martes, 28 de abril de 2009

Un premio!!



Pois sí, xa teño un premio, sempre é unha alegría recibilos, ou debe ser xa que este é o primeiro que consigo. Bueno sen contar o de "Unha vez lin un libro", que ese gañendo por méritos propios, aínda que fose facendo algunha trampiña.

Quen mo otorga é a miña amiga Hadex, a cal sigo a menudo tanto no seu blog Ad Lucum Augusti, como no reciente que creou O cubil do lobo. Neste último móstranos fotos de mascotas, paisaxes, fauna,... Está interesante, botádelle unha ollada, e se podedes, colaborar con ela envíandolle algunhas fotiños.

O principio tiven as miñas dúbidas se publicalo ou non, por aquilo que conleva isto dos premios e os memes, pero ó final decidín facelo. Xa me enterei que o premio saltou ó outro lado do charco, alá por Sudamérica, pero outra razón é que Hadex concedeullo a un blog altamente coñecido por mín, e xa que o creador dese blog se ríe cando teño que baixar da bicicleta nunha costeira, non quero que me vacile porque ten máis premios ca min, jeje. Así que alá vou.

Para ter dereito a el, teño que seguir as seguintes normas:

-- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
-- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
-- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
-- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
-- Publicar as regras.
-- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Me parece que non as vou a cumprir todas, pero outra trampiña tamén se me admite, non? O problema é nomear a outros 10 blogs, a maioría dos coñecidos xa están escollidos, así que llo concedo a, Barreira, Lúa, Mer, Vintxuca e o meu veciño de Areas Brabido.Polos menos cumpro coa mitade do punto.

8 comentarios:

Barreira dijo...

Acepto o agasallo porque é o primeiro. De todos modos pásanse un chisco cos 10 blogues. Con tres chegaría ben.
En fin, xa que é o primeiro, e ainda que non me gusta darlle aire a estas cadeas, recollo o testigo e douche as gracias por acordarte de min.
Saudos.

Mer dijo...

pois moitas grazas, póñome ao chollo

unha aperta

LM dijo...

merecido, merecido! parabens!
beijos

lua dijo...

Moitísimas gracias! visitarei tamen o cubil do lobo!!!bicos!

Thiago dijo...

jaaj cari, ¡Noraboa! (se dice asi, que xa non me acordo?) jaaja Ay dios, mi gallego va de mal en peor, cari.Y eso que a mi tb. me lo dio la MARQUESA como BLOG GALLEGO, jaaj ya ves.

Pero bueno, el caso es que seguro que es el primero de otros muchos, cari pq lo bueno siempre prevalece por si mismo. Y tu tienes un encanto especial y tu blog tiene un toque muy personal y local que lo hace muy sincero.

Nada, que me alegro mucho, y muchas gracia por la mención, a pesar de las trampitas, tu carnet fue ganado en buena lid, pq igual que hiciste tu, lo podian hacer los demás, no? Google está ahi, el que no lo usa es pq no quiere o algo oculta, jajajaa

Bezos

brabido dijo...

Moitos cenquios,non sen donde poñelo ,xa que teño a vitrina chea.

Se ajgun dia che cuadra estar co carlis ,dille que en España tamen temos boa musica.

pra diante

Zeltia dijo...

jajaja, non vale, ese problema de non ter 10 blogs a quen llo dar e o que teño eu!
pero igual lle estou agradecida á markesa de merteuil

avelaíña dijo...

Parabéns!!