miércoles, 29 de octubre de 2008

Ciclo Cultural

Xa vedes, Areas é unha parroquia con un montón de asociacións, pero aparte diso, tamén podemos presumir de que temos moita cultura e prova diso, é que ata contamos cun ciclo cultural, antes chamado mes cultural, xa que sempre se celebra en Novembro. Iso non quere dicir que no resto do ano carezamos dela, que quede claro.

A foto corresponde a portada do folleto que anuncia as actividades, e vouvolas resumir un pouco;

O sábado 25 de Outubro (xa vedes que chego un pouco tarde, pero antes non tiven tempo) actuou o grupo de Play Back Moreira .


O domingo 26 houbo concerto a cargo da Banda da escola de Música de Gulans. Esta banda de música vai dar clases de solfexo na Casa Cultural de Areas, polo que nos invita a apuntarnos. Si alguén ten ganas, xa sabe.


O sábado 8 de Novembro as 20:30 o grupo escénico Tea - Tro de Ponteareas presenta a obra "Da Vinci levaba razón" .


O domingo 9 de Novembro as 16:30 celebrarase un concurso de redacción e debuxo, haberá premios para a millor redacción e o millor debuxo por grupos de idade. E as 7 da tarde Gran magosto popular con castañas, viño e moita farra, tanto para nenos como para mallores. Eu penso que este pode ser un bó día, que vos parece?


O sábado 15, as 21:00 actuará a Rondalla Asociación Cultural La Troya de Ourense, mentras que o Domingo 16 as 19:00 o cómico Somoza tentará facer rir os asistentes coas súas historias e chistes.


O sábado 22, as 20:30 haberá un festival de corais. Serán dúas as corais que amenicen a xornada, a Coral polifónica San Pelayo de Navia e a Coral Santa Mª de Areas. Esta última é de aquí da parroquia, algún día deste tocarame falar deles, a ver si os promocionamos un pouco.


O domingo 23 as 19:30 o grupo Arte Xoven da Casa Cultural de Areas presenta o espectáculo de Play Back. Deste grupo, a verdade que non tiña coñecemento.


O sábado 29 a partires das 9 da noite, terá lugar a Cea de confraternidade, con sesión baile e sorpresas. Na cea terá lugar a homenaxe ós socios de maior idade: Luis Couto García, Manuel Covelo Covelo (Pancho) e José Benito Castro Mariño. De momento a mín non me toca, jeje.


E o domingo 30 pechase este mes cultural coa actuación do Grupo de Gaitas e Baile tamén da Casa Cultural de Areas, este grupo presentará as novas promesas da música e baile tradicional. O remate da actuación terá lugar a entrega de premios do concurso de redacción e debuxo.


Pois isto é o que hai, xa vedes que hai actuacións para todolos gustos, quizais se bote de menos algunha charla coloquio, ou algo polo estilo, o que pasa que seguramente, e por desgraza, o salón de actos estaría case baleiro.

Bueno, a disfrutar das actuacións e a "culturizarse" un pouco


viernes, 24 de octubre de 2008

O carril bici

Lémbrome, xa fai bastantes anos, lera no periódico que ían arreglar a estrada entre Ponteareas e Mondariz, cun carril bici incluido. Unha idea perfecta, tendo en conta que entre as dúas poboacións soamentes hai uns 10 Km., sería un percorrido perfecto para poder ir a dar uns paseos, coa tranquilidade que che dá dito carril, sin os lóxicos perigos dos coches.

Pois a estrada xa a remataron haberá uns cinco ou seis anos, pero o carril bici, aínda estamos a espera dél. Unicamente que lle chamen así a un pequeno tramo, de uns douscentos metros, que hai pola mitade do camiño. Ese pequeno tramo, en realidade é unha desviación para entrar as leiras e montes que están a beira da estrada. Pois terá que tratarse dese tramo, porque ata lle puxeron a sinal de bicicletas como se pode apreciar na foto. Pódovos dicir que o ramal está asfaltado cun aglomerado máis ben gordo, e ten moitas pedras e silvas. Máis ben parece un camiño de cabras que unha ruta para facer en bicicleta. O importante é que Ponteareas xa pode presumir, neses folletos publicitarios, de que tén carril bici.



