboación debería de ter un plan urbanístico específico para protexer as zonas máis antigas. Eu son natural dun pobo da descoñecida costa lucense no que, debido á incompetencia e iñorancia do alcalde de turno, permitiuse a venda de preciosas casas de máis de cen anos para construir edificios e centros comerciais. Perda de identidade por un puñado de millóns. Un saudo.

HADEX dijo...

Anda! Así que eres ti o pai de Carlis.....ja ja ja.....é que eu non me entero de nada...acabo de alucinar....Pois cáeme moi ben, ten bós gustos musicais....

Bicossss

LM dijo...

que mágoa que deixemos perder estas pequenas xoinhas...
beijos