Nota: Non lle fagades caso a data desta entrada, está posta así para que este post apareza no derradeiro lugar.
1.- Cristóbal pensou que os perruqueiros non se poden pelar a si mesmos e que debían cortarse o pelo mútuamente. Polo tanto, se o primeiro perruqueiro estaba moi ben pelado e o segundo non, era debido a que o primeiro non sabía cortar o pelo, por iso ademais non tiña clientela e a barbería permanecía moi limpa. O segundo que si sabía facer o corte de pelo non tiña tempo nin para varrer o chan.
2.- Xa cho advertimos, son moitos menos dos que pensas: En total teño tres animais. Un can, un gato e un cabalo.
3.- Hai que darse conta de que cada animal ten 2 ollos, polo tanto son 28 animais entre patos e tartarugas. Os patos teñen 2 patas e cada tartaruga ten 4 patas. Pódense ir facendo tanteos coas tartarugas e os patos ata que somen 80 patas.
Podes atopar a solución con máis rapidez se pensas que se todos os animais tivesen dúas patas, entre todos terían 56 e faltaríannos 24 patas. Como cada tartaruga ten 2 patas máis, hai 12 tartarugas exactamente e 16 patos. Agora podes comprobalo.
4.- Podemos dar múltiples solucións, unha delas é:
Damos dous cortes perpendiculares polo centro e obtemos catro anacos. Os apilamos e cortámolos todos de novo cun só corte pola metade e xa saen os oito anacos.
5.- Como di o enunciado, todas as caixas estan mal etiquetadas, polo tanto bastará con sacar un caramelo da caixa onde pon mestura e se é de anis xa sabemos que a caixa que contén caramelos de anis é a que pon "menta", na caixa que pon "mestura" están os de anis e onde pon "anis" está a mestura de caramelos de menta e de anis.
6.- Acendemos unha das velas polos dous extremos simultaneamente e a segunda vea unicamente por un deles. Unha vez consómese totalmente a vea acendida por ambolos dous extremos transcorrerían 30 minutos. Nese momento consumiuse a metade da segunda vea polo que se a acendemos polo outro extremo permitiranos medir 15 minutos.
7.-
0 = 4 + 4 - 4 - 4
1 = (4 / 4) / (4 / 4)
2 = (4 / 4) + (4 / 4)
3 = (4 + 4 + 4) / 4
4 = ((4 - 4) * 4) + 4
5 = ((4 * 4) + 4) / 4
6 = 4 + ((4 + 4) / 4)
7 = (4 + 4) - (4 / 4)
8 = 4 + 4 + 4 - 4
9 = 4 + 4 + (4 / 4)
8.- A razón é que o tren que vai cara ao sur pasa 1 minuto despois que o tren que vai cara ao norte. O único xeito de tomar o tren ao sur é chegar á estación por casualidade no minuto posterior a que pase o tren que vai ao norte.
Se chega en calquera en calquera outro momento, collerá o tren ao norte que pasará primeiro. Por exemplo, se o tren ao norte pasa ás 8:00, 8:10, 8:20..... e o tren ao sur pasa ás 8:01, 8:11, 8:21....., se María chega á estación en calquera momento entre as 8:01 e 8:10 collerá o tren ao norte. Soamente se chega entre as 8:00 e 8:01 collerá o tren do sur.
9.- Xa existe unha solución funcional: unha galiña viva. Aliméntaa con tortillas de ovos e mercé ao seu deseño interior, producirá ovos enteiros e separados.
10.- O beduino cede o seu camello, co que haberá doce; o primoxénito recibe a metade (6 camellos), o segundo unha cuarta parte (3 camellos) e o terceiro a sexta parte (2 camellos). Como 6 3 e 2 suman 11, o beduino recuperará o seu camello e todos contentos.
martes, 29 de agosto de 2006
Solucións ós problemas de lóxica
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
bueno, os de lóxica que non teñen que ver con números sonme moito mais fáciles, por qué será?
:-)
A solución outro dia.
Tiñas que dar as solucións tres ou catro días despois, que senón todos somos uns pillabáns de coidado e o diaño nos tenta a miralas...
Publicar un comentario