Non sei de quen será a culpa, si da Xunta, Deputación ou Concello, pero si iso estaba aprobado, por qué non o fixeron?

Agora está feito un proxecto de un parking subterraneo, espero que non acaben facendo unhas catacumbas como as dos romanos.

Xa vedes, unha noticia de cal e outra de area.

viernes, 17 de octubre de 2008

Que facer si che morre unha árbore

Que farías si che secara unha árbore? Visto así é unha pregunta que pouca xente se plantexaría, xa que normalmente hai dúas opcións, ou cortalo polo pé para facer leña, ou deixalo ahí ata que un temporal tire con él.

Pois en Mondariz Balneario, por certo o Concello máis pequeno de Galicia (só ten sobre uns 700 habitantes, e 2.5 Km2), tiveron a brillante idea de facer unha escultura con un platanero que estaba seco ou morto. Xa fai bastante tempo, saíra a noticia no periódico, pero aínda non me cadrara velo e xa o tiña esquecido. A todo isto, alguen podería dicirme por qué lle chaman plataneros a este tipo de árbores?

Un domingo de mañán, marchei cos meus rapaces a dar unha volta polo río e a un parque que alí existe, e dinme de bruzos coa árbore-estatua (literalmente falando claro), e podo dicir que o resultado é impresionante. Non tanto pola escultura en sí, que eu de arte pouca idea teño, por non dicir ningunha, sinón polo material empregado e o entorno, coas outras árbores en perfecto estado.

O autor da obra é Perfecto Marcos Romero, un "rapaz" de 76 anos, que como se aprecia na foto, tivo que escomenzar usando a motoserra, para que fora tomando forma a escultura. Aparte de escultor, tamén é pintor e orfebre, e como lín nunha entrevista, quedou encantado có traballo e disfrutou moito a facelo.

Este é o resultado final:





lunes, 13 de octubre de 2008

Meme do millonario excentrico

Convidoume Paideleo a facer este meme sobre o millonario excéntrico. O meme en cuestión consiste e nomear cinco excentricidades que farías si foses moi millonario, non simplemente o que farías no caso de selo, sinón excentricidades desas que só fan ós que lle sobran os cartos por todolos lados.

A prova non é tan doada, xa que o de ser millonario non é unha cousa tan corrente para mín, e claro o de mercar un coche novo, liquidar a hipoteca, e outras cousiñas, coido que non se poden chamar excentricidades. Tamén me gostaría que fosen cousas que nadie fixera antes. O dito, imos alá entón:

1- De primeiro mercaría un equipo de fútbol de 1ª Division (que non vou momear, para que nadie se ofenda), e eu mesmo faría de presidente, adestrador, fotógrafo, etc, para tratar de baixalo a segunda. Vaia fallo, agora que me lembro, iso xa o fixo o excéntrico de Piterman.

2- Bombardearía un país, así sen máis, porque me dera a gana. Vaia, outro despiste, iso xa o fixeron os excétricos de Bush e ...

3- Usaría calzons e calcetíns só unha vez, o resto do tempo iría en bolas. Non vai poder ser, me parece que iso xa o fixo o excéntrico de Paideleo, ja,ja.

4- Mercaría todolos polbos do mundo, máis que nada para que todos aqueles que no meme do derradeiro día dixeron que o comerían, nos lles quedaría más remedio que vir a mercarmo, así aproveitaría para coñecelos, e cobraríalle o que eu quixera, total sou un excéntrico.

5- Erradicaría a fame no mundo. Iso xa o fixo, uhmm, a verdade que non me lembro quen o fixo.

Bueno, son algunhas ideas chorras que se me ocurriron, por darlle así un toque de gracia. Si se podese cunplir o punto 5, sería algo importante, pero por desgraza paréceme que non deixa de ser unha utopía.

