martes, 14 de abril de 2009

Inauguracións

Fai algo máis dunha semana estivemos de inauguracións en Ponteareas. Debido a que non tiven moito tempo estes días para publicar nada, hoxe decidinme a falar deste tema e antes busquei un pouco polos titulares da prensa dixital a ver que falaban do tema, por aquilo de non copiar. Chocoume este titular: "Ponteareas inaugura novos parques infantís para os nenos ponteareáns e unha glorieta luminosa para os adultos" O dos parques, sendo infantís xa se supón que será para os nenos, pero o da glorieta luminosa que sexa para os adultos, aí xa me descoloca un pouco, xa que penso que é unha glorieta para axilizar o tráfico e pode ser "admirada" tanto por adultos como por menores. Iso si, tendo coidado os conductores, non vaia selo caso.

Esta é a obra en si, a foto non é de moita calidade, pero tampouco hai moito máis do que se ve nela. Xa facía moito tempo que andaba con ganas de sacarlle unha foto, xa que leva a glorieta do Axente Comercial, que é como se chama a retonda, case que dous anos valada co letreiro de "próxima construcción Fonte Luminosa... custe da obra 60.100 Euros".Por uns motivos, por outros ou por preguiza perdín a oportunidade e en cuestión dun mes ou así realizaron a obra, escomenzando a funcionar o 2 de Abril, cando viñeron as autoridades a inaugurala.

Como anécdota "sen importancia", teño que dicir que fai cousa de varios meses saltara a noticia que a dotación económica por parte da Deputación xa fora adxudicada, sendo esta gastada noutros menesteres. O Concello saíu o paso decindo que fora verdade, pero tranquilos que a obra habería de facerse sen voltar a solicitar a axuda. E así foi, diso non hai dúbida.

Rafael Louzan, na inauguración admitiu que houbo atraso para comenzar a obra "pero non foi posible facelo antes". (isto sempre dende a información do periódico)

A fonte luminosa está a funcionar e tampouco queda tan mal.

As outras dúas inauguracións foron os dous parques, o da urbanización "Ponteraeas Cidade" e o da "Perillana".

O domingo a seguir, pola tarde dado que o parque das Pombas e o da Praza Maior estan a tope, decidinme ir coa miña pequena ata o da Perillana, o de "recente construcción". E cal foi a miña sorpresa, dende lonxe mireino valeiro, dixenme que sorte tivemos, pero cando me acerquei vin o motivo de que estivera así. Aínda estaba cercado coas vallas estas de construcción, con bidóns, palés, e ferramenta ó redor. Aparentementa estaba rematado, pero ós columpios faltábanlle as cadeas e os asentos. Meu gozo nun pozo.

E agora pregúntome, como se pode inaugurar algo sen rematalo? Que é, por aforrarlle outro viaxe as autoridades?

Non o entendo.

11 comentarios:

HADEX dijo...

A verdade é que esa foto do parque é moi surrealista....Estes nosos gobernantes son uns impresentables....

Barreira dijo...

I eu digo que para que carallo valen as inauguracións?.
Saudos.

Antón de Muros dijo...

Os políticos fan o mesmo en tódalas latitudes :-(

Unha aperta.

Antón.

Mer dijo...

¿ Sabes qué tes que facer? Fotodenuncia ao Faro de Vigo, como mínimo, tamén podes enviar unha desas "cartas ao director", e xa de paso, pon unha queixa no concello.

Despois de todo iso, espero que á túa nena non lle restrinxan o paso e poida disfrutar deste medio parque.

Apertas

Beni Lago dijo...

Non, se bonitiña é un rato(a fonte, digo), aínda que haxa que vela de noite. Coido que habría mellores inversións para facer no pobo, claro que non locerían tanto (unha wiffi mellor e para tódalas parroquias, por exemplo, jejeje). Segundo o titular ó que te refires, esquencéronse de poñerlle os dous rombos...

Vexo que tí tamén te puxeches a faena, alégrome: Tres posts a semana "es lo suyo".

Unha aperta brother.

Manuel L. Rodrigues dijo...

...os políticos; xa se sabe!!!

Fermosas as fotografías da cooperativa... (e non o digo de retranca)

brabido dijo...

A fonte (penso eu ) iluminada facia muita falta,porque ¿ donde carallo van os do juvenil cando ascenden ?

Deben de ir segunda division polo menos ,ja, ja, ja, ja

Supoño que inauguraron outro parque coas cadeas e con os asientos ( dous piscos dun fojonazo )

Disque se llama politica.

Lúa dijo...

nin eu, pero pasa moito...bicos.

Anónimo dijo...

Vai a Xinzo e mira o cartel tan grande que puseron para anunciar o arrancho da luz publica: costa tanto o cartel como os cartos a invertir..., e letras mais grandes do concello de Ponteareas que do goberno de España. Eche un cartel ben caralludo..., ta na plaza da Eirexa.

Artabria dijo...

Será por que xa estamos outra vez coas eleccions á volta da esquina?? Aínda que son as europeas e iso non debería de inlfuir, ou si??

Thiago dijo...

Bueno, siempre están bien estas cosas, todo lo que sea arreglar, embellecer, inaugurar... La fuente está bien, aunque yo odio las "rotóndolas" (como dice el otro, jajaja) pq aqui en Las Rozas y Majadahonda son la plaga, jaaja

LO de inaugurar sin acabar es típico, cari, aqui se han inaugurado hospitales hasta 3 veces.... no te digo mas, jaja

Bezos