Como hai que seguir a cadea, propoño que fagan o meme: O raposo, por aquilo de devolverlle un meme, Hadex, sei que lle vai a sair a conciencia, e todo aquel que queira apuntarse.

jueves, 9 de octubre de 2008

Globos de papel

O 29 de Setembro foi festivo local en Ponteareas, celebrouse o día do Arcanxo San Miguel, que según contan, ou dín por ahí alguns, foi o guardián do ceo que expulsou a Lucifer. Haberá que pensar que así foi.

Unha das tradicións arraigada que se está a recuperar na parroquia (pois xa van catro anos seguidos que se fai), é a solta de globos de papel, que se efectúa na "honra de San Miguel".

Os globos estan feitos con papel de seda de distintos cores, unidos con pegamento. A base para darlle forma a boca do globo é feita con alambre, e cunha cruceta para poder poñerlle a mecha que lle dé o aire quente e o eleve ata o "ceo". Nos días anteriores houbo un obradoiro onde xente da parroquia e gran cantidade de nenos, aprenderon a diseñalos, e encargáronse de confeccionalos.

Esta tradición perdérase na década dos setenta, anteriormente era moi seguida polos veciños, e eran eles mesmos quenes os facían e os soltaban. Claro que non tiñan os materiais de hoxe, e tiñan que recurrir a recursos caseiros como pegar os papeis logo de frotalos cunha pataca. Polo que dín os máis vellos, eles daban feito.

A xornada foi todo un éxito, había bastante espectación, e un ruxe ruxe de que non ían subir e cousas desas, (xa sabemos, o importante é criticar). Soltáronse como uns quince globos, e sin ser un, o resto voaron todos ante os aplausos do público, e hai que ter en conta que o papel é un pouco delicado. Un deles foi confeccionado polo equipo de fútbol de Areas, para o ano que ven, a ver si o equipo de fútbol sala damos feito un, aínda que sexa para facernos ver.

O final non sei si será porque todo o que sube baixa, ou que o arcanxo non lle gustaban, pero foron caíndo pouco a pouco. O millor tamén puido ser a mecha que se apagou e fixo có aire do interior do globo se enfriara...





viernes, 3 de octubre de 2008

Presentación Oficial

Eu son dos que lle dan as venadas por temporadas (valga a cacofonía); En ocasións tírome un mes enteiro lendo, e despois paso dous ou tres sin abrir un libro, adicando o meu tempo libre a outros menesteres. Dende fai algúns días déuseme por volver a debuxar, e máis dende que me gabastes tanto no meu post anterior.

Nunca antes fixera un autoretrato (acostumo a debuxar cousas máis fermosas, jejeje); pero como nos faltaba poñer o noso careto nesta bitácora, decidín que podía ser boa idea facelo en forma de debuxo. Consulteino co meu socio e reservou a súa opinión ata que rematara de plasmalo a lápiz (supoño que non se fiaba demasiado das miñas dotes artísticas, jejeje). Ó final debeulle de gustar como quedou reflexado, xa que deu o seu consentemento para usa-lo debuxo como perfil.

Ainda que xa hai algunha foto que outra de no-los dous neste blog, pódese decir que por fin dámola cara; sempre fomos un pouco caraduras, así que paréceme xusto as mostremos. Son bastante fieles o que cada mañán vemos no espello. Sinto polos que son aprensivos...

Como o burro sempre vai diante (para que non espante), eu son o que aparece a continuación destas líneas.



lunes, 29 de septiembre de 2008

O último día

E a primeira vez que me toca facer un meme. Foi o raposo quen me convida a facelo, e vamos a ver como é que sae. A cuestión e comentar un pouquiño, se che dixesen que hoxe é o último día que nos queda por vivir.
De primeiro había que poñer unhas condicións; non cho poden avisar no primer día de vacacións, salerían unhas contestacións un pouco fortes; a segunda opción é que che avisen un domingo a noitiña, polo menos levarías a ledicia de pasar do choio un luns.

¿Que canción che gustaría escoitar?

Non me importaría escoitar calquera das que escoiten o sábado na verbena en Ponteareas, cando a orquesta nos deu unha hora e pico de regalo para os meus oídos, tocando todo tipo de música da miña época, como Rosendo, Ramoncín, Rolling Stones, Bruce, Los suaves, etc. pero sobre todo Sabina, un xenio. Tamén botaron "El final de la cuenta atrás" de Europe, non é que me goste moito, pero sería bastante apropiada.

¿A que libro lle botarías un ollo?

Non me importaría voltar a ler "los pilares de la Tierra" ou "el último Catón" pero como sería cuestión de tempo, conformaría con votarlle unha ollada ós blogs coñecidos, aínda que so fose para despedirme.

¿Con quen che gustaría falar?

Tentaría falar coa xente que de verdade aprecio, como tampouco me daría tempo, conformaríame con facelo con catro "amigos" ou cinco, e dicirlle que por moito que roubaron, estafaron, mentiron, etc., para eles tamén é o último día, e a ver que van facer agora.

¿Que che gustaría comer?

Ahí teño que copiar un pouco, está claro que con unha tapa de polbo a feira, e unhas chuletas a brasa, para mín, sería un maxar de deuses, que se quite calquer marisco.

¿Que farías e que che queda pendente por facer?

Xa que temos o problema do tempo, case que non darían ganas de facer nada, pero si non aproveitas o pouco que che queda, menuda deixadez. Habería que vivir 24 horas a tope, aínda que con todolos pasos anteriores, xa se irían unhas poucas. Pendente de facer, pois quedaríanme moitas viaxes, e o millor tamén moitas cousiñas pequenas que coa excusa de "fagoa mañán" o final quedaría sen arranxar, total, xa daría igual.
O que está claro que acercándome o final, gostaríame que me coincidira xogando un partido de fútbol, e tendo de compañeiro ó meu fillo, e na grada ós máis queridos.

Agora sei que según as nomas teño que escoller a cinco amigos para seguir coa cadea, os escollidos son Paideleo, Thiago, Lúa, Manuel L. Rodrigues e Rico y Santo, que aínda que abriu e cerrou o blog, case no mesmo día, pode facer este meme nun comentario.

Pois ahí queda, hoxe non é o último día, é luns, pero como en Ponteareas é festivo, vou coller a miña pequena de dous anos, e ímos ver os globos de papel que soltan na Praza, xa vos contarei.

viernes, 26 de septiembre de 2008

Lembranzas

Fai uns días, e logo de colgar no faiado 500 pares de calcetíns, non sei cantas camisetas, un par de pantalóns curtos (que xa pediron a excedencia ata o vindeiro verán), e un tanga negro do cal vos falaría se este blog se titulase doutra maneira; e se cadra enmeigado pola treboada que se facía sentir afora; decidín redescubrir o contido dunha caixa etiquetada outrora como "libros de texto".

Con cara de bobo nostálxico, despois de apartar unha morea de roupa olvidada e unha bicicleta estática (que realmente sempre estivo "estática"); escomencei a sacar tesouros tales como "ceras Plastidecor", "rotuladores Carioca", parte dun bolígrafo (parecido a un consolador) con un mecanismo "ultra moderno" o cal che permitía escribir en catro cores, lápices provistos dun capuchón coa forma de "Mickey Mouse" a modo de preservativo, e outras soias semellantes.

Unha vez que descartei unha publicación titulada "El Catecismo"; foron pasando polas miñas mans libros con monigotes pintarraxeados a marxe (a modo de debuxos animados) e outros con retratos duns señores moi ilustres pero que sorpresivamente lle sairan cornos, bigotes e penes voadores (estratéxicamente colocados). Entre o aruma ainda permanente a goma de borrar, a chicle "Boomer" e a regaliz rancio; deixouse ver o vello profesor de lingua, alcumado "cafetera" debido o moito que fumaba paseando arriba e abaixo polo Aula (Carlos sabe de que estou falando, xa que tamén lle dera clases tan peculiar, cachondo e fumeante individuo..., a que non adiviñades de que morreu...); asomouse tamén a "Srta. Pili", protestando porque os rapaces poñían un espello nos zapatos para poder verlle-las bragas (ou a ausencia delas); xurdiron tamén as caras borrosas dos compañeiros e as imborrables dos matóns de pacotilla (Que Diós lles conserve a saude a eses "hijos de p..." por moitos anos). Os sonidos de risas, de pisadas polos pasillos, de pupitres arrastrándose, de tizas voadoras, do silencio atroador nos exámenes, dos susurros intrigantes e do bullicio entre clases tamén se deixaron oir desde dentro da "Caixa de Pandora" rescatada do olvido.

Ó chegar a páxina 74 dun vello libro de galego, atopei unha ilustración que fixo que todos estes recordos estudiantiles desapareceran para ser suplantados por outros ben distintos. Votádelle a culpa a choiva, que co seu repiquetear púxome melancólico; pero o certo e que decidín poñerme a debuxar, recordando de paso parte da miña infancia.




Na actualidade, moita xente da nosa parroquia, a pesares de contar con tódalas comodidades da vida moderna, e de estar a un tiro de pedra de calquera opción de ocio por moi "cosmopolita" e "transgresora" que sexa, séguese adicando a agricultura; claro que agora a leite por esta zona sóese mercar no "super", e xa se mirán poucas "Moras", "Pintas" ou "Chulas". Pero eu aínda me lembro cando era cativo (e non hai tanto tempo diso, teño trinta e tantos) que de cando en vez tocábame pasta-la vaquiña que tiña miña nai. Eu aproveitaba para ler libros de "Los Cinco", "Los Siete Secretos", noveluchas de "Marcial LaFuente Estefanía" e outras chorradas semellantes; neses anos a "PSP" non aparecía nin nas miñas máis arriesgadas fantasías; na mentras sí que fantaseaba (e moito), xa que cómo é loxico non me gustaba un carallo pasea-la vaca. Hoxe en día (ademáis da PSP), encántame todo aquilo que teña que ver coa cultura e coas tradicións galegas, aínda que si tivese que pasta-la vaca escollería outro tipo de lectura.

...volvendo o devandito debuxo... anímovos a que vos poñades na situación do seu protagonista (Pepiño, poñamos por caso) e que imaxinedes o que adoita soñar nestes tempos que corren, mentras sinte pasa-la tarde en compaña das suas rumiantes compañeiras.

Con respecto os meus sonos e a si se me cumpliron, contaréivolo noutra ocasión...., quen sabe, o mellor no transcurso doutro día de choiva, despois de poñer a secar a roupa no faiado.

jueves, 25 de septiembre de 2008

A vida: unha prova, unha aventura, un sorriso...

Tiña 70 anos e unhas ganas enormes de vivir. Non os aparentaba, a pesar de todolos reveses que lle dera a vida, ela sempre sorrinte, moito lle gustaba que os seus fillos a levaran a dar un paseo ou a comer fora, agora que podía disfrutar do tempo, logo de unha vida adicada o traballo.

Dous atropelos de coche, tiveronna baldada unha temporada en sendos hospitais, un en Francia na época da emigración, outro xa aquí, na súa terra. A morte do seu home, tamén de accidente de tráfico, foi outro duro golpe, do que se foi repoñendo pouco a pouco grazas ó cariño dos seus. Un cáncer de mama tentou vencela, pero foi ela quen poido máis, e agora o Alzheimer era quen escomenzaba a ocupar ese lugar. Pero non foi ningún deses elementos, sinón un edema púlmonar o que ó final a derrotou.

Non todo foron traxedias na súa vida, recordo con melancolía, cando éramos pequenos, as celebracións navideñas, momentos inolvidables de ledicia. Tres fillos e tres netos, polos que loitou, unha casa que sacou adiante, e un montón de momentos agradables.

Dende aquí a miña homenaxe, a unha persoa que supo vivir e tomar a vida como viña, e que por fín pode descansar.

Que che vaia bonito, Tía Otilia.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Aljo surje

Nestes días de escomenzo do Outono, aquí en Areas, máis ou menos segue todo igual. Non sei si será por iso ou non, pero ata a inspiración para escribir algo, parece que está un pouco perezosa. E como me dixeron o outro día, "ti tranquilo que aljo surje", entón haberá que recurrir a un post un pouco chorradiña.

Por pasar, pasou que ata o Faro de Vigo, chegou a inspirarse no noso blog para publicar estas dúas noticias sobre a Memoria Histórica, si vos fixades ben na fecha, veredes que é posterior a nosa entrada.

Por non pasar, pois non pasou nin que viñeran a arranxar o "internete" libre, tampouco arranxaron o da biblioteca da Cultural, que seica só e mercar un ruter (non teño nin idea de como se escribe a palabriña), tampouco correxiron a plaquiña do outro día (tampouco é que faga falla), a parada do autobus segue coa súa marquesina transparente, (mentras non chova, todo vai ben). E máis cousiñas que non me lembro agora mesmo.

Xa un pouquiño máis en serio, temos que (Beni e máis eu) retomar a cámara, e seguir co noso safari fotógrafico pola parroquia. Que vos podo asegurar, que aínda nos quedan cousas pendentes por retratar, que teñen o seu interés ou polo menos para nós.

Que disfrutemos todos do Outono.

jueves, 18 de septiembre de 2008

Memoria histórica 36

Fai unhas fechas voltou a actualidade a Ley da memoria histórica das mans do xuiz Baltasar Garzón. Isto volve a reabrir unha polémica un tanto absurda, ou polo menos dende o meu punto de vista. Coido que o mínimo que se lle pode pedir a quen corresponda é que exista un censo de víctimas as que se lle poida dar o seu recoñecemento. E sobre todo que os seus familiares poidan telos enterrados onde lle corresponde, e non nunha fosa común.

Nos xa fai un tempo, puxéramos unha entrada en referencia a unhas exhumacións que fixeran aquí en Areas. Hoxe quero voltar a falar dela sobre todo para facer referencia o "noso amigo Manolo" (que por certo xa publicou a primeira entrada no seu blog) que daquela volcouse particularmente na tarefa, dando todo tipo de facilidades, tanto as organizacións que fixeron a laboura, como ós familiares das víctimas buscando información nos arquivos da Parroquia.

Recoñezo que os integrantes do gremio de Manolo, non son santo da miña devoción (nunca mellor dito), pero neste caso hai que sacarse o sombreiro ante el, aínda que en moitas outras cousas estea en dasacordo coas súas ideas, como xa saberá moita xente que nos escoita aquí na Cultural nas nosas "tertulias".

Na foto vemos a Manolo facendo de arqueólogo, ó pé do cañón (isto de cañón, como que non é moi apropiado) dentro da fosa común.

Enquisas

Xa hai tempo que temos dúas enquisas publicadas, e case que caducadas,nas cales podíades dar a vosa opinión sobre dous temas, un deu máis xogo que outro e paso a comentalas un pouco:




De deportes parece que pouca xente opinou, 3 practican o fútbol, 2 o fútbol sala (e iso que un votante fun eu), 1 o balonmán e 1 outro tipo de deporte.
Vamos que muy pouquiño deportista.




Nesta segunda enquisa danos a entender que o cine está un pouquiño en decadencia e a videoconsola tamén, cousa que dubido.

Durmir, ir a bailar, quedarse na casa, tocar un instrumento e "outras aficións" só conseguiron un voto, o 3% do total.

Deporte e Televisión, dous votos, o 6%, sigo dicindo que poucos deportistas e televisivos.

Xa con tres votos, os que nos culturizan un pouco, como pode ser escoitar música, estar có ordenador e sobre todo leer, en total o 9%.

Os sanotes que lle gusta pasear, conseguiron 4 votos, que ven sendo o 12%.

Para rematar a maioría dos votantes optaron polas dúas opcións que nos fan ser un pouco máis compresibles, abertos, sociables,... en resumen, máis "intelixentes". O 15% votou por quedar cos amigos, mentras que seis, e decir o 18% dos votos, fixeronno pola opción "Practicar sexo". Iso si que é aproveitar o tempo libre.

Agora queda a dúbida de todalas enquisas, saber si un vota conforme o que pensa e como actúa, ou polo contrario o fai conforme lle gustaría pensar e actúar.

Pois nada, que haxa moito tempo libre, que é moi san, jeje.

lunes, 15 de septiembre de 2008

Ai, esas plaquitas conmemorativas

Este domingo estivemos de inaugaración en Areas, inauguraron a "ampliación" da "Casa Cultural". Esta corresponde o tellado novo que reformaron, e donde fixeron oficinas para as distintas asociacións que aquí existen. Como sempre olvidaronse de nós, o Club Areas F.S., o mismo tempo tanto nos ten, non é que nos faga moita falla, pero aínda que só fose por fardar un pouco e decir "vémonos na oficina", pois como que nos daba un toque de elegancia, je,je.

Pois a iso das 11 da mañán, alí se presentaron o alcalde de Ponteareas máis o presidente da Deputación de Pontevedra, para sair na fotiño. Eles é normal que viñeran, para iso os invitaron, o que me chocou un pouco máis, foi ver a cantidade de xente da Parroquia a que nunca se lles mira o pelo, e que alí estaban en primeira fila co seu típico pelotilleo.

Das "plaquitas" como esta que sae na foto, xa me queixara hai tempo, nunha reportaxe sobre unha fonte que temos aquí cerquiña, sempre as teñen que estragar con esa especie de lápidas, simplemente para facerse ver, aínda que logo estea todo abandonado. Estas modernas que poñen agora de metacrilato, parecen algo máis axeitadas para este tipo de inauguracións, pero o texto en sí unha mágoa, con errata e todo, pois non existe ningunha asociación co nome de "C.D. de Areas".

¿Por qué facer referencia a quen era Presidente nese momento? ¿Acaso foi el quen sufragou os gastos? Si nin tan siquera na placa da primeira inauguración alá polo ano 1985, aparece o nome do que logrou que a construíran.

Nada, que moito nos gusta aparentar.

Teño pensado máis para diante recopilar unhas poucas fotos con esas plaquiñas lapidarias.

jueves, 11 de septiembre de 2008

¿Que é máis duro?

Hoxe vou a cambiar un pouco a temática desta bitácora, xa sei que non vai moito co estilo do que adoitamos a publicar, pero non o puiden evitar. O martes lin no periódico La Voz de Galicia, na sección Cartas al Director, esta nota envíada por Pablo Cimadevila:

Los paralímpicos

Yo no quiero estar donde no me quieren. Si en Pekín la piscina tiene 15.000 espectadores disfrutando del deporte paralímpico, ¿por qué en España no nos quieren? A lo largo de mi carrera deportiva he tenido que vivir situaciones incómodas. Por qué no lo dicen claro, no valemos, no nos gusta lo que haceis, nos produce vergüenza veros en televisión.

Si algo no soporto es la mentira, porque siempre dicen lo mucho que valemos, el mérito que tenemos, y a la hora de la verdad somos un cero a la izquierda. Solo quiero dar algunos datos. Después de que TVE no quisiera retransmitir casi nada de las Paralimpiadas, hemos conseguido que retransmitan lo mismo que en Atenas, o sea, nada: de Olimpiadas mil horas; de Paralimpiadas, cien, y en Teleporte. Es obvia la conclusión, somos el 10% de válidos. Eso, cuando uno está en su casa rodeado de los seres queridos es fácil de asumir, pero a miles de Kilómetros es más difícil de digerir que una cadena de radio envíe dos docenas de periodistas a las Olimpiadas y tan solo una a la de los pobres cojitos, como dijo uno de los mejores periodistas de nuestro país.

La verdad es que me dá mucha vergüenza ser español; se supone que estoy aquí representando una bandera a la que le importo un diez por ciento. Mañana nadaré y tengo claro que lo haré por mí, por los años que llevo dejándome la piel para demostrar al mundo que se puede nadar, soñar y creer en ti mismo por mucho que los demás no crean en ti.


En China mañana habrá 15.000 chinos gritándome, animándome, queriéndome como nunca ha sabido quererme mi propio país. Si gano una medalla me iré a la plaza de Tiananmen y me haré fotos con aquellos que me admiran y a los que admiro.

Pablo Cimadevila. Nadador gallego paralímpico que participa en los juegos de Pekín."

A verdade é que dá un pouco de noxo, que unha persoa se sinta así, menospreciado. E despois falamos que hai que eliminar barreiras, e tentar facerlle a vida o máis normal posible, puro cinismo.

Entendo que non sexan uns Nadal, Phels e compañía, pero siguen sendo deportistas que intentan superarse día a día.

E a casa real, que pasa, ¿que non vende estar ahí? Ou tamén os consideran un 10%.

De aí o titulo, superarse é duro, pero mirar o interes que lle prestan, penso que o supera.

martes, 9 de septiembre de 2008

Introspeccións

"El verano se ha ido y yo no sé como ha sido"; así que vou aproveitar esta lánguida tarde da moribunda época estival para divagar un pouco e para postear certos apuntes "culturais".

Non..., non é que xa arranxaran o "internet eclesiástico" (un saudiño, Thiago); ainda que, pensando ben, a conexión da que estou facendo uso neste momento tamén ten algo de "espirituosa".

Coido que, despois dalgún tempo xa mostrándovos diversos lugares de "aquesta" parroquia, chegou o momento de falar un chisco do punto de reunión dunha gran parte dos veciños da bisbarra. (sobre todo os de sexo masculino). O sitio o que fago referencia ten na sua entrada unha preciosa placa de metacrilato donde reza, en letras azuis, a lapidaria inscripción de "Casa Cultural, Artística e Deportiva de Areas".

Aínda que a primeira vista acojona, detrás desta matrícula tan pedante, teño que recoñecer que se esconde un local enxebre donde pasei (pasamos) ratos moi agradables, xogando "artisticamente" as cartas, ó tempo que discutíamos unhas veces máis "deportivamente" ca outras, e nos empapábamos da enriquecedora "cultura" que escupía a televisión.

Imaxino que nas vosas respectivas localidades, lectores do rural, teredes un curruncho semellante donde poder tomar moi culturalmente un "piscolabis" cos amigos. Aquí en Areas eche o que hai; así que, ou nos desprazamos un par de Kmts. ata Ponteareas (donde hai un bar cada cinco pasos), ou nos apañamos con este centro neurálxico que, por outra banda, tamén conta cunha biblioteca e un par de salóns de actos varios.

Referinte a biblioteca, decir que consta dunha bibliotecaria que pasa as tardes aburrida detrás dunha "amplisima" colección de libros (a maior parte aínda empaquetados) e de dous ordenadores, conectados a "intrenete" a traves dunha conexión eclesiásticamente errada. En cando os salóns multiusos, direivos que ademáis das típicas discusións entre as distintas agrupacións veciñais, se pode disfrutar de cando en vez dalgunha obra de teatro.

A modo de información tamén vos direi que eu mesmo era integrante do grupo de teatro que outrora tivo o devandito centro. Lamentablemente xa desapareceu (todo aburre e vámonos interesando por outras cousas); iso sí, ainda contamos na parroquia cunha estupenda coral de voces blancas (e negras, jejeje), un grupo de baile, e coido que tamén cun grupo de gaitas.

Aínda que agora xa nos pasou a febre do "cabrón" (un xogo de cartas que fai honra ó seu nome), sempre nos quedan as entretenidas e acaloradas tertulias, ademáis do futbolín (a mín non se me da moi ben, prefiro mirar, como se pode apreciar na imaxe que encabeza esta entrada) para ver morre-los días deste atípico e xa desauciado verán.

Quero aproveitar para mandarvos un cultural saudo a tódolos que participades activamente enviando comentarios, pero tamén os lectores que non se atreven ou non queren interactuar connosco. Góstanos moito que nos sigades visitando, intentaremos seguir posteando cada día máis e mellor.